You are on page 1of 1

6. Quen e que se formulaba nas Teses de Abril?

Foi formulada por Lenin. Os seus puntos principais eran a retirada de Rusia da guerra coa sinatura
inmediata da paz, a redistribución da terra, o control das fábricas polos comités de obreiros, a
autonomía para as nacionalidades e a entrega do poder aos soviets.

7. Como chegaron ao poder os bolxeviques en outubro de 1917? Que medidas tomaron?


Os bolxeviques, que controlaban os soviets, organizaron unha insurrección armada e fixéronse co
poder. Apoderáronse dos puntos estratéxicos da capital, asaltaron o Palacio de Inverno e detiveron
o Goberno provisional. A revolución triunfara. 
Baixo a presidencia de Lenin, creouse o Consello de Comisarios do Pobo. As primeiras medidas
do novo goberno revolucionario foron a retirada rusa da guerra; a expropiación dos bens dos
terratenentes e a súa repartición entre o campesiñado, e a nacionalización da banca, as fábricas e o
comercio exterior.

8. Por que houbo unha guerra civil en Rusia?


Porque a oposición aos bolxeviques e á súa política, representada polas clases acomodadas e os
exmilitares do exército tsarista conduciu a Rusia a unha guerra civil entre 1918 e 1921 na que
o Exército Vermello (bolxevique) se enfrontou contra o Exército Branco (tsarista).
O exército branco contou coa axuda de varias potencias estranxeiras, que temían que a revolución se
estendese polos seus países. Pero a guerra terminou coa vitoria dos bolxeviques e culminou coa
vitoria comunista.

O STALINISMO
9. Define:
NEP ou Nova Política Económica: un programa económico con elementos comunistas e capitalistas
que tiña como obxectivo reflotar a economía soviética.

URSS ou Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas: federación de repúblicas que naceu en 1922.
Tratábase dun Estado plurinacional e multiétnico, case tan grande coma o antigo imperio dos tsares.
As repúblicas tiñan autogoberno pero na práctica estaban sometidas a Moscova.

PCUS ou Partido Comunista: era o partido único da URSS, e o seu principal órgano era o Comité
Central, dirixido polo secretario xeral e dividido en varios comités.

Sóviet Supremo: órgano lexislativo da URSS. Era elixido polos sóviets das repúblicas. Nomeaba o
Presidium, cuxo presidente era o xefe de Estado, e o Consello de Comisarios do Pobo, unha
especie de consello de ministros.

Gulag: campo de concentración.

Purga: depuración, eliminación dos disidentes políticos enviándoos a campos de concentración ou


executándoos.

10. Que consecuencias tivo a NEP?


A NEP permitiu o crecemento da economía. Os propietarios industriais, os comerciantes e, os
campesiños adiñeirados (os kulaks) enriquecéronse, polo que a burguesía rexurdiu. Isto xerou
fortes tensións e un amplo debate dentro do Partido Comunista (PCUS). En 1927 pasouse a un
sistema económico comunista.

11. Cal era o modelo territorial do Estado Soviético segundo a Constitución de 1924?
Desde 1922 a URSS (Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas) era unha federación de
repúblicas, e segundo a Constitución de 1924, as repúblicas tiñan autonomía en política interior, en
materias como organización xudicial, ensinanza, sanidade, e podían conservar as linguas e
costumes propios. Permitíaselles, ademais, abandonar a unión se o desexaban.

You might also like