You are on page 1of 29

Sistema político, xurídico e

administrativo
CONCEPTOS FUNDAMENTAIS
Organización territorial

 17 comunidades autónomas
 2 cidades autónomas
 50 provincias
 8131 municipios (313 en Galicia)
Constitución

Artigo 1
1. España constitúese nun Estado social
e democrático de dereito, que
propugna como valores superiores do seu
ordenamento xurídico a liberdade, a
xustiza, a igualdade e o pluralismo
político.
2. A soberanía nacional reside no
pobo español, do que emanan os
poderes do Estado.
3. A forma política do Estado español é a
monarquía parlamentaria.

Constitución en español (texto consolidado)


Constitución en galego
Estado social, democrático e de dereito

 Social
Igualdade entre todos os cidadáns
 Democrático
Pluralismo político
Participación cidadá na xestión do poder político
 De dereito
Separación de poderes (lexislativo, executivo e xudicial)
Poderes axustados ao dereito
Dereitos e liberdades dos cidadáns recoñecidos e salvagardados
Soberanía nacional

Pobo Estado
Sistema parlamentario: a elección do Goberno (poder executivo) emana
do Parlamento (poder lexislativo)

Monarquía: o rei é o xefe do Estado

Simboliza a súa unidade e permanencia

Funcións do rei:
 Arbitrar e moderar o funcionamento regular das institucións
 Sancionar e promulgar as leis
 Convocar e disolver as Cortes Xerais e convocar eleccións
 Proporlle ao Congreso dos Deputados o candidato á presidencia
do Goberno, nomealo e cesalo
 Nomear e cesar os demais membros do Goberno
 …
 Representar o Estado español nas relacións internacionais
 Nomear e destituír os membros da Casa Real e administrar o seu
patrimonio
Poderes do Estado

 Executivo estatal, autonómico ou local


 Lexislativo estatal ou autonómico
 Xudicial estatal
Poder executivo
Poder executivo estatal

 Goberno do Estado ou Goberno da Nación


 Facer cumprir as leis aprobadas polo poder lexislativo
 Planificar e executar o plan de goberno
 Dirixir a Administración xeral do Estado (instrumento do Goberno para
desenvolver e implementar as súas políticas públicas ou prestar servizos)

 Formado por:
 Presidente/a
 Vicepresidente/a
 Ministerios – ministros/as

 Os seus membros reúnense en:


 Consello de Ministros/as
 Comisións Delegadas do Goberno, p. ex.:
 Consello de Seguridade Nacional
 Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos
 Comisión Delegada do Goberno para Política de Inmigración
Poder executivo estatal

 Existen outros órganos de colaboración e apoio


 Secretarías de Estado, p. ex.:
 de Asuntos Exteriores
 para a Unión Europea
 de Cooperación Internacional e para Iberoamérica e o Caribe
 da España Global
 Comisión Xeral de Secretarios de Estado e Subsecretarios
 Secretariado do Goberno
 Gabinetes

 Consello de Estado Órganos


 Consello Económico e Social consultivos
Poder executivo estatal

 Órganos situados nas CC. AA.


 Delegacións do Goberno (CC. AA.)
 Subdelegacións do Goberno (provincias)
 Direccións insulares (illas)

 Servizo Exterior do Estado, p. ex.:


 Misións diplomáticas permanentes – embaixadas
 Misións diplomáticas especiais
 Oficinas consulares ou seccións consulares - consulados
Poder executivo autonómico

 Goberno autonómico
 Certas competencias executivas e administrativas

 Presidente/a da C. A.
 Vicepresidente/a(s)
 Consellerías – conselleiros/as
 Consello de Goberno

 Consello Consultivo de Galicia Órgano consultivo


Poder executivo local

 Provincias – Deputacións provinciais (goberno e


administración)
 Presidente/a
 Vicepresidente/a(s)
 Xunta de Goberno
 Pleno
 Comisións informativas
Arts. 32.1 e 32.2 da LRBRL

 Illas - Consellos insulares (Baleares) e cabildos


insulares (Canarias)
Poder executivo local

 Municipios – Concellos
(goberno e administración)
 Alcalde/alcaldesa
 Tenente/a de alcalde/alcaldesa
 Concelleiros/as - concellerías
 Pleno
 Xunta de Goberno Local (+ 5000
habitantes) – art. 20.b da LRBRL
 Comisións informativas (+ 5000
habitantes) – art. 20.c da LRBRL

 Só teñen potestade
regulamentaria e de
autoorganización. Non teñen
potestade lexislativa
Poder lexislativo
Poder lexislativo estatal

