You are on page 1of 7

A Revolución francesa:

a Convención e o Directorio
(1792-1799)
As etapas da revolución
1. Monarquía Constitucional (1789-1792)
a. Asemblea Constituínte
b. Asemblea Lexislativa

2. República social ou Convención (1792 -1794)


a. Convención xirondina
b. Convención xacobina

3. República conservadora (1794-1799)


a. Directorio
A república social ou CONVENCIÓN (1792-1794)

➢ Ábrese o período máis radical (e breve) da revolución,


dividido en dúas fases:
○ A primeira, en que o poder está en mans do partido xirondino
(burguesía comercial de provincias, moderada)
○ A segunda, en que o poder está en mans do partido xacobino
(burguesía parisina, apoiada nos sans-culottes, as clases baixas)

➢ Entre 1793 e 1794 vívese unha época moi dura, o


“Terreur”.
○ A República deféndese dos ataques das monarquías (Austria,
Prusia, España) ou Inglaterra.
○ Son executadas, con ou sen xuizo, unhas 40.000 persoas, acusadas
de “contrarrevolucionarios”.
A fase xirondina da Convención
➢ Tras a detención do rei e a proclamación da República, a Asemblea Lexislativa asume todos os
poderes (L-E-X).
➢ No contexto da invasión de Francia, en setembro esténdese o medo á contrarrevolución.
○ Os cárceres son asaltados e a metade da poboación carceraria é asasinada (Matanzas de Setembre).

➢ A vitoria de Valmy calma os ánimos.


○ A República parece salvada.

➢ Convócanse novas eleccións á asemblea lexislativa.


○ O partido xirondino obtén a maioría.

➢ Prodúcese unha ruptura coa etapa anterior.


○ Novo calendario revolucionario: inicia a época revolucionaria (22/9/1792), sen santos.

➢ Luís XVI e María Antonieta son xulgados por traición en decembro de 1792.
○ Xacobinos, pola execución. Xirondinos, pola absolución.
○ Luís é guillotinado en xaneiro de 1793. María Antonieta, en outubro.
○ Tras a execución de Luís XVI, fórmase a Primeira Coalición de monarquías contra a República francesa.
○ La Vendée, rexión de Bretaña, levántase para defender a relixión católica e a monarquía tradicional.

➢ Ante tanta ameaza, a revolución radicalízase.


○ Créanse tribunais revolucionarios.
○ O Comité de Salvación Pública, creado en abril de 1793 (complemento do Comité da Defensa Xeneral) funciona como goberno da
Convención.
A fase xacobina da Convención
➢ O partido xacobino dá un golpe contra o goberno da Convención (xuño de 1793).
➢ O Comité de Salvación Pública pasa a estar dirixido por Robespierre, Danton ou Saint Just.
➢ O novo goberno da Convención, liderado por Robespierre, promulga unha nova constitución.
○ Soberanía popular
○ Sufraxio universal masculino

➢ Dous acontecementos axitan o panaorama político e abren unha época de Terror


revolucionario.
○ Por un lado, o ataque inglés a Toulon (base da flota da República).
○ Por outro lado, o asasinato de Marat, líder xacobino, pola realista Charlotte Corday.

➢ Calquera oposición é alcumada de contrarrevolucionaria e castigada coa morte.


○ O Comité promulga a Lei de Sospeitosos.
○ Durante ano e medio, executanse en toda Francia cerca de 40.000 persoas (o Terror).

➢ O Comité intenta acabar coa crise económica coa Lei de Máximos


○ Fixa un prezo máximo para os produtos básicos, mais un salario máximo.
○ Malestar popular.

➢ Robespierre perde os apoios dos sans-culottes e prodúcese un novo golpe de estado.


○ Ńa conspiración están representados todos aqueles grupos perseguidos por Robespierre e os seus compañeiros.
○ O antigo presidente do Comité acaba sendo detido e executado (27/9/1794)
A república conservadora ou Directorio (1794-1799)
➢ É a terceira e última fase da R.F.
➢ O Directorio é un goberno moderado, controlado pola burguesía rica e conservadora.
○ Supón unha volta ao espírito da monarquía constitucional, mais sen rei.

➢ Tras a caída de Robespierre e o Comité de Salvación Pública, escóllese un novo executivo de 5


membros, denominado Directorio.
➢ Reestablécese a separación dos poderes: a nova constitución (do Ano III/1795) crea un poder
lexislativo bicameral
○ Consello dos Cincocentos (Parlamento)
○ Consello dos Anciáns (Senado)

➢ En 1795, prodúcese a “revolta de Vendimiario”, aplastada por Napoleón.


➢ O prestixio que gaña Napoleón fai desconfiar ao Directorio, que envía o xeneral a Italia.
○ As vitorias francesas estenden por Europa os principios revolucionarios.
○ Créanse novas repúblicas “irmás” da francesa: Bátava, Helvética, Cisalpina, Romana, Partenopea.
○ Napoleón Bonaparte é unha estrela en ascenso.

➢ O 18 de Brumario de 1799 (9 de novembro) Napoleón dá un golpe de estado e pon fin ao


Directorio.
○ Bonaparte establece un teórico triunvirato, no que él é “Primeiro Consul”
○ Ducòs e Sieyès nunca chegaron a gobernar.
○ Entre 1799 e 1804, Francia é realmente unha ditadura liderada por Bonaparte.
Práctica 3
A Convención aprobó en 1793 un novo calendario e unha nova etapa, que
comezaba o 22 de setembre de 1792, coincidindo co equinoccio de outono.

Así foi, que o primeiro ano do calendario establecido pola República Francesa
comenzaba en esa data e remataba o 22 de setembro de 1793.

No calendario republicano, os doce meses recibiron nomes vinculados á estación


correspondente, eliminando toda alusión ou carácter religioso, propio do
calendario gregoriano, o tradicional de Francia, como podían ser as festas de
santos e santas.

Daquela, o traballo é o seguinte:

● Investigade cando entrou en vigor este calendario e até cando se utilizou.

● Identifica os nomes dos meses e explicade como se organizaba cada mes.

● Interésame especialmente que expliquedes por qué os xacobinos


substituíron o calendario tradicional por outro. Que pretendían?

● Que opinades vós deste calendario?

● Por último, observade a imaxe: que símbolos se asocian ao mes


representado?

You might also like