You are on page 1of 4

A REVOLUCIÓN RUSA DE 1917.

4.1 A Rusia tsarista a principios do século XX.

O sistema político de Rusia a principios do século XX seguía sendo o dunha monarquía


absoluta anclada no Antigo Réxime.A máxima autoridade política estaba na figura do
emperador, coñecido polo título de tsar. O tsar concentraba en Rusia tódolos poderes
do estado e os exercía sen límites, apoiado na nobreza, na alta xerarquía da igrexa
ortodoxa e no exército. Non se recoñecían liberdades políticas nin os dereitos das
persoas, como a liberdade de expresión ou o dereito de asociación.Como resultado, os
opositores ó réxime (demócratas, comunistas, anarquistas, etc.) eran perseguidos por
unha dura policía política.

A súa economía estaba profundamente atrasada:

a) Seguía sendo maioritariamente agraria: o 80% da poboación eran campesiños.


Mantíñase unha estrutura feudal da propiedade, é dicir, os donos das terras
eran familias de enorme patrimonio e os traballadores das mesmas eran
familias de campesiños pobres que traballaban en condicións de miseria. As
ferramentas eran moi rudimentarias e a produtividade moi baixa.

b) A industria era moi escasa. Limitábase a algunhas industrias pesadas e dos


ferrocarrís nas cidades de Moscú e Petrogrado (hoxe, San Petersburgo). Como a
burguesía rusa era moi escasa, o desenvolvemento da industria dependeu de
capital estranxeiro, principalmente británico.

4.2 As forzas opositoras ó tsarismo.

Dende os últimos anos do século XIX, desenvólvense en Rusia distintas forzas políticas
clandestinas opostas ó tsarismo. Estas forzas representaban distintos grupos sociais e
ideas políticas. As tres principais eran:

 Partido Social-Revolucionario.
 Partido Constitucional Demócrata
 Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso.
 Partido Social-Revolucionario: discurso dirixido ao campesiñado ruso, de corte
populista, que abogaba pola "colectivización" da terra. Chegado o momento,
negouse a sacar a Rusia da IGM, virando moitas das súas posturas cara a
dereita e perdendo así gran parte dos seus apoios populares. O seu líder
principal e protagonista da revolución de febreiro foi Kerensky.
 Partido Constitucional Demócrata: partido conservador que busca derrocar o
absolutismo tzarista para converter a Rusia nunha monarquía constitucional ao
estilo británico. Os seus membros eran coñecidos como kadetes polas siglas do
partido en ruso: KD. Co estalido da revolución, as súas posturas conservadoras
agudizáronse todavía máis. Non contaba con grandes apoios populares ao ser
un partido liberal-burgués.
 Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso: Dde ideoloxía marxista, defende unha
inmediata saída de Rusia da IGM, a nacionalización dos principais medios de
produción do país, a caída do absolutismo do tsar e a súa sustitución por un
sistema de goberno popular. Contén dúas ramas no seu seno:
o Mencheviques: máis moderados e tendentes ao liberalismo político.
Partidarios de facer unha revolución lenta, pasando por unha transición
liberal antes de chegar ao socialismo.
o Bolcheviques: máis radicais, partidarios dunha ruptura co absolutismo
que non pasara pola colaboración previa cun sistema liberal burgués.
Lenin será o seu principal representante. Será o xermen do futuro
Partido Comunista da Unión Soviética.

4.3 A revolución de 1905.

Entre 1904-1905, o imperio ruso e o imperio aponés dispútanse as zonas de Manchuria


e Corea na chamada guerra ruso-xaponesa. Nela, Rusia perde de maneira estrepitosa.
O descontento polo esforzo da guerra perdida, os milleiros de vítimas e a crise
económica derivada da situación e do atraso do imperio dos tsares provoca o estalido
en 1905 dunha revolución, que será o ensaio da definitiva e triunfante revolución de
1917.

A revolución comeza o 9 de xaneiro, cando miles de persoas se dirixen ao Palacio de


Inverno, en Petrogrado, residencia do tsar, para facerlle chegar ao monarca as súas
peticións. Esixen a caída do absolutismo e a chegada dun sistema de goberno
democrático, onde se recoñezan liberdades políticas, de expresión e pensamento. As
protestas duraron varios meses e os campesiños o obreiros formaron os primeiros
soviets (asambleas populares), creando así un modelo de organización popular que tan
importante resultaría no futuro.

O tsarismo, lonxe de recoñecer a lexitimidade das peticións, ten unha resposta brutal:
a policía e os soldados dispara directamente contra a poboación manifestante,
causando cerca de 2000 mortos. É o coñecido na historia rusa como "Domingo
Sanguento".

