You are on page 1of 8

Álvaro González Rodríguez

Antón Vidal Ferreirós

A Guerra dos Balcáns: Natureza, antecedentes e causas.

Este traballo ten por ebxetivo determinar a natureza do conflito da Guerra dos Balcáns
en canto ás variables que determinaron o inicio do mesmo así como a súa implicación a
nivel internacional. Tamén se busca determinar se este periodo bélico nesta rexión
constituiu unha etapa relevante para a metodoloxía politolóxica no que se refere a
conflitos militares, así como se constitúe un aporte para a operacionalización de
determinados conceptos relacionados con esta materia de cara a futuros análises.

Para chegar ás nosas conclusións cabe situarse primeiro no contexto historico a partir do
que xurde o citado conflito, para así considerar cales son as variables pertinentes no
estalido do mesmo, como poden ser o descontento popular, o grao de militarismo, as
inxerencias interestatais no seo das repúblicas yugoslavas, a relixiosidade ou a
distribución demográfica dos distintos grupos étnicos, así como a influenza dos mesmos
a nivel político en función da densidade poboacional.

O conflito das Guerras Yugoslavas ou tamén coñecido como Guerra dos Balcáns,
acontecido entre 1991 e 2001, ten a súa orixe na segunda metade do século XX durante
a guerra fría. Durante este periodo a antiga Yugoslavia estaba gobernada baixo un
réxime socialista encabezado polo ditador Josip Broz Tito, cuxa política destacaba en
materia teritorial por un modelo unificado. Logo da desaparición do bloque oriental
Yugoslavia fragmentouse en varias repúblicas independentes nas que existían diversos
grupos étnicos convivindo nun espazo xeográfico relativamente reducido.

O comezo do conflito ten como unha das súas variables relevantes o feito de que, entre estas
repúblicas intependentes, disputábanse as hexemonías musulmana e cristiana ortodoxa entre
serbios, cróatas, bosnios e albaneses. Non obstante, o detonante principal do conflito foi a
supresión da autonomía de Kosovo por parte do goberno serbio de Slobodan Milošević.
Unha ver acontece isto tanto Croacia como Eslovenia proclamaron unilateralmente a
súa independencia de Serbia como resposta a súa supremacía política e demográfica, é
dicir, a poboación serbia era a maioritariamente distribuída entre os distintos grupos
étnicos.
Este feito acentuaba un descontento popular caracterizado por un forte nacionalismo
aparecido posteriormente á caída do bloque socialista que buscaba precisamente a
secesión dos distintos territorios que conformaban o estado serbio. O crecemento
poblacional albanés tamén tivo influencia na contundencia da resposta go goberno
serbio ante este escenario.

Profundizando mais nas contradiións causantes do conflito, Croacia e Eslovenia


reclamaban un modelo de estado federal descentralizado que lles otorgara unha maior
autonomía. Por outra banda, os serbios optaban por unha maior centralización debido a
que ansiaban un maior control gubernamental, dado que a poboación serbia era
maioritaria, como xa se mencionou.

En canto a Kosovo, esta rexión xa gozaba dunha autonomía concedida previamente polo
goberno de Tito en 1974. Outro factor relevante era o descontento das repúblicas mais
desenvolvidas, Croacia e Eslovenia, que consideraban que contribuían demasiado ao
desenvolvemento das repúblicas mais pobres a costa a súa falta de prosperidade.

Cando Milošević asumiu a presidencia de Serbia en 1989 optou por unha liña
pragmática encamiñada ao nacionalismo serbio para contarrestar os nacionalismos
periféricos por parte de Bosnia, Croacia e Eslovenia. Tamén eran habituais os
enfrontamentos entre albaneses e serbios na rexión de Kosovo.

Esta liña política ocasionou que nas eleccións de 1990 as forzas nacionalistas obtivesen
a vitoria eleitoral en todas as repúblicas yugoslavas, de maneira que en 1991 o
Parlamento esloveno proclamou a súa independencia. O proceso de independencia
esloveno xa estaba en marcha dende 1989, cando o país aprobou unha nova
constitución. Este novo ordenamento xurídico otorgaba principalmente a Eslovenia a
potestade para decidir a non contribución na carga impositiva do estado yugoslavo e
impedía a participación eleitoral de partidos políticos non eslovenos nas eleccións.

