You are on page 1of 4

O ARTIGO

Os artigos definidos
Os artigos indefinidos

singular plural
singular plural

masculino o os masculino un uns

feminino a as feminino unha unhas

Contraccións

Os artigos definidos contraen con a, de, en, con, por e ca:

o a os as

a ao (ó) á aos (ós) ás

de do da dos das

en no na nos nas

con co coa cos coas

por polo pola polos polas

ca có cá cós cás
Os artigos indefinidos contraen con de, en e con do seguinte xeito:

un unha uns unhas

de dun dunha duns dunhas

en nun nunha nuns nunhas

con cun cunha cuns cunhas


Identifica o artigo nos seguintes enunciados:

1. O outro día meu irmán fixo os deberes.

2. A auga que corre polo río é transparente.

3. Fixemos un boneco coa neve que caeu onte pola noite.

4. Non sei as respostas do exame de matemáticas.

5. Quero facer unha torta e unhas galletas para a festa.

Localiza nestes enunciados as contraccións dos artigos e di cales son os


seus componentes:

1) Fun ao monte coa miña curmá pasear o can.

2) No colexio fixemos un boneco cunha morea de follas.


3) Polas tardes gústame ir ver os xogadores entrenar cuns bos amigos.

4) Subín nun barco o verán pasado na Ribeira Sacra e non quero volver
subir.

TEXTO 1

Chegou meu curmán Lito de Venezuela; deixouche alá o xenro


coidando dos negocios, creo que fabricación de mandís para media
América. Como sabe que non me gustan os presentes só me trouxo
unha beberaxe típica das ribeiras do Orinoco. Fun esperalo a Vigo o
sábado. Cando estaba entrando pola cancela da casa xa o can deu en
ladrar e facerlle garatuxas. Vaia se se lembraba del!

Onte fomos Iria, el e mais eu dar unha volta pola cidade. Ao pasar
por diante dunha libraría, entrou Iria a mirar nun dicionario a
palabra ápodo que seica lla preguntou a profesora de galego nun
exame. Debe de ser unha mestra moi esixente, si que debe, que nin
eu coñezo a tal palabriña. Como dixo meu curmán, olla que alá en
Caracas hai de todo mais dos ápodos nunca che oín falar a ningún
galego. Logo rompeu a chover e antes de chegar ao coche xa
estabamos coma pitos.

EXERCICIOS.

1.- Indicar o feminino de: can, xenro, curmán.

2.- Fai uso do dicionario e define correctamente: mandís, beberaxe, ápodo.

3.- Localiza no texto os artigos que atopos. Tes que poñelos a carón do
substantivo que acompaña. OLLO que tamén hai contraccións (no, polo…).

Por exemplo: o xenro

You might also like