You are on page 1of 2

Para ir de acampada,

terás a mochila ben preparada


Pois que este pareado e ficha de mochila sirvan para que
cada un de vos faga a súa mochila e do mellor xeito posible.
Se temos a mochila ordenada, atoparemos todo moito mellor e
teremos a tenda máis limpa.
Facer a mochila correctamente ten moitas vantaxes, como
atopar as cousas rapidamente ou non mancarse as costas.
Aínda que podemos darvos uns consellos para facer ben unha
mochila, cada mochila é diferente en forma e contido, polo que
este ficha só é unha axuda. Existen moitos modelos e formas de
mochilas e cada persoa leva cousas diferentes segundo sexan máis
frioleiros, presumidos, grandes, ...
O que debedes TER CLARO é que hai que levar o necesario
segundo a actividade a realizar e as necesidades de cada un
(nunha marcha de poucos quilómetros podemos levar máis peso
que para un campamento volante ou para o Camiño de Santiago,
non levaremos tampouco o mesmo para unha acampada de fin de
semana que para un campamento de máis días, nin levaremos o
mesmo para unha acampada en inverno que en primavera).
É moi importante CONTROLAR O PESO que levamos na
mochila posto que imos levala as costas e temos que asegurarnos
que podemos con ela perfectamente e sen facernos dano. Non
debedes levar máis do 15% do voso peso na mochila.
PESO e EQUILIBRIO sempre ligados, dúas palabras
MOI IMPORTANTES, cando se fala de mochilas. Temos que
facela de xeito que quede equilibrada no chan e logo o levantala
nas costas, para que o peso quede ben repartido e a carga sexa
uniforme. Así lograremos máis capacidade de carga, tempo
cargando e diminuiremos as posibilidades de lesionar algún
músculo. Obviamente se cargamos máis peso do que podemos
levar aumenta a probabilidade de lesionarnos. Pensade ó facer a
mochila que a levaredes durante un tempo camiñando e non vos
confiedes de que nun primeiro momento sexa fácil de levantar ou
que non vos pese.
Ben no momento de facer a mochila temos que saber que
sobre todo en inverno debemos levar todo en bolsas plásticas
para que non se molle, para facilitar atopar as cousas e telas
colocadas. Ademais debemos levar 1 ou 2 bolsas de plástico de
máis para a roupa sucia que imos utilizando.
É importante non levar obxectos fora da mochila que a
desequilibren e faciliten que os perdamos ou se enganchen en
ramas facendo que a viaxe sexa pesada.
É interesante colocar as cousas dentro da mochila segundo
vaimos a utilizalas (metendo primeiro ou máis abaixo o último a
utilizar) pero sempre tendo en conta o equilibrio e colocando as
de maior peso na parte de abaixo.
Tede en conta que cantas máis veces fagades a vosa
mochila mellor vos sairá, que é mellor que sexades cada un de
vos quen faga a mochila porque así saberedes onde tedes todo.

¿Que levar na mochila? ¿Como levalo?


- Saco e esteira
- Roupa de reposto (pantalóns,
nikis, xerseis, chándal)
- Roupa interior reposto
- Roupa para durmir
- Calzado de reposto
- Útiles de aseo (toalla, xabón
para a pel, peite, cepillo e pasta
de dentes...)
- Útiles de xantar (poto, pratos e
cubertos non desechables)
- Chuvasqueiro
- Poncho e cover
- Uniforme e sombreiro
- Caderno de caza e bolígrafo
- Bolsas de reposto
- Lanterna, compás, cantimplora
- Varios: luvas, buff, útiles de
coser, ...
- Xantar do primeiro día
- Material do grupo
Pois ata outra, esperamos que vos sexa de utilidade. E lembrade
que tedes que adaptar estes coñecementos para que se adapten a
vosa mochila. BOA CAZA e BOAS ACAMPADAS.

You might also like