You are on page 1of 1

Presentación.

1. ¿Como nos podemos orientar? Choiva de ideas. 5 minutos


2. Manexo da brúxula. Explicación das partes e manexo (15 minutos)
3. Orientación cun pau e unha pedra. Clavamos un pau no chan e xusto na punta da
sombra que fai pomos unha pedra. Despois de media hora, mínimo, voltamos e
trazamos unha liña dende a pedra ata a punta da nova sombra que fai o pau. Esta liña
esta en sentido Leste- Oeste, e así poderemos saber todos os puntos cardinais. (10
minutos)
4. Buscando tesouros. Usando a brúxula os participantes terán que ir buscando cousas
que podemos atopar polo bosque, que previamente colocamos, e daremoslle unha
pequena explicación do que atoparon ( 15 minutos)
-Un lagarto nun bote.
- Plumas de paxaro.
- Un craneo de curuxa.
- Un niño de paxaro.
- Unha egagropila.
5. Adiviña o animal. Sae un voluntario, o resto mira unha foto dun animal e o que saiu
ten que adiviñar de que animal se trata respostando a preguntas de si ou non ( 10
minutos)
6. Sons da natureza. Os participantess cos ollos pechados terán que buscar á súa
parella guiandose polo sonido que fai o animal que lles tocou. (10 minutos)
7. Abellas VS Avispas. Explicase como se organizan estes insectos e despois
explicamos o xogo. 2 equipos mirandose de frente. E como o xogo do axedrez pero coas
diferentes clases de abellas e vespas que podes topar nun panal. ( 15 minutos)

Outras actividades.
1. Ensinar videos de curiosidades animais: Corvo facendo snowboard, caza
dunha serpe piton, etc...
2. Alerta! Explicamos que na natureza os animais sempre deben estar alerta, e que
un dos sentidos mais importante é o oido. Un colocase cos ollos fechadosen algun sitio e
o resto, de un en un, deben ir salindo e tentar tocalo sen que o outro os detecte. Quen o
toque ocupa o seu lugar. ( este xogo soelles molar, pero con alguns grupos é imposible
de facer, asi que nen o intentedes se son uns gañans)
3. Gato e rato. Dous vouluntarios no medio. O resto en círculo. Contamos como é
o xogo. 1 sera o rato que escapa e outro o gato que tenta coller. Pero despois dicimoslle
os dous que son ratos. Son unhas risas.
4. ¿Cal é o teu animal favorito e por que? Imitao.
5. A evolucion. Explicacion deste fenomeno

You might also like