You are on page 1of 35

CADERNO MORFOSINTAXE 2.º ESO.

SOLUCIÓNS

O SUBSTANTIVO

Páxina 2

1. cadro (C) paciencia (A) alegría (A) liberdade (A) amizade (A)
orella (C) libro (C) esperanza (A) autobús (C) vaca (C)

2. vello – vellez xusto – xustiza


louco – loucura escuro – escuridade
mozo – mocidade espeso – espesura
feliz – felicidade covarde – covardía

3. alumno (I) dentadura (C) abella (I) vasoira (I) xogador (I)
flora (C) orquestra (C) arquipélago (C) vestiario (C) palabra (I)
peixe (I) rabaño (C) flor (I) semana (C) arboredo (C)

Páxina 3

4. ovella – rabaño, actor – elenco, buque – frota, castiñeiro – souto, vela – velame,
profesor – profesorado, piñeiro – piñeiral, poema – poemario, xogador – equipo, arma –
armamento

5.
Conxunto de árbores. arboredo Conxunto de espectadores. público
Conxunto de soldados. exército Conxunto de formigas. formigueiro
Conxunto de peixes. cardume Conxunto de persoas. xente
Conxunto de illas. arquipélago Conxunto de abellas. enxame
Conxunto de libros. Conxunto de dentes. dentadura
Conxunto de canas. canaval Conxunto de instrumentos orquestra
musicais.
Conxunto de follas. follaxe Conxunto de aves que bandada
voan xuntas.
Conxunto de rosas. roseira Conxunto de crías que rolada
naceron a un tempo da
mesma nai.

6. aceite: substantivo común, concreto, non contable


Inés: substantivo propio
nostalxia: substantivo común, abstracto
xiz: substantivo común, concreto, contable, individual
Vilalba: substantivo propio
herbario: substantivo común, concreto, contable, colectivo
Páxina 4

7.
Substantivos que designan seres Substantivos que designan seres
inanimados animados
(sen oposición de xénero) (con oposición de xénero)
Masculinos Femininos Invariables Variables
O día A roupa A xente A señora – o señor
Un autobús A maquillaxe As persoas O viaxeiro – a
O mar A beirarrúa viaxeira
O asento As illas O condutor – a
Os pensamentos A invisibilidade condutora
As pernas
A música

Páxina 5

8.
Substantivos invariables
Substantivos variables O artigo ou a concordancia co Epicenos
adxectivo marcan o xénero
O avogado – a avogada O pianista – a pianista A persoa
O doutor – a doutora O camarada – a camarada A vítima
O elefante – a elefanta O xornalista – a xornalista O xílgaro
O compañeiro – a compañeira O amante – a amante A testemuña
O capitán – a capitá O colega – a colega
O boi – a vaca O mártir – a mártir

Páxina 6

9. a arte o lume o labor a linguaxe a dor


o sinal a auga a alma a orixe a énfase
a viaxe a dor a orde o leite o legume
a ponte a pereira a crise a otite o costume

10. Masculinos: o mel, o sangue, o sal, o til, o diadema, o ele, o masacre, o nariz, o
cume, o xiz, o paxe, o legume.
Femininos: a eclipse, a friaxe, a orde, a longametraxe, a marxe, a síndrome, a
amigdalite, a pantasma, a lavalouza, a pereira, a ponte, a canle

11. o aguia – a aguia o masacre – a masacre


o sal – a sal o pesadume – a pesadume
o orixe – a orixe o calor – a calor
o arte – a arte o cárcere – a cárcere

12. color – dourada, árbore – frondosa, auga – cristalina, arte – moderna, sal – iodado,
sorriso – pícaro, paisaxe – fermosísima, costume – antigo
Páxina 7

13. Durme, neniña,


durme, meu ben,
túa nai ten sono,
teu pai tamén.

Non penses máis no cabalo


que andaba a fuxir do dono;
¡mira eses cen cabaliños
que acarrexan o teu sono!

O meu arrolo
ningúen escoite.
Dúrmete, nena,
que xa é de noite.

Neniña – neniño, nai – pai, cabalo – egua, dono – dona, cabaliños – egüiñas, nena –
neno.

Páxina 8

14. xinete – amazona, marqués – marquesa, cliente – clienta, presidente – presidenta,


patrón – patroa, mestre – mestra, coello – coella, castrón – cabra, ladrón – ladroa

15. carneiro – ovella, comisario – comisaria; elefante – elefanta, doutor – doutora; grou
– grúa, neto – neta; galo – galiña, príncipe – princesa; actor – actriz, xudeu – xudía;
capitán – capitá, león – leoa; curmán – curmá, avó – avoa; tsar – tsarina

cidadán – cidadá, xuíz – xuíza; can – cadela, castrón – cabra; mestre – mestra, león –
leoa; cabalo – egua, concelleiro – concelleira; profesor – profesora, home – muller;
padriño – madriña, heroe – heroína; emperador – emperatriz, rei – raíña; condutor –
condutora, xenro – nora

16.

xenro N O R A
curmán C U R M A
capitán C A P I T Á
bisavó B I S A V O A
príncipe P R I N C E S A
bailarín B A I L A R I N A
inspector I N S P E C T O R A
aprendiz A P R E N D I Z A
cirurxián C I R U R X I Á
campión C A M P I O A
rapaz R A P A Z A
deus D E U S A
boi V A C A
Páxina 9

17. - Esta cantante é curmá da miña avoa Luísa.


- A túa irmá comportouse como unha auténtica heroína: conseguiu rescatar tres meniñas
do incendio.
- Esta candidata ten unha longa experiencia laboral: traballou de reloxeira, taxista,
presentadora, pianista...
- A miña nora, que é adestradora, prepara as atletas para a próxima competición.
- A axente retivo a ladroa ata que chegaron a inspectora e a comisaria da policía.

18. Cantante, taxista, pianista, axente.

19. Variables: escultor, doutor, ancián, pescantín.


Invariables: estudante, cantante, artista, paciente, detective.

20. papagaio (E) morcego (E) formiga (E) leoa (V) balea (E)
boi (V) cervo (V) ra (E) cabalo (V) carneiro (V)
elefante (V) can (V) sapo (E) tartaruga (E) xílgaro (E)

Boi – vaca, elefante – elefanta, cervo – cerva, can – cadela, león – leoa, cabalo – egua,
carneiro – ovella.

