You are on page 1of 25

SINTAXE 1

1. SINTAGMA

Os sintagmas son unidades sintácticas formadas por palabras que se comportan de maneira
conxunta dentro doutra unidade superior, que desempeñan unha función sintáctica na
oración.

Sintagma: Núcleo e adxacentes (DETerminante, MODificador). Ex: un neno grande // o


pequeno Xan.

1- (sn) Sintagma nominal: o núcleo (N) é un substantivo, unha palabra substantivada ou


un pronome. Ex: o coche vermello // ese azul precioso // nós mesmos.
- O N pode ir precedido dun determinante que o inicia ou presenta. Ex: o meu neno / este
neno.
- Tamén pode acompañalo: un sintagma adxectival ou preposicional que completa o
significado do N. Ex: un neno grande -DET+N+MOD- / un prato de louza -DET+N+MOD-.
- E mesmo pode acompañalo unha aposición (Apos), que é sempre un SN e pode ir unido ao N
ou separado por comas. Ex: Luísa, a profesora, ... -N+Apos (DET.+N) / meu neto
Xan (DET+N+N).

Os sn poden desempeñar a función de Suxeito -as ovellas (comen herba)-, Complemento


Directo -(os leóns comen) carne-, Complemento Indirecto -(dei)lle (unha galleta)-, MOD. -
(Pondal), o poeta, (naceu alí)-, Atributo -(o Xan é) un rapaz divertido-, Vocativo -Xan, (ven
axiña!)-, Complemento Circunstancial -(anda con) xeito!

2- (sadx) Sintagma adxectival: o núcleo é un adxectivo. Ex: moi feliz // demasiado rápido.
- O N pode ir acompañado dun (ou varios) modificador (MOD): un adverbio ou locución
adverbial. Ex: moi listo –MOD+N- / moito máis grande (MOD+N); un adxectivo. Ex: (unha
camisa) azul clara -N+MOD- ; ou un sprep (está) moi contento coa súa profesión -
MOD+N+MOD-

Os sadx poden desempeñar a función de MOD dun SN -(xoguete) moi divertido-, ATRIBUTO-
(Xan está) contento-, COMPLEMENTO PREDICATIVO -(Eu traballo) contento (alí)-

3- (sadv) Sintagma adverbial: o núcleo é un adverbio. Funciona como complemento


circunstancial: Ex: (O Xan vive) lonxe de Galicia
-O N pode ir acompañado por un modificador (MOD) -ou varios-: outro adverbio ou locución
adverbial. Ex: moi lonxe -MOD+N- / bastante máis lonxe -MOD+MOD+N-; ou dun sprep. que
completa ou especifica o seu significado. Ex: debaixo da mesa -N+MOD-.
SINTAXE 2

4- (sprep) Sintagma preposicional: o 1º elemento é o ENLACE (preposición) seguido


do TERMO. Ex: (o Xan xa saíu) de Medina // (o avó) do Xan.

5- (sv) Sintagma verbal: o núcleo é un verbo e funciona como predicado da oración. Ex: (Xan)
xoga coa pelota // está ben // comeu unha mazá.

XUÑO 2016 ABAU


OPCIÓN B
4. Analiza sintacticamente as dúas seguintes frases: [1 punto]
a) O fenómeno da morte das linguas (liña 1)
b) O patrimonio inmaterial da humanidade (liña 12)
SETEMBRO 2011
OPCIÓN B
5. A frase unha avalancha de neve cruel (liña 7) é ambigua: ten dúas interpretacións posibles.
Identifícaas e fai a análise sintáctica correspondente a cada unha delas. [1 punto]

2. ENUNCIADO

O Enunciado é a unidade mínima de comunicación que permite transmitir unha mensaxe. Hai
tres tipos: poder ser unha palabra (Claro!); un sintagma (Que bonito!) ou unha oración.

3. ORACIÓN

Funcións sintácticas. Os sintagmas desempeñan diferentes funcións dentro da oración. O


Suxeito e o Predicado son os elementos principais da oración.

SUXEITO (SUX)

Informa que persoa ou que cousa realiza a acción do verbo. Ex: o Roi come moi ben. Concorda
en número e persoa co verbo.
* Cando dubides se un sintagma é SUX. proba a cambialo de número, se está en singular,
pásao a plural, se está en plural pásao a singular, se ves que lle afecta ao número do verbo
entón sen dúbida esa unidade é o SUX.
SINTAXE 3

*O suxeito pode estar explícito (aparece na oración), implícito ou elidido (sobreenténdese) e


indeterminado (non está determinado, non se coñece). Ex: a Maia é moi lista -explícito- // non
xoguei co Roi (eu) -implícito- // roubaron no supermercado -indeterminado-.
*Cando temos varios SUX singulares coordenados, a concordancia soe facerse en plural:
Hungría e Eslovaquia son dous países de Europa central. Cando temos un substantivo singular
de significado colectivo pode facerse en singular ou en plural: A maioría dos delegados decidiu
continuar a folga/ A maioría dos delegados decidiron continuar a folga.
*En galego o uso dos pronomes persoais tónicos como SUX é redundante, a súa aparición ten
valor enfático, compara: Queres vir connosco?--- Ti queres vir connosco?
*Algunhas oracións, chamadas impersoais, carecen de SUX, nese caso, o verbo aparece en 3ª
persoa do singular:

1) Verbos tempo atmosférico: Nos Ancares nevaba durante o inverno


2) Verbos: haber, ir, facer, ser, abondar, parecer: Hai anos que non te vexo/ Hoxe vai
moito frío/ Abonda con que cales a boca.
3) Pronome “se” marca de impersoal activa: Falouse de política.

*Moitas estruturas transitivas con SUX axente e CD son tranformábeis en estruturas pasivas
con SUX Paciente e CAXENTE: O tribunal acabou condenando os acusados/ Os acusados
acabaron sendo condenados polo tribunal. Recorda que a transformación a pasiva serache moi
útil cando queiras comprobar se un elemento da oración cumpre a función de CD.

ABAU XUÑO 2016 (Opción B)

5. Comenta a concordancia verbal que aparece no seguinte exemplo: A comunidade científica, e moi
especialmente os lingüistas, tardaron moito en... (liñas 8-9). Podería ou debería ir o verbo en singular?
Por que cres que o pon a autora en plural? [1 punto]

SETEMBRO 2015 (Opción A)

4. Vendéronlle os bois (verso 1) e vense rostros nubrados e sombrisos (verso 18) son dúas
construcións de sentido impersoal. Indica por que o son e comenta as características de cada
unha delas. [1 punto]

Predicado (P)

O núcleo é o verbo. Predicado nominal (núcleo un verbo copulativo: ser, estar, parecer,
semellar) e predicado verbal (verbo non copulativo). Ex: o lobo é moi feroz (nominal) // o
lobo comeu unha ovella (predicativo). Recorda que o verbo pode ser unha forma verbal simple
SINTAXE 4

(os tempos compostos non existen en galego: haber+participio) ou unha perífrase verbal: As
irmás estaban esperando polo autobús.

ATRIBUTO (AT)

Aparece no predicado de oracións con verbos copulativos (ser, estar, parecer, semellar...) e
atribúe unha propiedade ou característica ao suxeito co que concorda en xénero e número.
Pode ser un sn, un sadx.Ex: o ferido está mal // o tempo é variable. Tamén pode ser AT un
sprep, cando semanticamente sexa igual a un adxectivo: Eses estudantes son de Alemaña=
alemáns. O AT pode ser substituído por un pronome átono de 3ª persoa: o/a, funcionando
como referente do AT:

O exame foi fácil..... Foino //Esa é a rapaza da que me falaches?...... Si que a é

XUÑO 2017 ABAU


OPCIÓN B
4. Consumidores, porén, sómolo todos (liña 3). Compara esa construción con estoutra que o
autor non utiliza: Todos somos consumidores. Explica as diferenzas existentes entre as dúas:
distinta orde de palabras, aparición do clítico de acusativo (sómolo vs. somos) e introdución
da forma porén. [1 punto]

SETEMBRO 2016
Opción B
5. Explica as diferenzas formais e de contido entre estas dúas construcións: [1 punto]
O monte arde porque está abandonado vs. O monte arde porque foi abandonado

Complemento directo (CD):

Recibe directamente a acción dun verbo transitivo. Ao pasar a oración á pasiva o CD pasa a ser
suxeito paciente. Ex: as ovellas comen herba (en pasiva: a herba é comida polas ovellas). O CD
pode ser un sn: pronome (me, te, se, o, lo,no/ nos,vos, os, los, nos), substantivo ou unha
oración subordinada substantiva: Visitou Portugal//Levou todas aquelas revistas vellas//Viu un
coche que se acercaba velozmente// Dixo que non quería voltar tan cedo//Preguntounos se lle
deixariamos aviso.
*Fíxate que todas estas unidades poden ser substiuídas polo pronome átono de Acusativo: o,
lo, no/a,la,na/os,los,nos/as,las,nas.
*Pode aparecer expresado dúas veces cando o CD vai diante do verbo: Ese diñeiro gañáchelo
ti.
SINTAXE 5

*Importantísimo!!! O CD en galego non leva preposición (a) poñela sería un


castelanismo, agás cos nomes de persoa e cos pronomes persoais tónicos , neste último caso é
obrigatoria: Hoxe vin Henrique (é correctísimo, xa sei que se che fai raro)// Hoxe vin a
Henrique. Víronte a ti//A ela deixámola na casa. Tamén pode usarse a preposición co CD para
evitar ambigüidades: Matou un soldado británico un grupo de rebeldes: Matou a un soldado
británico un grupo de rebeldes// Matou un soldado británico a un grupo de rebeldes.

