You are on page 1of 23

Facultade de Ciencias da Comunicación da USC

Documentación Audiovisual

A FIGURA DE LINCOLN A TRAVÉS DOS FILMES


“YOUNG MR. LINCOLN” (1939) E “LINCOLN” (2012)
As claves da documentación aplicadas ao biopic hollywoodiense e as conveniencias
(extra)cinematográficas. Mesmo retratado, dous momentos vitais da vida lincolniana.

por
Mateo García Barreiro
1º Comunicación Audiovisual (Curso 2022/2023)

1
Índice:
1. Resumo.
2. Palabras clave.
3. Introdución. O biopic á americana: a romantización do xénero.
4. Dúas visións dun home, a mesma intención. Breve repaso da figura de
Lincoln ao longo do cinema. O retrato fordiano e o spielbergiano.
5. “Young Mr. Lincoln” (1939) e “Lincoln” (2012). Obra e documentación.
a. Tralos feitos reais.
b. O espazo fílmico. A poética fordiana e o realismo spielbergiano.
Ambientación e produción.
c. Personificación do heroe: traballo de guión, realización e actoral.
6. Conclusión.
7. Referencias bibliográficas.

2
Resumo:
O cinema Hollywoodiense actúa dunha maneira moi particular. Igual que o seu país, tende
a glorificarse a si mesmo, a dar unha imaxe distorsionada e épica dos seus persoeiros. Ás
veces é altamente propagandístico, mentres que outras deixa entrever unha potente dose
artística. Neste estudo sobre a figura do presidente Abraham Lincoln intentaremos
dilucidar se os filmes “Young Mr. Lincoln” dirixido en 1939 por John Ford e “Lincoln”
dirixido en 2012 por Steven Spielberg, compren cos imperativos actuais do biopic
americano. Analizaremos de que xeito reestruturan a información obtida dos documentos
históricos para a creación de mitos e lendas. Porén, non todo nestas películas é discurso
extra-cinematográfico e político. Tamén hai unha serie de persoeiros que pretenden crear
unha obra artística. Para iso, centrarémonos no traballo de guión, fotografía, dirección,
deseño de produción e departamentos artísticos para achegarnos ao proceso de
documentación empregado e, daquela, poder afirmar canto hai de realismo e canto hai de
poética nestas cintas.

Palabras clave:
Biopic, Hollywood, Estados Unidos, Propaganda, Lincoln, Mito, Documentación,
Relectura, Idealización, Dramatismo, Liricismo, Naturalismo.

3
Introdución. O biopic á americana: a romantización do xénero.
É chamativa a figura que atopamos no Lincoln Memorial do National Mall, en
Washington D.C. A figura sedente do décimo sexto presidente dos Estados (Des)Unidos
de América, na súa postura e pose impasible, álzase sobre o chan de mármore da capital
federal norteamericana algo menos duns seis metros de alto. É interesante porque, a
grandiosidade e monumentalidade da obra, xa referenciada no plano final1 de “Young Mr.
Lincoln” (1939) de John Ford [Figura 1], a modo de epílogo ou sumario da
maxestuosidade da figura daquel avogado convertido en presidente, presaxia en certa
medida as formas do biopic2 actual, así como a “grandiosidade” que engloba a dito
xénero.

Fig.1 Se empezamos falando desa


escultura, sempre adornada
con adxectivos que a
dignifican, é, en parte,
porque é algo extrapolable ao
propio xénero. Da igual que
sexa a figura dun político, un
cantante, pintor ou, mesmo,
un mineiro. Se transcendeu
minimamente, a
romantización
hollywoodiense (salvo
contadas excepcións
experimentais, como en “Last Days” de Gus Van Sant) introducirá elementos, xa sexan
narrativos ou de creación de personaxe, para enxalzar ao representado. Aínda cando este
realizou actividades ou actos mais ben reprobables, pese a que ten o seu arco persoal coas
súas secuencias de “sufrimento”, habitualmente téndese a expoñer unha redención final
que o libera dos seus pecados, que o glorifica. O autor James M. Welsh define, no seu
ensaio “Hollywood “Faction” and the new Biofantasy”3, o termo de biofantasía. Pon

1
E, por certo, xa que a obra escultórica non foi construída ata o 1922; e os sucesos do filme
desenvólvense ao longo dos anos trinta do século dezanove, poderiamos considerar a inclusión
dese fragmento como unha disrupción dentro do relato narrativo, ao tratarse dun salto de case
100 anos, como unha especie de pseudo-found footage, que reafirma a súa permanencia na
conciencia popular norteamericana. A súa vixencia no tempo.
2
Hai que ter en conta que o termo “biopic” foi introducido no Oxford Dictionary na década dos
50s e levábase utilizando dende finais da década anterior; polo que a cinta de John Ford, pese a
non terse planeado como tal, debido a inexistencia da palabra, xa nas súas formas presaxia
algunhas das características deste xénero. Sen ir mais lonxe, ese final non se afasta tanto do
recurso textual, por medio de printers, no que resume os últimos anos de vida do retratado.
3
Artigo dispoñible no xornal “Studies in Popular Culture”, Vol. 15, No. 2 (1993), pp. 57-66.

4
exemplos de múltiples películas, como “Malcom X” ou “Chaplin”, que no seu afán por
deixar constancia da condición de lenda do representado, acaban escurecendo a verdade.
Afondando agora na perspectiva que nos interesa; nese mesmo artigo, Welsh di fai
referencia á situación no ámbito do drama político4. Partindo desta premisa,
entenderemos moitas das decisións tomadas nas películas a analizar. Por exemplo, aínda
que John Ford, nun inicio, sentía simpatía polo Partido Demócrata, co paso dos anos, e a
medida que foi forxando relacións con recoñecidos persoeiros que apoiaban ao
Republicano, como John Wayne, foi tornando un pouco mais conservador. Daquela, a
figura de Lincoln (sagrada en todos os Estados Unidos, pero, se cabe, mais especialmente
no seno da memoria republicana) tiña que respectala seguindo os ideais que o levaron ao
que foi: a cara visible da loita pola abolición da escravitude.
É por iso que Ford non se podía permitir mostrar escravos afroamericanos na Illinois de
acollida do home pro-abolicionista por antonomasia5. Por “sorte”, a política acerca da
participación de actores afroamericanos en Hollywood nos anos trinta, favoreceu esta
decisión6.
A súa vez, nos biopics hollywoodienses onde hai unha certa mensaxe de perseguir os teus
soños, prémiase o punto de inflexión onde o protagonista buscará seguir o seu camiño,
sexa a música ou, neste caso, as leis. Porén, non hai documentación dabondo para supor
que a prematura morte da suposta amante de Lincoln, Ann Rutledge7, fora o
desencadeante para converterse en avogado, como retrata a película de Ford. É, de novo,
un recurso para idealizar a súa figura e que a historia dun mito nacional pareza un conto
de fadas, unha lenda.
Spielberg tamén contribuíu a dar esta imaxe falsa. Posiblemente, o trazo mais idealizador
sexa dar a entender esa visión do presidente “só contra o mundo”, querendo aportarlle
unha visión moito mais épica (posiblemente, unha das palabras claves na corrente de
biopics á americana) da situación. Como se fose unha fazaña individual o que fixo.