Páxina 10

21. Na Casa Laureano da Ponte Vilariño daban comidas para feirantes e pescadores.
Moitos anos atrás, antes da guerra, cando aínda se chamaba A Pousada da Ponte, que é
como seguiamos dicindo na veciñanza, ofrecíanse tamén cuartos para hóspedes e case
todas as semanas facían alí parada e fonda cinco ou seis transeúntes. Pero o mundo dera
moitas voltas desde aquela. Esmoreceran as feiras e mais a fartura de troitas no Arnego e
o principal dos ingredientes da pousada xa non viña de camas e comidas senón das
consumicións miúdas da taberna. Así e todo, de abril a setembro non faltaban forasteiros
que paraban a degustar a carne richada e as troitas grelladas con torresmos, especialidade
da casa.

Singular Plural
Masculino Feminino Masculino Feminino
mundo, abril, casa, ponte, guerra, feirantes, comidas, semanas,
setembro pousada, veciñanza, pescadores, anos voltas, feiras,
parada, fonda, cuartos, hóspedes, troitas, camas,
fartura, carne, transeúntes, consumicións
especialidade ingredientes,
forasteiros,
torresmos

22. As Fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997 e que
abrangue 9126 hectáreas nas beiras do río Eume, concretamente nos concellos de
Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles
da provincia da Coruña.
O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo
consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do
continente europeo. Malia ser a flora a alfaia das fragas, existindo raras especies de
felgos que habitaban a Terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies de
animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a
saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina. [...]
Dentro dos límites do parque atópanse numerosas pegadas da actividade humana, como
os foios para facer carbón vexetal e grandes troncos cortados a rentes do chan. [...] Pero
como mostras da presenza humana no parque destacan os mosteiros medievais de
Monfero e Caaveiro.

23. a) Flora, bosque.


b) Esplendor, perigo.
c) Eume, Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume, As Pontes de García
Rodríguez, A Coruña.
d) Bosque, fragas, felgos, troncos.
e) Animais, anfibios, réptiles, saramaganta, lobo, aves de rapina.

Páxina 12

24. Singular: parque, río, provincia, bosque, zona, esplendor, continente, flora, alfaia,
zona, perigo, extinción, saramaganta, lobo, actividade, carbón, chan, presenza.
Plural: fragas, hectáreas, beiras, concellos, bosques, especies, felgos, millóns, anos,
especies, animais, anfibios, réptiles, aves de rapina, límites, pegadas, foios, troncos,
mostras, mosteiros.

25. Singular: bosque atlántico termófilo, especie de animal endémica, pequeno anfibio
e réptil, gran tronco cortado a rentes do chan, mosteiro medieval.
Plural: bosques tradicionais atlánticos.

26.

-s -es -is invariables


xerseis, xamóns, tiles, cónsules, albaneis, papeis, luns, lapis, dúplex,
pas, sprays, leóns, réptiles, mulleres, caracois, animais tórax, fax
bocois radares, soles
Páxina 13

27.
Singular Plural Singular Plural
rei reis bíceps bíceps
ollomol ollomoles iglú iglús
cóctel cócteles catedral catedrais
club clubs baúl baúis
canción cancións parasol parasoles
rubí rubís lei leis
mel meles farol farois

28. Monosílabas: males, riles.


Agudas de máis de dúas sílabas: aerosois, albaneis.
Graves: réptiles, caníbales, mísiles.
Compostas: parasoles, chuchameles.

29.
Forma correcta Singular
caracoles caracois caracol
barriles barrís barril
xirasois xirasoles xirasol
faxes fax fax
animales animais animais

30. - Os cidadáns españois participaron nas eleccións municipais.


- Os hábitats dos mandrís son as selvas tropicais.
- Ás irmás de Ana gústalles merendar sándwichs vexetais.
Páxina 14

O ADXECTIVO

1. Os veciños da aldea de Paimpont subministráranme novas e abondosas historias e


lendas, abofé que non todas demasiado cribles, mais si profundamente fermosas e
engaiolantes. Este serán o meu pequeno auditorio escoitou abraiado algúns dos meus
relatos máis magníficos, ricamente engalanados con detalles […]. Faleilles da máxica
fonte de Barentón e do poderoso das súas augas, capaces de desataren tempestades e
trebóns con só deixar caer unhas pingas en lugar non axeitado; contei as desventuras dos
infortunados que, por extravío ou por ousadía temeraria, se internaran no temíbel Val
sen Retorno, perdéndose para sempre nas súas sombras pardas e avermelladas.

2. Os verdes carballos e as retortas cepas convertéronse en xigantescos lagartos e


pezoñosas salamántigas, que berraban, xemían, ían e viñan en mil distintas direccións, e
das tumbas saían agoniantes queixas que arrepiaban aos asombrados veciños.

Substantivos: carballos, cepas, lagartos, salamántigas, direccións, tumbas, queixas,


veciños.
Adxectivos: verdes, retortas, xigantescos, pezoñosas, distintas, agoniantes, asombrados.

Páxina 15

3. dor – intensa, capitán – intrépido, atletas – veloces, sinais – secretos, crise –


económica, luz – ultravioleta, sal – iodado

4. Rapaza alemá.
Heroína grega.
Viaxeira compostelá.
Cidadá vexetariana.
Artesá romana.

5.
Masculino Feminino Masculino Feminino
preguntón preguntona pillabán pillabana
folgazán folgazana veterano veterana
marrán marrá ancián anciá
chan chá pailán pailana
temperán temperá acusón acusona
cabezón cabezona nugallán nugallá
san sá alemán alemá

6. - Esta cidadá chinesa parece moi educada e traballadora, pero creo que a súa amiga
americana é unha folgazana.
- A actriz alemá representou con habilidade o seu papel de artesá medieval.
- A adestradora norueguesa opina que as atletas son demasiado débiles e charlatanas.
- A senadora e a deputada foron recibidas pola presidenta francesa.

Páxina 16

7. - Estes cidadáns chineses parecen moi educados e traballadores, pero creo que os seus
amigos americanos son uns folgazáns.
- Os actores alemáns representaron con habilidade os seus papeis de artesáns medievais.
- Os adestradores noruegueses opinan que os atletas son demasiado débiles e charlatáns.
- Os senadores e os deputados foron recibidos polo presidente francés.