É incorrecto sempre no resto dos casos: Invitei aos meus colegas. O Correcto é: Invitei os
meus colegas./Escoitaban atentamente ao profesor.

XUÑO 2019
Opción A
4. Contesta as seguintes preguntas relativas ao uso da preposición a. Xustifica as respostas [1 punto]

a) aquela muller amaba os gorilas: podería levar preposición a o complemento directo?

b) unha meiga que castigaría a aquel que fixese dano aos gorilas: podería usarse a preposición a

nestes dous casos?

SETEMBRO 2016

OPCIÓN B

4. Le os exemplos, fíxate nas partes subliñadas e responde: [1 punto]

a) Eses seres mitolóxicos que viñeron substituír ás meigas (liñas 3-4): Por que o Complemento Directo leva

preposición?

b) Non se trata de volver a hai 50 anos (liña 10): Por que non pon fai 50 anos?

Complemento indirecto (CI):

Sobre el recae a acción do verbo de forma indirecta (a quen/que, para quen). Ex: María botou
esterco ás plantas. O CI pode aparecer como duplicado (pronome + sintagma): María
botoulles esterco ás plantas. A marca que o introduce é a preposición a ou para. Pode ser
substituído polo pronome de Dativo: me, che, lle, nos, vos, lles. Se tes dúbida pásao a 3º
persoa e comprobarás se o podes substituír por lle/lles.

Complemento circunstancial (CC):


Informa das circunstancias nas que se realiza a acción verbal. Tipos: lugar, tempo, modo,
causa, finalidade, compañía, materia, cantidade... Ex: Irei ao cine co Xan -compañía- // irei ao
SINTAXE 6

cine na Coruña -lugar-. A función de CC pode estar desempeñada por un sadv., un sprep., ou
por unha oración: Fala bastante ben// O accidente foi nesa curva// Eles estaban cando ti
chegaches.

Complemento predicativo (CPVO):

Sintagma adxectival (ou nominal) similar a un atributo ou Complemento Circunstancial de


modo, concorda en xénero e número co SUX ou co CD. Ex: quedaron parvos con iso //
respondeu nervioso ás cuestións.

Trátase dun complemento que modifica á vez ao SUX ou ao CD cos que concorda en xénero e
número e ao PREDICADO: Os rapaces contemplaban abraiados os movementos dos
equilibristas// Tiña a oficina completamente abandonada. Fíxate como concerta en xénero e
número co SUX ou co CD e á vez indica unha Circuntancia de Modo do Predicado. Podemos
comprobar que non é un MODIFICADOR dentro do sn porque ten mobilidade na oración.

Complemento de Réxime (CREX)ou Suplemento

Vén esixido polo verbo que pide unha preposición concreta cando queremos engadir un CD ou
CI. Ex: falou mal de ti // confía sempre en min. É outra manifestación de transitividade verbal,
determinados verbos necesitan ser complementados no seu sentido a través dunha marca
preposicional: falar de, lembrarse de, precisar de... por iso o CREX sempre vai ser un sprep. Na
nosa lingua son moi habituais na oralidade formas que polo sentido son CD pero van
precedidos dunha preposición en, con e polo tanto faleremos de CREX: Estaban apañando nas
patacas// Está todo o día lendo nos libros//Tirou coa mochila no chan. Para identificalo podes
substituílo pola preposición+pronome persoal tónico (el/ela) ou demostrativo neutro (iso).

Complemento Axente (CAX)

Na pasiva é aquel que realiza a acción do verbo e forma parte do predicado, vai introducido
pola preposición por. O SUX gramatical non realiza a acción verbal, senón que é PACIENTE, o
executor da mesma exprésase cun Complemento Axente e o verbo está constituído pola
perífrase: ser +participio. Ex: o libro xa foi lido polo Xan.

Outro compoñente oracional é o vocativo: un SN que fai referencia ao interlocutor e ten


función apelativa. Ex: Aldán, (tráeme ese libro!)

***Consellos moi básicos para analizar os elementos dunha oración: suxeito, núcleo do predicado, complemento
directo, complemento réxime, complemento indirecto, complemento circunstancial, complemento predicativo, complemento

axente, pronome dativo de solidariedade, pronome dativo de interese.


SINTAXE 7

1.- Procuramos o suxeito, (quen? realiza a acción verbal) que ha de concordar co verbo. En moitos casos estárá oculto (elidido) e

hai verbos impersoais . O sol sae por alí. Chove moito

2.- Predicado

--2.2.- Se é un verbo copulativo (atributivo) -ser, estar, parecer, semellar- procuramos o atributo: Aldán está canso

--2.3.- O verbo é predicativo (resto dos verbos)

***2.3.1.-Se o verbo é transitivo ha de levar complemento directo (que?). Se temos dúbidas de cal é o complemento directo

podemos volver a frase a pasiva e o complemento directo resultará suxeito. Exemplo: onte vinte na rúa = onte ti fuches visto por

min na rúa. En moitos casos o complemento directo é un pronome persoal : me/te /o,lo,no,a,la,na/nos/vos/os,los,nos,as,las,nas

***2.3.2.- Se observamos que o verbo esixe (nese significado) un sintagma preposicional teremos un complemento

réxime/suplemento: o can bebía no leite

***2.3.3.- Procuramos o complemento indirecto (a quen? para quen?) nos verbos intransitivos (non é obrigatorio) e tamén o

podemos atopar nos transitivos acompañando o complemento directo. En moitas oracións atoparemos un complemento

indirecto duplicado, un pronome átono e outro sintagma: deilles o mando aos meus pais

***2.3.4.- O verbo é predicativo mais encontramos un adxectivo ou similar nunha función semellante ao atributo dos verbos

copulativos..., estamos diante dun complemento predicativo (que podemos confundir cun complemento circunstancial de

modo): María quedou parada alí.

--2.4.- Procuramos o complemento circunstancial (cando? onde? como? canto?; adverbios, sintagmas preposicionais...): tempo,

lugar, modo, cantidade...

--2.5.- Se nos quedan pronomes persoais átonos que non son complemento directo nin indirecto, poderán ser dativo

de solidariedade ou interese (propios da lingua falada). O pícaro non che me come nada estes días.

--2.6.- Se a oración está en pasiva (ser+participio), podemos encontrar o complemento axente (encabezado pola

preposición por): Aldán non foi educado polos avós.

2.7.- Valores de SE (me,te,se,nos,vos,se). Resumo.


- Reflexivo: é complemento directo. A acción que realiza o suxeito recae sobre el mesmo: O can lámbese. Pode ser nalgún caso

complemento indirecto: preguntouse a razón diso.

- Recíproco: con suxeito múltiple. A acción que realiza cada un recae sobre os demais. Antón e Helena quérense. Maia e Aldán

mándanse correos.

- Compoñente verbal: en verbos que esixen o pronome, forma parte do verbo. Raquel queixouse da cabeza.

- Na pasiva reflexa: son un tipo especial de pasiva e non se coñece ou non se quere manifestar o Complemento Axente,

formalmente teñen unha estrutura reflexiva e dáse nelas concordancia entre o Suxeito e o verbo: Véndese unha casa nesa aldea.

Véndense varias casas nesa aldea.= Unha casa é vendida nesa aldea por ...?// Unhas casas son vendidas nesa aldea por ...?