A nivel de estrutura militar, o desacordo entre as repúblicas yugoslabas palpábase entre


as filas do exército en función dos rangos. A república federal yugoslava contaba cunha
estrutura de mando militar que otorgaba a cada república o seu propio corpo de defensa
territorial, debido a isto era habitual que os cargos superiores con competencias a nivel
estatal foran afíns á unidade yugoslava mentres que os reclutas e os mandos
intermedios, dependentes de cada república, tendían a simpatizar co proceso
secesionista.
Os militares eslovenos levaron a cabo un plan de retención de arsenal local así como de
compra de armas no mercado internacional. O goberno yugoslavo respondeu enviando
forzas con armamento pesado a Eslovenia coa finalidade de controlar aduanas e o
tráfico aéreo. Ante este escenario un sector das forzas policiais e militares federais
obstaculizaron as carreteras e abatiron a varios tanques yugoslavos en emboscadas.

Ambos bandos buscaban lexitimarse dende o principio ante a comunidade internacional


para así obter o apoio dos actores institucionais e organismos que puidesen ter un peso o
bastante significativo no desenvolvemento do conflito.

En 1991 celebrouse en Croacia un referéndum de autodeterminacion que se intentou


boicotear por parte das autoridades serbias locais, aínda así a independencia gañou
cunha maioría de mais dun 90%. Croacia proclamou a independencia e as forzas
armadas croatas tiveron que facer fronte a un alzamento rebelde levado a cabo polos
simpatizantes serbios.

Despois da declaración de independencia de Eslovenia e Croacia, os líderes políticos


bosnios decidiron celebrar un referéndum similar para coñecer a inclinación da
cidadanía no referente ao modelo territorial do estado. Os deputados serbios do
Parlamento bosnio decidiron abandonar a sala e boicotear o referéndum en sinal de
protesta. Finalmente o referéndum levouse a cabo en 1992 e a inclinación
independentista demostrou gozar dunha maioría de case o 100%.

Despois da proclamación de independencia o novo goberno de Bosnia ordenou ao


exército popular yugoslavo que se retirara a Bosnia, orde que foi rexeitada por este
último e así deu comezo a Guerra de Bosnia.

Comprendido cal é o contexto histórico deste conflicto bélico, considerado


históricamente como o primeiro de tipo moderno polas súas características, entendemos
que é precisa unha investigación sobre as causas desta condición particular.

Unha das pecularidades deste conflito foi a culpabilidade internacional cara a figura de
Milosevic, o primeiro ministro serbio. É por tanto que nos surxe unha dúbida
sustanciosa en termos investigadores. ¿Foi o conflicto da guerra de Bosnia un conflicto
nacionalista? Polo tanto a nosa primeira hipótesis nesta investigación é a seguinte: o
conflicto de Bosnia foi un conflicto nacionalista.
Para facernos esta pregunta debemos centrarnos no conflicto que supuxo o punto de
inflexión internacional cara o establecemento posterior dun novo concepto de guerra.
Este foi a guerra de Bosnia, que propiciou o nacemento da noción Novas Guerras.

Tras a caída da antigua Yugoslavia en 1990 froito da independencia de Eslovenia e


posteriormente de Croacia e Macedonia do Norte, o detonante deste conflicto foi a
declaración de independencia de Bosnia Hegzegovina da República Federal Socialista
de Yugoslavia. A distribución demográfica neste conflicto foi a seguinte:

44 % aproximadamente da poboación de Bosnia era de etnia bosnia.

32 % aproximadamente da poboación de Bosnia era de etnia croata.

18 % aproximadamente da poboación de Bosnia era de etnia serbia.

6 % aproximadamente da poboación de Bosnia se consideraba yugoslavo.