8. ilegal – ilegais xuvenil – xuvenís audaz – audaces


débil – débiles abusón – abusóns fráxil – fráxiles
invisible – invisibles cabezón – cabezóns bo – bos
veloz – veloces marrán – marráns mol – moles

9. - Gústame máis a música ca a / cá pintura.


- A película gustoume menos do que esperaba.
- Este exame foi máis doado do que dixera Eva.
- A túa bicicleta é máis veloz ca a / cá miña.
- Este rapaz é máis vivo ca / que un raposo.
- Prefiro xogar ao baloncesto ca / que ao fútbol.

Páxina 17

O PRONOME PERSOAL

1. Alicia levantou a vista e alí estaba a Raíña plantada diante dela con cara de can.
—Temos un día ben lindo, Maxestade! —empezou a Duquesa, en voz baixiña e fraca.
—Logo non veñas con que non te avisei! —berrou a Raíña, batendo cos pés no chan
mentres falaba—; ou desapareces ti, ou desaparece a túa cabeza, e en menos tempo que
paso en dicilo! Conque ti escolle!
A Duquesa escolleu, e desapareceu sen máis.
—Imos seguir xogando, veña! —díxolle a Raíña a Alicia; e Alicia, demasiado asustada
para dicir unha palabra, foi andando amodiño atrás dela para o campo de cróquet. [...]
A Raíña non parou de disputar cos outros xogadores nin de berrar “que o descabecen!” ou
“que a descabecen!” todo o tempo que pasaron xogando. Aos sentenciados levábanos
presos os soldados, que naturalmente tiñan que deixar de facer arcos, así que, á media
hora máis ou menos, non quedaba arco ningún e os xogadores todos, menos o Rei, a
Raíña e Alicia, estaban presos e condenados a morte.

Tónicos: dela, ti.


Átonos en función de CI: (díxo)lle.
Átonos en función de CD: te, (dici)lo, o, a, (levában)os.
2.
Formas tónicas Formas átonas
Suxeito Tras preposición CD CI
ti queiras a ela A ver se o amañas con que lle escribir
ti que sabes Así pensaralo á moza
ela bebe dío por pura envexa quedárame ben
non o pode evitar xeitoso
xa che dixen
alguén lle escribise
Iqbal non lle gusta

Páxina 18

3. - Xa che dixen (eu) moitas veces que está aquí ata que se acabe de todo.
CI Pdo Sux CD

- Oxalá a ela alguén lle escribise longas cartas de amor


CI Sux CI Pdo CD

4. - Levounas da man.
- Lévaas da man.
- Púxoo para saír á rúa.
- Mercouno.
- Mércalas.
- Mércano.
- Mércao.
- Vouno sacar. Vou sacalo.
- Deino.

Páxina 19

5. - Onte vinte, pero ti non te decataches da miña presenza.


- Mañá levareite a coñecer as termas de Outariz.
- Tróuxenche de Praga estas marionetas.
- Díxenche a verdade, aínda que ti non o creas.
- Conteiche con quen me atopei no aeroporto?
- Espérote ás oito no pavillón.
- Sempre che digo toda a verdade.
- Déixoche este abrigo que tanto che gusta.
- Este é o agasallo que che prometera.
- Enviareiche unha mensaxe e direiche onde quedamos.
- Acompañareite á exposición de pintura.
- Buscareite, aínda que con tanta xente non sei se te encontrarei.
- Xa che vin a ferida que tes no xeonllo.
- Dixoche que viría mañá?
- Non che fixo ningún caso.

Páxina 20

6. - Onte vino/na, pero el/ela non se decatou da miña presenza.


- Mañá levareino/na a coñecer as termas de Outariz.
- Tróuxenlle de Praga estas marionetas.
- Díxenlle a verdade, aínda que ti non o creas.
- Conteille con quen me atopei no aeroporto?
- Espéroo/a ás oito no pavillón.
- Sempre lle digo toda a verdade.
- Déixolle este abrigo que tanto lle gusta.
- Este é o agasallo que lle prometera.
- Enviareille unha mensaxe e direille onde quedamos.
- Acompañareino/na á exposición de pintura.
- Buscareino/na, aínda que con tanta xente non sei se o/a encontrarei.
- Xa lle vin a ferida que ten no xeonllo.
- Dixolle que viría mañá?
- Non lle fixo ningún caso.

7. - Deille un recado a Henrique.


- Entregueilles a carta a Sabela e a Antía.
- Regaloulle este boneco á neta.
- Faleilles deste tema aos rapaces.
- Conteilles unha adiviña a eles.
- Pódeslle enviar o traballo á profesora por correo electrónico.
- Lereilles aos pequenos un conto antes de durmir.
- Teño que devolverlle a Santi o xersei que me prestou.

Páxina 21

8. - Contareiche un conto de medo.  Contareino a ti. Contareicho.


CI CD CD CI CI+CD

- Regalareiche un bonito xoguete.  Regalareino a ti.  Regalareicho.


CI CD CD CI CI+CD

- Xa che direi o que me pasa.  Xa o direi a ti.  Xa cho direi.


CI CD CD CI CI+CD

- Xa che dixen moitas veces que quería unha resposta.  Xa o dixen a ti. Xa cho
CI CD CD CI CI+CD
dixen.

9. - Voulla cantar. / Vou cantarlla.


- Contéillela.
- Pedíronnolo.
- Díxenllelo.
- O xuíz tomoulla.
- Entreguéillelo.
- Luísa mándavolos.
- Compreillas.
- Os actores dedicáronllo.

Páxina 22

10. - Xa che direi o que pasou.


- Contáronme unha historia incrible.
- Entregueille o paquete que lle trouxo o carteiro.
- Cando te avisaron de que gañaras o premio?
- Nunca os vin por aquí.
- Díxenche que te ergueses cedo.
- É moi tarde. Non te espero máis.
- Déronche unha sorpresa cando apareceron.
- Que susto me deches!
- Cando te vin non te recoñecín…
- Ninguén me comunicou o cambio de data.

Páxina 23

11. - Vouche contar un conto. / Vou contarche un conto.


- Téñoche que contar un conto. / Teño que contarche un conto. / Teño que che
contar un conto.
- Heiche de contar un conto. / Hei de contarche un conto. / Hei de che contar un
conto.
- Deberíache contar un conto. / Debería contarche un conto.

