You are on page 1of 8

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

CEIP XOAQUÍN LORIGA (PRADO)

3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

1. CONDICIONANTES QUE FACILITAN O ESTUDO


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
CEIP XOAQUÍN LORIGA (PRADO)

Para que verdadeiramente aprendas cando estás estudando...

 Organización previa do material que vas a utilizar (libreta, libro, bolígrafo, lapis,
goma...).
 Estudar sempre no mesmo lugar, sen ruídos nin nada que nos distraia.
 Programar un horario de estudo, cos seus correspondentes descansos.
 O ideal é estudar un par de horas ao día (incluíndo o descanso).
 Aproveitar cando estás máis cansado para realizar tarefas máis sinxelas (actividades,
deberes...).
 É preciso estudar tódolos días un pouco, o día antes dun exame é moi xusto e podemos
ter dúbidas que nos leven a confusións.
 Non é recomendable poñerse a estudar despois de ver a televisión, e tampouco
deberíamos vela no tempo de descanso xa que pode levar a distraernos e estar pensando
no programa, película... que estabamos vendo.

Pautas a ter en conta, antes de poñerte a estudar...

LUGAR

 Habitación individual sen ruídos.


 Si a habitación é compartida, cada un debe ter a súa propia mesa ou espazo de traballo.
 A mesa e a cadeira deben estar a unha boa altura; limpa e ordenada con soamente o
necesario para facer os deberes ou estudar.
 A cadeira deberá ter respaldo (para non danar a espalda) e os pes deben chegarnos ao
chan.
 Non debemos estudar con música e moito menos coa televisión, xa que non nos permite
concentrarnos como é debido.
 A habitación debe ter unha temperatura agradable (nin moito calor, que faría que nos
quedásemos durmidos; nin moito frío, xa que é incómodo traballar cun abrigo posto e
estaríamos máis inquedos).
 Recoméndase aproveitar a luz natural, polo que o horario de estudo debería ser á primeira
hora da tarde. De non ser posible por ter que asistir a outras actividades, facer algún
recado... debemos ter unha luz clara na habitación, que non nos faga forza-la vista.
 Si se usa unha luz adicional (flexo, lampadiña...) a luz debe entrar pola esquerda aos
destros e pola dereita aos zurdos.
 Debemos ventilar o lugar de estudo sempre que non esteamos nel, para que o aire sexa o
máis puro e renovado posible (por exemplo, nos tempos de descanso). Así estaremos
máis espertos.

CONDICIÓNS FÍSICAS E PSÍQUICAS

 Debemos durmir entre 8/10 horas ao día.


 Intentaremos non levar para a cama os problemas do día, intentar descansar sen
preocupacións.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
CEIP XOAQUÍN LORIGA (PRADO)
 Non deberíamos quedarnos ata moi tarde vento a TV. Sería bo fixar a mesma hora
sempre para deitarse (deixando marxe para as excepcións).
 Debemos ter unha dieta variada onde non falte de nada (verduras, froitas, pescados,
carnes, alimentos ricos en fibra...) e estar sempre ben hidratados (bebendo moita auga e
leite). Convén almorzar moi ben, tomar un tentempé á media mañá (froita, iogur,
galleta...), comer ben, merendar algo e cear pouco (xa que si nos deitamos co estómago
cheo podemos pasar unha mala noite co que ao día seguinte non renderemos o
suficiente).
 Hai que facer deporte habitualmente, marcarnos un horario e si é posible que sexa en
equipo. Mellor distribuílo ao longo de toda a semana, que pasarnos nun día. Deberíamos
saír (unha ou dúas veces á semana) a facer deporte ao aire libre (camiñar, correr, xogar...)
en contacto coa natureza e o aire puro.

PREPARACIÓN PSICOLÓXICA PARA ESTUDAR MELLOR

 Debes marcarte unha META.


 A MOTIVACIÓN interior é o motor dun bo estudante e a FORZA DE VONTADE a
mellor enerxía.
 Conformarse con MÍNIMOS non é de valentes, hai que fomentar o afán de
SUPERACIÓN.
 Coñécete e acéptate como es, sabendo onde están os teus límites e poñendo todo da túa
parta para SUPERALOS e mellorar.
 Sempre van a surxir PROBLEMAS, como en todo na vida. Peor hai que intentar
superalos e non desanimarte. Non te aisles, fala con persoas de confianza para que poidan
botarche unha man.

2. ORGANIZAR O TEMPO DE ESTUDO

Para que elabores o teu horario semanal, propoñémosche a seguinte estrutura para que te guíes:

PREPARAR O MATERIAL _____ 2 minutos

ESTUDIO DAS MATERIAS MÁIS FÁCILES E ATRACTIVAS ________


50 minutos

DESCANSO ___ 10 minutos

ESTUDIO DAS MATERIAS MÁIS DIFÍCILES E QUE MENOS NOS


GUSTEN ______ 50 minutos

Esta fase de estudio, organizarédela do seguinte modo:

* Antes de estudar faremos unha PRIMEIRA LECTURA do tema para saber DE QUE VAI.