A situación vólvese absolutamente insostible e o tsar vese na obriga de aceptar


algunhas demandas. Emite o Manifesto Imperial, en outubro de 1905, no que recoñece
a creación dunha Duma,) unha sorte de parlamento que compartiría poder co tsar. Os
membros da Duma serían escollidos por sufraxio universal
masculino. Parecía que obarrios das cidades máis importantes e nalgunhas aldeas.
Algúns soviets chegan a ter a súas propios milicias armadas, como a Garda Vermella,
que foi a encargada da toma definitiva do Palacio de Inverno en outubro de 1917. De
entre os soviets, o máis activo foi o soviet de Petrogrado, de maioría bolchevique, que
pedía activamente:

 A saída de Rusia da IGM.


 A mellora das condicións de vida dos obreiros.
 O reparto das terras entre os campesiños.
 O recoñecemento das minorías nacionais.

O goberno provisional tomou entón unha decisión de enorme importancia: Rusia debía
continuar na guerra. Como consecuencia, a tensión popular agudízase e se
reemprenden as protestas, agora contra o Goberno Provisional. O poder e
popularidade dos soviets aumenta, en especial a popularidade dos bolcheviques,
liderados por Lenin, que regresa do seu exilio, no que se atopaba por estar perseguido
pola policía tsarista. Lenin presenta entón un programa plasmado nas famosas TESES
DE ABRIL, nas que pedía:

a) Retirada de Rusia da guerra.


b) Redistribución equitativa da terra entre os campesiños.
c) Control das fábricas polos obreiros.
d) Autonomía para as nacionalidades oprimidas.
e) Entrega do poder institucional aos soviets.

4.5 Outubro de 1917: o triunfo bolchevique.

Os fracasos das políticas moderadas do Goberno Provisional de Kerensky, a máis


importante de todas elas a continuidade na I Guerra Mundial, provocaron o estalido
dunhanova onda revolucionaria, esta vez claramente dirixida contra o Goberno
Provisional: outubro de 1917. Estamos ante a primeira revolución socialista que triunfa
na historia da humanidade dende a Comuna de París de 1871.

En Petrogrado, Lenin dirixe o soviet da cidade. A súa popularidade, así como a


popularidade dos bolcheviques, era inmensa, sendo claramente o único grupo que
defendía sen complexos as aspiración populares de obreiros, campesiños e soldados. O
día 25 de outubro, a Garda Vermella asalta o Palacio de Inverno, sede do Goberno
Provisional, e declara ao goberno destituido, baixo inmenso apopio popular. Créase o
primeiro goberno bolchevique da historia de Rusia, presidido por Lenin, dándolle
poder institucional aos soviets e comezando inmediatamente as tan ansiadas
reformas.

As primeiras medidas do goberno bolchevique foron:

a) Firmou o Tratado de Brest-Litovsk, 1918: Rusia sae da IGM e os soldados


regresan a casa.
b) Decretou a expropiación, sen indemnización, dos grandes latifundios, co
reparto das terras entre os campesiños.
c) Decretou o control das fábricas por comités obreiros Recoñeceu o dereito á
soberanía dos pobos de Rusia.

4.6 A guerra civil rusa e o nacemento da URSS (1918-1921).

Unha vez rematada a l Guerra Mundial, as potencias aliadas observan con temor o
sucedido en Rusia. Son todas potencias burguesas capitalistas e temen que o sucedido
no país eslavo se poida trasladar ós seus propios países. Ademais, os partidarios do
tsarismo, isto é, grandes terratenentes, altos mandos do exército e a igrexa ortodoxa,
non aceptan o triunfo da revolución. Ambas as dúas partes, as potencias burguesas
estranxeiras e a élite rusa, se conxugan contra a revolución e inician unha guerra
contra a Rusia bolchevique. É a guerra civil rusa, entre 1918-1921. Os bandos anti-
revolucionarios crean un exército propio: o Exército Branco. O goberno bolchevique,
pola súa banda, fará uso do seu Exército Vermello, organizado por Leon Trotsky. O
Exército Branco vai contar con axuda estranxeira, chegando a Rusia tropas
procedentes de Inglaterra e outros países europeos que temían o triunfo da revolución
bolchevique e a súa expansión por Europa.

A guerra rematou coa vitoria bolchevique. Pese á axuda estranxeira, o Exército Branco
non tiña apoios populares de ningún tipo e era visto como un exército estranxeiro que
poñía en grave perigo as conquistas sociais logradas ata o momento polos
bolcheviques.

Despois de 1921, o estado ruso goza por fin de paz, algo que non tiña dende 1914.
Pasa a chamarse Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS) e o partido
bolchevique pasa a denominarse Partido Comunista; gobernará Rusia ata o ano 1991,
acosado en tódalas frontes polas potencias estranxeiras europeas e por Estados
Unidos.Toma importantes medidas para a modernización de Rusia e a mellora das
condicións de vida das clases traballadoras. En apenas 15 anos, Rusia pasa de ser un
estado casi feudal a ser, xunto cos Estados Unidos, a primeira potencia económica
mundial, baixo un sistema non-capitalista.

You might also like