12. - Xa che expliquei o proceso de elaboración do mel. Entendíchelo ou non o


entendiches?

1. Diante do verbo porque vai precedido do adverbio xa.

2. Detrás do verbo, posición normal.

3. Diante do verbo por ir en oración negativa.

- Gústame a música de Luar na Lubre. Tamén che gusta a ti?

1. Detrás do verbo, posición normal.

2. Diante do verbo porque vai precedido do adverbio tamén.

- Nunca te atopo cando te necesito.

1. Diante do verbo porque vai precedido do adverbio nunca.

2. Diante do verbo por ser oración subordinada.

- Pregúntalle se o veremos outra vez por aquí.

1. Despois do verbo, posición normal.

2. Antes do verbo por ser oración subordinada.

- Díxome meu irmán que te espera mañá ás oito.

1. Despois do verbo, posición normal.

2. Antes do verbo por ser oración subordinada.

- Contareiche todo o que ti desexes saber. Non o dubides.


1. Detrás do verbo, posición normal.

2. Diante do verbo por ser oración negativa, co adverbio non.

- Cal destes dous xerseis che gusta máis?

Diante do verbo por ser oración interrogativa introducida pola partícula cal?

- Hei de visitarte axiña.


Despois do verbo, posición normal. Neste caso, o verbo é unha perífrase e o pronome
vai enclítico co infinitivo (admite tamén outras posicións: Heite visitar axiña e Hei de te
visitar axiña).

13. a) Ninguén che contou as últimas noticias.


b) Onte contouche as últimas noticias.
c) Seica che contou as últimas noticias.
d) Quen che contou as últimas noticias.

Páxina 24

O VERBO

1. Historia do pai que subiu pola parede


Un pai enfadábase moitas veces co seu fillo porque o atopaba demasiado medroso.
E é que ao rapaz dábanlle medo os cans grandes soltos, dábanlle medo as dúas mozas
descaradas que vivían ao lado e tiña medo cando na escaleira se apagaba a luz de súpeto.
—Que un fillo meu sexa así! —berraba o pai—. É para subir polas paredes!
Foi e fíxoo. Cheo de rabia, subiu pola parede. Pero cando chegou ao teito, do susto caeu.
E é que arriba viu unha araña.

Presente de Copretérito Pretérito de Presente de


indicativo indicativo subxuntivo
é, É enfadábase, Foi, fíxoo, subiu, sexa
atopaba, dábanlle, chegou, caeu, viu
vivían, tiña,
apagaba, berraba,

2. Vai frío pola noite en Berlín. Ismael camiña por Unter den Linden con Karen, a persoa
que o azar trouxo ao seu lado para lle cambiar a vida. Ergue o colo do anorak e protéxese
coa bufanda que gardaba no bolso. Karen viste un xersei vermello e leva o seu anorak na
man. Para ela non vai frío, aquilo non é nada comparado cos invernos en Copenhague,
cando a neve e o aire xeado do Báltico parecen querer apropiarse da cidade para sempre.
Os dous camiñan a bo paso, collidos da man, mais diminúen o ritmo da marcha ao
chegaren á grandiosa Porta de Brandeburgo, o espazo que serviu de escenario a tantos
momentos transcendentais da historia, algúns deles ben amargos. Aínda permanecen no
chan as pegadas do muro que durante tantos anos partiu en dúas a cidade. Cando o
derrubaron, no oitenta e nove?

Páxina 25

3. contarías: 2.ª persoa, sing., condicional ou pospretérito de indicativo, verbo contar.


seguían: 3.ª persoa, plural, copretérito de indicativo, verbo seguir.
escalabamos: 1.ª persoa, plural, copretérito de indicativo, verbo escalar.
chegasen: 3.ª persoa plural, pretérito de subxuntivo, verbo chegar.
gañe: 1.ª ou 3.ª persoa singular, presente de subxuntivo, verbo gañar.
partistes: 2.ª persoa, plural, pretérito de indicativo, verbo partir.
falarás: 2.ª persoa, singular, futuro de indicativo, verbo falar.
falaras: 2.ª persoa, singular, antepretérito de indicativo, verbo falar.

4.
vestir servir subir coser levar

Eu visto Eu sirvo Eu subo Eu coso Eu levo


Ti vistes Ti serves Ti sobes Ti coses. Ti levas
El/ela viste El/ela serve El/ela sobe El/ela cose El/ela leva
Nós vestimos Nós servimos Nós subimos Nós cosemos Nós levamos
Vós vestides Vós servides Vós subides Vós cosedes Vós levades
Eles/elas Eles/elas Eles/elas Eles/elas Eles/elas
visten serven soben cosen levan.

5.

/e/ Eu como /o/


Eu bebo
// Ti comes / /
Ti bebes
// El come / /
El bebe Nós comemos /o/
/e/
Nós bebemos /e/ Vós comedes /o/
Vós bebedes // Eles comen / /
Eles beben

6. ides: 2.ª persoa, plural, presente indicativo.


vamos: 1.ª persoa, plural, imperativo.
ide: 2.ª persoa, plural, imperativo.
vaiamos: 1.ª persoa, plural, imperativo.

Páxina 26

7. vén: presente de indicativo do verbo vir, 3.ª persoa singular.


ven: presente de indicativo do verbo ver, 3.ª persoa plural.
oiamos: presente de subxuntivo do verbo oír, 1.ª persoa plural.
oïamos: copretérito do verbo oír, 1.ª persoa plural.
quixeras: antepretérito do verbo querer, 2.ª persoa singular.
quixeses: pretérito de subxuntivo do verbo querer, 2.ª persoa singular.

8.
ver vir
presente de indicativo Eles ven El vén
imperativo Vede (vós) Vide (vós)
copretérito Eles vían Eles viñan
pretérito de indicativo Eu vin Eu vin
presente de subxuntivo Eu veña Eu vexa
futuro de indicativo Nós veremos Nós viremos
pretérito de subxuntivo Ti vises Ti viñeses
imperativo Ve (ti) Ven (ti)

9. - Quero que me digas sempre a verdade.


- María sempre sobe correndo as escaleiras.
- Bea sente moito que non veñas á súa festa de aniversario.
- Hoxe loce o sol.
- Que ben se dorme nesta cama!
- Eu sempre conduzo con moita precaución.
- Andei toda a tarde dando voltas pola vila.
- Non coñezo a solución do problema.

