You are on page 1of 8

A REVOLUCIÓN RUSA E O ESTADO SOVIÉTICO

Tema 8 e tema 10 (apartados 7 e 8, Stalin)


COMPOSICIÓN de texto histórico e PREGUNTAS TEÓRICAS (máximo 60 liñas)
 Causas da Revolución Rusa: os problemas da Rusia tsarista, a Revolución de 1905 e a
Iª Guerra Mundial.
 1917: da caída do Tsarismo ao poder dos soviets.
 O nacemento do Réxime Soviético: a época de Lenín (1917-1924).
 A consolidación do Estado Soviético: a era de Stalin (1924-1953).
Todos os documentos para o comentario: final deste guión.
Definicións
Autocracia, Bolxevique, Comunismo de Guerra, NEP, Plans Quinquenais, Soviets.

COMPOSICIÓN de texto histórico e PREGUNTA TEÓRICA (máximo 60 liñas)


Causas da Revolución Rusa: os problemas da Rusia tsarista, a Revolución de 1905 e a Iª GM.
En liñas xerais, as causas poden resumirse na palabra atraso; atraso nas condicións de vida da
maior parte da poboación, no grao de desenvolvemento económico e industrial, atraso na
estructura política (autocracia tsarista) sobre todo en comparación cos demais países de
Europa Occidental.

1.1. UN IMPERIO ATRASADO E AUTÓCRATA (atraso económico, social e político) + 1.2.


OPOSIÓN AO TSARISMO (páx. 154-155)
O atraso político recóllese a comenzos do aparado 1.1, así que convén o trates ao final para así
relacionalo co 1.2. (oposición). Como?
Rusia estaba gobernada por un tsar cun poder absoluto e autocrático que se mantiña coa idea
de que este poder procedía directamente de Deus, polo que non admitía ningunha oposición,
nin partidos políticos, nin eleccións, nin Parlamento, etc. Un sistema apoiado pola Igrexa
ortodoxa rusa e a nobreza que controlaba a administración e o exército. A pesar desta
represión e prohibición a comenzos do século XX existía unha oposición clandestina organizada
arredor das seguintes opcións políticas:
1.3. A REVOLUCIÓN DE 1905 (pax. 155) + 2.1. UNHAS REFORMAS INSUFICIENTES +2.2. A DIFICIL
CONXUNTURA INTERNACIONAL (páx. 156)
Momentos críticos para o tsarismo, antes de outubro de 1917; a revolución de 1905 servíu de
precedente e referente á de 1917. Foi causada polo malestar provocado pola crise económica
da Rusia tsarista (subsistencia e desemprego) ao que se sumou a derrota militar frente a
Xapón.
As reformas emprendidas como consecuencia desta revolución de 1905 foron totalmente
insuficientes para os socialistas, non así para a burguesía rusa.
A entrada de Rusia na Iª GM en agosto de 1914 (2.2. A DIFÍCIL CONXUNTURA DA GUERRA
MUNDIAL, páx 156), tivo fatais consecuencias para o réxime tsarista, ao mostrar as súas
debilidades:
 Dotación do exército (armas, preparación dos altos mandos) que se plasmou en
sucesivas derrotas.
 Perdas humanas e territoriais.
 Aumento da miseria e das dificultades da poboación.

COMPOSICIÓN de texto histórico e PREGUNTA TEÓRICA (máximo 60 liñas)