Impersoal activa: descoñecemos o Suxeito ou non o queremos expresar, nestas o verbo está inmobilizado na 3ª persoa do

singular, sen concordancia, e o pronome se: Aínda non se recolleu o millo/ Aínda non se recolleu as patacas

Chamouse o médico/Chamouse os médicos.

Modalidades de oracións
SINTAXE 8

0.- Modalidades de oracións polo significado ou modalidade enunciativa.

0.1. Aseverativas (enunciativas ou declarativas): expresan ou informan dun feito ou


pensamento obxectivo. Poden ser afirmativas ou negativas. Ex: onte vin o partido // non
atopei o móbil na cociña // é un vídeo interesante // a min non me gusta a pizza.

0.2. Exclamativas: expresan emocións ou sentimentos como dor, ledicia, sorpresa... Ex: canto
o sinto! // eu non quero vivir así! // este ano vou aprobar si ou si!

0.3. Moi similares ás anteriores son as desiderativas ou optativas: expresan un desexo en ton
exclamativo. Ex: ogallá mellore a túa nai! // quen me dera convosco voar! // que che vaia ben
na vida, meu!

0.4. Interrogativas: úsanse para facer preguntas e acostuman empezar por un pronome
interrogativo. Ex: onde deixaches o móbil? // cantas horas lle dedicas a diario ás redes
sociais?// ti como preparas os exames de Educación Física?. Poden ser interrogativas
absolutas nas que se responde cunha afirmación ou negación: Trouxeches o que che
encargamos?; ou interrogativas relativas introducidas por un interrogativo e a pregunta faise
sobre un elemento da oración: A onde nos queres levar?

XUÑO 2014

OPCIÓN B

5. Fíxate ben: Por que non manter esa información vital? e Estamos seguros que esa bagaxe non nos vai

servir no futuro? (liñas 18-19) son oracións interrogativas de dúas clases distintas. Que diferenzas hai

entre un e outro tipo de interrogacións? [1 punto]

SETEMBRO 2017

OPCIÓN B

4. Entre as liñas 11 e 15 encadéanse tres preguntas que obviamente a autora formula sen esperar

resposta, por tanto sen pretender con elas obter unha información dos seus destinatarios. Comenta

estes peculiares enunciados interrogativos, indicando con que intención se formulan. [1 punto]
Que porcentaxe da cidadanía soubo –e foi quen de o valorar– que o eminente científico galego Ángel Carracedo acaba

de recibir o premio nacional polo seu determinante labor desenvolto ao redor da investigación xenética? Quen foi

María Wonenburger?

0.5. Imperativas ou exhortativas: expresan unha orde, un mandado, unha prohibición. Tamén
similares ás exclamativas. Ex: non me volvas coller o móbil sen permiso! // deixa xa de fedellar
na tableta! // facedes os deberes agora mesmo!
SINTAXE 9

1. Modalidades de oracións polo verbo, pola estrutura sintáctica.

1.1- Atributiva (copulativa): o sintagma verbal é un verbo copulativo -ser, estar, parecer,
semellar- e os seus atributos. Ex: Pedro é traballador // Pedro está canso // Pedro semella
divertido hoxe.

1.2- Predicativa: o núcleo do predicado é un verbo predicativo -non atributivo, todos


menos ser, estar, parecer, semellar-. Ex: onte Pedro comeu caldo // mañá Pedro irá a Burgos.

Nas oracións predicativas podemos diferenciar:

1.2.1- Activa: un suxeito axente que realiza, preside, controla a acción. Ex: o neno comeu
legumes // o can caeu no río.

• 1.2.1.1- Transitiva: leva un CD porque o verbo (transitivo) o precisa para completar o


seu significado. Ex: Pedro deume unha galleta // escribinlle un correo a Pedro.
• 1.2.1.2- Intransitiva: non leva CD porque o verbo (intransitivo) non o admite. Ex: Pedro
dorme moito // o cativo saíu cedo do colexio.
• 1.2.1.3- Reflexiva: leva un verbo reflexivo -a acción do verbo recae sobre o mesmo
Suxeito-. Ex: Pedro bañouse no Ebro // Pedro non se mira ao espello moito// Eu
corteime nun dedo. O pronome se funciona como CD, polo tanto non sería correcto:
Eu corteime un dedo, non pode haber dous CD. Tampouco é correcta esta estrutura
castelanizada: Bebinme un zume. Nin tampouco son verbos pronominais moitos dos
verbos intransitivos (que si o son en castelán): adormecer....adormecerse
casar...casarse/ morrer...morrerse/quedar...quedarse/sentar...sentarse/calar...calarse/
espertar...espertarse/ subir...subirse.
• 1.2.1.4- Recíproca: leva un verbo recíproco no que as accións do verbo son mutuas
entre dous suxeitos. Ex: Roi e Pedro abrazáronse coma primos // Maia e Pedro non se
enfadaron nunca. Eles dábanse bicos

1.2.2- Pasiva: ten o verbo en voz pasiva (ser+participio)e un suxeito paciente -recibe, padece,
recae nel, a acción do verbo en lugar de realizala-. Ex: ese exercicio xa lle foi recomendado a
Pedro polo adestrador // nunca algo similar fora visto na nosa casa.

1.2.3- Pasivas reflexas: son un tipo especial de pasiva, en que o significado é claramente
pasivo, pero non queremos expresar o C.AXENTE: Véndese unha casa nesa aldea/ véndense
unhas casas nesa aldea
SINTAXE 10

1.2.4. Impersoais: oracións referidas a tempo meteorolóxico; verbo haber: Hoxe hai moita
xente, e tamén, MOI IMPORTANTE!!! : oracións impersoais nas que descoñecemos o SUX ou
non o queremos expresar, non debemos confundilas coas pasivas reflexas. Nestas impersoais
o verbo está fixado na 3ª persoa do singular e o pronome se, sen concordancia: Chamouse o
médico/ Chamouse os médicos; Convocouse o policía/Convocouse os policías.

XUÑO 2019 ABAU


OPCIÓN B

4. Comenta as tres formas se que aparecen no texto (en grosa no texto): indica a que

clase e subclase de palabra pertence cada unha delas e o tipo de oración que introducen

ou de que forman parte. [1 punto]

a) Non sei se todo o que acabo de describir vos soa

b) exemplo de premonición literaria ou, se se prefire, evidencia autorial

XUÑO 2011 /OPCIÓN 2

4. Identifica as dúas seguintes construcións sintácticas e comenta as diferenzas de forma e de


nivel de uso existentes entre elas: [1 punto]
(a) O Plan de Reconversión da Flota foi aprobado en 1961.
(b) O Plan de Reconversión da Flota aprobouse en 1961

XUÑO 2010/ OPCIÓN 2

Se hai uns anos a pregunta era se leriamos libros nunha pantalla, a de hoxe só pode ser cando
será esa a opción maioritaria. Os movementos que se están a producir entre os fabricantes de
aparellos, os xigantes de internet e as editoriais de todo o mundo apuntan a que este Nadal o
ebook vai facer a súa aparición estelar nos sacos dos Reis Magos. Aparellos de 200 gramos
preparados para amosar dez mil páxinas sen recargar a batería. En decembro haberá medio
cento de e-readers diferentes dispoñibles.
É probable que o ebook nunca substitúa o libro en papel, pero está claro que copará unha
cota de mercado crecente. Por iso os editores galegos teñen que moverse canto antes. Cando
a porción galega de avanzados tecnolóxicos adquira os seus e-readers, que lecturas atopará
no seu idioma? Por agora, poucas. Se esa primeira fornada de usuarios non dispón de
novidades literarias e títulos de interese en galego, vainos ler noutras linguas. E será un
lastre que se pode arrastrar moito tempo. É mellor non chegar tarde para non ir un paso por
detrás, porque no salto ao libro electrónico non se trata só de gañar novos lectores para o
galego, senón tamén de non perder os actuais.

4. Sinala os valores das cinco formas se subliñadas no texto. [1 punto]


SINTAXE 11

3. Modalidades de oracións pola estrutura:

• Unimembre: non pode dividirse en suxeito e predicado. Poden ser frases sen verbo.
Ex: bo día! // ata mañá! // moi ben! Ou poden ser oración impersoais. Ex:choveu
pouco // vai frío.
• Bimembre: ten dous membros, suxeito e predicado. Ex: as vacas teñen cornos // as
cabras tiran ao monte.

Atendendo ao número de núcleos verbais:

• -Oración simple: só un verbo. Ex: hoxe non chove nada.