4
“Popular politicians who become the subjects of docudramas or biopics will also be fixed,
caught, captured, and packaged according to myth, legend, political ideology, and the prevailing
winds of reputation, as Oliver Stone’s JFK certainly demonstrated in 1991”.
5
Pois o certo é que nese Estado en cuestión, pese a que tiña unha gran cantidade de partidarios
a favor da abolición, había unha marcada división de opinións, e nas vilas mais rurais e próximas
ao Sur, o uso de man de obra escrava aínda tiña defensores, sendo moitos destes simpatizantes
da Confederación.
6
“Cuando los negros no interpretaban más que a botones se los suprimía en las películas
proyectadas en el Sur; a tenor de las películas de Hollywood en los años treinta, no se podía
sospechar que los negros existían en Estados Unidos” (Gallagher, T. (2009). John Ford. El
hombre y su cine. Barcelona: Akal).
7
Morte, pola súa banda, si documentada. Os datos transcenderon pola orixe burguesa da súa
familia, e permítennos confirmar que faleceu o 25 de agosto de 1835 a causa dunha epidemia de
tifus. O que non está claro é a relación afectiva entre os dous, pois, a pesar de que existen
documentos, como as declaracións de William Herndon expostas trala morte de Lincoln, os
historiadores aconsellan poñelas en dúbida, pois había moitas tramas políticas e poderían ser
simples ataques á familia de Lincoln.
5
Porén, aínda que a película parece retratar que os membros do seu cabinete non eran
partidarios da abolición (ou, polo menos, estaban indecisos), o certo é que parte deles si
apoiaban a postura do presidente, como o Secretario de Estado William Seward e o
Secretario de Guerra Edwin Stanton. Ademais, tamén da a impresión de que a votación
da trixésimo terceira Emenda Constitucional estivo altamente igualada entre aqueles
reaccionarios e aqueles que a apoiaban, cando non foi así8.
Como síntese, resulta ser que estes impedimentos e obstáculos engadidos contra o
protagonista dinamizan moito mais o relato, potenciando o aspecto dramático. Pero, claro
está, fan que perda en historicidade.
Todo por e para o mito.

Dúas visións dun home, a mesma intención. Breve repaso da figura de Lincoln ao
longo do cinema. O retrato fordiano e o spielbergiano.
“El personaje de Lincoln se transformaba en diferentes guías que
ejemplificaban su legado y lo fomentaban en periodos críticos de la cronología
norteamericana”9.
Antes de adentrarnos no apartado de documentación histórica en si, gustaríame, a modo
de ponte co punto tratado anteriormente, contrapoñer o contexto histórico no que as dúas
películas desenvólvense. Deste xeito, atoparemos unha coincidencia moi interesante que
reafirmará todo o exposto ao principio.
En ámbolos dous filmes, resulta evidente (incluso algo descarado) as circunstancias nas
que se presentan. O carácter propagandístico é obvio. A figura de Lincoln xa era eloxiada
polos seus contemporáneos, pero o medio cinematográfico, dende os comezos mais
primitivos, xa elevou a súa figura ao nivel dun semideus10. Pero, no 1915, o modelo
cinematográfico do presidente estableceuse canonicamente con “El nacimiento de una

8
O certo é que foi aprobada por unha maioría abrumadora, e incluso os lexisladores de
Connecticut Augusto Benjamín e Arturo Bentleigh, que na cinta expresan o seu “non”, na vida
real si que se posicionaron a favor. Ademais de realizarse nun só día, con urxencia, cando ra
realidade foron varias sesións.
9
Mancebo Roca, Juan Agustín, “La construcción del arquetipo norteamericano. La imagen
cinematográfica y televisiva de Abraham Lincoln en los Estados Unidos” (2021).
10
Xa, nas producións do pioneiro Edwin S. Porter, utilizouse a súa imaxe, en filmes como “Uncle
Tom’s Cabin” (1903), curiosamente tamén nun momento de crispación social tralo asasinato do
presidente William McKinley. Seguiuse explotando a súa figura, ata chegar a un punto dunha
cadea de relacións moi interesantes. O irmán maior de John Ford, Francis, dirixiría e
protagonizaría un total de sete películas cuxo tema central era a vida do décimo sexto presidente
dos Estados Unidos. Nestas, sempre premiábase o súa capacidade de mediación e coherencia en
situacións tensas.
6
nación” de D.W. Griffith11 [Figura 2]. A súa figura caracterizaríase polo seu carácter
humano e misericordioso, outorgándolle ese aura “mesiánico”.
A raíz deses primeiros aportes cara
a súa figura, Ford e Spielberg xogan
coa súa potencia evocadora e
unificadora en dous momentos que
o necesitaban. Primeiro, na película
do 193912, recórrese a esta historia
como necesidade política de unión
de todos os americanos.
Necesitaban estar unidos ante o
inimigo europeo, de aí todo o
trasfondo reconciliador13. Dita
figura non é outra cousa que unha Fig.2: Joseph Henabery como Lincoln
personificación do país
norteamericano. Lincoln é os Estados Unidos e os Estados Unidos son Lincoln, son
indivisibles o un do outro. Por iso, no plano final, camiña ao longo dunha montaña,
facendo fronte ás inclemencias meteorolóxicas; de mesmo xeito que a suposta xustiza
estadounidense leva a lombos os problemas do vello continente, pois pretendían amosarse
mellores14.
No caso do “Lincoln” de Spielberg creo que é incluso mais evidente. No ano da súa
estrea, 2012, o goberno de Obama estaba en horas baixas e notábase un baixón fronte ao
prometido no seu programa electoral. Parecía obvio reforzar os apoios ao primeiro
presidente negro da historia dos Estados Unidos por medio da reconciliación que suscita
a figura de Lincoln, figura inseparable da loita afroamericana. Serve, ademais de como a
innegable paixón de Spielberg por querer afondar neste personaxe que tanto lle interesaba,
como método lexitimador do presidente ao que sábese que o propio director nado en
Cincinnati, subvencionou.
Unha vez que sabemos diseccionar tódolos matices que implica a frase biopic político (no
ámbito idealizador, pero tamén no propagandístico, característicos desta rama concreta
do novo xénero de moda), adentrémonos na historicidade da súa documentación en
distintos aspectos técnicos e artísticos.

