You are on page 1of 5

Formas tónicas:

1ª persoa 2ª persoa 3ª persoa

Suxeito Con prep. Suxeito Con prep. Suxeito Con prep.


Contigo Si
Min Ti
Singular Eu Ti, El / Ela Consigo
Comigo Vostede
Vostede El, Ela
Connosco Vós Convosco
Nós Si
Nós Vosoutros Vós, Eles /
Plural Nosoutros Consigo
Nosoutros Vosoutras Vosoutros, Elas
Nosoutras Eles, Elas
Nosoutras Vostedes Vosoutras

Sobre o uso destas formas, debedes de ter en conta que:

 As formas vostede e vostedes, aínda que son de 2ª persoa (refírense a


quen escoita) concordan co verbo en 3ª porque son formas de cortesía:
Vostede é moi amábel ao dicir iso.
 As formas nosoutros/as e vosoutros/as teñen carácter máis restritivo
ca nós e vós, refírense a un grupo do que se exclúe a todos os que non
pertencen a el (no grupo de aula, por exemplo, “nosoutros” poder
referirse só ao alumnado e “nós” incluiría tamén o profesor: Profe, a nós
tócanos ir agora pero nosoutros preferimos ir mañá).
 As formas do pronome de 3ª persoa el (es) /ela (s) contraen
obrigatoriamente coas preposicións en e de: Del non me fío, dela si.

Formas átonas

1ª persoa 2ª persoa 3ª persoa


C.
C. Directo C. Directo C. Indirecto C. Directo C. Indirecto
Indirecto
O (lo, no)
Singular Me Te Che A (la, na) Lle
Se

Os (los, nos)
Plural Nos Vos As (las, nas) Lles
Se
Sobre o uso destas formas debedes reparar en:

 Cando van colocadas despois do verbo escríbense pegadas a el,


formando unha soa palabra a nivel de acentuación. Así, por
exemplo: Díxome que non viña.
 As formas que usamos para o complemento directo na 3ª persoa son o,
a, os, as, mais alternan coas outras variantes do seguinte xeito:
o As formas lo, la, los, las empréganse despois de formas verbais
conxugadas rematadas en –s, despois de infinitivo ou despois dos
pronomes nos, vos e lles.
o As formas no, na, nos, nas empréganse despois de formas
verbais rematadas en ditongo.

Fíxate:

 As formas de 3ª persoa de complemento indirecto (lle, lles)


diferéncianse segundo se refiran a unha soa persoa (lle) ou a varias
(lles). En parte de Galicia só se emprega a forma lle para ambos os
casos; isto é aceptable no rexistro coloquial mais na lingua estándar
débese facer a diferenza:

Díxenlles a meus país (a ELES) que a reunión é martes pero a


meu irmán (a EL) dixéronlle mércores, vaia lío formamos entre
todos!
 Nas formas de 2ª persoa singular diferenciamos te /che segundo sexa c.
directo ou indirecto, mais esta distinción é anulada nalgunhas zonas
dialectais dando lugar ao cheísmo ou ao teísmo. Estas particularidades
non poden empregarse na variedade estándar, aínda que si no rexistro
coloquial nas zonas onde sexa propio.

 Se, é a forma que se emprega como reflexiva na 3ª persoa, na 2ª e na


1ª hai que usar as formas de C. Directo: Asusteime ao velo, Metícheste
nunha boa!, Atreveuse ela soa.

 As formas de C. Indirecto de 2ª persoa che e vos (e de 3ª como forma


de respecto) empréganse habitualmente como pronomes de
solidariedade coa intención de conseguir a implicación afectiva da
persoa á que se lle está falando:
Aínda que a súa ausencia non altera o significado da secuencia,
debemos procurar usar o pronome de solidariedade, sobre todo no
rexistro coloquial, que é cando se dan as condicións de familiaridade
precisas. Estas formas, que son propias da lingua galega e non se
empregan nas linguas veciñas, engaden na conversa un matiz afectivo
moi característico da nosa lingua.

 Cando na mesma secuencia coinciden dúas formas átonas (unha de C.


indirecto e outra de C. directo) sempre vai primeiro a de C. indirecto e
ademais fórmanse as seguintes contraccións:

O A OS AS

ME mo ma mos mas

CHE cho cha chos chas

LLE llo lla llos llas

NOS nolo nola nolos nolas

VOS volo vola volos volas

LLES llelo llela llelos llelas

A colocación dos pronomes átonos

Ás veces os pronomes átonos van colocados despois do verbo (e escríbense


pegados a el) e outras van colocados antes. Pero isto non é optativo, existen
unhas regras que son as que rexen esta posición; unhas regras que traen de
cabeza aos que non están acostumados a falar en galego, mais que non
supoñen ningún problema para a maioría dos falantes porque xa os usan ben
de seu, sen necesidade de estudaren ningunha regra.

As regras básicas que debedes coñecer son:

Xeralmente o pronome vai colocado despois do verbo pero hai unha serie
de situacións que obrigan a colocalo antes:
 Cando a secuencia comeza por “que” ou “porque”.

Compara: Seino eu É así porque o sei eu

 Nos enunciados negativos:

Compara: Non cho deixo ver


Déixocho ver

 Nas cláusulas desiderativas:

Compara: Oxalá te vexa pronto


Vereite pronto

 Cando antes do verbo hai un adverbio (aínda que hai bastantes


excepcións):

Compara: Avisáracho Xa cho avisara

 Cando antes do verbo hai un pronome interrogativo ou exclamativo:

Compara: Queríao! Canto o quería!

 Cando antes do verbo hai algún pronome indefinido:

Compara: Todos lle queren ben


Quérenlle ben

 Nas perífrases verbais ten liberdade de colocación:

Heicho de dar Hei de cho dar Hei darcho

You might also like