You are on page 1of 2

A CANTIGA DE AMOR: O AMOR

CORTÉS
Trátase dunha concepción do Amor que consiste en traspoñer as relacións sociais do
feudalismo ás relacións amorosas. Así, o trobador “serve” á súa dama, a “senhor”, como o
vasalo serve o señor feudal. Amar=servir. Na pirámide social, agora está unha muller.

Xorde na Provenza onde as mulleres gozaban dunha posición superior, cunha forma de
vida máis independente; podían herdar, te bens de seu e, aínda que casasen, podían dispoñer
deles sen consentimento do marido. Os matrimonios concertábanse por razóns económicas ou
políticas, así que o auténtico amor só se podía dar fóra do matrimonio. Neste contexto nace a
lírica provenzal, o amor cortés, como un xogo das cortes aristocráticas. Este xogo ten unhas
regras: o cabaleiro escolle como “dama” á esposa do seu señor e, como faría un vasalo, aspira
a unha recompensa. A dama ten que darse aos poucos (é un amor adúltero) o que é todo un
desafío. Canta máis resistencia opoña ela, máis gloria gañará o trobador.

Na escala amorosa do fin’amors, distinguimos:

.- Grao de fenhedor: tímido, non se atreve a expresar os seus sentimentos.

.- Grao de precador; confesa o seu amor e suplica ser correspondido.

.- Grao de entendedor: é aceptado pola dama.

.- Grao de drutz ou drudo: logra os seus favores.

IMPORTANTE: o trobador galego-portugués está na posición de precador suplicante, que


apenas chega a entendedor e NUNCA ao grao de drudo (na cantiga de amor; na de escarnio, si
chega).

Marcas de xénero da cantiga de amor:

Aparece a palabra “senhor” (ou sinónimos: dama, amada)

A voz poética é a dun home, o trobador

TEMAS:

Loanza da dama: a senhor é perfecta tanto física como moralmente. O vocabulario é


pobre: bom semelhar, bom parecer, fremosa, beldade, bom sen, falar do seu rir ou do seu falar
ou do seu prez. Sabedora, mesurada (=discreta).

Amor do poeta: normalmente dáse por sentado, pero pode explicitarse.

Reserva da dama: a actitude da dama pode ser desde condescendente ata benévola,
prudente ou enfadada. Pode amosarse desconfiada, preocupada (polo que dirán) ou
indiferente. Pode, tamén amosar fastío, desprezo ou desdén. A discreción (= mesura) era
importante, pois había que gardar en segredo eses amores prohibidos. Na poesía galego
portuguesa, a dama cantada é unha doncela (virxe, non casada) e, polo tanto, o amor é puro e
platónico. Nas cantigas galegas a discreción é necesaria só para protexer o trobador da ira
da namorada
(=”sanha”). Ás veces o trobador era incapaz de ser mesurado e a senhor négalle o dereito a
amala, vela, falarlle ou servila.

Coita de amor: é o tema máis importante da cantiga de amor. É a desesperanza, a


tristeza mortal polo amor non correspondido, que pode levar á loucura é á morte por amor.
Palabras como pesar, lazerar, sofrer, mal aver están en case todas as cantigas. O amor conduce
á desdita.

ESTRUTURA FORMAL

O verso favorito é o decasílabo. O segundo máis usado, o heptasílabo.

Predomina a rima aguda (=rima macho)

As estrofas favoritas son as de 6 ou 7 palavras. Soe haber tres cobras. E hai máis de mestría que
de refrán.

RECURSOS PROPIOS DA CANTIGA DE AMOR:

DOBRE: repetición dunha palabra en lugares simétricos da cantiga. Se o dobre inicia unha
cobra, falamos de cobras capdenals, e se está en posición de rima, de palabra rima.

MORDOBRE: repetición dunha palabra con variantes (adoitan ser formas verbais). Se está ao final
dun verso ou palabra, falamos de rima derivada.

ATA-FIINDA: o conti do do últ imo verso dunha estrofa continúase no primeiro verso da
seguinte (é un encabalgamento entre estrofas).

FIINDA: conclusión da cantiga. Pode ocupar un, dous ou tres versos.

You might also like