 Exérceno as Cortes Xerais (Parlamento), que representan


o pobo español e controlan a acción do Goberno
 Dúas Cámaras:
 Congreso dos Deputados – 350 deputados/as
 Examina proxectos e proposicións de lei
 Outorga a investidura do/a presidente/a do Goberno
 Pode provocar a dimisión do/a presidente/a, ben mediante a
aprobación dunha moción de censura, ben a través da negativa a
conceder a confianza solicitada polo Goberno (moción de confianza)
 Senado – 265 senadores/as
 208 son elixidos/as por sufraxio universal directo e outros 57 son
designados polas Asembleas Lexislativas das Comunidades
Autónomas (p. ex., Parlamento de Galicia), que elixen un senador
cada unha e outro por cada millón de habitantes do seu territorio
 Ten dereito de veto ou emenda sobre as leis aprobadas polo Congreso
Poder lexislativo autonómico

 Asemblea Lexislativa autonómica (Parlamento de


Galicia)
 Formada por 75 deputados
 Funcións:
 Exercer a potestade lexislativa de Galicia
 Controlar a acción executiva da Xunta de Galicia
 Aprobar os orzamentos
 Elixir de entre os seus membros o presidente da Xunta
 Esixir responsabilidade á Xunta de Galicia e ao seu presidente
 Solicitar do Goberno do Estado a adopción de proxectos de lei
 Presentar ante a Mesa do Congreso dos Deputados proposicións de
lei
 Presentarse ante o Tribunal Constitucional nos supostos e termos
previstos nas leis
Poder xudicial
Poder xudicial

 Conxunto de xulgados e tribunais que teñen potestade de


administrar xustiza
 Principio de unidade xurisdicional: a xustiza é
administrada por un corpo único de xuíces e maxistrados

 Consello Xeral do Poder Xudicial


 Órgano de goberno dos xuíces e maxistrados
 Integrado por:
 presidente do Tribunal Supremo
 20 membros designados polo Rei a proposta das Cortes Xerais, con
maioría de tres quintos, para un período de cinco años (12 xuíces ou
maxistrados, 8 xuristas de recoñecida competencia)
Poder xudicial

Os tribunais están organizados en competencias territoriais e de materias.


Existen catro ordes xurisdicionais:
 Civil: examina os litixios non expresamente atribuídos a outra orde xurisdicional.
 Penal: causas e xuízos criminais.
 Contencioso-administrativa: control da legalidade da actuación das administracións
públicas e as reclamacións de responsabilidade patrimonial que se dirixan contra estas.
 Social: rama social do Dereito, tanto conflitos individuais entre traballador e empresario
a causa do contrato de traballo, como en materia de negociación colectiva, así como as
reclamacións sobre Seguridade Social ou contra o Estado cando lle atribúa
responsabilidade a lexislación laboral.

 Ademais das catro ordes xurisdicionais, existe en España a xurisdición militar, que
supón unha excepción ao principio de unidade xurisdicional.

Non existe unha orde xurisdicional extraordinaria, pero dentro das ordes mencionadas
creáronse xulgados especializados por razón de materia, como os xulgados de violencia
sobre a muller, de vixilancia penitenciaria ou de menores.
Poder xudicial

 Tipos de salas:
 Salas do Civil
 Preitos entre particulares, sobre dereito privado, tanto civil como mercantil, e todos
aqueles casos non recollidos polas demais xurisdicións.
 Salas do Penal:
 Delitos (accións e omisións que infrinxen a lei penal e poñen en perigo os valores do
home e da súa sociedade).
 Salas do Contencioso-Administrativo:
 Actos das administracións públicas.
 Salas do Social:
 Contratos de traballo, conflitos e convenios colectivos, eleccións sindicais e
seguridade social.
 Salas do Mercantil:
 Concursos, accións de patrimonio da empresa, suspensión colectiva de contrato,
execución de embargo, medidas cautelares sobre o patrimonio da empresa e accións
tendentes a esixir a responsabilidade dos administradores da empresa, transporte,
dereito marítimo, protección do dereito da propiedade intelectual e industrial.
 Salas de Vixilancia Penitenciaria:
 Revisa as penas dos presos e a concesión de beneficios penitenciarios e o terceiro
grao, así como o cumprimento das penas de traballos en beneficio da comunidade.
Poder xudicial: tribunais e xulgados

1) Tribunal Supremo
 Máis alta instancia xurisdicional do Estado, agás no tocante ás garantías
constitucionais
 Tribunal superior en todas as ordes (civil, penal, contencioso-
administrativa e social)
 O seu presidente, que é o mesmo que o do Consello Xeral do Poder
Xudicial, é nomeado polo Rei a proposta deste organismo