11
Cinta na cal, enlazando coas coincidencias das que falabamos, o propio John Ford traballou
como axudante de dirección, onde coincidiría co futuro director Raoul Walsh, quen, ademais,
personificou ao asasino de Lincoln..
12
Un ano antes da entrada dos Estados Unidos na Segunda Guerra Mundial.
13
No filme, o novo avogado debe defender o caso de dous irmáns acusados dun asasinato que
realmente non cometeron, e, a pesar de que as figuras de autoridade da rexión avogan por
perdoarlle a vida a un deles se o outro declárase culpable, Lincoln consegue demostrar a súa
inocencia; clara alusión ao potencial poder salvador dos Estados Unidos como aliados contra o
Eixe.
14
Durante o fragor da batalla mundial, a figura de Lincoln popularizaríase en Hollywood, pois
a mensaxe inconsciente de patriotismo daba resultado incluso nos alistamentos.
7
“Young Mr. Lincoln” (1939) e “Lincoln” (2012). Obra e documentación.
Tralos feitos reais:
Partamos do punto inicial, de onde veñen as dúas historias. A obra de John Ford é,
ademais, curiosa en canto ao que implicou o seu guión. Se acudimos ás nominacións por
Mellor guión orixinal15 da gala dos Oscar de 1940, veremos que dita cinta está na lista
xunto con películas como “Caballero sin espada” de Frank Capra (que resultou a
gañadora) ou “Tú y yo” de Leo McCarey. Isto quere dicir que a Academia consideraba a
obra como unha historia escrita exclusivamente para a pantalla. Porén, o certo é que, como
comenta Ruth Gutiérrez en “Young Mr. Lincoln (1939): El rastro de la Historia en un
mito de John Ford”, a obra “está a medio camiño entre a adaptación inspirada e a
creación orixinal [...] pois presenta conexións serias coa biografía co-escrita por W.H.
Herdorn e J.J. Weik, “Abraham Lincoln, The True Story of a Great Life” (1888)”, un
documento cun alto grao de historicidade, pois o primeiro dos escritores mencionados foi
colega de despacho do futuro presidente dos Estados Unidos. Seguindo este suposto
(incomprobable, como menciona a autora16) podemos afirmar (polos parecidos
innegociables cunha serie de escenas mencionadas exclusivamente nesta biografía), polo
tanto, que aínda que a obra non funciona como un biopic canónico, baséase en moitos
acontecementos presumiblemente verídicos que o seu guionista, Lamar Trotti, decidiu
implementar para dotar dun sentido dramático e fiel á historia.
Porén, non podemos esquecer que a filmografía fordiana fundaméntase no principio
poético, de aí que a súa figura fose lixeiramente desvirtuada, como se a súa personalidade
fose a do Lincoln post Guerra Civil, a do inconsciente colectivo americano. Como di
Ford: “Todo o mundo sabe que Lincoln foi un bo home, pero na película tratábase de dar
a sensación de que incluso de mozo podíase apreciar que neste home había algo
grande”17. Como dato para nada banal, temos que mencionar que ao longo de toda a
película identifícase a Lincoln baixo o diminutivo familiar “Abe”18. Isto daría a razón á
hipótese de Ruth Gutiérrez, pois naquela obra escrita por un dos seus colegas, emprega
unicamente dita expresión para referirse ao avogado, como sinal da amizade e confianza
que se conferían.
No que refire aos sucesos concretos narrados na obra cinematográfica, hai unha
interesante mestura entre vivencias-de-Trotti-e-biografía-de-Herdorn. Lamar Trotti,
ademais de guionista, tamén foi xornalista para The Atlanta Georgian. Recordaba ter

15
Si ben é certo que ata o ano seguinte non se creou a categoría de Mellor guión orixinal, pois
anteriormente era coñecida baixo o nome de Mellor argumento (que seguiría existindo ata 1957,
ano no que acabaría fusionándose co que coñecemos hoxe en día como guión orixinal). Daquela,
todo o que engloba os premios de guión, era algo confuso neses primeiros anos da Gala.
16
Pois Ford nunca fixo ningún comentario acerca desta posibilidade e as entrevistas cos
guionistas titulares das majors durante a Idade Dourada do cinema americano eran moi escasas
e estrañas de ver.
17
BOGDANOVICH, P.: John Ford, Studio Vista, 1968.
18
Unha forma para referirse a el nada ou case nada empregada ata o momento.

