You are on page 1of 17

OS INSTRUMENTOS MUSICAIS

Cada instrumento musical ten o seu timbre ou cor característico;


así, un mesmo fragmento musical pode soar moi distinto
segundo o instrumento que o interprete.

Por iso, para un compositor é moi importante coñecer as


posibilidades tímbricas e expresivas de cada instrumento.

Por exemplo, na música das películas; moitas escenas románticas


van acompañadas por música de corda; sen embargo, nas
escenas de guerra é frecuente a utilización do vento-metal e
percusión.
O timbre dun instrumento musical depende de moitos factores:
-A maneira en que se emite o son
-O material co que foi construído
-A súa forma
-O seu tamaño
etc.
FAMILIAS DE INSTRUMENTOS
En función de como producen o son, os
instrumentos musicais clasifícanse en diferentes
familias instrumentais:

CORDA VENTO PERCUSIÓN

*Outro tipo de instrumentos son os electrónicos, aqueles nos que a electricidade participa na
sonoridade do instrumento. Necesitan un amplificador. Exemplos: a guitarra eléctrica, o baixo
eléctrico, o sintetizador, etc.
A ORQUESTRA
• Agrupación musical que inclue, normalmente, as
tres familias de instrumentos musicais: corda,
vento e percusión.
• A organización: Segundo a potencia sonora de
cada instrumento:
1. A percusión ao final de todo, na parte mais lonxana.
2. A continuación os instrumentos de vento metal.
3. Diante dos instrumentos de vento metal, os de vento madeira.
4. En primeiras filas os instrumentos de corda.
5. O director dirixe aos músicos, por iso está de espaldas ao público.
FROTADA Violín, Viola, Violonchelo, Contrabaixo

CORDA PULSADA Guitarra, Arpa

PERCUTIDA Piano

BISEL Frautas
INS
MADEIRA LINGÜETA SIMPLE Clarinetes,Saxos
TRU
VENTO LINGÜETA DOBRE Oboes, Fagotes
MEN
Trompeta, Trombón, Trompa, Bombardino, Tuba
TOS METAL

CON
TECLADO O órgano
-Parches: Timbais, Toms
-Madeira: Marimba, Xilófono
ALTURA
-Metal: Vibráfono, Metalófono, Lira, Campás
DETERMINADA tubulares, Cencerros, etc.

PERCUSIÓN
-Parches: Bombo, Pandeireta, Pandeiro, Bongos,
ALTURA Congas, etc.
INDETERMINADA -Madeira: Castañuelas, Claves, Látigo, Güiro, etc.
-Metal: Triángulo, Pratos, Gong, Cascabeis, etc.
INSTRUMENTOS DE CORDA
• O son prodúcese mediante a vibración de
cordas tensadas.
• Posúen, ademais,unha caixa de resonancia
para amplificar o son.
• Segundo a maneira en que se obten o son,
podemos distinguir tres tipos:
Frotada, Pulsada e Percutida.
CORDA FROTADA
-O son obtense frotando as cordas cun arco.
-Todos eles teñen 4 cordas.
-Obtéñense diferentes alturas do son ao colocar un ou diversos
dedos da man esquerda sobre unha ou diversas cordas: canto
máis acortamos a lonxitude da corda que vibra, máis agudo é o
son.

De máis agudo a máis grave, son os seguintes:

VIOLÍN VIOLA VIOLONCHELO CONTRABAIXO


CORDA PULSADA
O son obtense
tocando as cordas
cos dedos ou con
púas:

GUITARRA ARPA
CORDA PERCUTIDA
O son obtense
percutindo, golpeando,
as cordas.

Ao tocar as súas teclas,


acciónanse uns macillos
que golpean as cordas,
as cales se atopan no
interior da caixa de
resonancia.

PIANO
VENTO MADEIRA
Podemos diferenciar tres tipos de instrumentos, segundo a súa
embocadura:
-Bisel: a vibración do aire prodúcese ao chocar cun bisel.
-Lingüeta simple: o sonido prodúcese pola vibración do aire ao
chocar cunha cana ou lámina de madeira que
hai na embocadura do instrumento.
Embocaduras de vento
-Lingüeta dobre: o son prodúcese pola vibración de dúas canas de
madeira madeira que chocan entre sí.
BISEL LINGÜETA SIMPLE LINGÜETA DOBRE

FRAUTAS CLARINETES e SAXOFÓNS OBOES e FAGOTES


(De pico e traveseiras)
Están fabricados con VENTO METAL
aleacións de metal.

O tubo do instrumento
está pregado ou
enrolado sobre sí
mesmo para que sexa
máis funcional.
TROMPETA TROMPA
A altura do son
depende da presión do
aire que exerza o
instrumentista
sobre a boquilla e dun
sistema de válvulas e
pistóns.

(O trombón, no lugar
de pistóns, utiliza unha
vara móbil)
TROMBÓN TUBA
VENTO
CON TECLADO
O órgano é un instrumento de
vento, con teclado, que consta
dun sistema de tubos de
diferentes lonxitudes.

Antigamente, o aire
suministrábase mediante foles
(fuelles) movidos a man, que
foron sustituidos por unha
bomba eléctrica.

Posúe unha grande variedade


tímbrica.

ÓRGANO
PERCUSIÓN *Cada familia, dividídese en 3 grupos, segundo o
material co que esten construídos: Parches,
Madeira e Metal.
Divídense en:
-Percusión de altura determinada (PAD): Poden producir diferentes alturas do son concretas:
Exemplos:

TIMBAIS CAMPÁS TUBULARES MARIMBA ou XILÓFONO


PAD de Parches PAD de Metal PAD de Madeira

-Percusión de altura indeterminada (PAI): Non producen alturas concretas.

BOMBO CAIXA PRATOS CLAVES


PAI de Parches PAI de Parches PAI de Metal PAI de Madeira

You might also like