Páxina 27

10. - Ti toses sen parar toda a noite.


- Eu vin onte ao cine.
- Vós ides ao cine.
- Ti segues voando en parapente.
- Eles non serven para este traballo.

11. Nunha lúgubre noite de novembro verei coroados os meus esforzos. Cunha ansiedade
que case raiará en agonía, reunirei arredor de min os instrumentos necesarios para lle
poder insuflar unha chispa de vida ao ser inerte que xacerá a pé de min. Xa será a unha da
madrugada, a chuvia baterá triste nos vidros e a candea estará case ensumida, cando,
baixo o tremer da luz da medio extinguida chama, verei como a criatura abrirá un ollo
amarelo pálido, respirará con forza e un movemento compulsivo se apoderará dos seus
beizos.

12. Quedara durmido. Guindou as mantas dun golpe e saíu disparado da cama. Menos
dez. Vestiuse lixeiro, só tiña tempo de lavar a cara. […] Mollou a cara e limpouna na
toalla sucia, pasou lixeiro un cepillo polo pelo. […] Papou un iogur de pé e guindou o
vasiño. […] Pasoulle unha ollada á cociña, tiña que facer limpeza un día destes. Xa
habería tres meses que o deixara Rosa. Puxo a bufanda e o chaquetón azul. Abriu a porta
e saíu.

Quedaría durmido. Guindaría as mantas dun golpe e sairía disparado da cama. Menos dez.
Vestiríase lixeiro, só tería tempo de lavar a cara. […] Mollaría a cara e limparíaa na toalla
sucia, pasaría lixeiro un cepillo polo pelo. […] Paparía un iogur de pé e guindaría o
vasiño. […] Pasaríalle unha ollada á cociña, tería que facer limpeza un día destes. Xa
habería tres meses que o deixaría Rosa. Poría a bufanda e o chaquetón azul. Abriría a
porta e sairía.

Páxina 28

O ADVERBIO

1. Diante do dono da casa fun andando cara á lareira escoitando a súa voz que me
animaba a sentar ben preto do lume para me enxugar mentres el mesmo se ofreceu para
acubillar a besta e desaparellala. Sentei no banco preto do lume e desde alí vin como o
hóspede se botaba fóra da casa.
Non tardou en regresar cun bo brazado de leña que botou no lume da lareira. Agarrou un
tallo e sentou diante de min. Daquela puiden verlle a cara por primeira vez e case caio da
sorpresa: era en todo case igual á miña.

2. Lugar: preto, alí, fóra.


Cantidade: ben, case.
Negación: non.

3. antano – antonte – onte – hoxe – mañá – pasadomañá

4. de cabo a rabo (6) ao chou (5) a escape (1)


de balde (4) de socate (3) a deshora (2)

Páxina 29
5. Lugar: acolá, enriba, diante, aquí.
Tempo: onte, antano, de cando en vez, sempre.
Modo: ben, amodo, pouco a pouco, adrede.
Cantidade: moito, abondo, bastante, demasiado.
Afirmación: abofé, de certo, xaora, si.
Negación: non, nin, tampouco.
Dúbida: seica, acaso, quizais, talvez.

6. de balde (5) seica (7) nunca (10) decontado (4)


ao azar (6) ao mesmo tempo (8) a rente (3) a cotío (12)
ás cegas (9) amodo (1) se cadra (2) a contramán (11)

7. Así – ben – mal – devagar – antes. Son todos adverbios de modo. Antes é de tempo.
Aquí – preto – velaí – abondo – dentro. Son adverbios de lugar. Abondo é de cantidade.
Agora – paseniño – hoxe  – mañá – onte. Son todos de tempo. Paseniño é de modo.
Abofé –  bastante – moito – pouco – demasiado. Son todos cantidade. Abofé é de
afirmación.

8. repentinamente – de súpeto frecuentemente – a miúdo


gratuitamente – de balde adrede – á mantenta
posiblemente – se cadra puntualmente – a tempo

Páxina 30

PREPOSICIÓN

1. Aquilo era incrible. Ergueu a cabeza como se [...] quixese comunicarlle a alguén algo
terrible. Pero cabo del non había ninguén. Na casa tampouco. Vivía só e iso quería dicir
que naquel intre non tiña ninguén con quen compartir aquel arreguizo, ninguén para
mandarlle mirar debaixo da cama e ninguén detrás do cal agacharse…
Así que non lle quedou máis remedio que tragar saliva, axeonllarse outra volta e volver
mirar, coa secreta esperanza de que todo fose un soño. Pero ¡ca! Non era ningún soño e tivo
que admitir, abraiado, que debaixo da cama campaba tan pancho un enorme crocodilo.

2. bardante – A excepción de, fóra de.


consonte – De acordo con.
mediante – Por medio de, a través de.
onda – Xunto a.
perante – Ante, diante de, en presenza de.
canda – Ao mesmo tempo ca.
malia – A pesar de, non obstante.

Páxina 31
3. encol de – Nun lugar superior respecto doutra cousa coa que está en
contacto físico.
a rentes de – Ao mesmo nivel, a carón de.
a prol de – En beneficio, en defensa de.
co gallo de – Con motivo de.
a forza de – Polo feito de.

4. - O papaventos voa a rentes das árbores.


- Conseguiu bailar na punta dos pés a forza de intentalo cada día.
- Celebrou unha festa co gallo da súa maioría de idade.
- O libro está encol da mesa.
- O presidente recoñeceu a importancia de traballar en prol da sanidade pública.

5. A caravana ‘Vilamor’, éxito nas redes sociais


A película de Ignacio Vilar é a primeira en ter unha importante promoción en
Facebook e Twitter. A estrea en Ourense será o 17 de maio, Día das Letras
Galegas, no CineBox.
ANTÓN ESCUREDO
Vilamor conseguiu estes meses estar presente en Facebook, Twitter e Tuenti. A
promoción simultaneou a visita a centros de ensino, como xa fixera Ignacio Vilar coa
súa anterior película Pradolongo, cunha presenza virtual e un contacto directo a través
da web e das redes sociais.