• -Oración composta: dúas ou máis oracións cando a relación entre elas é de
xustaposición ou coordinación, están no mesmo nivel xerárquico. Ex: onte choveu,
pero escampou e hoxe xa está de sol.
• -Oración complexa: dúas ou máis oracións cando a relación entre elas é de
subordinación, non están ao mesmo nivel xerárquico. Ex: marcharei porque me
apetece.

As oracións compostas

1.- Xustapostas: non hai nexo, están separadas por unha pausa ou coma. Ex: chegaron as
nubes, mañá chove // hoxe vou sobrada, non preciso axudas // chegaron as vacacións,
esquezamos os libros .

SETEMBRO 2013 / OPCIÓN B

4. Compara as construcións coordinadas dos seguintes exemplos; repara nos seus nexos: [1 punto]

a) perfectamente conectados ao facebook, twiter e outras redes sociais (liñas 4-5)

b) as redes sociais e os blogs e as webs e os podcast e instagram e youtube e e e... (l. 5)

c) a sociedade actual, chea de información, coñecedora de todos os datos (l. 14)

2.- Coordinadas. Están unidas por conxuncións coordinantes, cada unha das oracións ten
sentido completo e é sintacticamente independente.
SINTAXE 12

• 2.1. Coordinadas copulativas: oracións independentes unidas polos nexos e, mais, nin,
que suman, enlazan. Ex: nin o dixen nin o direi // chegou e xa marchou // fíxoo e non
se arrepentiu.
• 2.2. Coordinadas adversativas: unha das oracións corrixe a outra; unidas polos
nexos: mais, pero, porén... Ex: tirou el a falta pero fallou // ten que facer moita máis
recuperación, porén non perde a ilusión // saíu cedo mais non chegou a tempo.
• 2.3. Coordinadas disxuntivas: presentan dúas opcións mediante os nexos: ou, ben...
Ex: Pedro, recolles ou levas o lixo // ti estudas ou traballas?
• 2.4. Coordinadas distributivas: distribúen as accións mediante os nexos ben... ben,
xa... xa, ora ...ora.Ex: esa xa ri xa chora./ora ris ora choras.
• 2.5. Coordinadas explicativas: unha explica a outra mediante os nexos é dicir, ou
sexa... Ex: perdeu o tempo, é dicir, non aproveitou nada.

As oracións complexas

Oracións subordinadas. Nestas oracións compostas unha é a oración principal e outra


a oración subordinada que depende estruturalmente da primeira.

A oración subordinada desempeña unha función sintáctica dentro da principal. Dependendo


desa función poden ser:

1. Subordinadas substantivas (completivas). Desempeñan as funcións sintácticas propias do


substantivo:

• *1.1. Subordinadas substantivas de suxeito. Ex: gústame que Pedro lea moitos libros/
Que faltase auga pareceunos raro/ Que aprendas inglés paréceme interesante.
• *1.2. Subordinadas substantivas de complemento directo. Ex: contoume que
esquecera todo na casa/ Quero que traballes máis./Pedinlle que me fixera sitio.
• *1.3. Subordinadas substantivas de complemento indirecto. Ex: regaláronlles un
queixo aos que atinaron a pregunta.
• *1.4. Subordinadas substantivas de atributo. Ex: o certo é que non o fixo Pedro.
• *1.5. Subordinadas substantivas de complemento réxime. Ex: falou de que non estaba
contento con iso/ Carlos non se lembraba de que tiña que voltar antes das oito.
• *1.6. Subordinadas substantivas de complemento axente. Ex: foi premiado por quen
antes o castigara.
• *1.7. Subordinadas substantivas Termo do sintagma preposicional que está
funcionando como MODIFICADOR. Ex: tiña a seguridade de que non volvería en moito
tempo.
SINTAXE 13

Posibles NEXOS das SUBORDINADAS SUBSTANTIVAS


que (conx.) Que faltase a auga pareceunos raro. Dixo que quería= dixo
que si que quería
interrogativas indirectas: Preguntoulle cando podía marchar/ Dixo qué quería= dixo
(Pron./adv. interrogativos que cousa quería.
se (conx.) Soubo se aprobara onte
infinitivo El sabe chegar ao río
Un pron. relativo: Quen gañou merecíao/ O que gañou merecíao/ Xa descubrín
De relativo substantivadas quen fixo aquilo.

2. Subordinadas adxectivas ou relativas (nexo relativo: que, cal, quen (recorda que este relativo non ten
plural quenes, cuxo,cuxa,cuxos, cuxas). Desempeñan a función dun adxectivo, funcionan como
MODIFICADOR dun sn.

• *2.1. Subordinadas adxectivas especificativas: especifican, restrinxen o significado.


Ex: os nenos que non trouxeron a merenda que se poñan a este lado(restrinxe: só os
que non trouxeron a merenda se teñen que poñer).
• *2.2. Subordinadas adxectivas explicativas: non restrinxen o significado, explican e
normalmente van entre comas. Ex: os nenos, que estaban cansos, pediron a
merenda (explica que estaban cansos e pediron a merenda todos, non restrinxe)

As oracións de relativo chámanse así porque van introducidas por un pronome relativo, que
ten un antecedente (a palabra á que vai referido). Recorda que o pronome relativo desempeña
unha función sintáctica na oración que introduce:
- O home QUE entrou antes levaba un abrigo gris. QUE= SUX.
- A casa DA QUE che falei xa non está en venda. DA QUE= CREX.
- Aqueles contos QUE nos contaban de cativos eran sumamente inxenuos. QUE= CD

3. Subordinadas adverbiais. Desempeñan as funcións sintácticas propias dun adverbio.

3.1.Subordinadas adverbiais en función de complemento circunstancial:

• *3.3.1.1. Subordinada adverbial de tempo. Indican unha circunstancia temporal.


Nexos: cando, antes de que, asemade, despois de que, mentres... Ex: pecha a
porta cando saias // mentres quentas o caldo frega a louza.
• *3.3.1.2. Subordinada adverbial de lugar. Indican unha circunstancia espacial.
Nexos: onde... Ex: Pedro puxo as chaves onde lle dixen.
• *3.3.1.3. Subordinada adverbial de modo. Indican como se executa a acción.
Nexos: como, segundo, consonte... Ex: fai os problemas como mellor che pareza.
SINTAXE 14

3.2. Subordinadas adverbiais que non son complemento circunstancial:

• *3.3.2.1. Subordinada adverbial comparativa. Nexos: ca, que, coma, como... Indica
comparación de inferioridade, superioridade ou igualdade coa principal. Ex: o Aldán
come mellor do que eu pensaba. Recorda que esta conxunción presenta varias formas:
- do que/como .... obrigatorio cando o 2º elemento da comparación é un verbo.
- ca/coma: cando o 2º elemento da comparación é un pronome persoal tónico.
- Valen as dúas: que/ca//como/coma no resto dos casos.

SETEMBRO 2018
OPCIÓN A
Aprendía galego nas clases de Francisco Carballo, no xermolo da Asociación de Veciños do Calvario, clandestina, como todo o

que era interesante daquela. Lendo as Memorias de Balbino puiden saborear fermosas palabras, “mouro”, “enfarruscar”,

lambonadas que nos ofrecías.

Se Memorias dun neno labrego é un dos libros galegos máis difundidos polo mundo adiante, se foi traducido a dezaseis linguas, se

segue emocionando a lectoras e lectores de países tan distantes como China ou Alemaña, é por falarnos de cuestións universais,

das inxustizas e de como afectan á infancia, das ledicias dun neno por pequenos sucesos, das súas penas nun mundo que ás veces

resulta hostil.

4. Repara nas construcións como todo o que era interesante daquela e de como afectan á infancia
[1 punto] e:
a) Explica as diferenzas sintácticas e de significado existentes entre unha e outra.
b) Sería posíbel substituír nalgún caso como por coma? Xustifica a resposta.