* ESTUDIO COMPRENSIVO utilizando as técnicas que se presentarán máis adiante de


SUBLIÑADO e elaboración dun ESQUEMA.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
CEIP XOAQUÍN LORIGA (PRADO)
* Logo procederedes a DESCANSAR, sen ver a TV para non distraervos (merendar, escoitar
música, ventila-la habitación, dar un paseo ou falar con alguén na casa...)

* Por último realizaredes os DEBERES ou TRABALLOS que teñades pendentes.

Modelo de horario:

LUNS MARTES MÉRCOR XOVES VENRES SÁBADO DOMING


ES O
17-17:10 17-17:10 17-17:10 17-17:10 16-16:10 11-12 11-12
Organizam Organizam Organizamo Organizam Organizam Primeira Primeira
os o os o s o material, os o os o lectura e lectura e
material, a material, a a mesa de material, a material, a estudo estudo
mesa de mesa de estudo mesa de mesa de comprensi comprensi
estudo estudo estudo estudo vo vo
17:10-18 17:10-18 17:10-18 17:10-18 16:10-17 16-16:30 19-20
Primeira Primeira Primeira Primeira Deberes, Repaso si Repaso si
lectura e lectura e lectura e lectura e traballos... non temos temos
estudo estudo estudo estudo exame exame
comprensiv comprensiv comprensiv comprensiv
o o o o
18-18:15 18-18:15 18-18:15 18-18:15 16-17 20-20:30
Descanso Descanso Descanso Descanso Estudo Revisamos
comprensi as tarefas e
vo si temos preparamo
exame so
material
18:15-19 18:15-19 18:15-19 18:15-19
Deberes, Deberes, Deberes, Deberes,
traballos... traballos... traballos... traballos...
20:30-21 20:30-21 20:30-21 20:30-21
Repaso si Repaso si Repaso si Repaso si
temos temos temos temos
exame exame exame exame

* Este horario é un modelo a seguir para facer o voso propio. As horas poden variar
en función das actividades extraescolares que teñades pola semana (que sería bo que as
puxésedes doutra cor), e tamén os fines de semana segundo esteades na vosa casa ou non
(por exemplo cos avós, na casa dalgún/a amigo/a...). Deberedes confeccionalo en función
das vosas necesidades e cumprilo sempre que poidades para que o estudo sexa proveitoso.

3. SUXERENCIAS QUE ME FACILITAN O ESTUDO

 Nas primeiras lecturas dos temas usa a técnica do SUBLIÑADO, quédate coas ideas
principais do tema para así ter unha visión xeral do mesmo.
 Cando pases ao estudo, fai un ESQUEMA para facilitar a conexión entre o tema e os
repasos que lle vas a dar.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
CEIP XOAQUÍN LORIGA (PRADO)
 É aconsellable un REPASO RÁPIDO antes de deitarte, de forma mental a ser posible,
para que cando te levantes pola mañá teñas unha visión xeral do aprendido. Isto sobre
todo, é recomendado para épocas de exames.

4. EXERCICIO PRÁCTICO DE COMPRENSIÓN LECTORA

LECTURA

Ter unha boa capacidade lectora é imprescindible para acadar un bo rendemento nos estudos, por
iso partimos desa idea. É un paso previo para realizar as demais técnicas de estudo.
O realmente importante é saber que comprendedes o que estades lendo, senón haberá que
traballar este aspecto antes de pasar ao estudo en si.

Leremos o seguinte texto e contestaremos a unhas preguntiñas sinxelas acerca do mesmo, para
comprobar quen ten máis ou menos problemas de comprensión.

En moitas rexións do planeta conviven persoas de varias culturas


diferentes. Esta situación supón un gran reto para a sociedade actual.

Ao longo da historia demostrouse que o diálogo entre culturas


trouxo numerosos beneficios. Intercambiáronse novos estilos de vida,
así como ideas e pensamentos que contribúen ao progreso. Por exemplo, l
cultura romana aportou un idioma, un modo de facer leis e coñecementos de
arquitectura.

Por outra parte, a convivencia entre culturas pode ter algunhas


dificultades. Hai persoas que ven nesta situación unha ameaza, xa que
teñen medo de que as súas costumes se perdan ou, si son unha minoría, que non
se respecten. Existen exemplos moi tristes deste conflito como a falta de
comprensión, a discriminación ou a inadaptación.

Por estes motivos, é preciso partir do respecto mutuo. Tamén é


importante promover o diálogo entre persoas de diferentes culturas, baseado
nos valores positivos que cada unha delas pode aportar.

PREGUNTAS

1. A historia demostrou que o intercambio de culturas ¿é


beneficioso ou prexudicial?
2. ¿Qué motivos fan que ás veces surxan conflitos entre culturas?
3. ¿Qué dous valores son importantes levar a cabo para remediar posibles
dificultades entre distintas culturas?
4. ¿Qué exemplo hai na lectura de beneficios de intercambio de
culturas?
5. ¿Ocúrreseche a ti outro exemplo de intercambio de cultura ao longo da
historia ou actual?
6. ¿Qué título lle porías á lectura?

