You are on page 1of 2

UNHA CANCIÓN EN GALEGO

A actividade consiste en presentares ao resto da aula unha canción escollida por


ti. Para iso, elixe un músicx/ grupo de música en galego e elabora unha pequena
presentación/ guión que inclúa a seguinte información:

1. Biografía dx músicx/ grupo.


2. Discografía e principais cancións.
3. Algún dato importante que queiras engadir (premios, colaboracións con outrxs
artistas…).
4. Comentario dunha canción: elixe unha canción súa e explica brevemente de que
trata e por que a escolliches.
- Comenta tamén algún aspecto lingüístico que che chamase a atención:
uso de determinado léxico, castelanismos, fenómenos lingüísticos (seseo,
gheada…), figuras retóricas…
5. Móstralle a canción ao resto de compañeirxs.

Tempo mínimo da exposición: 5 minutos.


Data das exposicións: semana do 11 de decembro.
Valórase a presentación, o contido, a expresión e o uso correcto da lingua.

A seguir aparcen algúns/has músicxs e bandas para faceres o traballo. Se o


queres facer doutra banda que non estea na listaxe tamén podes.

- Fillas de Cassandra (Lisístrata, As Moiras…).


- Guadi Galego (Chea de vida, Fronteiras, Velutinas, Primavera…).
- Liska! (Labregas do mar…).
- Mondra (Punheta!, Troupele, Carmela…)
- A Banda da Loba (Fábrica de luz, Lingua perversa…).
- Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre (O baile de Noró, Xota Delira…).
- Ruxe Ruxe (Alfaia punk…)
- Verto (Algo que non sexa, Todo o que che din, Como son Goku…)
- Os Arrhytmia (Mensaxe, Tan só notas…).
- Rebeliom do Inframundo (Rugir da Jungla, Bachata da morte…)
- High Paw (Fóra do río, Doado…).
- Laura Lamontagne e Pico Amperio (Banharemonos nas ondas, Avelaneiras
Frolidash, Porque no mundo…).
- MJ Pérez (Ai de min!, Coma Villanelle, O fío do que pendo…).
- Tanxugueiras
- Skandalo GZ (Somos diferentes…).
- O Rabelo (Rumba do Pam, Anarquia Relacional, Sê mais cam…).
- Xoana (Aliado, Anceios…).
- SonDaRúa
- Ataque Escampe (Misión de audaces, A cociña práctica…).
- Nao Galiza
- Sés
- Baiuca
- ...

You might also like