Estrea en Ourense, Cannes e Cans


Despois desta primeira promoción, na que conseguiron chegar a máis de 14 000
estudantes a través de 175 visitas a centros de ensino, o 17 de maio, Día das Letras
Galegas, será a estrea mundial na cidade das Burgas nos CineBox. É o punto e seguido
a este periplo de “estreas mundiais” en cada cidade galega. Falta Compostela, onde
aínda non ten confirmada sala. Despois a película viaxará a Cannes (Francia), onde se
celebra o Festival do Cine e o Marché du Film, coa idea de vender o filme ao mercado
internacional. A fin de semana seguinte estarán no Festival de Cans (O Porriño), onde
se estreará un documental sobre esta xira a bordo da Caravana Vilamor que vén de
rematar.

Páxina 32

REVISIÓN XERAL DE MORFOLOXÍA

1. Taberna: substantivo común, concreto, contable, individual; xénero feminino,


número singular.
Escura: adxectivo.
Interminablemente: adverbio de modo.
Súas: adxectivo determinativo posesivo, varios posuidores, feminino plural.
Sobre: preposición.
Andabamos: 1.ª persoa plural, copretérito indicativo, verbo andar.
Atallando: xerundio do verbo atallar.
Sempre: adverbio de tempo.
Xa: adverbio de tempo.
E: conxunción copulativa.
2.
Masculino Feminino
homes mulleres
macho mula
cabalo egua

Páxina 33

3.
Singular Plural Plural Singular
taberna tabernas nubes nube
face faces sombras sombra
horizonte horizontes árbores árbores
astro astros pólas póla
mula mulas brazos brazo
cabalo cabalos rostros rostro
cinza cinzas homes home
barro barros ollos ollo
pescozo pescozos momentos momento
cara caras roupas roupa
necesidade necesidades roubos roubo
dirección direccións panos pano
mar mares congostras congostra
vento ventos corredoiras corredoira
voz voces lombas lomba
escuma escumas aldeas aldea
ondas onda
cantís cantil
praias praia

4.
Masculino Feminino
Singular Plural Singular Plural
esqueléticos escura negras
anteriores triste espidas
húmida vellas

5. saímos: 1.ª persoa, plural, pretérito de indicativo.


ameazaban: 3.ª persoa, plural, copretérito de indicativo.
enchía: 3.ª persoa, singular, copretérito de indicativo.
petaban: 3.ª persoa, plural, copretérito de indicativo.
escondían: 3.ª persoa, plural, copretérito de indicativo.
cruzaba: 3.ª persoa, singular, copretérito de indicativo.
andabamos: 1.ª persoa, plural, copretérito de indicativo.
descoñecía: 3.ª persoa, singular, copretérito de indicativo.
sentiamos: 1.ª persoa, plural, copretérito de indicativo.
asubiaba: 3.ª persoa, singular, copretérito de indicativo.
lambía: 3.ª persoa, singular, copretérito de indicativo.
renxía: 3.ª persoa, singular, copretérito de indicativo.

Páxina 34

6. a) Estados Unidos, Canadá, Noruega, Líbano, Sudáfrica, San Simón.

b)
Masculino Feminino
ano, xullo, festival, evento, cartel, artistas, tradición, sorpresa, illa
pensamento, barco, mundo

c) Puntos cardinais, banda sonora, festival “Sinsal San Simón”, festival favorito,
tradición festivaleira, simple pensamento.

d) é: 3.ª persoa, singular, presente de indicativo, verbo ser.


saberá: 3.ª persoa, singular, futuro de indicativo, verbo saber.
sexa: 3.ª persoa, singular, presente de subxuntivo, verbo ser.
fai: 3.ª persoa, singular, presente de indicativo, verbo facer.
desexemos: 1.ª persoa, plural, presente de subxuntivo, verbo desexar.

20. – Díxenlles a verdade.  Díxenllela.


– Regaleille un xoguete.  Regaleillo.
– Santiago cóntalles un conto.  Santiago cóntallelo.
– Conteille os últimos sucesos.  Conteillos.

Páxina 35

A FRASE

1. - A miña irmá Sabela chegará esta noite no tren das once.


- O sábado 21 de febreiro sae á venda o último libro de Harry Potter.
- A orde do Fénix é o seu título.

2. - Uns fermosos ollos azuis. - Os meus queridos amigos.


- Auga fresca. - O meu irmán Antón.
- Unha fermosa paisaxe mariña. - Catro vellos mariñeiros.

Páxina 36

3. - Este rapaz non para quieto un minuto.


- Un meteorito cruzou a Península.
- O meu irmán Antón voa en parapente.

4. - Comprei unha cazadora de coiro.


- Gardo unhas fotos antigas dos meus devanceiros.
- Gústame a túa nova bicicleta de montaña.
- Estes zapatos de pel son moi cómodos.
- A película que vimos onte era moi interesante.
- As aguias sobrevoan un ceo intensamente azul.
- A predición meteorolóxica anuncia para mañá fortes ventos do sur e mar grosa.
- Marca cun asterisco vermello a resposta.

5. Feliz día de calcetar en público!


Os labores de la como a calceta ou o labor de gancho poden ser actividades solitarias,
pero tamén unha festa colectiva na que compartir coñecementos e creacións coas que
engalanar os espazos públicos.

Páxina 38

6. - O esquí: frase nominal.


- Tarde: frase adverbial. Á casa: frase preposicional.
- Contento: frase adxectiva.
- Moi amable: frase adxectiva.
- Moitos contos de medo: frase nominal.

7. - O meu irmán. FN: determinante – determinante - núcleo


- Moi tarde. Frase adverbial: modificador – núcleo
- Demasiado vello. Frase adxectiva: modificador – núcleo
- Con moito cariño. Frase preposicional: relator + termo: frase nominal (determinante
+ núcleo)

8. a) Un vestido de veludo.

Frase nominal

DET NOMINAL

Frase nominal

NÚCLEO MODIFICADOR

frase preposicional
RELATOR TERMO

art. subst. prep. subst.

Un vestido de veludo

b) Eses rapaces divertidos.

Frase nominal

DET NOMINAL

Frase nominal

NÚCLEO MODIFICADOR

demost. subst. adx.

Eses rapaces divertidos

c) Historia moi interesante.

Frase nominal

NÚCLEO NOMINAL

Frase adxectiva

MOD. NÚCLEO

subst. adv. adx.

