You are on page 1of 2

TEMA 7: A GUERRA FRÍA

A XÉNESE DA GUERRA FRÍA (PÁX 230-231)


1. ¿A que se denomina Guerra Fría?
2. ¿Que dous bloques se formaron neste período e en que se diferenciaban?
3. ¿Que significa a expresión “cortina de aceiro”? Indica quen foi o seu autor
4. ¿Que acontecementos supuxeron o seu inicio e o seu remate?
5. Explica os trazos que caracterizan á Guerra Fría
6. ¿Cal foi a actitude da ONU ante a Guerra Fría? ¿Que limitaba a súa capacidade de actuación?

OS BLOQUES DA GUERRA FRÍA (PÁX 234-237)


7. ¿En que consistía a doutrina Truman?
8. ¿Cal foi a súa consecuencia para Europa?
9. ¿Cando se creou a OTAN? Explica cal era a súa finalidade e indica que países a integraban inicialmente
10. Fíxate no mapa da páxina 235 e indica que países europeos formaban o bloque occidental
11. ¿Que tipo de sistema político eran as democracias populares?
12. ¿Que táctica económica creou a URSS para afianzar o seu dominio sobre os países do seu bloque?
13. ¿Que táctica militar creou a URSS para afianzar o seu dominio sobre os países do seu bloque?
14. Fíxate no mapa da páxina 235 e indica que países europeos formaban o bloque soviético Indica que
países comunistas europeos se negaron a aceptar a subordinación respecto á URSS
15. ¿En que países foi gañando posicións o comunismo fora de Europa?
16. ¿Que outros pactos e alianzas ademais da OTAN promoveu EE.UU. cos países do bloque occidental?

DOS INICIOS Á COEXISTENCIA PACÍFICA (1947-1953) (PÁX 238-239)


17. A guerra civil grega
a) ¿A que dous bandos enfrontou?
b) ¿Por que interviñeron as dúas superpotencias neste conflito?
c) ¿Como rematou?
18. O bloqueo de Berlín
a) ¿Como quedou dividida Alemaña e a súa capital tras o remate da 2ª Guerra Mundial?
b) ¿Por que se produciu o bloqueo terrestre de Berlín por parte da URSS?
c) ¿Que fixo EE.UU. para superar ese bloqueo?
d) ¿Cal foi a consecuencia desta crise?
19. A guerra civil chinesa
a) ¿Cando se produciu e que bandos se enfrontaron nela?
b) ¿Como rematou este conflito?
20. A guerra de Corea
a) ¿Que dous estados se crearon na península de Corea tras a derrota xaponesa en 1945?
b) ¿Cando e por que comezou a guerra de Corea?
c) ¿Por que se considera un conflito característico da Guerra Fría?
d) ¿Cando e como rematou?

DA COEXISTENCIA PACÍFICA Á CRISE DOS MÍSILES (1953-1962) (PÁX 240-241)


21. ¿Que dirixentes chegaron ao poder nas dúas superpotencias no ano 1953? Explica que etapa se abre
neste momento nas relacións entre os dous bloques.
22. A revolución húngara
a) ¿Cando e por que razón se produciu?
b) ¿Como rematou?
23. A crise do canal de Suez
a) ¿Cando e por que razón se produciu?
b) ¿Como rematou?
24. O muro de Berlín
a) ¿Cando se construíu?
b) ¿Que zonas separaba?
c) ¿Cal foi a razón da súa construción?
25. A crise dos misís en Cuba
a) ¿Cando e por que razón se produciu a invasión da baía de Cochinos en Cuba?
b) ¿Cal foi a súa consecuencia?
c) ¿Cando e por que razón se produciu a crise dos mísiles?
d) ¿Como se resolveu?

DA MÁXIMA TENSIÓN Á CRISE (1963-1973) (PÁX 242-243)


26. ¿Qué acordos se asinaron entre as superpotencias tras a crise dos mísiles para limitar o armamento
atómico?
27. A primavera de Praga
a) ¿Cando e por que razón se produciu a primavera de Praga?
b) ¿Como rematou?
28. Os conflitos en Oriente Próximo
a) ¿cando e por que comezaron?
b) ¿ Por que se consideran conflitos característico da Guerra Fría?
c) ¿Cales foron as súas consecuencias?
29. O golpe de estado en Chile
a) ¿Por que apoiou EE.UU. o golpe militar de Pinochet en Chile?
b) ¿Cal foi a súa consecuencia?
30. A guerra de Vietnam
a) ¿Cando e por que quedou dividido Vietnam en dúas zonas?
b) ¿Que era o Vietcong?
c) ¿Por que EE.UU. non foi capaz de derrotalo?
d) ¿Cando e como rematou a guerra do Vietnam?
e) ¿Cales foron as consecuencias desta guerra?

O REBROTAMENTO E O FINAL DA GUERRA FRÍA (1973-1991) (PÁX 244-245)


31. ¿Que etapa nas relacións internacionais se abriu tras a guerra de Vietnam? ¿Canto durou?
32. ¿Que sucesos tiveron lugar durante a crise de 1979?
33. ¿Que medidas tomaron respectivamente a URSS e EE.UU. entre 1977 e 1985 no que respecta á
carreira de armamentos?
34. ¿Cales eran os problemas que tiña a URSS cando subiu ao poder Mikhail Gorbachev en 1985?
35. ¿Que reformas aplicou dentro do país?
36. ¿Que acordos asinados en 1986 e 1991 entre a URSS e EE.UU permitiron avanzar no desarme?
37. ¿Que outros acontecementos axudaron ao remate da Guerra Fría?
38. ¿En que data se deu por concluída esta etapa?

You might also like