You are on page 1of 2

BOLETÍN DE ROBÓTICA

1. Qué é un robot?
2. Cal é a orixe da palabra robot?
3. Por que se di que un robot ten intelixencia artificial?
4. Que tipos de coñecementos engloba principalmente a Robótica?
5. Que elementos fundamentais ten un robot?Define cada un deles.
6. Tipos de actuadores.
7. Que é a capacidade de carga dun robot?
8. Os brazos robot que se amosan a continuación, cantos grados de liberdade posúen? Que
sistemas de coordenadas utilizan?

9. Como se chaman os dispositivos deseñados para recibir información do exterior?


10. Fai un esquema cos diferentes tipos que hai deses dispositivos.
11. De que tipo de control se fala cando o robot selecciona e procesa a información recibida a
través dos seus sistemas receptores, e baseándose nela planifica as súas actuacións?
12. Indica o tipo de sistema de control en cada caso:
a) porta de garaxe que abre cun mando a distancia e pecha despois de 2mn.
b) porta que abre cun mando e se detecta o coche se mantén máis tempo aberta.
c) un radiador con termostato
d) un radiador que funciona de 7 a 9 da mañá
13. Indica os sensores necesarios en cada caso:
a) persiana que baixa cando vai sol e chega ata o tope e para.
b) máquina que repasa as liñas brancas discontínuas da estrada.
c) un forno que se desconecta a unha temperatura determinada.
d) un ascensor que sube ata o última andar dun edificio.
14. Relaciona a columna da esquerda coa da dereita mediante frechas:
Robot industrial Da Vinci
Androide C3PO (Guerra das Galaxias)
Robot móbil Artificieiro
Robot para aplicacións médicas Soldador
1
15. Relaciona os diferentes sensores cos sistemas de control onde actúan, e a función que
cumpren.
SENSOR SISTEMA DE CONTROL FUNCIÓN
Termóstato Portas automáticas Aviso de incendio
Sensor de humidade Instalación contra incendios Control de temperatura
Detector de fume Calefacción Activar apertura de portas
Sensor de proximidade Invernadoiro Control sistema para regar

16. Nomea os diferentes xeitos de programar un robot.


17. Busca cales son as tres leis da robótica escritas por Isaac Asimov. Busca o título de 3 libros
escritos por el.
18. Explica que é un robot colaborativo.
19. Explica a diferenza entre a programación textual e a programación guiada.
20. Investiga en que consiste o protocolo de comunicación entre dispositivos.

Para traballar en grupos de tres persoas coas que non estivestes nas prácticas:

21. Investiga en que consiste o concepto de big data. Características do mesmo. Que utilidades
cres que ten?
22. Investiga a que se refire o concepto de Internet das cousas ou IoT asi como as aplicacións
que ten.
23. Explica en que consiste a intelixencia artificial, IA.

You might also like