You are on page 1of 7

Resumo gramatical da unidade 4

Estar + xerundio
Cando presentamos unha acción ou situación presente como algo temporal ou non definitivo,
utilizamos estar + xerundio.

(eu) estou
(ti) estás
(el/ela/vostede) está
+ xerundio
(nós) estamos
(vós) estades
(eles/elas/vostedes) están

 Estou dando clases en varias escolas.

Ás veces podemos expresar o mesmo en presente cun marcador temporal: ultimamente, estes últimos
meses, dende hai algún tempo...

 Ultimamente dou clases en varias escolas.

Cando queremos especifi car que a acción se está a desenvolver exactamente no momento que estamos
falando, só podemos usar estar + xerundio.

 Non se pode poñer ao teléfono, estase duchando.

Formación do xerundio (Resumo gramatical p. 141)

falar – falando beber – bebendo vivir – vivindo


voar – voando ler – lendo dicir – dicindo

Estar + a + infinitivo
Esta construción emprégase co mesmo valor de estar + xerundio (falar dunha acción en proceso no
momento en que falamos ou dunha situación presente temporal/non definitiva).

(eu) estou
(ti) estás
(el/ela/vostede) está
+ a + infinitivo
(nós) estamos
(vós) estades
(eles/elas/vostedes) están
 Estou a dar clases en varias escolas.
 Non se pode poñer ao teléfono, estase a duchar.

A hora e os días da semana

 A que hora chega o


 Que hora é?/Tes/Ten
avión?
hora?
o Ás seis da mañá. (06.00)
o A unha en punto.
Ás doce do mediodía.
As dúas e dez. (12.00)
As catro e cuarto. Ás seis e media da
As sete e media. tarde (18.30)*.
As oito menos vinte. Ás dez da noite. (22.00)*
As dez menos cuarto. * Nos servizos públicos dise tamén: As dez
menos cuarto. ás dezaoito trinta, ás vinte e
dúas...

HAI DÚAS MANEIRAS EQUIVALENTES


DE DICIR OS DÍAS DA SEMANA

luns segunda feira

martes terza feira

mércores cuarta feira

xoves quinta feira

venres sexta feira

sábado
fin de
domingo semana

 Sabes que día é hoxe?

o Hoxe? Luns.

 Cando chegas?

o O venres ás sete da tarde.


 A sexta feira imos á praia?

o Moi ben!

 Que fas os domingos?

o Normalmente érgome tarde e xanto coa miña familia.

Eu tamén, eu tampouco, eu si/eu non


Nun diálogo, se coincides con outra persoa e tedes a mesma opinión, podes usar eu tamén (afirmativo)
ou eu tampouco (negativo):

Eu almorzo ás nove. Eu tamén.

Non vou ao traballo en


Eu tampouco.
bicicleta.

Se tedes opinións diferentes, podes usar eu si (afirmativo) ou eu non (negativo):

Eu almorzo ás sete. Eu non. Eu almorzo ás oito.


Non vou ao traballo en Eu si. A bicicleta é moi
bicicleta. ecolóxica!

 Eu sempre me deito antes das once.

o Eu tamén.

 Eu non. Normalmente déitome á unha ou ás dúas.

 Eu nunca me levanto cedo os domingos.

o Eu tampouco.

 Eu si. Normalmente levántome ás oito e media ou nove.

As partes do día
Coloquialmente, o día ten estas partes. Os límites son aproximados:

06:00 – 12:00 h → a mañá


12:00 – 14:00 h → o mediodía
14:00 – 20:00 h → a tarde
21:00 – 06:00 h → a noite

Situar no día
Para situar unha actividade nunha parte do día sen dicir unha hora concreta usamos estas expresións:

Pola mañá Ao mediodía Pola tarde Pola noite

 Pola mañá vou á universidade e pola tarde traballo.


Expresar a secuencia das accións
Primeiro, ...
Despois, ...
Logo, ...

 Eu, primeiro, vou ao baño e despois dúchome... Logo, vístome...

Expresar a frecuencia
Todos os días / Todos os sábados / Todos os meses...
Todas as tardes / Todas as semanas...

Unha vez á semana / Unha vez ao mes...


Dúas veces á semana / Dúas veces ao mes...

Os venres / Os sábados / Os domingos...

Normalmente Ás veces (Case) sempre


A miúdo De cando en vez (Case) nunca

 Eu vou ao ximnasio tres veces á semana, como mínimo.

o Pois eu non vou case nunca.

Máis verbos en presente


Irregulares
POÑER TRAER DURMIR SAÍR
poño traio durmo saio
pos traes dormes saes
pon trae dorme sae
poñemos traemos durmimos saímos
poñedes traedes durmides saídes
poñen traen dormen saen
Reflexivos
ERGUERSE DUCHARSE DEITARSE
érgome dúchome déitome
érgueste dúchaste déitaste
érguese dúchase déitase
erguémonos duchámonos deitámonos
erguédesvos duchádesvos deitádesvos
érguense dúchanse déitanse

Normas básicas dos acentos

1. Normalmente, as palabras dunha única sílaba non teñen acento.

nai el ben

2. As palabras esdrúxulas sempre teñen acento.

histórico público fantástico

3. Teñen acento as palabras agudas que terminan nunha vogal ou nas consoantes -n, -s, -ns.

café irmán francés canción alemáns

Normalmente, non teñen acento as palabras agudas que terminan nun ditongo (dúas vogais) ou
un ditongo + -s.

xudeu xersei animais azuis ademais

4. Teñen acento as palabras graves que terminan nunha consoante diferente de -n, -s (ou
un grupo de consoantes diferentes de -ns).

fácil álbum bíceps

Posición dos pronomes reflexivos


Normalmente, os pronomes reflexivos están despois do verbo:

 Eu érgome ás dez.
 Ti dúchaste ás sete e media.
Pero con algúns adverbios (non, nunca, sempre, tamén, tampouco...), o pronome reflexivo
colócase antes do verbo:

 Eu déitome ás once. → Eu tamén me deito ás once.


 Ti dúchaste pola mañá. → Eu non me ducho pola mañá.
 Ela érguese ás sete. → Ti nunca te ergues ás sete.

You might also like