XUÑO 2017
OPCIÓN A
4. Poucas cousas hai máis duras que a vida dun gastrónomo. Podería esta comparativa de
superioridade construírse cun nexo distinto de “máis ... que”? Cal sería? Xustifica a resposta e
escribe, se é o caso, como quedaría a oración. [1 punto]

• *3.3.2.2. Subordinada adverbial causal. Nexos: porque, dado que, posto que, xa que,
por causa de que, pois, como ... Indica a causa, a orixe lóxica da principal.
Ex: marchei porque estaba cansa.
• *3.3.2.3. Subordinada adverbial condicional. Nexos: se, con tal que, en caso de que, a
pouco que, como ... Indica unha condición con respecto á principal. Ex: se bebes non
SINTAXE 15

conduzas // irei eu se che parece ben// como non digas nada pensarán que estás
cansada.
• *3.3.2.4. Subordinada adverbial consecutiva. Nexos: daquela, entón, logo, así que,
conque, de maneira que, de xeito que... Indica a consecuencia da principal. Ex: teño
fame, así que comerei unha mazá.
• *3.3.2.5. Subordinada adverbial concesiva. Nexos: aínda que, a pesar de que, malia
que, por máis que ... Indica un feito que non impide que se cumpra a principal.
Ex: vouno facer aínda que te enfades.
• *3.3.2.6. Subordinada adverbial final. Nexos: para que, a fin de que ... Indica a
consecuencia última. Ex: sae xa para chegar con tempo.
• *3.3.2.7 Subordinadas adverbiais cuantitativas proporcionais: Nexos: conforme,
segundo, a medida que.... Ex: conforme pasaba o tempo ía tornándose máis delgada.

EXERCICIOS DE ABAU SINTAXE

Convocatoria Ordinaria 2020

2.2. Analice sintacticamente o seguinte enunciado: Estragaron a herdanza que lles deixaran. (1 punto)
Convocatoria Ordinaria 2020

4.2. Indique a clase de palabra das catro formas que subliñadas no texto. Copie en cada caso a oración
na que están incluídas. (1 punto)

A axencia Arela Comunicación Sostible decidiu lanzar unha selección de pequenas tendas galegas que realizan
vendas online. É un xeito de competir co black friday e, en xeral, coa dura competencia que exerce o gran comercio.
Unha forma, tamén, de dar a coñecer a produción de calidade elaborada por profesionais locais, e de facilitar o
contacto co consumidor final. Pensado, ademais, nas compras de Nadal e Reis.

Cos pés na Terra e os produtos na nube é o nome da páxina, que aparece dividida en seccións: agasallos,
alimentación, artesanía, beleza, decoración, libros, mascotas, nenas e nenos, xardín, xogos... A web inclúe polo de
agora un cento de tendas, pero continúa en actualización, incorporando novos comercios e produtos.

Dende Arela destacan que "as compras online e as tendas en liña forman parte do noso día a día como
consumidores" e que na actualidade "os xigantes do comercio online captan a maior parte das compras na rede e os
usuarios deixamos de comprar nas nosas tendas de proximidade porque consideramos que é máis rápido e fácil
comprar en Amazon, AliExpress...".

"Queremos amosar que hai alternativas", din, subliñando que en Galicia hai empresas "que están traballando moi
duro para ter visibilidade, con ideas moi boas e con produtos de gran calidade". E engade que "compartir esta listaxe
de tendas en liña galegas, comprar e recomendar os seus produtos, tamén é defender o comercio local", pois "existe
un tecido moi importante de pequenos e medianos e-commerce distribuídos por toda a xeografía galega, creando
postos de traballo e contribuíndo ao futuro de lugares pequenos”.
Convocatoria Extraordinaria 2020

2.2. Identifique a función sintáctica que desempeñan dentro da oración os catro fragmentos subliñados
no texto de GCiencia. Non é necesario que analice os seus compoñentes. (1 punto)

“Falsos mitos sobre o cambio climático”


SINTAXE 16

A ciencia do cambio climático ten máis de 150 anos e é, probablemente, a área máis estudada de todas cantas conforman a ciencia
moderna. Con todo, a industria enerxética e os grupos de presión políticos, entre outros, levan 30 anos sementando a dúbida
sobre o cambio climático onde non a hai. As últimas investigacións estiman que as cinco compañías petroleiras e de gas máis
grandes do mundo dedican ao redor de 200 millóns de dólares ao ano ao mantemento de lobbies que controlan, atrasan ou
impiden o desenvolvemento de políticas climáticas de obrigado cumprimento.

A negación organizada do cambio climático está contribuíndo ao estancamento na redución de emisións de gases de efecto
invernadoiro (GEI) ata desembocar no estado de emerxencia climática global no que nos atopamos. Como consecuencia, que os
negacionistas se vallan de certos mitos (no mellor dos casos, noticias falsas; no peor, descaradas mentiras) para desautorizar a
ciencia do cambio climático pode facer que as persoas do común non saiban a que aterse. A continuación expoñemos dous destes
mitos e as probas científicas que os desacreditan.

1. O cambio climático non é máis que unha parte do ciclo natural.

O clima da Terra nunca deixou de cambiar, pero o estudo da paleoclimatoloxía ou, o que é o mesmo, os “climas antigos”, demostra
que os cambios acontecidos durante os últimos 150 anos (desde o comezo da Revolución Industrial) non poden ser naturais pola
súa excepcionalidade. (...)

2. Os cambios débense ás manchas solares ou aos raios cósmicos.

As manchas solares son rexións da superficie da estrela que albergan unha intensa actividade magnética e poden ir acompañadas
de erupcións solares. Aínda que estas manchas posúen a capacidade de modificar o clima da Terra, desde 1978 os científicos están
usando sensores en satélites para obter un rexistro da enerxía solar que chega ao planeta e non observaron a existencia dunha
tendencia ascendente, polo que non poden ser a causa do quecemento global recente.

Convocatoria Extraordinaria 2020

4.2. Sinale a función sintáctica que desempeña a palabra Laura nos dous casos subliñados no texto e
xustifique a súa resposta. (1 punto)

Segundo a súa nai, estaba predestinada á beleza. Nos días de arrolos e plans, de desexos de futuro e de proxectos posíbeis para
unha familia que aínda ía tardar moito en peitear cabelos brancos, os pais decidiron predestinar a Laura.

Foi arredor dos once anos e Laura non sabe por que lle pasou. Simplemente puxo as zapatillas con puntas, os quentadores de la
por riba, o xersei fino de punto gris e o cabelo nun moño, mirouse no espello e pensou que aquelas trazas eran as máis aburridas
do mundo. Pero aínda tivo que soportar anos de pasos de barra, de escordaduras nos pés, de comidas a base de leituga e de vídeos
de Nureyev con bailarinas rusas que danzaban con cara de non sufrir xamais e que gozaban da sorte infinita de saber que o ballet
clásico estaba pensado para a constitución física de mulleres que non eran latinas. Nin naqueles días nin despois entendeu Laura
como a súa nai podía asumir tan alegremente que ela debía sufrir coa beleza como finalidade.
XULLO 2019/Opción A

5. Analiza sintacticamente a seguinte oración: En ocasións, Dian Fossey combateu esta práctica xogando
coa superstición dos indíxenas. (Subliñada no texto) [1 punto]

XULLO 2019
OPCIÓN B
Os médicos están a enganarnos mais eles non o saben. Os visitadores médicos están a enganar os
médicos, mais tampouco o saben. As compañías farmacéuticas están a enganarnos a todos, alguén
dentro delas sábeo. Isto vén a conto porque, segundo parece, é probable que algún dos medicamentos
que nos receitan non fagan o efecto desexado ou polo menos non coa eficacia que proclaman os
posuidores das patentes. Esta pouco saudable nova é unha das lecturas que se poden extraer dun
traballo realizado por uns investigadores da Universidade de Toronto e publicado recentemente
no Bristish Medical Journal.

5. No primeiro parágrafo do texto aparecen exemplos de tres tipos básicos de construción coordinativa:
copulativa, disxuntiva e adversativa. Localízaos, identifica o seu tipo e comenta brevemente en que se
diferencian. [1 punto]
SINTAXE 17

XUÑO 2018
OPCIÓN B

A carón desa enorme superficie álzase a cheminea da central térmica. Non é esta obviamente un prodixio para Galicia pois trátase
dun dos aparellos industriais máis contaminantes de Europa que mesmo chegou a custar a vida a varias persoas polos seus letais
efectos na atmosfera. Pero si é un eminente traballo de enxeñería. Mide 33 centímetros máis que a propia Torre Eiffel, e o lendario
Empire State Building de Nova York é apenas uns metros máis alto ca ela. Álzase 257 metros sobre o solo e pesa 88.200 toneladas,
polo que é unha das chemineas máis altas de Europa e no momento da súa construción en 1973 foi a maior de España.

A cheminea está construída a base de formigón e no interior consta de catro condutos de aceiro illados. Ten un diámetro na base de
36,5 metros e no cume redúcese ata os 19 metros. Ademais da cheminea 10 destacan as catro torres de refrixeración, enormes
cilindros que emiten de forma constante vapor de auga (este non é contaminante) á atmosfera.

