You are on page 1of 2

COLOCACIÓN DO PRONOME ÁTONO EXERCICIOS

1. Nas seguintes oracións coloca o pronome átono onde corresponda, tendo en conta a
negación, a entoación e se a oración é simple ou composta.

• Que cousas ……… dixo ………! (lle)


• Como ………… puxo …………! (se)
• Non ………… fagas …………iso. (nos)
• Moito ………… repetín ………, pero nunca …… fixo …… caso. (llo, me)
• Di ……… a verdade, que eles ……… queren ……… ben. (lles, che)
• Nunca …… dixo ……… nada que …… molestase ………(lles, os)
• Mal raio ……… parta ………! Eu non ……… aturo ……. (te, te)

2. Coloca o pronome átono onde corresponda.

• Ninguén ……… fará ………… cambiar de opinión. (me)


• Ningunha compensación …………… resarciría ……… desa perda. (vos)
• Ningún dos amigos ……… abandonou ……… naquel transo. (a)
• Eses ovos ……… facían ……… unha boa tortilla. (che)
• Non ……… me ……… gorentan ……… os doces. (che)
• Señores, eses ……… son ………… perigosos. (lles)
• Señora, ………… son ………… ben bos estes grelos. (lle)
• Todo ………… foi ……… un invento dela. (che)

3. Pronominaliza os elementos subliñados, facendo as contraccións que cumpran. Coloca o


pronome átono no lugar adecuado.

• Sirve o caldo aos teus irmáns.


• Fai os deberes á súa irmá porque ela non sabe.
• Di a verdade a estes homes.
• Tróuxolles un regalo ben bonito.
• Ensinou aos alumnos todo canto sabía.
• Darei a ela todo canto me pidas.
• A vostede non lle quero esas nabizas.
• Quen dera este pastel a elas!
• Non fagas ese feo a el.
• Hei dar a elas todo o meu.

4. Corrixe os erros das oracións seguintes.

• Me parece que desta aprendinme a colocación do pronome.


• Non che vin onte no cine.
• Non se o prestes, que mérqueo ela.
• Dime quen che o fixo.
• Me verás ou non me verás.
• Vos tedes que ir de contado.
• Paréceme que estaste metendo de máis.
• Díxolles que axudaríaos.
• Se vésme pedir axuda, vaite agora mesmo.
• Os acabei, os exercicios, por fin!
SOLUCIÓNS

Exercicio 1

1. Que cousas lle dixo!


2. Como se puxo!
3. Non nos fagas iso.
4. Moito llo repetín, pero nunca me fixo …… caso.
5. Dilles a verdade, que eles te queren ben.
6. Nunca lles dixo nada que os molestase.
7. Mal raio te parta! Eu non te aturo.

Exercicio 2

1. Ninguén me fará cambiar de opinión.


2. Ningunha compensación vos resarciría desa perda.
3. Ningún dos amigos a abandonou naquel transo.
4. Eses ovos facíanche unha boa tortilla.
5. Non che me gorentan os doces.
6. Señores, eses sonlles perigosos.
7. Señora, sonlle ben bos estes grelos.
8. Todo che foi un invento dela.

Exercicio 3

1. Sírvellelo.
2. Faillos porque ela non sabe.
3. Díllela.
4. Tróuxollelo.
5. Ensinóullelo.
6. Dareillo.
7. A vostede non llas quero .
8. Quen llelo dera!
9. Non llo fagas.
10. Héillelo dar / Hei dárllelo.

Exercicio 4

1. Paréceme que desta aprendín a colocación do pronome.


2. Non te vin onte no cine.
3. Non llo prestes, que o merque ela.
4. Dime quen cho fixo.
5. Verasme ou non me verás.
6. Tedes que vos ir de contado / Tédesvos que ir de contado/ Tedes que irvos de contado.
7. Paréceme que te estás metendo de máis.
8. Díxolles que os axudaría.
9. Se me vés pedir axuda, vaite agora mesmo.
10. Acabeinos, por fin!

You might also like