You are on page 1of 1

BLOQUE 3.

2: A CONFIGURACIÓN DO ESTADO LIBERAL


T.16: A 1ª REPÚBLICA (PROXECTO DE CONSTITUCIÓN FEDEREAL E CANTONALISMO)

CONCEPTOS: CANTONALISMO - MANIFESTO DE SANDHURST


INTRODUCIÓN:
● Coa Revolución “A Gloriosa” iníciase o Sexenio revolucionario > liberalismo democrático.
● Coa Constitución 1869 > monarquía parlamentaria > Amadeo de Saboia: dimite despois de 2 anos por
falta de apoio e numerosos problemas internos > PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA.
I REPÚBLICA (1873-1874)
● A república cunha falta moi grande de apoios:
○ Maioría nas Cortes non republicana.
○ Escaso apopio popular.
○ Forte oposición da gran burguesía, terratenentes, altos mandos do exército e a Igrexa.
● Forte inestabilidade política > 4 presidentes de goberno en menos dun ano (Figueras, Pi i Margall,
Salmerón e Castelar).
● A pesar da inestabilidade > numerosas REFORMAS:
○ Eliminación das quintas.
○ Prohibición do traballo infantil en industria (menores de 10 anos).
○ Abolición da escravitude en Porto Rico (en Cuba aínda non).
● Eleccións a Cortes constituíntes (forte abstención): vencen os republicanos federais> PROXECTO
CONSTITUCIONAL en 1873 para crear unha República federal, aínda que non será aprobada:
○ Redactada maioritariamente por Castelar.
○ Moi influída pola Constitución de EEUU.
○ España dividida en ESTADOS FEDERAIS, con distintos gobernos independentes, supedidos a un
goberno federal.
○ Baseada tamén na Constitución de 1869: declaración de dereitos, liberdade de cultos, sufraxio
universal masculino, separación de poderes.
● Numerosos problemas > TRIPLE OFENSIVA BÉLICA:
○ Nova GUERRA CARLISTA: forte na zona de País Vasco e Navarra, chegando a establecer un
goberno en Estella, Navarra.
○ O CANTONALISMO: encabezado polo republicanismo máis extremista, proclamándose en
certas zonas cantóns independentes en zonas de Valencia, Murcia, e Andalucía. Forte incidencia
no Cantón de Cartaxena. Este movemento mesturouse coas ideas anarquistas tamén.
○ A GUERRA DE CUBA: en 1868 iniciouse na colonia unha insurrección para a súa
independencia. A guerra non remataría ata 1878.
● En xaneiro 1874, Golpe militar do XENERAL PAVÍA, que disolve as Cortes > DITADURA DE
SERRANO: anula a Constitución e goberna de xeito ditatorial
● Conspiracións para a volta dos Borbóns: os “alfonsinos” encabezados por CÁNOVAS DEL CASTILLO
planeaban a volta da monarquía baixo a figura de Alfonso XII > asina o “MANIFESTO DE
SANDHURST”
● Golpe militar do xeneral MARTÍNEZ CAMPOS en decembro de 1874> ALFONSO XII é declarado rei de
España. Inicio da Restauración borbónica.

You might also like