5. Identifica a función sintáctica que desempeñan dentro da oración os fragmentos subliñados e


en negriña. Non é necesario que analices os seus compoñentes. [1 punto]

SETEMBRO 2018
OPCIÓN B

Cando chega á casa despois do curso de calceta recíbea un Manuel rosmando porque non está a cea. Rosma aínda máis, está
claro, porque non está ela. Matilde entra pola porta coa súa bolsa enorme da que saen as agullas e unhas las de cores.
─E agora isto vai ser un costume ou que ─funga o Manuel desde a cociña.
─Todos os xoves de oito a nove. Curso de calceta. Xa cho dixera. Lévame vinte minutos chegar a casa desde a asociación veciñal.
Por iso son as nove e vinte e estou na casa.
─Falou o cuco do reloxo! Pois son as nove e vinte e xa teño unha fame negra, que para iso boto día eslombándome na obra.
─A cea está sen cociñar. Só me levará quince minutos. Pero preciso outros cinco para cambiar de roupa
─Pois veña, Brancaneves, bulindo.
─Quererás dicir Cinsenta.

5. Indica a función sintáctica na oración das frases que se resaltan no texto. [1 punto]

XUÑO 2017 /Opción B

5. Analiza sintacticamente a seguinte oración: Carmela arrodeou a muralla empoleirada na


cabina da súa máquina. [1 punto]

XUÑO 2015
OPCIÓN A

5. Constrúe cadansúa oración que, comezando sempre pola secuencia Buscamos en primeiro
lugar..., conteña respectivamente: a) unha completiva de CD; b) unha concesiva; c) unha oración
de relativo; d) unha causal que non vaia introducida por porque. [1 punto]

XUÑO 2015
OPCIÓN B

Nos últimos meses, os tambores de guerra, en Oriente Medio, non paran de soar. A verdade é que naquela rexión (parece unha
maldición bíblica), a violencia, a morte e a tortura, forman parte da paisaxe. Acostumarse é o primeiro paso para desentenderse.
Palestina, eternamente violentada, soporta con cruel intensidade os ataques da aviación israelí, os asasinatos selectivos, a destrución
de vivendas, o bloqueo, o acoso, a humillación constante, a morte ¡que espanto! de nenos e anciáns inocentes, cada día... Siria, que
soñou liberarse dun réxime ditatorial, sofre, en carne propia, as consecuencias dunha guerra civil non declarada. Logo dun ano de
SINTAXE 18

constante violencia, os mortos superan os 9.000.

Irán, a punto de converterse nunha teocracia nuclear, esperta en Israel, única potencia atómica na rexión, desexos irrefreables de
intervención militar, con ou sen o apoio dos EE.UU. Todo parece indicar que a decisión está tomada. Bastaría escoller o día e a hora
máis convenientes.

Por último, Afganistán e Iraq, lonxe de acadar a paz e a estabilidade prometidas polas forzas intervencionistas occidentais, logo de
décadas de inxerencia militar, sofren a violencia sectaria, os atentados e o descontrol máis absoluto. A retirada dos exércitos de
ocupación, cunha sensación de fracaso evidente, vai deixar aberta a porta a profundas convulsións internas.

Esta situación pode converterse nunha auténtica bomba incendiaria para a paz e a seguridade en todo o Mediterráneo. As Nacións
Unidas vense cada día máis necesitadas dunha profunda reforma para facer realidade o fin para o que se crearon, ―evitar aos nosos
fillos o horror da guerraǁ. Corresponde á comunidade internacional recuperar o protagonismo. A cidadanía global, a sociedade civil,
temos que interpelar con firmeza aos nosos respectivos gobernos, aínda que sexa por egoísmo lúcido, reclamando a resolución
pacífica dos conflitos, a primacía da palabra fronte a violencia e o terror.

5. Identifica a función sintáctica que desempeña cada unha das seguintes frases dentro da
oración en que aparecen no texto: o primeiro paso para entenderse (liña 3), eternamente
violentada (l. 4), nunha teocracia nuclear (l. 9), aos nosos fillos (l. 18), aos nosos respectivos
gobernos (l. 20). [1punto]

SETEMBRO 2014
OPCIÓN A

Nunca poderei esquecer o derradeiro día que pasamos na nosa casa de Ziguinchor. Desde un mes antes sabiamos a data en que a
abandonariamos, e tamén os pormenores da viaxe. Papá enviáranos os cartos necesarios e mercara en España os billetes do avión que
iamos coller en Dakar. Marchabamos para non volver en moitos anos, abandonabamos para sempre a nosa casa. (...) As miñas
amigas non paraban de dicirme a sorte que tiña e enchíanme de preguntas sobre a vida que ía levar en España. Eu non sabía que
contestarlles...
O día anterior ao da nosa marcha mamá chegou á casa con dúas grandes maletas que acababa de mercar. Abriu unha delas e
deixouna encol da cama onde durmiamos Naima e mais eu.
—Encárgate de facer a vosa maleta. Escolle ben o que vas levar, xa che expliquei que cada maleta non pode levar máis de vinte
quilos.
Nese momento comprendín de verdade o que significaba abandonar o Senegal. Que escasa era a vida que ía levar comigo! Dez
quilos, quince todo o máis, porque as cousas de Naima seguro que pesaban menos. O resto tería que deixalo atrás, marchar como as
cegoñas que cada ano vía emigrar na procura dunha nova terra.
Aquela noite derradeira fun incapaz de durmir. Deitada na cama, pensaba en todo o que non levaba na maleta, o que non me cabería
nela aínda que fose enormísima, porque hai cousas que non é posible levar. Todo iso tería que levalo na memoria e facer o esforzo
de conservalo. Para que non se me borrase, para 18 que me acompañase a todas horas.

4. Indica a que clase de palabra corresponde cada un dos cinco nexos destacados no texto e
identifica o tipo de oración que cada un deles introduce. [1 punto]

XUÑO 2013
OPCIÓN A

5. Analiza sintacticamente a primeira oración do texto: Durante bastante tempo camiñamos en


silencio por un carreiro costento, pedregoso e sen sombra. [1 punto]
SINTAXE 19

XUÑO 2013
OPCIÓN B

Os elos únense porque teñen en común a lingua: o galego. Os Cursos de Lingua e 4 Cultura Galegas para Estranxeiros teceron boa
parte deses lazos. Cada ano participan neles un cento de persoas que son semente que deita froito con xenerosidade, sen prexuízos.
Os agasallos de Nadal poden atoparse tamén neste blog, foi o que pensei cando lin que unha antiga alumna dos cursos traduciu á súa
lingua, o húngaro, un conto de Cunqueiro. A mesma alegría sentín ao atopar enriba da miña mesa a tradución, aínda inédita, ao
italiano, de Cousas, de Castelao. O rapaz que a realizou contábame, con incredulidade, que os seus profesores da Universidade de
Sevilla, onde está de Erasmus, non coñecían o autor do Sempre en Galiza e como se estrañaron de que el aprendese galego antes ca
castelán. Non son exemplos illados; as maneiras de contribuír ao país son tan diferentes como 12 enriquecedoras. Calquera pode
comprobalo se busca na rede A Xanela

4. Xustifica a colocación dos catro pronomes átonos destacados no texto e indica, de maneira
razoada, se sería tamén posible que aparecesen noutra posición distinta. [1 punto]

SETEMBRO 2013 /OPCIÓN A

Contan as crónicas dos viaxeiros que por aqueles mundos andaron, con ollo atento e pluma fácil, que hai na localidade turca de
Kangal, a máis de 200 leguas de Istambul, unhas fontes termais onde viven uns peixes que sandan unha enfermidade da pel tan
rebelde aos tratamentos da farmacopea como é a psoríase. Estes peixes minúsculos teñen un apetito moi voraz, centrando a súa
atención carnívora nas escamas de pel morta, que tanto abundan nas zonas afectadas polas lesións típicas desta enfermidade.

Tal parece, segundo explicou en Lovaina o dermatólogo turco que presentou a Occidente tal marabilla, que estes peixes posúen nas
secrecións das glándulas dos beizos unha substancia que fai remitir as lesións, sen que se teña conseguido illar, malia os reiterados
intentos dos turquestanos, axente químico tan benéfico.

