You are on page 1of 4

DELEGACIÓN DEL DELEGACIÓN DO

GOBIERNO EN GALICIA GOBERNO EN GALICIA

COMUNIDADO DE PRENSA
Ante as diferentes informacións aparecidas en relación aos feitos acontecidos
Nota de prensa

respecto da localización de pellets de plástico na costa galega, a Delegación do


Goberno quere aclarar o seguinte:

1. O DÍA 13 DE DECEMBRO, o servicio de emerxencias 112 da Xunta de Galicia


alerta a Salvamento Marítimo de que unha persoa informa da aparición dun saco
de pellets plásticos na costa. Polo tanto, dende este momento, a Xunta de Galicia
é coñecedora da situación tendo en conta que o 112 é un servizo de emerxencia
autonómico dependente da Vicepresidencia Primeira, e é o propio 112 o que
informa a Salvamento Marítimo desta circunstancia.

A partir dese data, comezan a chegar, en función das mareas, pellets a diversas
praias galegas. Seguindo o protocolo establecido, e da información que conteñen
os sacos aparecidos, Salvamento Marítimo comeza a realizar diferentes xestións
para atopar o posible buque responsable. Tamén, de forma ordinaria, lévanse a
cabo saídas diarias dos medios áreos e marítimos de Salvamento Marítimo para
buscar máis restos de pellets de plástico. Nestes días non se detecta nada no
mar e nin ningún barco da frota pesqueira galega reporta algunha información ao
respecto.

2. O DÍA 20 DE DECEMBRO, e como resultado do traballo de investigación, o


Centro de Salvamento Marítimo de Finisterre conclúe que o buque Toconao pode
ser o responsable da chegada de pellets ás costas galegas. Ese mesmo día, o
responsable do Centro de Salvamento Marítimo informa ao subdirector do
servizo de Gardacostas, organismo dependente da Consellería do Mar da Xunta
de Galicia, de que probablemente estes sacos proveñan deste barco e de que o
Goberno xa está facendo xestións coa empresa armadora para confirmar. Polo
tanto, esta é a segunda ocasión na que a Xunta ten coñecemento de que están
chegando pellets ás costas e da probable responsabilidade, nesta ocasión a
través de Salvamento Marítimo.

A pesar de ter noticias de que o pellets está chegando á costa, a Xunta non
activa o plan Camgal.

Na tarde do 20 de decembro, o representante da navieira notifica a Salvamento


Marítimo que o día 8 de decembro o citado buque perdera 6 contedores fronte
CORREO ELECTRÓNICO
P- de OURENSE. 11
gabinete_prensa.galicia@correo.gob.es 15004 – A CORUÑA
TEL: 981 989 000

Página 1 de 2
https://mpt.gob.es/portal/delegaciones_gobierno/delegaciones/galicia.html
DELEGACIÓN DEL DELEGACIÓN DO
GOBIERNO EN GALICIA GOBERNO EN GALICIA

ás costas portuguesas de Viana do Castelo. Un deses contedores contiña pellets


plásticos. Desde ese momento os armadores póñense a disposición das
autoridades competentes para coordinar as actuacións necesarias, pois se farán
cargo da limpeza e recollida do material.
Nota de prensa

3. O DIA 21 DE DECEMBRO, a Autoridade Marítima informa á Demarcación de


Costas dos feitos, que traslada aos Concellos que se están vendo afectados da
chegada de pellets toda a información do representante da navieira para que se
poñan en contacto coa empresa e asuma os costes da limpeza.

4. ENTRE OS DÍAS 21 E 26 DE DECEMBRO, Salvamento Marítimo continua


coas súas labores de busca en alta mar, pero non detectan nada porque é un
material moi difícil de atopar na auga.

5. O DÍA 26 DE DECEMBRO, o servizo de Protección Civil da Delegación do


Goberno ten coñecemento da chegada de pellets a diferentes puntos da costa,
entre eles o parque natural de Corrubedo, e ponse en contacto co responsable
do parque para facilitarlle toda a información do representante da empresa
navieira. Polo tanto, nesta nova comunicación Parques Naturais, dependente da
Consellería de Medio Ambiente, ten coñecemento da chegada de pellets ás
costas. É a terceira ocasión na que a Xunta é informada e segue sin activar
o Camgal.

6. O DÍA 27 DE DECEMBRO, responsables da Consellería de Medio Ambiente


ponse en contacto con Protección Civil para concretar e ampliar información ao
respecto. Polo tanto, a Xunta asume por cuarta vez que coñece a chegada
de pellets ás costas e segue sen activar o Camgal.

