You are on page 1of 2

FICHA DETERMINANTES (15/02/23)

1.Escribe de novo este texto e cambia os artigos determinados (o, a, os,


as) polos indeterminados (un, unha, uns, unhas):
Hoxe atopeime no centro comercial co mozo e coa moza que viven na
casa que hai preto da ponte, e dixéronme que tiñan a roupa xeitosa e a bo
prezo na tenda que teñen alí os familiares da amiga de Sabela.

Hoxe atopeime nun centro comercial cun mozo e cunha moza que viven nunha
casa que hai preto dunha ponte, e dixéronme que tiñan unha roupa xeitosa e
un bo prezo na tenda que teñen alí uns familiares dunha amiga de Sabela

2.Fai as contraccións da preposición co demostrativo no seguinte texto:


Quero esquecerme do ano pasado, (de+estas) destas historias tan raras, e
pensar só (en +estes) nestes temas de hoxe e mais (en +esas) nesas cousas
que me contaches onte. E ti non cismes máis (en + eses)neses asuntos nin
fales máis (de +esas ) desas persoas.

3.Busca os indefinidos e escribe cada un na súa columna, coma no


exemplo (se vai cun substantivo é determinante; se vai só, é pronome):
Cada día véñenme varias persoas cos mesmos contos, pero algunhas din o
que lles parece e outras o que lles dá a gana. E eu, ante tal situación,
doulles a mesma resposta a todos os grupos: calquera rapaz pode facer o
que lle pete! Moitas veces andan algúns mozos xogando, pero hai certos
días que non se ve ningún.
Indefinido + substantivo Indefinido só (pronome)
(determinante)
Cada + día algunhas
Moitas +veces outras
Algúns+mozos todos
Certos + días ningún
Varias + persoas calquera

4. Escribe en letra os seguintes números:


42:Corenta e dous
87:Oitenta e sete
10:Dez
24:Vinta e catro
18:Dezaoito
217:Douscentos dezasete
500:Cincocentos

You might also like