You are on page 1of 22

8-Organización política das

sociedades.
Constitución
Española
aprobada en
referendo o 6 de
decembro de
1978.

1-O Estado Español e as súas institucións.


O Reino de España réxese pola Constitución
aprobada en 1978 polos cidadáns: dereito a vida,
igualdade ante a lei, liberdade de expresión, de
reunión, dereito a propiedade, etc. deber de pagar
impostos e de defender a España, Regulamenta a
organización política do Estado e o funcionamento
das súas institucións.
O presidente do
goberno Adolfo Suárez
e a súa dona, votan o 6
de decembro de 1978
a Constitución
Española en referendo.

O Estado Español é social, democrático e de dereito.


Social porque recoñece dereitos sociais como o
dereito ao traballo, a unha vivenda digna, á sanidade
e á educación. Democrático porque garante o dereito
ao voto en eleccións plurais e periódicas. De dereito
porque a intervención do Estado debe suxeitarse ao
que dispoñen as leis.
Proclamación de Filipe
VI como Rei de España
o 19 de xuño de 2014.

A soberanía reside no pobo, e os deputados e


senadores son os delegados do pobo que os elixiu por
un tempo limitado a catro anos. A forma do Estado é a
monarquía parlamentaria. O Xefe do Estado é o Rei,
pero só pode intervir na política como árbitro e
moderador. O Rei representa a España no exterior, e
ten o mando supremo das Forzas Armadas.
Palacio do Congreso
dos Deputados, Madrid.

As institucións españolas son as Cortes Xerais, o


Goberno e os tribunais de xustiza. As Cortes Xerais
están divididas nun Congreso dos Deputados e un
Senado, a súa función e aprobar as leis, o orzamento
e os tratados internacionais e controlar a acción do
Goberno, desempeñando o poder lexislativo.
Goberno de
España, ano
2020.

O Goberno desempeña o poder executivo, componse


dun presidente, vicepresidentes e ministros. Propoñen
as leis que deben aprobarse ás Cortes, fan cumprir a
lei, dirixen a política e a defensa de España.
Nos tribunais de xustiza reside o poder xudicial, os
xuíces deben ser imparciais e independentes do
Goberno, castigan o incumprimento da lei.
Mapa das
Comunidades
Autónomas de
España.

2-A administración territorial de España:


España está dividida en 17 autonomías, e dúas
cidades autónomas (Ceuta e Melilla). As
comunidades autónomas constitúen a administración
rexional e teñen competencias de autogoberno en
asuntos da súa competencia.
Algunhas
bandeiras das
Comunidades
Autónomas de
España.

Tres das comunidades teñen rango de comunidades


históricas porque aprobaron o seu Estatuto na II
República (1931-1939), son Cataluña, País Vasco e
Galicia. A lei que regula o funcionamento das
autonomías e o seu Estatuto. Teñen un Goberno propio
(Xunta de Galicia, Generalitat de Catalunya, Junta de
Andalucía, etc.) un parlamento propio e un Tribunal
Superior de Xustiza. O representante do Goberno na
Comunidade Autónoma e o Delegado do Goberno.
Mapa das provincias de
España.

Os concellos e provincias son a administración local. As


provincias son agrupamentos de concellos e son
gobernadas polas deputacións, que complementan os
medios dos que non dispoñen os municipios para crear
servizos e obras en beneficio da cidadanía. Os deputados
provinciais son elixidos polos concelleiros dos municipios,
e os deputados provinciais elixen ao seu presidente.
Casa do Concello de
Narón.

Os municipios son gobernados polo seu concello, os


concelleiros son votados polos veciños, e os concelleiros
elixen ao alcalde que os preside. As súas funcións son
prestar aos veciños os servizos máis básicos como a
pavimentación das rúas, recollida de lixo, subministro de
auga potable, coidado de parques e xardíns, bombeiros,
policía municipal, bibliotecas, centros sociais, etc.
Pazo de Raxoi. Sé
da presidencia da
Xunta de Galicia
en Santiago de
Compostela.