7. O DÍA 5 DE XANEIRO, e despois de distintas informacións nos medios sobre


novos avistamentos de pellets na costa, a Xunta activa a fase de emerxencia
nivel mínimo (situación 1) do Plan Territorial de Continxencias por
Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Camgal). Esa data, o delegado
do Goberno en Galicia mantén conversacións co conselleiro do Mar para
coordinar informacións e posibles actuacións.

8. O DÍA 7 DE XANEIRO, a vicepresidenta terceira e ministra de Transición


Ecolóxica chama ao presidente da Xunta e trasládalle toda a colaboración e
axuda necesaria para facer fronte á chegada de pellets.
CORREO ELECTRÓNICO
P- de OURENSE. 11
gabinete_prensa.galicia@correo.gob.es 15004 – A CORUÑA
TEL: 981 989 000

Página 2 de 2
https://mpt.gob.es/portal/delegaciones_gobierno/delegaciones/galicia.html
DELEGACIÓN DEL DELEGACIÓN DO
GOBIERNO EN GALICIA GOBERNO EN GALICIA

EN RELACIÓN Á ACTIVACIÓN DO PLAN MARÍTIMO NACIONAL


1. A organización da resposta ante unha contaminación mariña accidental que
poida afectar as augas e costas españolas está regulada no Real Decreto
1695/2012, do 21 de decembro, polo que se aproba o Sistema Nacional de
Nota de prensa

Resposta (SNR) ante a contaminación mariña.

O SNR recolle dous subsistemas: mar e costa. Na mar a competencia é por


completo do Estado, a través do MITMA.

Este Plan abarca o ámbito marítimo e actívase cando no mar detéctase unha
emerxencia e pódese actuar contra ela. Nas distintas inspeccións realizadas
polos medios áreos e marítimos de Salvamento Marítimo non se descubriu
ningún material ao tratarse de material de plástico case indetectable en alta
mar.

2. Unha vez chegan os pellets de plástico ás costas galegas de dominio público


autonómico é competencia da Xunta de Galicia a súa retirada activando o
Plan Camgal.

3. Respecto ao Plan Camgal a normativa que recolle o Sistema Nacional de


Resposta ante episodios de contaminación mariña é que o Plan actívase en
primeiro lugar en ámbito municipal, posteriormente en ámbito autonómico e por
último, estatal. É dicir, é gradual, primeiro os concellos afectados activan os plans
municipais, en segundo lugar, a administración autonómica activa os seus plans
territoriais e en terceiro lugar actívase o Plan Estatal de Protección da Ribeira do
Mar contra a Contaminación (Plan Ribeira) do MITECO, aprobado por Orde
AAA/702/2014.

O Estado só entra a participar na recollida activa de material no caso de


que a Comunidade Autónoma necesite apoio para atacar a emerxencia e
active o seu Plan Camgal en situación 2, solicitando a colaboración do
Estado.

4. O 5 de xaneiro recibiuse na Delegación do Goberno en Galicia a comunicación


da Xunta da activación do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación
Mariña Accidental de Galicia (plan CAMGAL). Devandito plan activouse en fase
de emerxencia, nivel mínimo (situación 1). A activación do CAMGAL conleva que
desde ese momento (14:40h do 5 de xaneiro) o Plan Ribeira do MITECO estea
activado en nivel de alerta.
CORREO ELECTRÓNICO
P- de OURENSE. 11
gabinete_prensa.galicia@correo.gob.es 15004 – A CORUÑA
TEL: 981 989 000

Página 3 de 2
https://mpt.gob.es/portal/delegaciones_gobierno/delegaciones/galicia.html
DELEGACIÓN DEL DELEGACIÓN DO
GOBIERNO EN GALICIA GOBERNO EN GALICIA

4. O Goberno está á espera de que a Xunta exerza a súa competencia e


declare o nivel 2 de emerxencia, solicitando formalmente a axuda de
medios do Estado, para poñer a disposición todos os medios necesarios para
Nota de prensa

a limpeza e retirada do material. O operativo estatal está listo para actuar de


inmediato.

CORREO ELECTRÓNICO
P- de OURENSE. 11
gabinete_prensa.galicia@correo.gob.es 15004 – A CORUÑA
TEL: 981 989 000

Página 4 de 2
https://mpt.gob.es/portal/delegaciones_gobierno/delegaciones/galicia.html

You might also like