8
cuberto un caso xudicial19 no que o avogado defensor, cunha moi boa oratoria, púxose a
falar sobre o ben e o mal (hai unha frase calcada na secuencia do xuízo). Iso, mesturouno
cun caso real no que Lincoln foi protagonista, durante a súa carreira pre-política. O caso,
coñecido como “Duff Armstrong murder trial”, mantén moitas similitudes co ocorrido na
cinta de John Ford. Para empezar, hai constancia de que Lincoln defendeu o caso do
presunto asasinato cometido por Duff de forma gratuíta (pois coñecera ao seu pai mentres
estudaba leis en Illinois), como ocorre coa familia Clay no filme. E, de igual maneira que
sucede na obra audiovisual, naquel caso real20, o enxeñoso avogado tamén valeuse dun
almanaque para desmentir unha das afirmacións dunha testemuña, que aseguraba ter visto
o crime en directo a unha distancia de 150 metros, grazas á luz luar. Porén, a información
daquel papel deu a razón a Lincoln: ese día non houbo lúa chea, polo que era imposible
presenciar o crime a tanta distancia. Deste xeito, apreciamos, polo tanto, que a labor
documental do guionista nutriuse tanto de información sobre a labor en avogacía do futuro
presidente americano, como nas súas propias vivencias, fonte de moitas grandes historias.
No que respecta á obra de Spielberg, Tony Kushner, o guionista, decidiu seguir o mesmo
camiño de Lamar Trotti e partir da información dunha biografía. Pero, neste caso, a propia
biógrafa da vida de Lincoln, Doris Kearns Goodwin, autora de “Team Of Rivals”21,
colaborou de primeira man con Kushner para a escritura do guión.
Kushner considerou interesante tratar o tempo que rodea a aprobación da décimo terceira
emenda (comentado en escasas 20 páxinas no libro), pois era o espazo temporal que
mellor lle permitía adentrarse na personalidade lincolniana (algo co que Doris estivo de
acordo, pois entende que o plot é o de menos, que o verdadeiramente nutritivo é o que
rodea á figura do presidente, a súa forma de actuar).
Tal vez, o mais reseñable do guión sexa a decisión de omitir, de negarlle o gusto ao
espectador, de presenciar o final que tan acostumados estamos a ver cando se refire á vida
de Lincoln. Como xa comentaramos, o desenlace canónico da historia lincolniana
establecérase con Griffith e a actuación de Raoul Walsh, como aquel que poñería fin á
vida do presidente. Todo iso no palco dun teatro, en presencia da súa muller, Mary Todd.
Pero o certo é que, igual que diciamos que Ford é o rei da poética cinematográfica,
Spielberg é o da nostalxia, a familia e a memoria. Moitas das súas películas – e
culminando coa súa recente “The Fabalmans” -, exploran as relacións intrafamiliares e
os lazos entre os seus membros. Non é, logo, rebuscado, que o director, xunto co

19
Cinéaste, Vol. 43, No. 3 (SUMMER 2018), pp. 60-62.
20
Iso si, desenvolto no 1856, case 20 anos despois dos sucesos de “Young Mr. Lincoln”.
21
É interesante o desencadeante desta colaboración. Spielberg, xa no 1999, comprou os
dereitos da biografía de Doris Kearns antes de ser escrita. A historiadora traballaba como
consultora nos anos noventa nun proxecto para celebrar a entrada no novo milenio por parte
da Casa Blanca, no que Spielberg estaba inmerso. Nesa época, estiveron en contacto e xurdiu a
posibilidade de partir dos coñecementos históricos dela nunha posible futura película acerca
da vida de Lincoln, que tiña apaixonado ao director. E así foi, en 2005 publicouse finalmente.

9
guionista, decidisen omitir explicitamente a morte do presidente22, deixando como única
testemuña ao seu fillo pequeno, que escoita dende aquel palco de teatro o anuncio que
revolve a toda a sala teatral: “dispararon ao presidente!”[Figura 3].

Fig. 3: Un membro do teatro anuncia a morte do presidente, baixo o plano subxectivo do seu
fillo.

Personificación do heroe: traballo de guión, documentación e actoral.


Como xa se anunciou no apartado dos feitos reais, a biografía escrita por Herdorn e o seu
compañeiro ten escenas calcadas na película de Ford. E, ao tratarse dun antigo
compañeiro do, por aquel entón, novo avogado, entendemos que pódense cualificar como
rasgos definitorios da súa personalidade. A continuación comentaremos algúns deles para
dilucidar o aporte de Henry Fonda e, logo, poñelo en relación co de Daniel Day-Lewis.
No texto de Herdorn (unha das bases do estudo de Doris Kearns, polo que entendemos
que tamén é extrapolable ao retratado por Day-Lewis), coméntase:
“Mr. Lincoln's remarkable strength resulted not so much from muscular power as
from the toughness of his sinews [...] It looks as I have seen him a hundred times,
his lantern jaws and large mouth and solid nose firmly set, his sunken eyes looking
at nothing yet not unexpressive, his wrinkled and forehead cut off by a mass of
tousled hair, with a shade of melancholy drawn like a veil over his whole face”.

22
Spielberg afirmou que quería rachar co retrato canónico e usado ata a saciedade da súa
morte, pero, mais ben, parece responder ás súas inquietudes vitais. Un pouco como o caso de
auto-documentación que empregara Lamar Trotti.
10
Fig.4 Fig.5

Ese carácter melancólico e nostálxico están presentes na actuación de Henry Fonda, así
como o que comenta na primeira liña; esa especie de postura tensa, que, sumado ao seu
metro e noventa e tres centímetros, incrementa a sensación de tosquiade no seu andar,
tendendo á inclinación (cumprido con creces polos dous intérpretes) [Figura 4 e 5].
Tamén coméntase o trazo do nariz: en ámbalas dúas actuacións empregouse maquillaxe
e prostéticos para facer que resultara mais chamativa.
Por outro lado, preséntasenos moitas das súas costumes. De novo, con Herdorn como
fonte principal, identificamos unha das posturas habituais do futuro presidente (di que era
habitual velo así no despecho de avogacía que compartían, en parte, impulsada pola súa
altura):
“Lincoln's favorite position when unravelling some knotty law point was to stretch
both of his legs at full length upon a chair in front of him” [Figura 6].

Fig.6

Nos dous filmes temos a súa contraparte nesta costume. E, por si fora pouco, unha das
accións mais idealizadoras do presidente aparecen retratadas nas dúas películas. Os papeis
sacados do sombreiro:

11
“He carried the office around his hat. Lincoln used to tell me that when he had a
call to go to the country to survey a piece of land, he placed inside his hat [Figura
7] all the letters belonging to people in the neighborhood and distributed them
along the way”.

Fig.7: Lincoln le un discurso tras sacar un papel do sombreiro

Si ben é certo que esta costume parece ser que era mais habitual na súa xuventude, e non
tanto na súa etapa presidencial, como exemplifica a cinta de Spielberg nunha secuencia
dun mitin no 1865.
A última das súas costumes evidencian o seu afán intelectual, autodidacta e, en parte, de
orixe humilde. Na biografía de Herdorn, o seu ex-compañeiro nárranos como empezou a
adentrarse no mundo das leis; pedindo prestados libros e intercambiándoos
Fig.8 pola súa forza de traballo nalgúns pequenos
comercios de New Salem. O biógrafo incluso
chega a mencionar un libro en concreto:
“Commentaries on the Laws of England” do
xurista inglés do século XVIII William
Blackstone23. Nesta mesma cita, fai referencia
ao lugar no que optaba por ler dito volume,
que non é outro que baixo un árbore [Figura
8], que sería transcrito de forma literal no
filme de Ford.

