You are on page 1of 2

Proba de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade

XULLO 2019
Código: 34 HISTORIA DA FILOSOFÍA

ACLARACIÓNS:
a) O comentario deberá analizar o fragmento (tanto os conceptos fundamentais como a
argumentación) e relacionalo cun contexto máis amplo (o autor e o seu lugar na historia da
filosofía), con corrección expresiva e gramatical.
b) As cuestións teóricas (1ª e 2ª partes do exame) desenvolverán os contidos pertinentes, con
precisión conceptual, rigor expositivo e corrección expresiva e gramatical.

OPCIÓN A
1. Comenta o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolve a cuestión
seguinte.
(Cualificación máxima: 6 ptos.: 3 para o comentario e 3 para a cuestión).

Realidade e coñecemento en Platón.


“-Pensa, entón, como diciamos, que son dúas entidades, unha rexe o mundo do intelixible
e a outra o mundo do visible. (...)
-Toma agora unha liña dividida en dúas seccións desiguais e de novo corta estas dúas
partes, segundo a mesma proporción, a da especie que é visible e da que é intelixible, e
terás a claridade e a escuridade en relación a ambas, na visible atoparás unha sección de
imaxes. (...)
- Comprendiches perfectamente. Aplica a esas catro seccións catro afeccións que se
xeran na alma: intelixencia, á máis elevada; pensamento discursivo, á segunda; á terceira,
a crencia; e á última, a conxectura; ordénaas segundo unha proporción, pensando que
canto máis participen da verdade, tanto máis participan da
claridade.”
(PLATÓN: República,Libro VI, 509d-511e).

Comenta o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolve a cuestión seguinte.


(Cualificación
máxima: 6 ptos; 3 para o comentario e 3 para a cuestión)

Realidade e coñecemento en Platón

«SÓCRATES— (...) Así, pois, a alma, sendo inmortal e tendo renacido moitas veces e ao ter
contemplado todas as cousas, as de aquí e as do Hades, non hai nada que non teña aprendido. De
xeito que non hai que sorprenderse de que ela sexa quen de ter recordos acerca da virtude e das
demais cousas que, por certo, coñecera anteriormente. Pois ao estar emparentada toda a natureza e
tendo aprendido todo a alma, nada impide que quen, recordando unha soa cousa
—iso que os homes chaman aprender—, encontre todas as demais, se é valente e teimudo na busca.
Porque o buscar e o aprender non son máis que reminiscencias.»
(PLATÓN, Menón)
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Comenta o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolve a cuestión seguinte.


(Cualificación máxima.- 6 ptos.: 3 para o comentario e 3 para a cuestión)
Realidade e coñecemento en Platón
“-Pois ben, meu querido Glaucón, esa imaxe debémola aplicar totalmente ao dito anteriormente; hai
que comparar a rexión que se manifesta por medio da vista coa morada do cárcere e esa luz do lume
co poder do sol; compara a subida ao mundo de arriba e a contemplación das cousas deste coa
ascensión da alma á rexión do intelixible e non errarás respecto do que espero que é o que ti desexas
oír.”
(PLATÓN, República, VII, 517 a-b)

CRITERIOS CORRECCIÓN

PRIMEIRA PARTE: A cualificación máxima é de 6 puntos: 3 para o comentario do fragmento e 3


para a cuestión proposta asociada.
a) No Comentario do fragmento valorarase a comprensión do texto, especialmente no que
atinxe aos seus conceptos fundamentais e estrutura argumentativa, e a relación entre o texto e un
contexto máis amplo (o autor e o seu lugar na Historia da Filosofía).
Deste xeito, o comentario do fragmento da República (Libro VI, 509a‐511e) de Platón deberá
amosar unha axeitada comprensión dos conceptos principais do texto proposto, establecendo
ademais unha contextualización da súa temática no pensamento de Platón e deste na historia da
filosofía.
Cualificación máxima 3 puntos.
b) A cuestión teórica asociada avaliarase atendendo á pertinencia dos contidos informativos da
resposta, á precisión no uso dos conceptos e á coherencia e articulación discursiva da exposición
na que observarase corrección expresiva e gramatical.
Deste xeito, a cuestión Realidade e coñecemento en Platón, atenderá entre outros contidos aos
"graos de coñecemento", "á relación do mundo sensible co mundo intelixible", etc.

Los 4 puntos restantes serán para desarrollar un tema ,por ejemplo “ El origen del cosmos en los
presocráticos.”
.El problema del método en Descartes
El liberalismo en Locke
Realidad y metafísica en Kant
La ley moral en Kant
Alienación y dialéctica en Marx

You might also like