You are on page 1of 5

Cantigas de escarnio e maldizer

1. Introdución

2. As diferenzas entre as cantigas de escarnio e as cantigas de maldicir.

3. Clasificación temática

3.1. Satira política

3.2. Sátira literaria

3.3. Sátira social

3.4. Sátira obscena

1. Introdución
- As cantigas de escarnio e de maldizer constituen, xunto coas de amor e as
de amigo, un dos grandes xeneros da lírica galego-portuguesa medieval.
- Tratase de composicións de carácter burlesco nas que os trobadores
galego-portugueses medievais facían mofa da sociedade da sua epoca e dos
seus vicios e costumes, coa finalidade primordial de facer rir o seu publico.
2. Diferenza entre as cantigas de escarnio e as cantigas de maldizer

Os trobadores medievais distinguían dous tipos de cantigas de burlas: as cantigas


de escarnio e as cantigas de maldicir.

3. Clasificación temática
-SÁTIRA POLÍTICA: Crítica dos problemas políticos e militares do seculo XIII.

-SÁTIRA LITERARIA:

a.Crítica e burlas doutros trobadores e xograres, colegas de profesion que


supostamente facían mal o seu traballo.

b.Parodias do código do amor cortes.

-SÁTIRA SOCIAL: Críticas a diferentes grupos sociais. Os grupos mais atacados foron os
infanzons (nobres de segunda categoría) e os cregos, frades e monxas.

LITERARIA

POLÍTICA

SOCIAL

As Cantigas de Santa María e Xéneros Menores

1. As cantigas de Santa María


2. Xéneros menores
2.1. Pastorela
2.2. Tenzón
2.3. Pranto
2.4. Lais

1. As cantigas de Santa María


As Cantigas de Santa María son un conxunto de 427 cantigas que tiñan como obxectivo loar
(eloxiar) á Virxe María

● As cantigas de Santa María son un traballo colectivo, é dicir, foron compostas por
un conxunto de trobadores.
● Este traballo colectivo foi supervisado / coordinado polo rei Afonso X o Sabio. O
propio rei Afonso X, ademais de supervisar, tamén escribiu algunhas das cantigas.

- Motivacións

- Tipos
- As cantigas de SMaría

As cantigas de Santa María distribúense no cancioneiro como un rosario: 9 cantigas


narrativas seguidas de 1 cantiga de loor, xa que o número 10 estaba asociado á
divinidade.

2. Xéneros menores

2.1 Pastorela

a) Composición poética de orixe provenzal que se presenta xeralmente en forma de


diálogo amoroso entre un cabaleiro e unha pastora.
b) O modelo clásico de pastorela segue a seguinte estrutura:
- Un cabaleiro atopa unha fermosa pastora mentres cabalga ou camiña polo campo.
Seducido e namorado repentinamente dela, solicítalle os seus amores.
- Prodúcese un diálogo entre a pastora e o galán.
- A pastora acepta, ou non.

2.2 Tenzón

Caracterízase por ser un texto dialogal, en que interveñen dúas voces alternantes
que se corresponden con dous autores distintos. Trátase dunha especie de combate
poético.

2.3 Pranto

Trátase dunha composición na que un trobador expresa a súa dor pola morte dunha
persoa relevante e eloxia as súas calidades en vida.

2.4 Lais
Denominamos así cinco textos transmitidos polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional
como “lais de Bretaña”, que traducen ao galego-portugués libremente poemas
franceses de tema amoroso.

Están postos en boca de personaxes do ciclo artúrico ou bretón.

You might also like