2) Audiencia Nacional
 Órgano xudicial que coñece e decide causas de especial transcendencia
criminal, política ou social; está composta polas salas de apelación, do
penal, do contencioso-administrativo e do social
 Delitos de maior gravidade e relevancia social como son, entre outros, os de terrorismo,
crime organizado, narcotráfico, delitos contra a Coroa ou os delitos económicos que causan
grave prexuízo á economía nacional
 En materia contencioso-administrativa, fiscaliza as resolucións da Administración do Estado
 Na xurisdición social encárgase, fundamentalmente, das impugnacións de convenios
colectivos de ámbito territorial superior a unha comunidade autónoma ou que vaian
producir efecto no ámbito territorial superior á dunha comunidade
Poder xudicial
3) Tribunais Superiores de Xustiza
 O poder xudicial é único e as comunidades autónomas non posúen unha
Administración de xustiza propia, senón que participan na xestión das súas
competencias administrativas, pero os órganos xudiciais son sempre os do
poder xudicial único
 Os TSX están compostos por tres tipos de salas: salas do civil e penal, do
contencioso-administrativo e do social
 Procesos de responsabilidade civil ou penal contra os presidentes e conselleiros das
respectivas CC. AA., contra os membros das súas Asembleas Lexislativas e contra outros altos
cargos da administración autonómica e xuíces e maxistrados dos tribunais inferiores
 Recursos de casación en materia de dereito propio das CC. AA.
 Procesos relativos a outras materias reservadas por Lei á súa competencia.

4) Audiencias Provinciais
 Órgano xudicial superior de cada provincia que xulga causas de índole civil e
penal
 Orde civil: principalmente recursos de apelación que se presenten contra as sentenzas e
demais resolución dos xulgados de primeira instancia
 Orde penal: principalmente causas de delito non reservadas pola Lei a outro tribunal, así
como os recursos contra as sentenzas e demais resolucións dos xulgados do penal
Poder xudicial

5) Xulgados de primeira instancia e instrución


 Órganos xurisdicionais unipersoais que teñen competencia en materia civil
e penal. Pode haber varios nun mesmo partido xudicial. Nalgúns casos, por
razón de poboación, están diferenciados os xulgados de primeira instancia
e os de instrución. Os primeiros corresponden aos asuntos civís e os
segundos aos penais.

 Teñen ao seu cargo o Rexistro Civil da súa zona e, por delegación destes, os
de paz. Nas poboacións nas que hai varios xuíces de primeira instancia, un
deles desenvolverá exclusivamente as funcións de Rexistro Civil.

6) Xulgados de paz
 Órganos xudiciais unipersoais con xurisdición nun municipio no que non
existe un xulgado de primeira instancia e instrución.
 Xuíces leigos (non profesionais), chamados xuíces de paz, encargados de
resolver cuestións de menor relevancia.
 Encárganse do Rexistro Civil nos municipios pequenos.
Poder xudicial

Tribunal
Supremo

Audiencia Nacional

Tribunais Superiores de
Xustiza

Audiencias Provinciais

Xulgados

Xulgados de paz
Poder xudicial

 Ministerio Fiscal (Fiscalía)


 Funcións:
 Promover accións xudiciais na defensa dos dereitos da cidadanía e
dos intereses públicos protexidos pola lei
 Velar pola independencia dos tribunais e procurar ante eles a
satisfacción do interese social
 O fiscal xeral do Estado é nomeado polo Rei a proposta do
Goberno, tras consultar o Consello Xeral do Poder Xudicial
Tribunal Constitucional

 Tribunal Constitucional
 Independente dos demais poderes do Estado (tamén do poder
xudicial)
 Debe garantir o cumprimento da Constitución
 Funcións:
 Controlar a constitucionalidade dos tratados internacionais e leis
 Resolver os conflitos de competencias entre as institucións centrais do
Estado (poder lexislativo, executivo e xudicial)
 Resolver os conflitos de competencias entre o Estado y as CC. AA.
 Preservar a autonomía dos entes locais e salvagardar en última
instancia os dereitos fundamentais da cidadanía
 O Goberno, as Cortes Xerais e o Consello Xeral do Poder Xudicial
propoñen o nomeamento dos seus 12 membros. O rei noméaos para
un período de 9 anos
Competencias

 Reparto de competencias:
 Competencias exclusivas do Estado

 Competencias exclusivas das CC. AA.

 Competencias compartidas (sanidade, educación)

 Competencias concorrentes (cultura)

 Se se produce un conflito de competencia, resólveo o Tribunal


Constitucional
Tribunal de Contas

 Tribunal de Contas
 Órgano responsable do control das contas e da xestión
económica do Estado e do sector público español
 Exerce o control externo da actividade económico-financeira
do sector público estatal, autonómico e local, así como da
contabilidade dos partidos políticos
 Os/as conselleiros/as de Contas son designados polas Cortes
Xerais, seis polo Congreso e seis polo Senado, mediante
votación por maioría de tres quintos de cada unha das
Cámaras, por un período de nove anos

You might also like