You are on page 1of 1

O TEXTO DIALOGADO

O texto dialogado consiste nas intervencións alternativas de dous ou máis interlocutores. É unha modalidade
propia da comunicación oral; na escrita, reproduce as características da lingua oral.

O rexistro que se usa depende da situación comunicativa, e pode ser: coloquial ou informal (por exemplo unha
conversa) ou formal (por exemplo un debate, unha entrevista ou un coloquio).

Presenta dous estilos de representación: directo (reproduce exactamente as palabras dos interlocutores, utiliza
raias, comiñas e verbos de dicción) ou indirecto (a voz narradora conta as intervencións dos interlocutores). Por
exemplo: Xoán dixo: - Que frío! (directo)/ Xoán dixo que ía frío (indirecto).

1. Características lingüísticas:
• Predominan as funcións:
➢ expresiva: cada interlocutor expresa opinións, sentimentos, emocións...
➢ fática: entendes?, oes?, sabes?...
➢ apelativa: debates...
• Frases breves, incompletas...
• Exclamacións, diminutivos (expresivos)...
• Na oralidade: xestos, expresión corporal, entoación...
• Verbos de dicción

You might also like