O último dato arróxanos un pouco de luz nesta investigación, xa que previo á disolución
de Yugoslavia só o 1% aproximadamente da poboación se consideraba yugoslava, o que
pode querer dicir que estes membros cidadáns tiñan como visión social a integración de
tódolos pobos e a posterior consideración do que coñecemos en España como nación de
nación.

Analizado distribución demográfica de Bosnia Hegzegovina previa ao conflicto,


observamos unha das posibles causas do conflicto, como é a reivindicación nacionalista
do territorio. Pero previo a dar resposta a esta cuestión súrxenos outra dúbida que
plantexaremos como unha hipótese asociada á primeira hipótese de investigación: Os
grupos paramilitares surxidos neste conflicto estaban vinculados á causa nacionalista.

Para atopar solución a esta hipótese, creamos un pequeño esquema onde recollemos os
principais grupos paramilitares participes no conflicto, vinculándoos ás súas posibles
motivacións neste conflicto:

• Beli Orlovi, que declaraba a Serbia como un estado cristián ortodoxo,


antimusulmán e antiateísta.

• Guardia Voluntaria Serbia, vinculado ideolóxicamente ao nacionalismo radical


serbio.

• Patriotska Liga, asociado ao nacionalismo radical bosnio.


• Boinas verdes, partidarios da lexítima independencia de Bosnia Hegzegovina.

• Hrvatske Obrambene Snage, partidarios da restructuración territorial de Croacia,


engadindo os territorios que formaban parte do mesmo estado no Estado
Independente de Croacia.

• Armija, de carácter relixioso musulmán, tendo nas súas filas combatentes


muyahidíns, soldados que aplican a guerra santa.

Nome do grupo Ideoloxía Relixión


paramilitar
Beli Orlovi Nacionalismo radical serbio Cristianismo Ortodoxo
Guardia Voluntaria Serbia Nacionalismo radical serbio Cristianismo Ortodoxo
Patriotska Liga Nacionalismo radical bosnio Islam
Armija Islamismo radical Islam
Boinas verdes de bosnia Nacionalismo radical bosnio Islam
(Primeiro exército regular
de Bosnia) Armija
Hryvatske Obrambene Nacionalismo radical croata Catolicismo
Snage

O feitos históricos revelan que as forzas militares e paramilitares serbias realizaban


masacres tras a toma de calquera cidade relevante no conflicto co fin de limpar non
étnicamente, se non que procuraban limpar relixiosamente cada cidade co fin de crear
unha República de Serbia libre de relixión musulmán e cuxa única relixión fose a
relixión cristiana ortodoxa. Isto fainos concluír neste punto que o obxectivo principal
dos serbios, e por tanto a causa principal deste conflicto armado, era non só crear un
estado serbio, pois as forzas militares serbias controlaban xa o territorio da actual
República de Serbia dende o inicio do conflicto. O motivo de que serbia quixese unha
sociedade sen membros da comunidade islámica é porque eles mesmos se consideran
ideolóxicamente como os últimos defensores do cristianismo ortodoxo fronte á ameaza
islámica. Este tamén puido ser un dos motivos principais polos que os serbios cometían
masacres como en Vukovar, a limpeza non étnica, se non relixiosa.

A causa de que se asuma de maneira taxante que as limpezas foron étnicas é moi clara,
o resto das etnias, croatas (católicos), bosnios (musulmáns) formaban parte doutras
congregacións relixiosas que non eran permitidas polos serbios (adxuntamos un cadro
explicativo de como estaban distribuídas estas etnias no mapa da antigua República
Federativa Socialista de Yugoslavia)
Esta distribución xeográfica e tendo en conta cales foron onde aconteceron os diferentes
conflitos, demóstranos dunha maneira un pouco maís clara cales foron as verdadeiras
motivacións das forzas serbias. A visión das forzas serbias non era outra que a de
establecer en base á antigua unión federal que supuxo a República Federativa Socialista
de Yugoslavia a unificación de tódolos territorios que tiñan pobación de etnia serbia nas
súas fronteiras. Isto conlevou a un conflito armado desta magnitude. A pesares do que
poida parecer, entendemos máis este conflicto como unha guerra civil entre diferentes
etnias dun mesmo territorio, que reivindicaban diferentes escenarios dependendo da súa
procedencia tanto étnica como relixiosa. Estes escenarios dividíanse en dous grupos, os
serbios, partidarios dunha república federal que unificase tódolos territorios onde
existise poboación de etnia serbia, fronte ao escenario plantexado por croatas e bosnios,
máis proclives á defensa da autodeterminación dun territorio para a autoxestión e a
exerción da soberanía do mesmo.

