You are on page 1of 4

VIAXE Á NEVE – 3º ESO do IES de CACHEIRAS

1) DATAS e HORARIOS (aproximados):

SAÍDA: dende o IES de CACHEIRAS, luns 19 Febreiro, 06:45 horas.

CHEGADA a CACHEIRAS: xoves 22 Febreiro, 21:00 horas.

2) PLAN da VIAXE:

ACOMPAÑAMENTO:

X3 PROFESORES do IES de CACHEIRAS

X2-3 MONITORES de TEMPO LIBRE da empresa AYUKO TOUR

x3-4 PROFESORES TITULADOS de ESQUÍ da empresa AYUKO TOUR

DÍA 1 (LUNS):

Viaxamos xa coa roupa de esquí posta (aínda que non esquiemos o primeiro día é probable que fagamos
algunha actividade na neve) e mochila de man de esquí preparada:

Guantes de esquí + Gorro + Gafas sol + Crema protección solar (FACTOR 50) + Comida tipo Picnic propia +
Auga.

Parada a metade de camiño (ás 2 horas) en bar restaurante de carretera (baño, colacaos, estiramos as pernas)

Chegada ao ALOXAMENTO (APARTAMENTOS TONEO): IMPORTANTE LEVAR ÚTILES DE ASEO (champú, xel,
desodorante…) e TOALLA DE DUCHA

Deixamos as maletas en consigna.

Subimos cara á Estación:

Recibimos material de esquí específico: Esquís, botas, casco, peto identificativo, forfait

Tempo para comer (picnic preparado na casa)

Presentación cos profesores de esquí e formación de grupos de esquí

Actividades de tempo libre co monitorado de tempo libre


Volta ao aloxamento:

Reparto de habitacións

Ducha

Tempo libre (instalacións do aloxamento)

Cea (xa incluída na viaxe)

Tempo libre e animación (aloxamento)

DÍAS 2 e 3:

*(Última noite) Antes de durmir deixamos preparadas as MALETAS (ao 99 %)

DÍA 4 (xoves):

Antes de subir á estación deixamos maletas en consigna do aloxamento

Última clase (2 horas)

2 horas de esquí libre

Comemos en restaurante a pé de pistas (incluído no prezo)

Entregamos material de esquí específico

Recollemos MALETAS no aloxamento

Saída cara a Cacheiras (16:00 horas)


3) A ESTACIÓN DE ESQUÍ e PREDICIÓN METEOROLÓXICA:

https://www.san-isidro.net/actual/webcams
https://es.snow-forecast.com/resorts/San-Isidro/6day/mid

4) A ROUPA DE ESQUÍ:

PÉS – PERNAS – TRONCO – CABEZA – MANS – PESCOZO:

1 – 2 – 3 – 2 – 1 – 1

(CAPAS de roupa)

PÉS: CALCETÍNS longos (quentiños e transpirables)

MÍNIMO ATA A METADE DA TIBIA (non poñer un par de calcetíns

enriba do outro, porque coas arrugas pode danar o pé)

PERNAS: MALLAS (axustadas e transpirables)

+ PANTALÓN (impermeable)

TRONCO: CAMISETA térmica (axustada e transpirable)

+ FORRO POLAR (quentiño)

+ CAZADORA (impermeable e cortaventos)


CABEZA: GORRO (sen pompón) + GAFAS (filtro solar.
Pode ser gafas de sol homologadas, pero ante ventisca,

agradécese a máscara das gafas de neve.)

MANS: GUANTES (impermeables e quentes)

PESCOZO: BUFF/Braga (cubre orellas e boca-nariz)

 A maiores: Calzado para CAMIÑAR sobre NEVE/XEO + Crema para CARA-Protección solar + Cacao para LABIOS-Solar
(non vaselina)

5) TEMA: “CARTOS”

PREZO Viaxe= 390 euros/Alumn@

PRIMEIRO PAGO: 120 euros (xa realizado)


SEGUNDO PAGO: 270 euros. Prazo ata o 30 de xaneiro.

6) TÁBOA datos persoais dos alumnos para a EMPRESA:

REVISAR se falta algo importante que cubrir

7) RECORDAR DOCUMENTACIÓN (levala na viaxe):

DNI

TARXETA SANITARIA

MEDICACIÓN

You might also like