You are on page 1of 1

(Correspondente ó Tema 6.

El sonido acústico do libro de texto)

Os instrumentos musicais.

Un instrumento musical é un obxecto que combina un ou mais sistemas resoantes e os medios


para a súa vibración, construido co fin de producir son en un ou mais tonos para que poidan ser
executados por un intérprete, e producir música. Ó final, unha cousa calquera que produza son
armónico pode servir de instrumento musical, pero a expresión resérvase xeralmente para
aqueles obxectos que teñen dito propósito específico.
Estes pódense clasificar segundo diferentes criterios, pero de entrada farémolo pensando se
utilizan electricidade ou non.

- Instrumentos acústicos: son aqueles que non utilizan a electricidade para producir son.
- Instrumentos electrófonos: precisan da electricidade para producir son.

1. Os instrumentos acústicos.

O son orixínase neles de tres maneiras diferentes, e segundo isto corresponderán ós tres grandes
grupos seguintes:

- Corda (frotada, pulsada e percutida/golpeada)


- Vento (madeira e metal)
- Percusión (idiófonos e membranófonos)

Exercicio 1. Coloca os seguintes instrumentos na táboa, seguindo a respectiva clasificación:

piano, güiro, guitarra, trompeta, batería, contrabaixo, saxofón, acordeón, marimba, violín,
harmónica, conga, clavicordio, bombardino, timbal

Percusión Corda Vento

(Se tes dúbidas sobre algún dos instrumentos fai unha búsqueda en YouTube; ahí poderás
comprobar a súa forma, o seu son, os xéneros musicais onde aparecen e moitas outras cousas…).

You might also like