You are on page 1of 4

1. Texto / test.

O seguinte texto pertence a un discurso de Gregory Zinoviev, un revolucionario bolchevique

e político da URSS que, tras a morte de Lenin, formou un triunvirato con Stalin e Kámenev.

Foi acusado de traizón por Stalin e executado no 1936.

“Quisiera repetir que soy totalmente culpable. Soy culpable de haber sido el organizador,

siguiendo a Trotsky, de ese grupo cuyo objetivo era el asesinato de Stalin. El Partido vio

hacia donde nos dirigíamos y nos avisó; Stalin nos avisó múltiples veces, pero no hicimos

caso a sus advertencias. Nos unimos en alianza con Trotsky.”

1. Que tipo de fonte histórica é este texto?

a) É unha fonte primaria pois o autor do texto é o protagonista dos acontecementos


que narra.
b) É unha fonte secundaria pois os discursos, debido a súa obxectividade, non poden
ser considerados fontes primarias.

2. Que declara Zinoviev no seu discurso?

a) Declara ter conspirado con Trotsky.

b) Afirma ter tramado o asasinato de Stalin.

c) Afirma que non se arrepinte da súa actitude porque o fixo polo ben da URSS.

3. Segundo Zinoviev, cal foi a actitude de Stalin durante a súa conspiración?

a) Stalin mostrouse inflexible e tratou de asasinalos secretamente pola traizón que

pretendían cometer.

b) Stalin mostrouse conciliador, tratou de facerlle rectificar a Zinoviev pero este non

aceptou os seus consellos.


2. Texto / test.

O seguinte texto pertence a un discurso do revolucionario bolchevique e político soviético

Lev Kámenev que formou xunto con Stalin e Zinoviev o triunvirato que gobernou a URSS

tras o asasinato de Lenin. Este discurso pertence ao proceso que sufriu Kámenev no 1936.

“Yo, Kámenev, junto a Zinoviev y Trotsky, organicé y dirigí esta conspiración. ¿Mis

motivos? Me convencí de que el partido -la política de Stalin- tenía éxito e iba a triunfar.

Nosotros, la oposición, contábamos con una división del partido, pero esta esperanza era

infundada (…) actuamos por odio y afán de poder.”

1. Que tipo de fonte histórica é o texto?

a) É unha fonte secundaria porque os discursos, pola súa subxectividade, non poden
ser considerados fontes primarias.
b) É unha fonte primaria xa que o autor é contemporáneo aos feitos que describe no
seu discurso.

2. Que feitos describe Kámenev no seu discurso?

a) Declárase culpable de conspirar xunto a Zinoviev e Trotsky.


b) O seu obxectivo era impedir que as políticas de Stalin tiveran éxito e mellorasen a
vida do país.
c) Vía que o partido estaba dividido por culpa de Stalin e buscaba devolverlle a
unidade.
d) Conspirou para lograr poder persoal.
3. Segundo o discurso de Kámenev cales eran os motivos que lles levaron a conspirar
contra Stalin?
a) Actuaron por odio a Stalin e porque desexaba ocupar o seu lugar como líder da
URSS.
b) Querían devolverlle a unidade ao partido para lograr os obxectivos da revolución
bolchevique.

4. A quen ían dirixidos os discursos de Zinoviev e Kámenev? Cal era o seu obxectivo?
a) Ían dirixidos ás potencias estranxeiras e pretendían demostrar o poder de Stalin e
a unidade do partido en torno ao seu líder.
b) Ían dirixidos aos membros do PCUS e á poboación rusa en xeral e os seus autores
buscaban, admitindo os seus erros, ser perdoados por Stalin.

5. Con que acontecemento ou política desenvolta por Stalin podemos relacionar estes
discursos?
a) A Gran Purga dentro do PCUS.
b) A planificación da economía.
c) A colectivización.

6. Cal era o obxectivo de Stalin ao realizar as grandes purgas?


a) Estender a revolución.
b) Obter o control total da URSS.
c) Eliminar aos traidores da URSS.

7. Tendo en conta as medidas usadas na Gran Purga (tortura, drogas, palizas,


ameazas...), podemos considerar os discursos lidos espontáneos, voluntarios e
fidedignos na súa información?
a) Non, pois os acusados de traizón eran ameazados e torturados ata admitir a
traizón e eran sometidos a xuízos que eran unha farsa.
b) Si, porque ninguén que non houbese actuado así admitiría un crime que non
cometeu. A Checa sempre actuaba correctamente ata conseguir probas necesarias
para levar aos acusados a xuízo.

You might also like