You are on page 1of 1

Vocabulario BLOQUE 11.

Formas de organización territorial

27. Parroquia: División administrativa menor que un municipio, integrada por


varias aldeas (propias de Galicia e Asturias). É a categoría tradicionalmente
recoñecida ás entidades colectivas de poboación. Como tales non teñen
personalidade xurídica ningunha. En Galicia existen 3.781 parroquias que
comprenden dende tres ou catro aldeas ata quince ou más

28. Municipio: entidade territorial e administrativa que constitúe o nivel básico da


organización do Estado español. Pode estar composta por unha ou varias
localidades e o seu goberno e administración corresponden ao Concello.

29. Provincia: entidade territorial local integrada por varios municipios. Está
gobernada pola Deputación, cuxos obxectivos son prestar servizos, coordinar aos
municipios e fomentar a súa cooperación. A división provincial actual provén da de
Javier de Burgos de 1833, con algunhas modificacións.

30. Comunidade Autónoma: entidade territorial dotada de autonomía lexislativa


e capacidade de autogoberno sobre as competencias establecidas na Constitución.
Administrativamente España está composta por 17 comunidades autónomas máis
dúas cidades autónomas (Ceuta e Melilla)

31. Estatuto de autonomía: O Estatuto de Autonomía é a norma legal básica


pola que se rexen todas as comunidades autónomas. Nelas establécese a súa
denominación, delimitación territorial, identificación das institucións autonómicas
existentes e a súa localización, así como as competencias que asumen. O Estatuto
de Autonomía de Galicia foi promulgado o 6 de abril de 1981.

You might also like