TÉCNICAS DE ESTUDO: TEORÍA E EXERCICIOS PRÁCTICOS


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
CEIP XOAQUÍN LORIGA (PRADO)

5. SUBLIÑADO

Resaltar as ideas máis importantes dun texto, marcándoo cunha raia debaixo das palabra elixidas.

O problema está en saber cales son esas palabras. Para averigualo procederemos do seguinte
modo:

1. Prelectura do texto (lectura rápida).


2. Lectura do texto por parágrafos (de forma comprensiva).
3. Escribir notas ao marxe a medida que imos lendo (cousas importantes).
4. Responder a esas notas ao marxe, que son as ideas principais e xa temos o SUBLIÑADO.
5. Procedemos a subliñar palabras ou frases breves, que por si soas terán sentido (soen ser
nomes ou verbos).

Vantaxes- fai máis activo e ameno o estudo, aumenta a comprensión do tema, facilita a
concentración e posibilita a posterior elaboración dun esquema ou resumo do mesmo.

Exercicio práctico resolto-

“A rabia, unha ameaza fatal”

Para a “Organización Colexial Veterinaria”, a información é o único medio de prevención da


rabia, enfermidade que non ten cura. Segundo todos os datos so se coñecen dous humanos que
lograron sobrevivir á infección. Resulta fatal de 10 a 14 días nos animais e de 3 a 7 días nos
humanos.
Este virus atopouse en Europa en: zorros, topos, furóns, coellos, ratos... Sen embargo son os
morcegos, os que poden transmitir a infección en maior grao.
A gran variedade de morcegos, unido á súa proximidade co home fai que podan transmitir esta
fatal infección con relativa facilidade. Por isto o Consello Xeral de Colexio de Veterinarios,
aconsella evitar o contacto corporal con estes mamíferos, avisando de maneira especial a nenos e
mozos do medio rural que manteñen o costume de capturar e xogar con eles.
Non obstante os expertos confirmaron, que a posibilidade de contraer a rabia por mordedura de
morcego, en función das estatísticas, resulta mínima. Ata o punto de que en todo o territorio
europeo se producen ao ano entre un e catro casos virtuais de rabia humana. Cantidade que
contrasta coas que manexa a Organización Mundial da Saúde referente á India, onde aparecen
15000 casos de rabia humana ao ano.

6. ESQUEMA

A partir desta técnica preténdese obter unha visión global e conxunto de todo o tema de estudio
que nos facilite o repaso e memorización do mesmo. De aí que nos deba quedar o máis limpo e
claro posible.
Temos que: partir do subliñado e colocar por orde de importancia as ideas do texto.

¿Como podemos facelo?

Idea xeral TÍTULO


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
CEIP XOAQUÍN LORIGA (PRADO)

Ideas principais SUBLIÑADO

Ideas secundarias

Ideas detalle EXEMPLOS

Exemplo
Subliñado Idea
Idea detalle
secundaria
Subliñado Exemplo
Idea importante detalle
Subliñado Idea
Título
Idea
Idea xeral
secundaria
Exemplo
Ao elaborar Subliñado Idea detalle un
esquema, é Idea importante moi
conveniente usar soamente palabras claves,
deixar marxes amplos e usar algún sistema de fácil
archivación.

Vantaxes_ estudio máis activo (tomar notas, subliñar, reflexionar...), incrementa atención e
concentración, menos tempo e esforzo ao repasar e memorizar.

Exercicio práctico resolto_

“Rabia, unha fatal ameaza”

PREVENCIÓN Información
Non ten cura

2 casos sobreviviron

Fatal 10-14 días en


ENFERMIDADE animais

Fatal 3-4 días en humanos

Contaxo corporal

Mamíferos
-zorro
-topo
-morcego
-coello
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
CEIP XOAQUÍN LORIGA (PRADO)

CONTAXIO

Contaxia por
proximidade
MORCEGO

Mordeduras
(mínima)

EUROPA 1-4 casos ao ano

15000 casos
INDIA
ao ano

7. RESUMO

É outra técnica moi común, na que se trata de expoñer brevemente o contido dun texto, unindo
cunha orde lóxica as ideas principais e expresándoas coas túas propias palabras.
Debe realizarse despois do subliñado. Proporciona máis vocabulario de carácter ou “colleita
propia”.
Non debemos copiar exactamente o que subliñalo, senón expresalo coas nosas propias palabras.

Vantaxes_ ao ser unha redación que relaciona ideas, convérteo nunha boa práctica para o exame.
Desenvólvese a expresión escrita e tamén é activo, o que fomenta a atención e concentración.
Inconveniente_ require máis tempo que o subliñado e o esquema.

Exercicio práctico resolto_

“ Rabia, unha fatal ameaza”

O único medio eficaz contra a rabia é a información. Trátase dunha enfermidade incurable que
debemos de previr.
En Europa atopouse o virus en numerosas especies animais como zorros, coellos, morcegos...
estes últimos son quen a poden transmitir.
Débese á súa proximidade cos seres humanos, xa que transmiten a rabia coa súa mordedura. Non
se debe ter contacto corporal con eles.
De todos modos os expertos indican, que é difícil contrae-la rabia por mordedura de morcego.

You might also like