Historia moi interesante


d) Un xersei ben bonito.

Frase nominal

DET. NOMINAL

Frase nominal

NÚCLEO MOD.

fr. adx.

MOD.
NÚCLEO

indef. subst. adv. adx.

Un xersei ben bonito

Páxina 39

A ORACIÓN SIMPLE

1. [A face da Lúa enchía o horizonte] e [as sombras das árbores espidas petaban nos
rostros dos homes] e [escondían os seus ollos por momentos].

2. A face da lúa enchía o horizonte


Sux. Pred.

As sombras das árbores espidas petaban nos rostros dos homes


Sux. Pred.

(As sombras das árbores) escondían os seus ollos por momentos


Sux. Pred.

3. - Xoán traballa. - O pai de Iria é xornalista.


- Carlos e María viven en Vigo. - Aquel cabalo branco gañou a carreira.
- Ti tes medo ás serpes. - Estas flores tropicais son moi fermosas.
- Lidia sempre está falando. - Caeron dúas árbores a causa do temporal.

4. (Subliñado en azul, o suxeito; en vermello, o predicado):


- Fumar prexudica a saúde.
- El nunca sae da casa sen o seu caxato.
- Un gran cadro de Laxeiro está pendurado sobre a cheminea.
- Algúns nunca practican deporte.
- Estes exercicios ximnásticos son extraordinariamente difíciles.
- Un rabaño de ovellas está pacendo naquel prado.

Páxina 40

5. - Durmir ben é moi importante para a saúde.


- Vós sodes moi faladoras.
- Hoxe teño moito sono. (Suxeito omitido).
- Os máis rápidos recibirán un premio.
- Eu quixera ter un irmán tan bo coma ti.
- Os rapaces do seu instituto irán de excursión aos Ancares.
- Aquela rapaza que está na última fila parécese moito á miña irmá Ana.
- Todos aqueles alumnos que realicen o próximo exame asistirán a unha actuación
musical.
- O exame de Matemáticas terá lugar na aula catro.
- Mañá volven de Madrid os meus curmáns.
- Marta e Paula falaron onte por teléfono.

6. - Iso é moi importante para a saúde.


- Vós sodes moi faladoras.
- Hoxe eu teño moito sono.
- Eles recibirán un premio.
- Eu quixera ter un irmán tan bo coma ti.
- Eles irán de excursión aos Ancares.
- Ela parécese moito á miña irmá Ana.
- Eles asistirán a una actuación musical.
- El terá lugar na aula catro.
- Mañá volven eles de Madrid.
- Elas falaron onte por teléfono.

Páxina 41

7. - Nós facemos o que ti nos digas.


- Os teus irmáns marcharon de excursión.
- María e Antía van a clase de percusión.
- Os leóns están na selva.
- Vós sempre estades enredando.
- Ti e ela sodes moi simpáticas.

8. Resposta aberta.

Páxina 42

9. - Creo todo o que ti me digas. Suxeito omitido: eu.


- Onte visitounos a autora da novela premiada.
- Que vestido tan bonito levas! Suxeito omitido: ti.
- Mañá compraremos o teu regalo. Suxeito omitido: nós.
- Xa nos dixeron o que pasa. Suxeito omitido: eles ou elas.
- Está chovendo a mares. Impersoal.
- Pódese pasar? Impersoal.
- Gústanme as canas con chocolate.

10. - Anoitece ás nove.


- Neva sobre os cumes.
- Hoxe vai moita calor.
- Trona.
- Véndese piso.
- Neste río nádase moi ben.
- É moi cedo.
- O sábado entregáronse os premios Mestre Mateo.

11. - Esta rapaza é amiga miña.


- Eles estudan Comunicación Audiovisual.
- Unha espesa néboa esténdese polo val.
- A música clásica é unha das miñas afeccións.
- A miña irmá pequena chámase Olalla.
- A chaqueta nova de Lola séntalle moi ben.
- Caeron catro tellas co temporal.

Páxina 43

12. a) PN, b) PV, c) PN, d) PN, e) PV, f) PN, g) PN, h) PV.

Páxina 44

13. Resposta aberta.

Páxina 45
14. a) Vós trouxestes estes ramos de rosas vermellas.
b) Quero un café e un zume de laranxa.
c) O árbitro suspendeu o partido.
d) Esta praia ten unha area moi fina.
e) Queres café?

15. Frases nominais en todos os casos.

16. Resposta aberta.

17. Resposta aberta.

Páxina 46

18. - Dálles un bico aos nenos.


- Levei un agasallo a Xiana.
- O profesor explicou a lección aos alumnos.
- O xurado concedeu un premio a este director de teatro.
- O famoso escultor mostroulle ao público a súa última creación.

19. Resposta aberta.

20. Resposta aberta.

Páxina 47

21. (En azul, o CD; en vermello, o CI):


- O acusado relatou a súa versión dos feitos ao xuíz.
- O garda indicou a dirección ao viandante.
- Ana trouxo un montón de cómics aos seus irmáns.
- Pedirei a Manuel o seu número de teléfono.
- Santiago conta un conto ás súas fillas.

22. - O acusado relatouna ao xuíz.


- O garda indicouna ao viandante.
- Ana tróuxoos aos seus irmáns.
- Pedireino a Manuel.
- Santiago cóntao ás súas fillas.
23. - O acusado relatoulle a súa versión dos feitos.
- O garda indicoulle a dirección.
- Ana tróuxolles un montón de cómics.
- Pedireille o seu número de teléfono.
- Santiago cóntalles un conto.

24. - O acusado relatoulla.


- O garda indicoulla.
- Ana tróuxollelo.
- Pedireillo.
- Santiago cóntallelo.

25. (En azul, o CD; en vermello, o CI):


- Antón levou un agasallo a Sabela.
- Dille a André que teño moitas ganas de velo.
- Xurxo envioume unha mensaxe ao móbil.
- O presidente do equipo felicitou a todos os xogadores.
- Xa che dixen que hoxe chovería.

Páxina 48

26. - Ven aquí. Adverbio.


