You are on page 1of 2

Actividades de repaso (II).

II REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E IMPERIALISMO

1. Define os seguintes conceptos: Colonia, taylorismo, fordismo, protectorado, concesión, conflito de Fachoda,
aculturación, Conferencia de Berlín.
2. Data os seguintes acontecementos históricos
 Apertura canle de Suez..................
 Apertura da canle de Panamá....................
 Conferencia de Berlín......................

 Conflito de Fachoda ...............


 Inicio e fin da Segunda Revolución Industrial .............
 Rebelión dos Bóxeres.................

3. Trata de construír frases coherentes e con rigor cos seguintes grupos de palabras

 First comers – Bélxica – Imperio Ruso


 Petróleo - motor de explosión – novos materiais
 Aeroplano- teléfono – electricidade
 Produción en serie- cadea montaxe – duración cronometrada
 Mecanización agricultura – crecemento das cidades – migración a outros continentes
 Exceso poboación – traballo- colonia
 Unificación – Italia - proceso colonial - Alemaña
 Plantacións – man de obra barata - minaría
 fame- prácticas sanitarias- hixiene

4. Completa a seguinte táboa


O IMPERIALISMO
Concepto de imperialismo
Grandes potencias imperialistas
Territorios afectados
Factores económicos
Factores demográficos
Factores relixiosos
Factores políticos
Factores ideolóxicos
Factores científicos
Factores médicos
Factores técnicos
Consecuencias económicas
Consecuencias sociais e culturais

 DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA  XEOGRAFÍA E HISTORIA 4º ESO   Prof. Iago Fernández


TEST
1. A partir de que data se considera que comeza a Segunda Revolución Industrial?
a) 1760.
b) 1820.
c) 1870.

2. Que tipo de sistema de produción innovador implantou Henry Ford na súa fábrica de automóbiles?
a) taylorismo.
b) A produción continua.
c) traballo en cadea.

3. Que é un trust?
a) Unha agrupación voluntaria de diferentes empresas para cubrir todas as fases da produción para eliminar a competencia.
b) Unha asociación de empresas dedicadas á mesma rama de actividade que chegan a acordos para controlar a produción
e os prezos.
c) Un conxunto de empresas controladas por unha delas, que é a propietaria da maior parte das súas accións.

4. Que países europeos se desenvolveron tamén moito industrialmente?


a) España, Portugal, Bélxica e Dinamarca.
b) Bélxica, Francia e Alemaña.
c) Rusia, Francia e España.

5. A quen enfrontou a guerra de Secesión?


a) Aos estados do oeste e leste americanos.
b) Aos estados do norte e sur americanos.
c) Aos estados escravistas e ás tribos indias.

6. Que factores xustificaron a práctica do imperialismo?


a) Relixiosos, políticos e demográficos.
b) Políticos e demográficos.
c) Relixiosos, políticos, ideolóxicos e científicos.

7. Os catro países imperialistas máis importantes foron:


a) Estados Unidos, Francia, Reino Unido e Rusia.
b) Estados Unidos, Francia, Reino Unido e Italia.
c) Francia, Reino Unido, Rusia e Xapón.

8. Cales foron as tres formas de dominio que estableceron os Estados europeos nos territorios coloniais?
a) Colonia, anexión e protectorado.
b) Colonia, protectorado e concesión.
c) Colonia, protectorado e estado.

 DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA  XEOGRAFÍA E HISTORIA 4º ESO   Prof. Iago Fernández

You might also like