1917: da caída do Tsarismo ao poder dos soviets.
Contextualización
2.3. A CAÍDA DO TSARISMO en febreiro de 1917 (peso da Iª GM nesta caída, recollido no
apartado 2.2), páx. 157
Proceso
2.4. GOBERNO PROVISIONAL, páx. 157, de febreiro a outubro de 1917 e o “dobre poder”, o do
goberno e o dos soviets.
3. POR QUE HOUBO UNHA NOVA REVOLUCIÓN EN OUTUBRO? (páx. 158)
Continuando co anterior, a existencia dun goberno provisional, explica a aportacións de Lenin
“Teses de Abril” na que expuso a estratexia a seguir para o triunfo dos bolxeviques. Nos
documentos vanse expoñendo os pasos de abril a outubro.
COMPOSICIÓN de texto histórico e PREGUNTA TEÓRICA (máximo 60 liñas)
O nacemento do Réxime Soviético: a época de Lenín (1917-1924).
Contextualización inicial
4.1. AS PRIMEIRAS MEDIDAS REVOLUCIONARIAS + 4.2. A GUERRA CIVIL (páx. 160)
Os primeiros anos do novo réxime estiveron marcados polas guerras, a Iª GM e a Guerra Civil.
Cando comenzaron a gobernar, Lenín e o seu goberno (seguindo as Teses de Abril), puxeron
en práctica novas medidas coas que intentaban resolver os problemas do momento:
1. A guerra contra Alemaña e o réxime de propiedade.
2. O desenvolvemento industrial.
3. Os dereitos das nacionalidades periféricas
4. Creación dun modelo de Estado.
5. Relacións internacionais: extender a revolución proletaria.

Medidas económicas
4.2. O COMUNISMO DE GUERRA (páx. 161) + 6.1. A NOVA POLÍTICA ECONÓMICA (NEP), páx.
164=
Ao principio, o novo goberno bolxevique puxo en práctica as medidas de
nacionalización/socialización dos medios de producción. Pero, as circunstancias obrigaron a
establecer matizacións.
A construción dun Estado soviético
O goberno de Lenin baseou a organización do novo Estado nos soviets, 4.1. AS PRIMEIRAS
MEDIDAS REVOLUCIONARIAS (páx. 160) no 1º e 4º parágrafo + 5. A CREACIÓN DA URSS E A
EXPANSIÓN REVOLUCIONARIA (páx. 162-163) + 6. DE LENÍN A STALIN (páx. 164-165) este
último fundamentalmente como conclusión (loita polo poder tras a desaparición de Lenin).
7. COMO CONSEGUIRON OS BOLXEVIQUES INSTAURAR O PODER OBREIRO DOS SÓVIETS
(páx. 166) Síntese en cor verde.

COMPOSICIÓN de texto histórico e PREGUNTA TEÓRICA (máximo 60 liñas)