- O sábado xogarei un partido de baloncesto. Frase nominal.
- No val de Quiroga elabórase aceite de oliva. Frase preposicional.
- Sempre estás falando por teléfono. Adverbio; frase preposicional.
- María xoga no parque Miño. Frase preposicional.
- Mañá irei ao cine. Adverbio; frase preposicional.
- Chámame esta noite. Frase nominal.
- Chámame cando chegues á casa. Oración.
- Estiven paseando toda a tarde. Frase nominal.
- Esta semana estarei na praia. Frase nominal; frase preposicional.
- Chegou cantando alegremente. Adverbio.
- Conduce por onde non haxa fochas. Oración.

27. Resposta aberta.

Páxina 49
28. - Santiago e Mónica están falando de fútbol.
- Hoxe non dispoño de tempo.
- Vas acabar con todos os caramelos.
- Eu sempre confío en ti.
- Coincidín con Elías no ascensor.
- Lémbrate sempre dos meus consellos.

29. - Santiago e Mónica están falando diso.


- Hoxe non dispoño diso.
- Vas acabar con eles.
- Eu sempre confío en ti.
- Coincidín con el no ascensor.
- Lémbrate sempre deles.

30. - As follas foron arrebatadas polo vento.


- A noticia foi difundida polo presidente.
- A noticia foi difundida polo xornal.
- A película foi rodada por terras de Allariz.
- Este disco foi gravado por Milladoiro.
- Os atletas foron aplaudidos polos espectadores.
- Os atletas foron premiados polo seu esforzo.

Páxina 50

31. - A canción foi cantada por todos os asistentes.


- Os premiados serán convocados polo director.
- O gol era celebrado por todos os xogadores.
- A noticia sería divulgada por todos os periódicos.

32. - Todos os asistentes cantaron a canción.


- O director convocou os premiados.
- Todos os xogadores celebraron o gol.
- Todos os periódicos divulgarían a noticia.

33. - Estes nenos son moi simpáticos.


- Ese castelo é de area.
- Teu irmán está un pouco aburrido.
- Maruxa é pintora.
- Viena é unha cidade austríaca.
- Esa pizza parece de plástico.

Páxina 51

34. - Antía é moi agradable.  Antía éo.


- Pareces moi canso.  Parécelo.
- Ti es escritora.  Ti elo.
- A película semella interesante.  A película seméllao.
- Estes vasos son de papel.  Estes vasos sono.
- A neveira está avariada.  A neveira estao.
- A auga está fría.  A auga estao.
- Camila parece enfadada.  Camila paréceo.

35. - Contestou encantado a cantas preguntas lle fixeron.


- Viñeron contentas a recibirnos.
- Hoxe teu irmán regresou moi ledo.
- El sempre escoita atento todo o que eu lle conto.
- Xosé quedou satisfeito co resultado do traballo.
- Chegaron á casa mollados por mor da treboada.
- A calor deixou desertas as rúas da cidade.
- Deixaches a porta aberta.
- Tes manchado o pantalón.

36. - Encantado refírese ao suxeito.


- Contentas refírese ao suxeito.
- Moi ledo refírese ao suxeito.
- Atento refírese ao suxeito.
- Satisfeito refírese ao suxeito.
- Mollados refírese ao suxeito.
- Desertas refírese ao CD.
- Aberta refírese ao CD.
- Manchado refírese ao CD.

Páxina 52

37. - Quero un bocadillo de xamón. CD.


- Encántame o teu carácter. Suxeito.
- A cadeira parece moi cómoda. Atributo.
- Dedico este premio a meus pais. CI.
- Corta a herba co cortacéspede. CC Instrumento.
- O rapaz comezou os estudos moi animado. Predicativo.
- Ti nunca te arrepintes dos teus erros. Suplemento.

38. - Mónica pinta cadros con acuarelas.


CD CCinstrumento
- Confío en ti.
Supl.

- Alberte cociña todos os sábados.


CCT

- Mañá comprarei uns cómics novos.


CD

- O doutor receitoume un xarope.


CI CD

- Meus pais xogan interminables partidos de tenis todos os domingos.


CD CCT

39. a) Agardádeme fóra todos. Oración simple predicativa transitiva.


v. CD CCL
_________________ _____
PRED. SUX.

b) A noticia foi difundida polo xornal. Oración simple, voz pasiva.


v. C. Axente
_________ ________________________
SUX. PRED.

Páxina 53

c) Garda todas esas cousas no teu armario. Oración simple predicativa transitiva.
v. CD CCL
______________________________________
PRED.

d) O meu amigo Paulo está afónico. Oración simple atributiva.


v. atrib.
___________________ ____________
SUX. PRED.

e) Ti sempre estás moi contenta polas mañás. Oración simple atributiva.


CCT v. atrib. CCT
__ ______________________________________
SUX. PRED.

f) O capitán do equipo recolleu a copa. Oración simple predicativa transitiva.


v. CD
___________________ _______________
SUX. PRED.

g) Ese xogador de balonmán vive no meu edificio.


v. CCL
_________________________ ____________________
SUX. PRED.

Oración simple predicativa intransitiva.

Páxina 54

40. - A túa actitude preocúpame moito. (OS)


- Fun á tenda pero xa estaba pechada. (OC)
- Fun ao cine onte cos meus amigos. (OS)
- Non quero que veñas. (OC)
- Non quero máis pan con xamón. (OS)
- Tráioche os libros que me pediches. (OC)
- Tráioche os libros de xadrez. (OS)
- Ti sempre me saúdas cando nos vemos. (OC)
- Merqueille a Luís os libros dos que tantas veces me falou. (OC)
- Durante a viaxe, contounos varias historias divertidas. (OS)
- Os seus tíos viven en Irlanda. (OS)
- Só teño dez euros na carteira e non creo que me cheguen para pagar a conta. (OC)
- Os oleiros de Gundivós elaboran unhas fermosas pezas de cerámica negra. (OS)
- Acórdome dos días que pasamos xuntos no Algarve. (OC)

41. a) Nivardo subiu as amplas escaleiras exteriores, pasou a porta de entrada e foi
directamente para o bar. […] Pediu un café e ollou polo miúdo o establecemento. Sobre
as enteadas paredes destacaban uns cadros de marcos dourados con escenas hípicas.

b) uns cadros de marcos dourados con escenas hípicas

c) Nivardo subiu as amplas escaleiras exteriores, pasou a porta de entrada e foi


directamente para o bar. É unha oración composta.

d) Directamente: CCM; para o bar: CCL; polo miúdo: CCM; Sobre as enteadas
paredes: CCL.

You might also like