You are on page 1of 2

EXERCICIOS DE SON

– Todos estes exercicios son fundamentais para a nosa propia concienciación


postural co instrumento, polo que é fundamental que teñamos unha boa
postura á hora de tocar, tanto corportal, dixital como de embocadura,
temos que intentar non inchar os mofetes e ter o mentón estirado. É
aconsellable facer todos estos exercicios co afnador ao lado, intentando
que cada nota esté o máis afnada posible e cun son estable.
– Propóñense estes exercicios con Do M por ser a escala modelo, pero
deberanse facer con todas as tonalidades, empezando sempre na tónica da
tonalidade do rexistro medio, por exemplo, de ser SibM, empezaríamos por
sib da 3ª línea descendendo e volveríamos ao mesmo sib para ascender, é
importante empezar os exercicios no rexistro medio, para quentar o
instrumento antes de chegar ao rexistro grave e o agudo.

EXERCICIO 1A: NOTAS LARGAS SEN METRÓNOMO


1. Colocamos ben a embocadura
2. Poñemos a posición da nota que imos a dar
3. Collemos aire, todo o que poidamos
4. Soplamos ata quedar sen aire
5. Volvemos a coller aire e imos coa seguinte nota
Así sucesivamente..

MATIZ: Alternar unha vez facelo forte, outra piano ESCALA: Do Maior
(empezaremos co do medio para abaixo e logo dende do medio para arriba)
ARTICULACIÓN: Sen picado, os ataques das notas serán só de aire

EXEMPLO:
EXERCICIO 1B: NOTAS LARGAS EN PIANO

– Repetiremos exactamente o mesmo exercicio que o 1A, pero en vez de en


forte, farémolo todo en piano, por tanto o control do son e da afnación será
máis difícil, pero temos que intentar direccionar o aire igualmente aínda que
sexa en piano.

EXERCICIO 1C: NOTAS LARGAS FILADAS


– Repetiremos outra vez o funcionamento do exercicio 1A, pero agora non
faremos as notas fladas, é decir, empezaremos cada nota en piano,
crescemos a forte e volvemos a piano para rematar. Faremos esto con cada
nota, como se mostra no exemplo, pero recorda non ter presa en respirar e
ser sempre consciente do exercicio, posición e respiración.

EXEMPLO:

EXERCICIO 2: NOTAS LARGAS CON METRÓNOMO


1. Poñemos o metrónomo a 62
2. Collemos aire en 4 pulsos coa embocadura preparada
3. Soplamos 4 pulsos (importante aguantar os 4 pulsos, non menos)
4. Volvemos coller aire en 4 pulsos e imos coa seguinte nota
Así sucesivamente..

MATIZ: Forte ESCALA: Do Maior (empezaremos co do medio para abaixo e logo


dende do medio para arriba) ARTICULACIÓN: Pódese facer sen articulación ou
articulando cada nota de “Tú”

EXEMPLO:

You might also like