Galicia é unha autonomía histórica porque aprobou


en referendo o seu primeiro Estatuto de Autonomía
en xullo de 1936, (pero debido a Guerra Civil non
chegou a entrar en vigor). Galicia ten lingua propia e
unha personalidade histórica de seu. O actual
Estatuto de Autonomía foi aprobado en 1981,
despois de recuperada a democracia en España.
Escudo e bandeira de Galicia.

A Comunidade abrangue os territorios das provincias


da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, os seus
símbolos son a bandeira o escudo e o himno de
Galicia, Os Pinos, escrito por Eduardo Pondal e con
música de Pascual Veiga.
As institucións da Comunidade Autónoma son o
Parlamento, a Xunta de Galicia e o Tribunal Superior
de Xustiza. O parlamento reune a 75 deputados,
elixidos cada catro anos por sufraxio universal,
aproba as leis, o orzamento e elixe ao presidente da
Xunta, e controla a súa labor política. A Xunta de
Galicia está composta por un presidente,
vicepresidente e conselleiros. O presidente de
Galicia é o máximo representante do Estado na
Comunidade Autónoma, fai cumprir as leis, e propón
as novas leis ao parlamento. Os conselleiros
ocúpanse de diferentes materias: economía,
educación, sanidade, agricultura, pesca, industria,
etc. O Parlamento e a Xunta teñen a súa sé en
Santiago de Compostela, capital da Autonomía.
Tribunal Superior de
Xustiza de Galicia na
Coruña.

Na Coruña teñen a súa sé o Tribunal Superior de


Xustiza de Galicia e a Delegación do Goberno de
España en Galicia.
A administración local é exercida polas deputacións e
os concellos. Ademais en Galicia existe a
organización en parroquias, que non ten carácter
administrativo, pero que teñen unha forte tradición na
Galicia rural como lugares de asociación dos
veciños.
3-A Unión Europea. As súas institucións.
A Unión Europea está formada na actualidade por 28
países. Estas son as súas institucións:

-O parlamento europeo: está formado por 751


membros, incluído o seu presidente, que representan
aos cidadáns dos 28 países membros, sendo elixidos
mediante o voto cada cinco anos. Exerce a labor
lexislativa e orzamentaria. Ten a súa sé en
Estrasburgo (Francia).
Parlamento Europeo en Estrasburgo, Francia.
-O Consello Europeo: o conforman os xefes de
Estado ou de Goberno dos países membros da
Unión Europea. Define as orientacións e prioridades
políticas xerais. Ten a súa sé en Bruselas.

-O Consello: reune aos ministros europeos


competentes nunha determinada materia a tratar.
Nomea ao Alto Representante da Unión para
Asuntos Exteriores. Reúnese en Bruselas ou en
Luxemburgo.
-A Comisión Europea: está composta por un nacional
de cada Estado, ten un mandato de cinco anos, entre
as súas funcións está promover o interese xeral da
Unión Europea, velar polo cumprimento dos tratados,
supervisar a aplicación do Dereito da Unión, executar
o orzamento e xestionar os programas. Ten a súa sé
en Bruselas.
-O Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Componse
dun xuíz por cada Estado membro e 11 avogados
xerais. Ten a súa sé en Luxemburgo.
-O Banco Central Europeo: ten a competencia
exclusiva sobre a moeda, o euro. No seu Comité
Executivo se sentan os gobernadores de todos os
bancos centrais da Unión. Ten a súa sé en Frankfurt
(Alemaña).
Edificio da Comisión Europea en Bruxelas.
O Tribunal de Contas Europeo: organo
independente, formado por un membro de cada
Estado, ten un mandato de seis anos. Entre as súas
funcións está velar polos intereses dos contribuíntes
europeos, controlando as contas da Unión e a
execución do seu orzamento. Ten a súa sé en
Luxemburgo.
Edificio da Comisión Europea en Bruxelas.

You might also like