A consolidación do Estado Soviético: a era de Stalin (1924-1953).
Partindo de 6.2. A LOITA POLO PODER E A SUCESIÓN DE LENÍN (páx. 165 tema 7)
Stalín, tras ser nomeado Secretario Xeral do Comité central do Partido Comunista en 1922, e
xa durante a enfermidade de Lenin, e sobre todo tras a morte deste en 1924, iniciou unha loita
polo poder na URSS, tanto persoal como ideolóxica, da que saíu gañador en 1927. No poder,
foi eliminando aos seus adversarios.
A era Stalin=stalinismo
As características fundamentais do mesmo, 7.1. O RÉXIME STALINISTA (páx. 208, tema 10)
Características do stalinismo
Económicas: 7.2. A PLANIFICACIÓN ECONÓMICA E INDUSTRIALIZACIÓN (páx. 208-209)
Reestructuración do Estado: 7.3. CENTRALIZACIÓN POLÍTICA E CONTROL SOCIAL (páx. 209)
Control político e ideolóxico: 8. A REPRESIÓN STALINISTA (páx. 210-211) e o último parágrafo
do 7.3
Tamén se mencionarán aspectos que desenvolveremos con maior amplitude nos seguintes
temas relacionados co contexto internacional de entreguerras (1919-1939).
DEFINICIÓNS
Autocracia (do grego “autos”, “un mesmo” e “ khratos”, poder).
Sistema/forma de goberno cuxa autoridade recae sobre unha soa persoa sen ningún límite de
autoridade. Especialmente aplicable aos tsares de Rusia, cuxo poder non estaba condicionado
por ningún grupo social, lei ou tradición.
Bolxevique
Un dos grupos integrantes (a máis radical) da oposición ao tsarismo dentro do Partido Obreiro
Socialdemócrata Ruso a partir de 1903 baixo o liderato de Lenin e frente aos melxeviques (ou
minoritarios). Partidarios da ditadura do proletariado teorizada por Marx e da unión de
obreiros e campesinos para destruir o tsarismo e conquistar o poder, algo que lograron en
outubro de 1917.
Comunismo de Guerra
Medidas económicas do novo Goberno Bolxevique durante a Guerra Civil (1918-1921).
Baseadas nun riguroso control estatal dos recursos, na obligatoriedade do traballo, na
derogación parcial dos cartos como medio de pago, na requisa das colleitas, se pretendían
poñer en marcha a economía e garantir o abastecemento das ciudades e do exército vermello.
Nova Política Económica (NEP)
Medidas económicas adoptadas por Lenin entre 1921-1928 para evitar o descontento popular
do comunismo de guerra. Permitíu unha certa liberalización das actividades económicas, pero
o Estado conservaba o control dos sectores clave (bancos, a industria pesada, os transportes,
comercio exterior). Os resultados da NEP foron positivos para o conxunto da poboación.
Plans Quinquenais
Medidas de planificación económica (en períodos de 5 anos, de 1928 ata 1941, en total 3)
baseadas nunha intervención total do Estado (con Stalin ao frente) na economía. Os seus
obxectivos básicos eran: colectivizar as estructuras agrarias, converter á URSS nunha potencia
industrial e militar, e establecer a sociedade socialista.
Soviets
Agrupacións ou asembleas de obreiros, soldados e campesiños rusos controlados polos
bolxeviques, que xurdiron por primeira vez durante a Revolución de 1905 en oposición ao
zarismo, ao que conseguiu derrubar en 1917. Base da organización do novo Estado xa desde
1922, ao formarse a URSS, unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas.
COMPOSICIÓN de texto histórico
Causas da Revolución Rusa: os problemas da Rusia tsarista, a Revolución de 1905 e a Iª GM.
Doc.1.O problema político: a autocracia tsarista
"Querido irmán: Este cualificativo paréceme o máis conveniente porque, nesta carta, diríxome
menos ao emperador e ao home, que ao irmán. (...)
Unha terceira parte de Rusia está sometida a unha continua vixilancia policiaca; o exército de
policías coñecidos e segredos aumenta sen cesar; as prisións, os lugares de deportación e os
calabozos están repletos. (…) As persecucións relixiosas non foron nunca tan frecuentes nin
tan crueis como o son agora, (…).
O resultado de toda esta actividade cruel do goberno, é que o pobo agricultor, (…) sobre os
cales está fundada a potencia de Rusia, (…), empobrécense de ano en ano, (…).
A autocracia é unha forma de goberno que morreu. (…) non responde as necesidades do pobo
