You are on page 1of 1

Avaliación Tema 5

Le este texto e, despois, responde as preguntas:

Por que os cans se cheiran o cu?


Porque nunha ocasión os cans fixeron unha festa. Puxeron un palco
na praza, formaron algúns unha orquestra e ás sete da tarde
comezou o baile. Pero tropezaban continuamente, porque algo
había que estorbaba para dar as voltas: os rabos. Pisábanse uns a
outros, un berraba de dor, outro laiaba, outros anoxábanse. Por fin
decidiron poñer uns colgadoiros e deixar alí os rabos, coa idea de
recoller cada un o seu cando acabase o baile. A festa continuou.
Agora si que bailaban ben. Pero nisto chegou correndo un cadelo
novo e berrou:
—Veñen os homes! Traen paus, forquitas, pas e vasoiras, fouces e
gadañas! Veñen aquí mesmo. Din que a nosa romaría molesta e
non lles deixa durmir. Que cada un colla o seu rabo e fuxa como
poida.
Os cans fuxiron coma lóstregos e, coas présas, cada un colleu o
primeiro rabo que atopou. Por iso, aínda hoxe, cando se atopan
dous cans, chéiranse o rabo para ver se é o seu que perderon na
romaría.
Xosé Miranda e Antonio Belmonte: Cando os animais falaban,
Edicións Xerais (adapt.).

1 Onde celebraban a festa os cans: nun local cerrado ou al aire libre

2 En que momento do día comezou o baile? Subliña a resposta correcta:

ao mediodía ao amencer pola tarde á noitiña

3 Que lles incomodaba?

4 Como resolveron o problema?

5 Por que tiveron que fuxir?Con que obxectos os ameazaban os homes? Elixe:
material escolar b) utensilios agrícolas c) ferramentas d) pinturas

You might also like