You are on page 1of 3

REPASO

1. Identifica e clasifica os pronomes persoais do seguinte texto.

2. Xustifica a posición antes do verbo dos pronomes átonos.

El coñeceuna de casualidade. Unha tarde, a eso das seis, estaba sentado nun banco do
xardín e advertiu que se achegaba unha rapaciña loira, de melenas longas, vestida cun
pantalón corto. Con acento francés preguntoulle onde podería atopar un médico.
Acompañouna. Polo camiño ela díxolle que era trapecista do circo e que seu pai, un
antigo xendarme, atopábase malo (pouca cousa: talvez unha mala dixestión), e que
pedira que lle levasen un médico. El a penas falou. Ao chegaren á clínica indicoulle:
«Aquí». Ela deulle as gracias e invitouno a pasar pola taquilla, onde lle facilitaría un par de
entradas para a función das oito.

1. Escribe a palabra que corresponde a cada definición.

a) Instrumento composto de dous anacos de madeira unidos onde se anota o número


de plano que se vai rodar.
b) Escribe o guión artístico.
c) Interpreta o papel principal nunha película.
d) Substitúe os actores en escenas de risco.
e) É o responsable do financiamento e contratación da produción.
f) Cada unha das imaxes que compoñen un filme.
g) Escribe o guión técnico e dirixe a película.
h) Desempeña papeis secundarios nunha película.
i) Superficie branca de tea ou plástico na que se proxectan imaxes.
l) Adapta obras literarias ao cine ou á televisión.

2. Clasifica as palabras segundo TELE sexa o prefixo “lonxe” ou o acurtamento de


“televisión”. Defíneas

telégrafo, teledirixido, telexornal, telelixo, teleadicto, teleférico, teléfono

3. Crea 5 enunciados que conteñan unha palabra relacionada coa radio.


Literatura. Completa o cadro

AUTOR OBRA XÉNERO ÉPOCA, XERACIÓN,


TEMÁTICA
Memorias dun neno labrego

Palabra no tempo Xeración do 36

Uxío Novoneyra

A. Cunqueiro teatro

A esmorga

Promoción de enlace

Merlín e familia

Escola da Tebra

A. Fole Prosa

A. Cunqueiro prosa

Longa noite de pedra


➢ Título, autor e data de publicación do 1º libro de poesía da posguerra

➢ Que se crea en 1950?


➢ Cales son as dúas primeiras obras que publica?

➢ Liña temática do poemario Longa noite de pedra

➢ Nomea as tres liñas temáticas da xeración das Festas Minervais

➢ Título das obras que xunto a Memorias dun neno labrego forman o ciclo do
neno

➢ Que personaxes e que espazos aparecen nas obras de Neira Vilas?

➢ Que nome recibe o recurso que aparece no verso 5? En que consiste?

You might also like