Non podemos esquecernos de facer unha breve mención á facilidade de Lincoln para, sen
importar a situación, sacar a relucir a súa oratoria e o seu anecdotario. Dende o seu
discurso inicial en “Young Mr. Lincoln” ata as múltiples historias, recorrentes na obra de
Spielberg, que conta en momentos tensos xunto cos membros do seu cabinete ou na Casa
Branca, para, parece ser, quitarlle peso ao asunto e relaxar a situación. Todos estes –
algúns incluso calcados de citas textuais que conservamos de biógrafos, como a referente

23
“At New Salem he frequently sat barefooted under the shade of a tree near the store, poring
over a volume of Chitty or Blackstone, sometimes lying on his back, putting his feet up the tree”
(W.H. HERDORN e J.J. WEIK).
12
a Ethan Allen, soldado estadounidense24 -, baséanse no seu carácter humorístico25,
sarcástico e desenfadado.

Figura 9 e 10: demostran a súa capacidade de oratorio.

A voz de Lincoln é outro punto paradigmático, xa que morre doce anos antes da invención
do fonógrafo de Edison, polo que non podemos acceder a rexistros sonoros do seu timbre
e características tonais. Daniel Day-Lewis, recoñecido actor “de método” afirmou en
entrevistas26 que, tras ler múltiples documentos, cartas e escritos do propio Lincoln e
persoeiros que o coñeceron, descubriu que tiña un ton de voz curiosamente agudo27, de
tenor, di Herdorn.

24
Á metade da película, mais ou menos, o personaxe de Lincoln conta dita anécdota (pódese
ollar a secuencia nesta ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=qRBmwljrHWw). Doris
Kearns, na súa biografía sobre a figura presidencial afirma que era unha das súas favoritas (sen
entrar a debater a veracidade do que di a anécdota; tan só está claro que era recorrente na súa
oralidade. A biógrafa comenta: “One of Lincoln’s favorite anecdotes sprang from the early days
just after the Revolution. Shortly after the peace was signed, the story began, the Revolutionary
War hero Ethan Allen “had occasion to visit England,” where he was subject to considerable
teasing banter. [...]”. KEARNS, DORIS “Team of Rivals”.
25
“John H. Littlefield, empregado da oficina de Lincoln-Herndon, declarou que, por moi
ocupado ou profundamente absorto que estivese no seu traballo, cada vez que alguén entraba,
recibíao cun comentario agradable ou divertido, e antes de marchar igual. Inevitablemente
acababa contando algunha historia, broma ou anécdota. Ás veces contáballe a mesma historia a
catro ou cinco persoas diferentes ao longo dun día. Na Casa Branca, no medio dunha discusión
tensa, frecuentaba desviar a situación incómoda cunha historia. "E por moito que os seus oíntes
gozaron das súas historias", dixo McClure, "ninguén desfrutou delas máis que o propio señor
Lincoln"”. BENJAMIN P. THOMAS. Lincoln's Humor: An Analysis (Volume 3, Issue 1, 1981, pp.
28-47).
26
Recollido dunha entrevista realizada pola BBC News en 2013 que pódese consultar na seguinte
ligazón de Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=qqB2fb7LbMs
27
É mais, o actor Sam Waterston, para preparar o seu papel na miniserie “Lincoln” de 1988 –
comenta o historiador e experto na figura do presidente, Harold Holzer27 - acudiu á Biblioteca
do Congreso e escoitou cintas do Work Progress Administration (axencia instituída durante o
New Deal), onde persoas maiores – que coincidiron no tempo con Lincoln -, confirmaban o rumor
da súa voz aguda, pero segura e envolvente. Recollido de:
https://www.smithsonianmag.com/history/ask-an-expert-what-did-abraham-lincolns-voice-
sound-like-
13446201/#:~:text=%E2%80%9CLincoln's%20voice%2C%20as%20far%20as,voice%20carrie
d%20into%20crowds%20beautifully. Gambino, Megan (6 de junio de 2011). Ask an Expert:
What Did Abraham Lincoln’s Voice Sound Like? SMITHSONIAN MAGAZINE.

13
Como a actuación de Waterston (mencionada na nota de pe), xunto coa de Day-Lewis,
son as únicas que optan por este ton de voz28, é de supoñer que o segundo, pese a non dar
nomes concretos dos documentos que ollou, estarían relacionados. Noutro artigo que
afondaba o mesmo tema, o historiador Harold Holzer conclúe dicindo que a voz de Day-
Lewis é correcta historicamente falando, cun acertado acento Kentucky-Hoosier e unha
nasalidade moi ben lograda. Pola contra, o compara coa voz de Henry Fonda na cinta de
John Ford: “Henry Fonda sounds like Henry Fonda. It's one of the best voices that ever
was, but it's Nebraska, it's not Indiana or Kentucky”29.
Por último, mencionar brevemente unha serie de recursos argumentais que, aínda que non
enormemente relevantes, si que axudan a definir por completo a figura e personalidade
lincolniana, así como o devenir da trama:
O soño recorrente do barco [Figura 11] que ten Lincoln funciona na cinta de Spielberg
para matar dous paxaros dun tiro: por un lado, afondar no soño – que está verdadeiramente
documentado30, por exemplo, no “Diario” de Gideon Welles, Secretario da Armada
durante o goberno de Lincoln, interpretado no filme por Grainger Hines -. Por outro lado,
este serve para presentar ao personaxe da muller do presidente, Mary Todd, dubitativa,
fráxil e aínda sen poder recuperarse da morte dos seus fillos Edward e William (algo que
complicou a relación real da familia), pero aparentemente moi intelixente e hábil no xogo
político. Dáse a entender a súa intestabilidade emocional – rozando a enfermidade31 -. No
filme fordiano a súa presenza é case anecdótica, aínda que o baile no que se coñecen ela

Fig.11

28
Harold Holzer, na entrevista anteriormente mencionada, recorda a personificación lincolniana
de Gregory Peck para a miniserie televisiva “The Blue and the Gray” (1982), e afirma que non
podían ter escollido unha voz mais grave para o papel presidencial. Comenta que é certo que o
orador político medio decimonónico nos Estados Unidos, tendía a ter unha frecuencia de
barítono ou baixo, pois eran mais alentadoras para o público. Comentaba: “Lincoln’s voice, as
far as period descriptions go, was a little shriller, a little higher”, pero que conseguía captar a
atención do público grazas ao seu bo falar, que acababa por embelezar aos oíntes.
29
https://www.cbsnews.com/news/daniel-day-lewis-lincoln-voice-historically-accurate/ (9 de
novembro de 2012). Daniel Day-Lewis' "Lincoln" voice historically accurate? CBS NEWS.
30
Aínda que na versión cinematográfica o presidente o interpreta como a futura aprobación da
décimo terceira emenda, mentres que na realidade parece ser que o entendía como a inminente
vitoria na guerra
31
Feito que séguese debatendo incluso hoxe en día. Ata sábese que o seu fillo maior, Robert
(aquel persdonaxe interpretado por Joseph Gordon-Levitt), ingresouna un tempo despois da
morte de Lincoln nun asilo
14
e “Abe”, da a entender o carácter nobre e adiñeirado desta, en contraste co do novo
avogado.