Neste punto, despois de analizar o comportamento da prensa internacional fronte a este


conflicto, onde observamos aos grupos armados serbios sendo tratados como o enemigo
desta contenda, sen dar ningún tipo de marxe ao debate. Por tanto consideramos de
recibo plantexar a seguinte hipótese: O bando serbio era tratado como enemigo do
conflicto debido á súa cercanía cos poderes militares rusos fronte ao bando bosnio-
croata, quenes contaban co apoio das forzas occidentais.
Esta hipótese podemos arranxala dunha maneira moi sinxela, pois comprobamos se
existiu algún tipo de apoio militar por parte das dúas superpotencias militares naquel
momento.

Poñemos enriba da mesa o plan Vance-Owen, para moitos o responsable da falta de


actuación por parte do Consello de Seguridade da ONU, así como da secretaría da
ONU, de permitir as masacres serbias en zona de conflicto. Este tratado describía o
futuro territorial de Bosnia Hegzegovina, dividíndoa en 10 provincias en base ás súas
diferencias raciais. Este tratado non foi apoiado directamente polo EEUU, que defendía
un plan alternativo coa posibilidade de empregar a intervención militar en caso de ser
preciso.

Tras este plan, onde se tendía claramente cara un espazo pacífico, Estados Unidos
comezou a apoiar militarmente ás forzas militares bosnias e croatas a través das
unidades de muyahidines, partidarias dun réxime de carácter islámico en Bosnia.

En contraposición a este apoio militar por parte de Estados Unidos, os serbios contaron
co apoio militar de pequenas unidades rusas que engrosaron as filas das forzas serbias.

É por tanto que podemos concretar que o apoio de diferentes bandos por parte das dúas
superpotencias militares naquel momento, EEUU e Rusia, definiron o comportamento
mediático desta guerra.

Conclusións

Temos 3 conclusións moi claras nesta investigación

1º. O conflicto armado non foi como tal un conflicto nacionalista, se non tamén de
carácter relixioso.

2º. O feito de que este conflicto fose un conflicto tamén de carácter relixioso puido
influenciar enormemente na aparición de grupos paramilitares afíns a determinadas
forzas do conflicto.

3º. O feito de que o conflicto fose de carácter internacional, onde ambos bandos
escolleron aliados militares contrapostos definiu o comportamento mediático do
conflicto.
Bibliografía

Ferreira Navarro, Marcos, Crisis y conflictos en el siglo XX. Yugoslavia: Desde la idea
nacional hasta la Guerra de Croacia, Tiempo y sociedad, Núm. 18, 2015, pp. 87-132.

Padrós, L. La guerra de Bosnia: ¿Fue guerra civil o conflicto internacional?. Estudios


Internacionales (2000), pp 58-75.

Kullashi, Muhamedin, Limpieza étnica en la ex-Yugoslavia, Revista Praxis Filosófica.

La desintegración de Yugoslavia, paso a paso, Elmundo Internacional, Viena,


17/02/2008.

Resolución 808 del Consejo de Seguridad de las Naciones Unidas.

Resolución 713 del Consejo de Seguridad de las Naciones Unidas.

Documental La historia de los “Tigres de Arkan”, Telemadrid Internacional, 24 de


marzo de 2012 - 16:11 (Actualizado: 02 de agosto de 2018 - 06:24)

Sánchez, Gervasio, Vukovar,el Álamo de Croacia, Heraldo de Aragón, 15/7/2012.

You might also like