You are on page 1of 3

FAI UNHA COMPRA RESPONSABLE

Cando na túa casa ides á compra, informádesvos do prezo de cada produto


segundo as diferentes marcas? Da súa forma de conservación? A súa
caducidade? E como vén envasado?
Facer unha compra que combine alimentos para levar unha dieta sa con
produtos amigables co medio (que teñan poucos envoltorios, que sexan de
tempada, etc.) non é tarefa doada. Con esta experiencia podes achegarte a
ambos os dous obxectivos seguindo os consellos que aparecen a continuación.
A tarefa que vos propoño consiste en levar a cabo un seguimento da compra
necesaria que fagades na vosa casa para elaborar o almorzo, a comida, a cea,
os refrixerios... durante un período de 15 días, e a continuación realizar a súa
análise cubrindo unha táboa con toda a información e extraendo as vosas
propias conclusións.
Fai unha lista da compra
Fai a compra seguindo sempre unha lista. Elabóraa considerando o menú
semanal que seguiredes na casa.
Leva a túa propia bolsa ou carriño
Acórdate de levar sempre as túas propias bolsas, mochilas, carro ou cesta para
non consumir máis bolsas das necesarias.
Aproveita os produtos locais
Estes produtos son respectuosos co medio (evitan o gasto enerxético que
supón o transporte desde longas distancias e a súa conservación en cámaras
frigoríficas).
Aproveita os produtos de tempada
Estes produtos están no seu mellor momento e o seu prezo é máis baixo.
Consulta a etiqueta dos produtos
A etiqueta informa, entre outras cousas, da data de caducidade, sobre como se
debe conservar o produto, dos ingredientes e as calorías que contén, etc.
Evita alimentos con moitos envases
Canto menos envases, menos residuos. Se podes, compra a carne e o peixe
nas carnicerías e nas peixerías tradicionais, adoitan envolver en papel especial
polo que evitan o uso de bandexas de poliexpan e plásticos.
Observa o aspecto do que compras
Comproba que o alimento está en bo estado. Se se trata dun alimento fresco,
observa a cor e o olor; se é un produto envasado, mira o aspecto do envase
(se hai roturas, está empenado...), etc.
Pon orde no carriño ou na túa cesta
Coloca ben os produtos: os máis pesados e resistentes, na parte inferior; os
delicados, enriba.
Evita as lambetadas
As lambetadas achegan calorías, azucres e aditivos en exceso, polo que o seu
consumo habitual non é aconsellable.
Compra sen fame
Os expertos aseguran que, se se fai a compra antes de comer, cómprase máis
do que se necesita.

ÁS
COMPRA RESPONSABLE SEMPRE NUNCA
VECES
1 Facedes unha lista da compra x
2 Levades a vosa propia bolsa ou carriño x
3 Aproveitades os produtos locais x
4 Aproveitades os produtos de tempada x
5 Consultades a etiqueta dos produtos x
6 Evitades alimentos con moitos envases x
7 Observades o aspecto do que compras x
8 Poñedes orde no carriño ou na túa x
cesta
9 Evitades as lambetadas x
10 Comprades sen fame x

CONCLUSIÓNS:
N a miña casa a compra xeral é semanal pero meu pai e miña nai soen ir todos os días ao
mercado de Cuntis a comprar carne, pescado e froitas e verduras.
Polo xeral na miña casa non se soe comprar cousas inecesarias, só de vez en cando,
compramos algunha gominola por se ven algún curmá meu.
Eu considero que a compra na miña casa é bastante boa xa que soemos apostar por productos
locais e da maior posibilidade posible.

You might also like