Similares propiedades posúe o fluído visguento dos peixes saltaríns da lama. Na farmacopea chinesa utilízase en particular a baba do
saltarín da lama de Macau, que é o máis apreciado entre estes peixes.

Unha vez máis, o embigo ao que nos ollamos reiteradamente os occidentais non nos deixa ver con claridade que hai outro mundo e
outros métodos de traballo máis aló das nosas minguadas fronteiras, e que certas tradicións, aínda que empíricas, brindan resultados
positivos con máis xenerosidade e abundancia do que imaxinamos. Endemais, que dúas culturas tan separadas como a chinesa e a
otomá procurasen solucións a unha mesma enfermidade, por intermedio dun proceso analítico semellante, debería tamén facernos
reflexionar, aínda que eu non sei moi ben a propósito de que.

4. Identifica o tipo e subtipo de oración subordinada que introducen as cinco formas que
destacadas no texto. Indica en cada caso se o que é un pronome relativo ou unha conxunción.

XUÑO 2012 /OPCIÓN A

En Padrón os alumnos do Instituto


imaxínanme (...)
este animal fonético-semántico
soubo sí prepararche á hora da cea
peixe e patacas con cebola e allo (...)
mais non sabe atopar no dicionario
a palabra ou sintagma con que anceia
reterte na súa casa todo o ano.
Pon o reló prás oito. Mañá cedo
vai a Padrón explica enche o encerado
de cousa vouga Ovidio o Ars Amandi
Juan de la Cruz o Cántico

5. Indica a función sintáctica que desempeñan os fragmentos subliñados e en negriña dentro da


estrutura correspondente. Non é necesario que analices os seus compoñentes. [1 punto]
SINTAXE 20

SETEMBRO 2012 / OPCIÓN A

5. Analiza sintacticamente a secuencia Cos zapatos mollados percorrín Compostela na procura


das pedras que miman os teus dedos. [1 punto]

SETEMBRO 2012/ OPCIÓN B

Paso moitas horas ao día dentro desta cabina laranxa, na peaxe da autoestrada, aburrido. Os meus compañeiros xa me recomendaron
que buscase algo para entreterme nas horas de menos tráfico. Algúns teñen unha televisión portátil, outros escoitan a radio e mesmo
hai unha rapaza que le algún libro. A min encantaríame ler, mais non me dou concentrado, detesto que interrompan o curso dos meus
pensamentos, e a chegada dun coche significa un descenso brusco á vida real. De modo que, tras darlle voltas a primeira semana,
crin que sería unha boa idea observar os condutores, analizalos. Os que pasan todos os días prefiren a telepeaxe, é unha mágoa
porque neses daría reparado facilmente. Aínda así, acadei o meu obxectivo. Os que repiten o itinerario con frecuencia xa me son
familiares.

O caderno onde escribo é azul escuro, ten un coello branco na tapa de diante e un código de barras na parte de atrás. Nestas follas de
celulosa cuadriculadas atópanse as letras que trazo e que me auxilian nesta terapia necesaria. A miúdo estou obrigado a facer
escritura automática, enlazo as primeiras ideas que me veñan á cabeza e plásmoas no papel.

5. Indica a función sintáctica dos pronomes resaltados no texto. Indica tamén se é posible
colocalos ou non dunha maneira alternativa e xustifica en cada caso a resposta. [1 punto]

SETEMBRO 2011 /OPCIÓN A

Señorita: A partir de hoxe, debe vostede borrar o meu nome da lista dos seus admiradores. Ignoro se lle importa sabelo, pero son un
home feito anacos. Dáse vostede conta? Son un afeccionado que perseguiu a súa imaxe na pantalla de todos os cinemas de estrea e
de barrio, un crítico afeccionado que xustificou as súas peores actuacións morais e agora xura de xeonllos separarse para sempre de
vostede. Fágame o favor de ser máis responsable dos seus actos, e antes de asinar un contrato ou de aceptar un compañeiro estelar,
pense que un home coma min pode contarse entre o público e recibir un golpe

4. Identifica nas 6 primeiras liñas do texto (ata recibir un golpe) cinco conxuncións distintas e
clasifícaas (por ex.: conx. coordinante adversativa ou subordinante causal). [1 punto

SETEMBRO 2011 /OPCIÓN B

Levo tempo describindo a miña expedición 'Everest 2012' aos amigos. Asegúrolles que subirei ao curuto do planeta dentro de dous
anos. Mesmo enumérolles as marcas das roupas térmicas que vou usar e os modelos de piolets que precisarei. Eles saben que nunca
vou executar ese soño, pero son tan educados que disimulan e opinan sobre o meu equipo de escalada.

En montañismo hai dous xeitos de ascender: o himalaísmo (subir un treito, asentar unha base e descender antes de volver escalar) e
o alpinismo (un ascenso directo e ininterrompido). Como o 2012 bótase enriba de min como unha avalancha de neve cruel, comecei
a desprestixiar o Everest chegando a cualificalo de "destino para o Sergas". É unha medida preventiva, unha venda que me cobre o
corazón. Con todo, non desbotarei ascender eses 8.848 metros ata que chegue o día 365o do ano da promesa.

No 2013, inventarei unha aventura diferente: chegar ao Polo Norte nun trineo tirado por cans de palleiro, por exemplo. O meu pai
aprendeume que os soños son infinitos. Nunca mo falou con palabras, 12 pero foi un alpinista, dos que soben recto e tarareando.
Camiñou a vida cunha estrela na fronte e, no bico, un cantar. Finou o luns. Desculpen a tristeza.

4. Fíxate na colocación dos cinco pronomes átonos subliñados no texto. Cres que sería posible
colocalos na posición alternativa (enclíticos os proclíticos e viceversa)? Xustifica a resposta. [1
punto]
SINTAXE 21

SETEMBRO 2010/ Opción A

O NOSO SEÑOR SANT-IAGO


O do bordón, das cunchas e da estrela,
Patrón da Terra nosa, aloumiñado
de saudosa paz, no esgrevio estrado
da enxebre catedral de Compostela!
Así te adora nosa fe sinxela:
no teu trono de prata encadeirado,
a man a benzoar, asosegado,esquecido das loitas de Castela.
O teu cabalo branco como a neve,
a túa espada de rebrillos louros
e o relembro das tráxicas fazañas
que, arredado de nós pra sempre, os leve
o pobo que te alcuña matamouros,
a sanguiñosa xente das Españas!

4. Identifica os pronomes átonos presentes no texto e xustifica a súa posición con relación ao
verbo. [1 punto]

SETEMBRO 2010 /OPCIÓN B

5. Analiza sintacticamente a seguinte oración: Cando levaba unha semana nesa situación, os
compañeiros, alarmados, falaron co médico (liñas 6-8). [1 punto]

XUÑO 2009

OPCIÓN 1

Rice chegara anos atrás dun punto perdido da China, fuxindo da miseria e do tedio, procurando
experiencias e ruído, fóra xa dun mundo en desequilibrio por mor dun encoro descomunal, que
levaban anos construíndo no curso do río Yan-tze.

Ao chegar á cidade pasara por mil traballos menores, deses que adoitan facer os inmigrantes sen
permiso de traballo, dificultado por un escaso coñecemento da lingua e por unha tendencia
incom- prensíbel a non procurar o abeiro dos cidadáns da súa fala. Adaptárase ben, ou así llo
parecía a el e aos seus amigos, con esa facilidade sutil que teñen os pobos de estirpe emigrante
para sentirse, logo do desconcerto inicial, aparentemente integrados en calquera parte do mundo.

Chegara para ficar, tras moitos avatares e moitas dúbidas, vivindo no gume cortante da incer-
teza e a inseguridade, sufrindo ameazas ficticias e verdadeiras, suando sangue para chegar á
cidade de promisión, ao refuxio de tantos cosmopolitas forzosos, de tantos desherdados de
raíces, de tantos perdidos nun mundo que xiraba aloucadamente sen deterse a pensar por que
xiraba e por que o facía aloucadamente.

5.- Indica a función sintáctica que desempeña cada un dos catro que resaltados no texto (en
negriña e subliñados). (1 punto)

XUÑO 2009 /OPCIÓN 2

5.- Analiza sintacticamente a seguinte oración: ¿Ten sentido propoñer que os mozos de
SINTAXE 22

16 anos poidan sentar ao volante dun coche? (1 punto)

SETEMBRO 2009 /OPCIÓN 1

5.- Analiza sintacticamente a seguinte oración: Moléstame estar comendo con esas imaxes
de miseria e fame que dan noxo. (1 punto)

SETEMBRO 2009 /OPCIÓN 2

Para on Enrique Múgica, Defensor del Pueblo, os contrarios aos touros somos uns parvos. Non
pode descoñecer que, neste país, máis dun 70% estamos nese apartado: na súa lóxica, a maioría
do país é parva.