ruso (...)".
León Tolstoi. Carta ao Tsar Nicolás II. 16 de xaneiro de 1902.
Doc. 2. Industrialización tardía, con control estatal e en mans de capitais estranxeiros
INVERSIÓNS ESTRANXEIRAS (1905)
País %
Francia 32,6%
GB 22,6%
Alemaña 19,7%
Outros 25,1%
Doc. 3. Revolución de 1905: demandas obreiras ao tsar “Domingo sanguento” 10 de xaneiro.
"Señor!
Nós, traballadores de San Petersburgo, as nosas mulleres, os nosos fillos e nuesstros pais, vellos
sen recursos, vimos, oh Tsar!, para solicitarche xustiza e protección. Reducidos á mendicidade,
oprimidos, esmagados baixo o peso dun traballo extenuador, (…)tratados como escravos que
deben sufrir en silencio a súa triste condición, que pacientemente soportamos.
As nosas forzas esgótanse, oh, Tsar! Vale máis a morte que a prolongación dos nosos
intolerables sufrimentos. Por iso abandonamos o traballo e non o renovaremos ata que non se
aceptaron nosas xustas demandas, (…).
Todas estas reivindicacións foron rexeitadas por ilegais. O só feito de formulalas foi interpretado
como un crime. O desexo de mellorar a nosa situación é considerado polos nosos patróns como
unha insolencia.
Examina con atención e sen cólera nosas demandas, formuladas non para o mal senón para o
ben, o noso ben, Señor, e para o Teu. (...)
COMPOSICIÓN de texto histórico
1917: da caída do Tsarismo ao poder dos soviets.
Doc.1. Caída da autocracia tsarista: Revolución de febreiro
“Ruzski veu verme pola mañá e leume a súa larguísima conversación por cable directo con
Rodzianco. Segundo esta, a situación era tal que en Petrogrado calquera ministro da Duma
carecía de poder para facer calquera cousa, debido a que tiña que loitar contra o Partido
Socialdemócrata, representado polo comité de traballadores. Esíxese a miña abdicación. (...) En
esencia o que din é que para salvar a Rusia e manter en calma ao exército na fronte, debe darse
ese paso. Eu aceptei. (…).Ao meu ao redor só hai traizón, covardía e engano.”
Nicolás II. Fragmento do seu diario íntimo, tras a súa abdicación.
Doc. 2. O Goberno provisional (marzo-outubro) e o dobre poder
“(…) O vello poder debe ser derrocado para dar lugar a un goberno popular. A fin de gañar esta
loita pola democracia, o pobo debe crear os seus propios órganos de goberno. Onte, 27 de
febreiro, formouse un Soviet de deputados obreiros composto por representantes das fábricas,
talleres, partidos e organizacións democráticas socialistas. O Soviet, instalado na Duma, fixouse
como tarefa esencial organizar as forzas populares e loitar pola consolidación da liberdade
política e do goberno popular.” Convidamos a toda a poboación a adherirse inmediatamente ao
Soviet, (…). Todos xuntos, unidas as nosas forzas, venceremos ata varrer completamente ao
vello goberno (…)
Arenga publicada en Isvestia, portavoz do Soviet. 15 de marzo de 1917.
Doc.3. Outubro 1917: o triunfo da revolución boxevique
“Ao saír á praza botamos a correr, agachándonos e apertándonos uns a outros. Corremos así ata
chocar co pedestal da columna de Alexandre (...). tras uns minutos de permanencia alí, o
destacamento, que contaba con varios centos de homes, cobrou ánimos e de súpeto, sen
ningunha explicación, volveu lanzarse adiante. Subimos ás barricadas de leña e, ao saltar abaixo,
lanzamos berros de triunfo: aos nosos pés había moreas de fusís abandonados polos cadetes. As
portas do edificio a ambos os dous lados das entradas principais estaban abertas de pao a pao
(...). Ás 2 horas e 10 minutos do 26 de outubro, o Palacio de Inverno xa se atopaba en mans dos
insurrectos; os ministros do goberno provisional foron detidos.”
John Reed. Dez días que estremecieron ao mundo. 1919.
COMPOSICIÓN de texto histórico
O nacemento do Réxime Soviético: a época de Lenín (1917-1924).
Doc. 1. A Guerra Civil
“Pobo ruso:
A nai patria está en vías de desaparecer. A hora final aproxímase. Obrigado a expresarme con
claridade, eu, o xeneral Kornilov, afirmo que o goberno provisional actúa baixo a presión da
maioría bolxevique dos soviets, de pleno acordo co Estado Maior alemán, (…). Aqueles cuxo