O espazo fílmico. A poética de Ford e o realismo de Spielberg. Ambientación e


produción.
Para concluír a análise dende un punto de vista documental destes filmes, é necesario
tratar os múltiples departamentos que colaboran no obxectivo de facer sentir ao
espectador naquel momento histórico.
Se tivésemos que definir o produto de John Ford cunha palabra sería “poesía”. O seu
liricismo cinematográfico déixase ver a través de metáforas visuais que entroncan,
incluso, coa documentación histórica. Primeiramente, temos que saber onde se gravou a
cinta. As escenas exteriores do río, a árbore onde le, e o ascenso polo campo final, foron
rodadas en exteriores, en Sacramento (California); mentres que o demais, sexan os
interiores do xuízo ou as rúas que simulan New Salem e Springfield, conseguíronse grazas
aos Estudos da 20th Century Fox, no “Stage 3” mais concretamente. Os escasos exteriores
serán de gran importancia, pois a natureza representa un vínculo moi especial entre o
propio Lincoln e John Ford. A dirección de arte (Richard Day), o set decorator (Thomas
Little) así como os departamenros de produción que estableceron a localización exterior
é moi probable que estivesen ao tanto da información que ofrecía Herdorn. Este último,
na biografía do ex-presidente, expón os sentimentos do seu, por aquel entón, colega, en
relación coa morte de Ann Rutledge32.

Figura 12 e 13: Coñécense con bo tempo; despídea con neve.

32
“The thought that the snows and rains fell upon her grave filled him with indescribable
grief” (W.H. HERDORN e J.J. WEIK).
15
É indubidable que isto foi tomado en conta por aqueles departamentos, xunto coa
dirección, para configurar esa elipse que marca o estado anímico do protagonista ao longo
do tempo e das estacións33. De feito, a natureza é tan importante (como símbolo de
prosperaridade vital, e, por ende, tamén americana trala figura deste presidente), que
incluso en momentos onde parecería non ter importancia, déixase ver:

Figuras 14 e 15: árbores presentes nos intertítulos e no paisaxe da ventá do xulgado.

Lincoln, nos seus orixes, era pobre. Granxeiro e campesiño, e o seu vestuario en New
Salem así o evidencia [Figura 16]. Pero, cando decide dar o paso cara Springfield, troca
de vestiario. Vai calcado a unha referencia de Herdorn:
“He wore a calico shirt, such as he had in the Black Hawk war; coarse brogans,
tan color, blue yarn socks and straw hat, old style, and without a band”.

Fig.16

33
Dende a alegre primavera cando coñece á moza e le xunto a árbore [Figura 12] á profunda
nostalxia e dor invernal e nevada que provoca ver a súa tumba [Figura 13]. Trátase dun punto
de inflexión na historia, pois a raíz deste momento, como “xuramento” en nome de Ann, decide
dedicarse ás leis (decisión impulsada pola caída dun pao – de novo, natureza – cara o lado que
el decidiu outorgar, a modo de xogo azaroso, o que o levaría a deixar New Salem polas leis; por
Springfield).
16
Resulta coincidir coa aparencia que quería transmitir como home de leis na súa chegada
á nova cidade. Porén, segue sendo pobre: non vai en cabalo, vai en mula [Figura 17]
(contraste cos luxosos vestidos que portaban os convidados na festa á que asiste invitado
por Mary Todd).

Fig.17

De novo, a produción, a escolla de localizacións e o poder poético de Ford definen unha


nova metáfora. En Springfield é o lugar onde se consagra como o futuro político que será,
polo que a súa entrada na rexión ten reminiscencias coa entrada evanxélica en
Xerusalén34.
Pola súa conta, o logrado deseño de produción, tanto no xulgado da época como nas rúas
polas que desfilan os veteranos da Guerra de Independencia – de novo, símbolo cara á
figura unificadora do protagonista -, están tan ben ideados e deseñados que en todos eles
hai un espazo axeitado, a modo de púlpito, para que poida expoñer as súas liñas de xeito
que potencie o seu carácter como orador.
No que respecta á obra de Spielberg, da que é moito mais fácil buscar información,
podemos comentar unha serie de aspectos referentes ao propio deseño de produción e a
arte, o vestiario e maquillaxe e, incluso, a fotografía.
Rick Carter, deseñador de produción do filme, afirmou que a configuración empregada
para recrear a Casa Branca – a raíz de planos ou documentos e cartas que a describían -,
non é outra cousa que unha metáfora visual da paisaxe interior de Lincoln. Todo está
deseñado como se fose a conciencia, a psicoloxía lincolniana. Incluso as paredes verdes
da súa oficina contrastan co tocador morado de Mary (que resultou ser historicamente
correcto), como se esa oposición de cores xustificara a tensa relación familiar nun
memento de constante presión e eterno loito. Os exteriores rodáronse todos en Virxinia,
en moitas das ubicacións históricas que pretenden recrear, como Fredericksburg,
Petersburg y Richmond; pola contra, foi na capital do federal onde rodaron as escenas
exteriores do Capitolio e dun dos portais da casa Branca.
Carter, claro está, traballou de primeira man co director de fotografía Janusz Kaminski
para configurar toda a entrada de luz, artificial ou natural, así como para deixar espazos