E supoño que tamén a maioría dos países que ven no espectáculo dos touros un acto de barbarie
primitiva.

Como non ten brillado moito como valedor do pobo, faise agora valedor non dos touros, senón
dos que torturan, dos que envilecen á xente cun espectáculo primitivo, dos que matan, para se
divertiren, a touros indefensos. ¿É esta a estética que el defende e para a que di ter especial
sensibilidade? (...)«fiesta», e pensa —é un dicir— que non se pode explicar como tampouco os
filósofos poden explicar racionalmente a existencia de Deus. «Ou se cre ou non se cre», di cheo
de razón. Naturalmente, el cre.

O malo deses crentes sen dúbidas é que son dogmáticos. E un dogmático é alguén que nega ao
outro, que o exclúe, que non sabe de convivencia nin de concordia.

Nun país normal o señor Múgica sería destituído de maneira fulminante.

Pero aquí, como nos tempos de Franco, só porque iso é o que pide a cidadanía, que el non
defende, posponse o cesamento: así non se demostra debilidade. Pero si que os que o nomearon
se lle asemellan bastante.

5.- Indica no texto catro formas que que non teñan valor de relativo. (1 punto)

XUÑO 2008 /OPCIÓN 1

5.- Analiza sintacticamente a seguinte oración: Daquela era unha ruta case esquecida que o
peregrino ía reabrindo paso a paso. (1 punto)

XUÑO 2008 /OPCIÓN 2

Ata agora sabiamos que as longas esperas nun ambulatorio son o mellor remedio para recuperar
o sono atrasado, que a antesala de urxencias permite establecer relacións humanas impensables
na vertixe cotiá, pero descoñeciamos a apaixonante experiencia de durmir sobre un furaco
despois de saír dun quirófano. Os pacientes quéixanse porque ese é o seu papel, pero deberían
mirar as cousas polo lado positivo. Mentres un se preocupa de non desaparecer polo buraco do
colchón, esquece a orixe do seu mal, a causa do seu internamento. É o que en artillería se chama
branco auxiliar, unha manobra de distracción. Non creo que os colchóns teñan un buraco adrede,
SINTAXE 23

porque no hospital son boa xente e andan a administrar as miserias que a administración adica á
renovación do equipamento sanitario, pero, postos así debería patentarse o invento.

5.- Indica que tipo de oracións introducen os cinco nexos destacados (en negriña e subliñados)
no texto. (1 punto)

SETEMBRO 2008 /OPCIÓN 2

5.- Analiza sintacticamente a seguinte oración: O pequeno rompeu os fíos que o ataban ás
tecedeiras e converteuse na voz da denuncia. (1 punto)

XUÑO 2007/ OPCIÓN 2

5.- Analiza sintacticamente a seguinte oración: Inmaculada Echevarría é unha muller de 51


anos que padece distrofia muscular progresiva. (1 punto)

SETEMBRO 2007 /OPCIÓN 1

Iso pásalle a calquera


Síntome coma un inútil, coma un parasito inútil
Pero non home non, que cousas tes, iso pásalle a calquera
Ela chámame todo o tempo á casa de miña nai
Teño as fiestras da casa desarmadas
teño a roupa no tendal comprado en Alcampo
vinte e cinco euros, encartable, moi práctico
Quero ser útil, quero ser adulto, quero ser un home
pero miña nai faino todo, absórbeo todo
Non me deixa facer a bechamel, nin tampouco a maionesa

5.- Indica a función sintáctica que desempeña na súa oración cada un dos catro fragmentos
destacados (en negriña e subliñados) no texto. (1 punto)
SETEMBRO 2007/ OPCIÓN 2

5.- Analiza sintacticamente a seguinte oración: Xa se ve que iso das estatísticas non acaba de
cadrar. (1 punto)

XUÑO 2006 /OPCIÓN 1

5.- Analiza sintacticamente a seguinte oración: Aniñada nos eidos teces a inconsútil firmeza do
adival que me guía e asegura. (1 punto)

SETEMBRO 2006 /OPCIÓN 1

Resulta paradoxal que queiramos ser europeos e cada vez máis desenvolvidos. No resto de
Europa os mozos independízanse con moitos menos anos, pero os de aquí, como van animarse
ou sinxelamente poder sequera consideralo, dadas as duras condicións que os sistemas de
SINTAXE 24

alugueiro lles impoñen?

En Madrid, en Barcelona, nas grandes cidades, pero cada vez máis tamén nas nosas urbes
galegas, unha serie de estritos requisitos engorda máis e máis esganando as posibilidades dos
máis novos. Piden, xa, máis dunha mensualidade por adiantado, diñeiro que en ningún caso é
recuperable porque por moito esmero que se poña no coidado do apartamento, o tempo pasa
igual para arredandador e arrendatario e resultará imposible que pareza máis novo que o
primeiro día, sempre se atopará algo que alegar.

Pero piden tamén nóminas, ou parte do salario dun mes a fondo perdido, ou a cota dun mes en
concepto de gastos de contratación. E piden, por último e case no cen por cen dos casos, un a
val bancario

5.- Indica a función sintáctica que desempeña na súa oración cada un dos catro fragmentos
destacados (en negriña e subliñados) no texto. (1 punto)

SETEMBRO 2006/ OPCIÓN 2

5.- Analiza sintaacticamente a seguinte oración: Un estranxeiro non ten que estar moito tempo
en Galicia para decatarse de que é a terra das viúvas. (1 punto)

XUÑO 2005 /OPCIÓN 2

5.- Analiza sintacticamente a seguinte oración: Hai linguas que gozan de excelente estado de
saúde. (1 punto)

SETEMBRO 2005 /OPCIÓN 1

O mozo maldiciu, ergueuse furioso e tirou a banqueta dunha patada. O home de pelo cano, ao
falarlle, miraba na camiseta, coa lenda de Iron Maiden, o espectro monstruoso que suxeitaba
coas mans os extremos dun cable de alta tensión e lostregaba polos ollos. O pelo do espectro era
moi longo e dun branco de neve.
¿Que fas?¡Pon a banqueta dereita!
Estaban vendo o partido televisado. O rival metera o gol do empate e alonxábanse as
posibilidades de que o Deportivo da Coruña acadara o campionato. Só faltaban cinco minutos
para terminar o encontro. Ao fondo da cociña, palillaba flores de encaixe a nai. Aquel son
industrioso pertencía á orde natural da casa. Facíase notar cando non existía.
A culpa é del, dixo o mozo con resentimento.
¿De quen? Tamén o home de pelo cano se sentía molesto.
¿De quen vai ser? ¡Mira que é burro!
¿Por que lle chamas burro? ¡Non sabes nin de que falas!
Estabamos gañando, estabamos gañando e vai e cambia a un dianteiro por un defensa. Sempre
recúa. ¿Non te das conta de que sempre recúa?
¿Está el no campo? Dime. ¿Está el no campo? ¿Non hai once tipos que xogan?

5.- Indica os valores dos que resaltados no texto (en negriña e sublinados).(1 punto)
SINTAXE 25

SETEMBRO 2005 /OPCIÓN 2

5.- Analiza sintacticamente a seguinte oración: A morte é o novo tabú que substituíu o sexo.
(1 punto)

XUÑO 2004 /OPCIÓN B

Analiza sintacticamente a oración “a raia da súa sinatura risca como unlla que suca o xeo” (l.
2-3). (1 PUNTO)

SETEMBRO 2004 /OPCIÓN A

Ou... se ben o cavilo case é mellor que lles digas a verdade. Eu nada explico nas cartas, pero ti,
como cousa túa... Que se decaten do que é dar ó zoco polo mundo adiante e mastigar o pan que
amasou o demo. Ti que voltas, que vas alá, di o que queiras. O que che pete. Que o saiban todo.

3. Clasifica os que do derradeiro parágrafo (l. 11-13) segundo sexan pronomes ou


conxuncións. (1 PUNTO)

SETEMBRO 2004 /OPCIÓN B

3. Analiza sintacticamente a oración pola noite, encerrados na cociña, os meus pais e mais
eu falamos (l. 8). (1 PUNTO)

DAMOS POR REMATADO ESTE REPASO DE SINTAXE...


PARÉCECHE?

You might also like