You are on page 1of 5

SHAKESPEARE IN LOVE– FICHA DIDÁCTICA (1)

Dirección: John Madden, 1998

Guía de personaxes:

- William Shakespeare: dramaturgo, poeta e actor, namorado de Viola de Lesseps


- Viola de Lesseps / Thomas Kent: prometida de Lord Wessex, namorada do teatro e de William
Shakespeare
- Lord Wessex: aristócrata, prometido de Viola de Lesseps
- Philip Henslowe: propietario do “Teatro da Rosa”
- Hugh Fennyman: empresario teatral
- Cristopher “Kit” Marlowe: dramaturgo rival de Shakespeare
- Sabela I: raíña de Inglaterra

1. Realiza un resumo da película.

É unha comedia romántica ambientada en Londres en 1539.


Narra a historia de William Shakespeare, un mozo que é escritor. Nun momento da súa vida sofre un
bloqueo mental no que non se lle ocorren ideas para escribir, este bloqueo é provocado principalmente por
Lady Viola de Lessex, unha muller da que se namora.
O amor é moi correspondido pero ao mesmo tempo é imposible porque Lady Viola ten que casar con outro
home, pero iso non lles importa e seguen co seu amor ás escondidas.
Ambos adoran o teatro e Lady Viola disfrázase de home para poder actuar nel (xa que neste momento as
mulleres non podían actuar no teatro), fai a proba para entrar co papel protagonista na última obra de
Shakespeare. Ao principio el non o sabía pero despois deuse conta. A partir dese momento, os dous vivirán
moi felices pasando por moitas situacións: tanto cómicas como drásticas, pero sen esquecer o amor.

2. Cal cres que é o tema principal da película? Razoa a resposta.

O tema principal da película é o amor xa que a pesar de ser un amor imposible o amor nunca se vai sempre
perdura.

3. Que cres que buscaban os pais de Viola de Lesseps casándoa con Lord Wessex? E que
buscaba Lord Wessex? Razoa a resposta.

Os pais de Viola de Lesseps buscaban o diñeiro de Lord Wessex buscaba diñeiro para poder manter en pe a
súa fabrica de tabaco.

4. Que teñen en común Viola de Lesseps e Shakespeare? Que é o que os separa?


Os dous teñen en común que tanto a Viola de Lesseps e a Shakeaspare gústalles moito o teatro e gustanse
moito entre eles o que os separa e que Viola de Lesseps ten que casar con Lord Wessex.
5. Que é o que fai feliz a Viola de Lesseps? Que circunstancia a limita nas súa aspiracións?

O que fai feliz a Viola de Lesseps e o teatro, a poesía e ser capaz de interpretar pero todo isto impídello a
sociedade daquela época xa que en ese momento da historia as mulleres non podían facer case nada por iso
Viola de Lesseps tense que facer pasar por un home. Por todo isto Viola tamén me parece unha muller
loitadora, apaixonada e namoradeira.

6. Lord Wessex tiña plantacións de tabaco en Virxinia, que se constituíu como a primeira
colonia do Imperio británico en América. Busca por internet:

a) Que se entende por colonia?

É un conxunto de persoas que proceden dun mesmo territorio e que se instalan noutro.

b) De que país forma parte actualmente o territorio de Virxinia?

7. A poboación na Idade Moderna presentaba altas mortalidades. Identifica algunha escena da


película que o exemplifique.

Unha escena na que se ve moi ben porque na Idade Moderna presentaban altas mortalidades e cando
William Shakespeare estaba pasando por unha rúa e unha señora dunha casa tirou o contido dun caldeiro na
rúa, o contido do caldeiro eran excrementos por iso había altas mortalidades pola falta de hixiene.

8. A poboación na Idade Moderna era supersticiosa e/ou devota. Identifica algunha escena da
película que o exemplifique.

Unha escena na que se ve moi ben porque a poboación da Idade Moderna era supersticiosa/devota e cando
William Shakespeare vai xunto a un señor, el cóntalle os seus problemas e este dálle un brazalete dunha
serpente, este supoñíase que se metías un papel co teu nome dentro do brazalete e llo dabas a alguén este
enamorarase de ti.

9. Tendo en conta o filme, pon exemplos dos contrastes sociais da época entre a xente do
común e a xente de vida acomodada (vestimentas, vivendas, costumes,...).

A xente do común non tiña roupa boa e vivía en casas pobres mentres a xente de vida acomodada tiña roupa
boa e vivía en casas ricas.
...............................................................

10. Opinión persoal: Que foi o que máis e o que menos che gustou da película?

O que máis me gustou da película foi o amor correspondido entre William Shakespeare e Viola de Lesseps
e o que menos me gustou foi que obrigaran a Viola de Lesseps casarse con Lord Wessex.
SHAKESPEARE IN LOVE– FICHA DIDÁCTICA (2)
Dirección: John Madden, 1998

11. Le as seguintes frases e trata de contestar:

a) Quen pronuncia cada unha delas?


b) Que interpretación se pode facer desas frases?

“Que sexa considerada co que dentro de seis días será o seu amo e señor”

Lord Wessex
Refírese que en dentro de sete días el será o seu marido.

[“En que vos ofendín?”] “En desexar o que é meu”.

Lord Wessexç
Refírese que como el vai ser o seu marido e dela.

“Sei o que significa ser muller nun oficio de homes”.

Viola de Lesseps
Refírese a discriminación que tiñan sempre as mulleres naquela época

12. Indica que roles desempeñan homes e mulleres na película. Razoa a resposta.

O rol que tiñan as mulleres era a maternidade e de facer as tarefas do fogar mentres o rol dos homes era
sempre o que mandaba e quen conseguía os cartos.

13. Por que Lord Wessex pretendía matar a William Shakespeare? Que idea da muller hai
detrás desa intención?

Lord Wessex pretendía matar a Willian Shakespeare xa que con el foi quen lle quitou a virxindade a Viola
de Lesseps cando debería haber sido el.
A idea da muller que hai detrás de esta intención e de obxecto.

14. Por que motivo relacionado con Thomas Kent se decretou o peche do teatro da Rosa?

O motivo do peche do teatro de Rosa foi porque se decataron de que un actor (Thomas Kent) estaba
facéndose pasar por un home cando el era muller el en realidade era Viola de Lesseps.

15. Que características herdadas da Europa medieval (a nivel político, social ou económico) se ven na
película?

Eu non vin características herdadas da Europa medieval, tampouco entendo moi ben a que se refire.

16. Na película menciónase de maneira frecuente unha enfermidade como a peste.

a) Aparece algún intento de “explicación” da causa da peste ao longo da película?

Sí, cando cerraron o teatro.

b) Tiñan algún tipo de base científica esas “explicacións”?

Sí, porque se seguían abertos os teatros a peste seguiríase contaxiando.

17. Segundo o dicionario da RAG, feminismo é a doutrina que defende a igualdade de dereitos
entre o home e a muller. Pódese considerar “Shakespeare in love” unha película con connotacións
feministas? Razoa a resposta.

Sí, xa que fan ver que as mulleres naquela época eran moi discriminadas.

18. Daríaslle un final diferente á película? Cal?

Sí, que Viola dixese na voda que non e se escapase con Will.

......................................................
19. Opinión persoal: Ponlle unha nota (de 0 a 10) á película. Razoa o motivo da cualificación.

Daríalle un 8 xa que hai partes da película que non se entenden moi ben e porque William Shakespeare e
Viola de Lesseps non acabaron xuntos.

You might also like