You are on page 1of 1

Avaliación Tema 1

1- Di en que dicionarios atoparías a seguinte información:

de sinónimos e antónimos xeral médico bilingüe enciclopédico dos nomes

A orixe dos nomes Lois e Fernando.


lerio s. m. 1. Situación ou asunto confuso. 2. Asunto indeterminado. 3. Cousa sen importancia.
lamp. s. Lámpada.
escaravellar: escarvar, escavar, furgar, remover; indagar, inquirir.
metoplastia s.f. Técnica de cirurxía plástica-reparadora aplicada á fronte.
Napoleón Bonaparte (Ajaccio, 15 de agosto de 1769 – Santa Helena, 5 de maio de 1821) foi un
militar e gobernante francés. Artífice do golpe de Estado que puxo fin á Revolución Francesa,
converteuse despois no Primeiro Cónsul da República, e chegou a ser emperador de Francia
e rei de Italia.

2- Nomea as linguas oficiais de España.

3- O gaélico-escocés e o inglés son as dúas linguas cooficiais de Escocia. Que quere dicir?

Cales son as linguas cooficiais que se falan en Galicia?

4- Cres que a lingua galega está normalizada? Xustifica a túa resposta.

5- Neste texto, rodea con vermello os exemplos de seseo e, con azul, os de gheada. Despois,
escribe correctamente esas palabras:
O mendigho quería comer as cabasas do labregho, pero este neghábase, xa que lle cus-
tara un ghrande esforso que estas medrasen. Ao final, o bo corasón do labregho puido con
el, e o mendigho, que en realidade era un magho, aghradeseullo cun tesouro.

You might also like