34
GUTIÉRREZ, RUTH. “Young Mr. Lincoln (1939): El rastro de la Historia en un mito de
John Ford”, 2011.
17
que dinamizaran altos contrastes, sombras, etc... Kaminski asegurou que a idea final foi
seguir unha imaxe naturalista, sen grandes movementos de cámara – dándolle certo
carácter teatral, pois a presencia lincolniana así o precisaba – e sen apenas color
grading35. Para os exteriores, como a escena da inauguración, afirmou ter como referencia
visual os daguerrotipos daqueles anos (en termos de contraste ou intensidade lumínica,
non de cor, evidentemente)36.
Outros que fixeron un enorme traballo de documentación foron Jim Erickson, set
decorator, e Joanna Johnston, a deseñadora de vestiario. O primeiro, en colaboración co
xa mencionado Rick Carter, estudou a fondo, a raíz de fotografías da época, as texturas
e, sobre todo, os patróns das teas potencialmente visibles fronte a cámara37. En canto ao
traballo de Joanna, prestou especial interese no vestiario de Lincoln e o de Mary Todd. O
seu traballo de investigación (que englobou a búsqueda de fotografías históricas; así como
a inspección de vestidos e xoias da Biblioteca do Congreso e o Museo de Historia de
Chicago), levouna a entender que ámbolos dous personaxes eran polos opostos. Vemos
as reminiscencias do que ocorrera en “Young Mr. Lincoln”. O presidente xamais se
desligou do seu pasado humilde, non tiña predilección polos luxos, como si o tiña a súa
muller38.

Figuras 18 e 19: Joanna, deseñadora de vestiario, cos atuendos de Mary Todd e Lincoln.

35
“There was almost no color manipulation,” he said, so what viewers see on the screen is
pretty much what he captured through the lens. “I didn’t have to do that much,” he noted. “The
sets, the costumes, the makeup, the production design were all so convincingly period-like that I
just lit it. It was relatively easy.”
36
Entrevista subid a Youtube a 15 de novembro de 2012:
https://www.youtube.com/watch?v=v0K7tUXhpiM&t=38s
37
Entendía que un moble – a meirande parte deles, comprados nun mercado de antigüidades de
Virxinia -, a primeira vista podía abarcar mais espazo no tempo, pero que a pintura e os patróns
de alfombras ou tapicerías eran moito mais tendentes ao anacronismo, por iso documentouse a
fondo para lograr o mellor realismo. Extraído de:
https://www.timescolonist.com/entertainment/saltsprings-jim-erickson-wins-oscar-for-set-
decoration-on-lincoln-4579890. D. Raid, Michael “Saltspring's Jim Erickson wins Oscar for set
decoration on Lincoln” (22 de febreiro de 2013). TIMES COLONIST.
38
Mentres que a personificación de Day-Lewis valeuse dun traxa marrón sinxelo e un sombreiro
de copa negro, a de Sally Field (Mary Todd), está chea de brillantes decorados con flocos,
encaixes e ramalletes.
18
Conclusión:
En conclusión, ao facer un estudo pormenorizado do expresión biopic político americano
extraemos unha serie de requisitos que, salvo contadas excepcións, parécense cumprir
con creces. A romantización dos feitos é vital, mais se cabe en momentos de penuria ou
descontento socioeconómico, para a creación de ídolos nacionais; figuras con moito
calado no imaxinario altamente patriótico dos Estados Unidos. Tal vez non sexa a
vangarda europea, e a deificación dos persoeiros retratados non sexa outra cousa que unha
consecuencia do capitalismo e liberalismo exacerbado estadounidense; como se co simple
feito de imprimir billetes ou crear merchandisng cunha cara coñecida solucionase as
cousas. Porén, parece que da resultados.
Este achegamento podería seguir dúas vías: a da propaganda explícita (descoidando o
poder cinematográfico para contar unha historia, como podería ser “Patton”), ou a que,
pese a ter unhas conviccións políticas abertamente visibles, é consciente do poder
evocador de sétimo arte e crea, con iso, unha obra que vai mais alá do simple retrato
nacionalista. Spielberg e Ford xogan nesa liga. Os dous teñen unha visión cinematográfica
propia e, para iso, dirixen á documentación histórica para un lado ou outro: naturalismo
da familia contra poética da natureza. Evidentemente a do primeiro ten moito mais
contido e achegamento histórico que a segunda, pero as dúas fan o mesmo traballo (con
matices) á hora de representar ao décimo sexto presidente dos Estados Unidos.
Toman información dos escritos e reescriben a lenda.

19
Referencias bibliográficas:

Air, F. (2012, noviembre 15). Doris Kearns Goodwin on Lincoln and his “Team of
Rivals”. NPR. https://www.npr.org/2012/11/15/165220138/doris-kearns-
goodwin-on-lincoln-and-his-team-of-rivals

Barcelona, A. R. /. (2013, abril 12). Martín Alonso: “La película de Spielberg sobre
Lincoln exagera la urgencia de la enmienda antiesclavista”. El Periódico.
https://www.elperiodico.com/es/ocio-y-cultura/20130412/martin-alonso-la-
pelicula-de-spielberg-sobre-lincoln-exagera-la-urgencia-de-la-enmienda-
antiesclavista-2362381

Bogdanovich, P. (1971). John Ford. Editorial Fundamentos.

Daniel Day-Lewis’ “Lincoln” voice historically accurate? (2012, noviembre 9). CBS
News. https://www.cbsnews.com/news/daniel-day-lewis-lincoln-voice-
historically-accurate/

Desowitz, B. (2012, diciembre 10). Immersed in movies: Production Designer Rick


Carter Goes Inside Out with ‘Lincoln’. IndieWire.
https://www.indiewire.com/2012/12/immersed-in-movies-production-designer-
rick-carter-goes-inside-out-with-lincoln-200500/

Desowitz, B. (2013, enero 23). Immersed in movies: Cinematographer Janusz Kaminski


Talks ‘Lincoln’. IndieWire. https://www.indiewire.com/2013/01/immersed-in-
movies-cinematographer-janusz-kaminski-talks-lincoln-199908/

Díaz-Cuesta, J. (2014). El hombre y su representación en Lincoln (Steven Spielberg,


2012): un análisis textual. Historia y comunicacion social, 18(0).
https://doi.org/10.5209/rev_hics.2013.v18.44356

Eschner, K. (2016, diciembre 13). People have spent years trying to diagnose Mary Todd
Lincoln from beyond the grave. Smithsonian Magazine.
https://www.smithsonianmag.com/smart-news/people-have-spent-years-trying-
diagnose-mary-todd-lincoln-beyond-grave-180961405/