corazón latexa por Rusia, os que cren en Deus e no seu Iglesia, rezan ao noso Señor para que se
realice o máis grande dos milagres; a salvación da nosa terra natal.
Eu, o xeneral Kornilov, fillo dun campesiño cosaco, dígovos a todos que non desexo máis nada
que a salvación da gran Rusia (…)"
Chamamento do xeneral Kornilov. Agosto de 1917.
Doc.2. Lenin. Decreto sobre a terra (26 de outubro de 1917)
1. Queda abolido para sempre o dereito de propiedade privada sobre a terra (…). Todas as
terras do Estado, da Coroa, do tsar, dos conventos, da Igrexa (…) son alleadas sen
indemnización, convértense en patrimonio de todo o pobo e pasan en usufructo a todos os
que a traballen.
2. Todas as riquezas do subsolo –minerais, petróleo, carbón, sal, etc-así como os bosques e as
augas de importancia nacional, serán usufrutuados, con carácter exclusivo, polo Estado (…).
3. (…) Prohíbese o traballador asalariado.
Doc. 3. Nova Política Económica (1921-1928)
“Avanzamos demasiado na nacionalización do comercio e da industria, no bloqueo dos
intercambios locais. Era un erro? Certo. Podemos admitir en certa medida o libre intercambio
local, sen destruír o poder político do proletariado senón, ao contrario, consolidándoo. (...) O
campesiño pode e debe traballar con celo no seu propio interese debido a que xa non se lle
pedirán todos os seus excedentes senón soamente un imposto, que é necesario fixar canto
antes de antemán. O fundamental é que o pequeno campesiño estea estimulado, impulsado,
incitado.”
Discurso de Lenin no X Congreso. 1921.
COMPOSICIÓN de texto histórico
A consolidación do Estado Soviético: a era de Stalin (1924-1953).
Doc.1. “Testamento político” de Lenin
"O camarada Stalin, desde que chegou a secretario xeral, concentrou nas súas mans un
inmenso poder, e non estou seguro de que sempre saiba utilizalo con prudencia.(...). Por outro
lado, o camarada Trotski (…), quizais sexa o home máis capaz do actual Comité central, pero
ten o defecto de estar demasiado seguro de si (…).
Lenin, Carta ao Congreso do PCUS, 25/12/1922
“Stalin é demasiado brutal, e este defecto, tolerante nas relacións entre comunistas, é
inadmisible no posto de secretario xeral. (…) propoño aos camaradas que pensen na forma de
desprazar a Stalin.”
Lenin, Carta ao Congreso do PCUS, 4/01/1923
Doc.2. A planificación económica “Plans Quinquenais” do Stalinismo
“A tarefa esencial do plan quinquenal consistía en transformar a URSS nun país industrial, para
eliminar ata o final os elementos capitalistas, estender a fronte das formas socialistas da
economía e crear unha base económica para a supresión das clases na URSS, para a
construción dunha sociedade socialista.
Finalmente, o labor do plan quinquenal consistía en crear no país todas as condicións técnicas
e económicas necesarias para aumentar ao máximo a capacidade de defensa do país, para
permitirlle organizar unha resposta vigorosa a todas as tentativas de intervención armada, a
todos os intentos de agresión armada do exterior, ou de onde queira que proveñan. (...).”
Informe de Stalin sobre o Plan Quinquenal. 1933.
Doc.3. O control político e ideolóxico durante a ditadura de Stalin
O elemento fundamental do estalinismo non foi o terror político como tal, por moito que
desempeñase un papel moi importante. O núcleo auténtico do estalinismo foi o terror social, o
exercicio da máis cruel dominación, pola violencia, das máis amplas capas populares, o seu
sometemento a través dunha explotación e opresión de intensidade e alcance ata entón
descoñecidos. A función social do terror e da represión é tamén decisiva para explicar a
evidente irracionalidad, e a ausencia de motivación e xustificación, de moitos actos concretos
do sistema punitivo estaliniano.
O terror (…). Era, no sentido máis amplo da palabra, unha ferramenta para a modificación
violenta das condicións de vida e traballo de millóns de persoas, un medio para o
afianzamento das peores formas de avasallamiento social, ata alcanzar ao traballo escravo de
millóns de prisioneiros.
Michal Reiman (historiador) “O Nacemento do Stalinismo” 1982.

You might also like