Español, C. en. (2013, febrero 7). La película “Lincoln” y sus errores históricos. CNN.
https://cnnespanol.cnn.com/2013/02/07/la-pelicula-lincoln-y-sus-errores-
historicos/

Films, C. [@cinecinefilosfilms1257]. (2017, octubre 14). Cómo se hizo “El joven


Lincoln” (“Young Mr. Lincoln” making-of). Youtube.
https://www.youtube.com/watch?v=gHFKakTTwyg

20
Forte, J. L. (s/f). El antepenultimo mohicano. Recuperado el 30 de marzo de 2023, de
https://www.elantepenultimomohicano.com/2017/09/el-joven-lincoln-john-
ford.html

Fotogramas [@fotogramas]. (2014, diciembre 23). Entrevista con Steven Spielberg y


Daniel Day-Lewis por “Lincoln”. Youtube.
https://www.youtube.com/watch?v=xtRzIYHw-Kw

Gallagher, T., Maisashvili, K., Jayamanne, L., Jackson, B., Sen, A., Bailey, I., de Bruyn,
D., Vagenas, M. G., Judah, T., Wu, T., Gerstner, D. A., Frasca, G., Carr, J.,
Young, H., Delshad, S., Osha, S., O’Donoghue, D., Agius, J., McEntee, J., …
Giannopoulos, A. (2006, mayo 5). Passage: John ford’s young Mr. Lincoln.
Sensesofcinema.com. https://www.sensesofcinema.com/2006/cinema-and-the-
pictorial/young_mr_lincoln/

Gambino, M. (2011, junio 6). Ask an expert: What did Abraham Lincoln’s voice sound
like? Smithsonian Magazine. https://www.smithsonianmag.com/history/ask-an-
expert-what-did-abraham-lincolns-voice-sound-like-13446201/

Gutiérrez, R. (2011). Young Mr. Lincoln (1939): El rastro de la Historia en un mito de


John Ford.

Juan, C. G. A. (2013, febrero 10). Un presidente, dos directores. Tiempo de Cine.


https://www.tiempodecine.co/web/un-presidente-dos-directores/

Laws, Z. [@zacharylaws8363]. (2012, noviembre 15). Janusz Kaminski Interview.


Youtube. https://www.youtube.com/watch?v=v0K7tUXhpiM

Mancebo Roca, J. A. (2021). La construcción del arquetipo norteamericano. La imagen


cinematográfica y televisiva de Abraham Lincoln en los Estados
Unidos. Imafronte, 28, 1–20. https://doi.org/10.6018/imafronte.480651

Myers, S. (2012, diciembre 15). Written interview: Tony Kushner (“Lincoln”). Go Into
The Story. https://gointothestory.blcklst.com/written-interview-tony-kushner-
lincoln-dd8460e27ccf

New York Times. (2009, enero 23). Answers About Lincoln in New York, Part 3. The
New York times.
https://archive.nytimes.com/cityroom.blogs.nytimes.com/2009/01/23/answers-
about-lincoln-in-new-york-part-3/

Noah, T. (2013, enero 10). Tony Kushner’s real source for “Lincoln”? The New
Republic. https://newrepublic.com/article/111810/tony-kushners-real-source-
lincoln

21
NPR. (2013, febrero 15). Kushner’s “Lincoln” is strange, but also savvy. NPR.
https://www.npr.org/2013/02/15/172007880/kushners-lincoln-is-strange-but-
also-savvy

Palmer, L. (2012, noviembre 22). Criterion comparison: Steven Spielberg’s ‘Lincoln’ vs.
John ford’s ‘young Mr. Lincoln’. Film School Rejects.
https://filmschoolrejects.com/criterion-comparison-steven-spielbergs-lincoln-vs-
john-ford-s-young-mr-lincoln-ecf2aa2cfa38/

Pérez-Simón, A. (2014). Conceptualizing the Hollywood Biopic. The Prague School in


the Contemporary Context.

Reid, M. D. (2013, febrero 23). Saltspring’s Jim Erickson wins Oscar for set decoration
on Lincoln. Times Colonist.
https://www.timescolonist.com/entertainment/saltsprings-jim-erickson-wins-
oscar-for-set-decoration-on-lincoln-4579890

Schou, S. (2012, noviembre 10). “Lincoln” costume designer Joanna Johnston on the
film’s looks - VIDEO. EW.Com. https://ew.com/article/2012/11/09/lincoln-
costume-designer-joanna-johnston-daniel-day-lewis-sally-field/

Snead, E. (2012, diciembre 5). Behind the seams with Joanna Johnston at THR’s first
costume designer roundtable. Hollywood Reporter.
https://www.hollywoodreporter.com/news/general-news/behind-seams-joanna-
johnston-at-thrs-first-costume-designer-roundtable-398559/

The Richmond Forum [@RichmondForum]. (2013, enero 24). Steven Spielberg, Doris
Kearns Goodwin & Tony Kushner discuss “Lincoln” at the Richmond forum.
Youtube. https://www.youtube.com/watch?v=Ag9PGQez_Pg

Thomas, B. P. (1981). Lincoln’s Humor: An Analysis. Papers of the Abraham Lincoln


Association, 3(1). https://quod.lib.umich.edu/j/jala/2629860.0003.105/--lincoln-
s-humor-an-analysis?rgn=main;view=fulltext

University of California Television (UCTV) [@uctv]. (2008, enero 31). City club
presents Doris Kearns Goodwin on Abraham Lincoln. Youtube.
https://www.youtube.com/watch?v=UKJ5omIynrY

Valentí, T. F. (2017, febrero 22). El joven Lincoln: La América de John Ford. Dirigido
por. https://www.dirigidopor.es/2017/02/22/joven-lincoln-la-america-john-ford/

Welsh, J. M. (1993). Hollywood “Faction” and the New Biofantasy. Studies in Popular
Culture, 15(2), 57–66.

22
Wickman, F. (2012a, septiembre 18). Was Lincoln’s voice really so whiny? We asked the
leading expert. Slate. https://slate.com/culture/2012/09/lincolns-voice-was-it-as-
whiny-as-daniel-day-lewiss-in-the-lincoln-trailer.html

Wickman, F. (2012b, noviembre 10). Everything you ever wanted to know about fact vs.
Fiction in Lincoln. Slate. https://slate.com/culture/2012/11/lincoln-historical-
accuracy-sorting-fact-from-fiction-in-the-steven-spielberg-movie.html

23

You might also like