You are on page 1of 1

3. O galego, lingua en vías de normalización.

Normalizar é asentar unha lingua nunha situación normal de uso, e facer que esa lingua se
utilice en tódolos ámbitos. O galego é unha lingua que está en proceso de normalización.

Para normalizar unha lingua existen dúas vías: unha individual e social, que trata concienciar
ao individuo e á sociedade; e unha institucional, na que unha institución toma as medidas
pertinentes.

A normalización do galego pasou por varias etapas:

Na idade media, o galego era unha lingua completamente normalizada.

Durante os séculos escuros o seu uso suprimiuse en multitude de ámbitos.

No século XIX, o galego recupérase no ámbito escrito, mais segue sen estar normalizado.

A comezos do século XX, as Irmandades da Fala (primeiro grupo en decatarse e concienciarse


do problema que sufría o galego) e o movemento nacionalista, coa creación da Real Academia
Galega en 1906 comezaron con tentativas de normalización.

Durante o período da ditadura, este proceso detívose, xa que o galego non estaba permitido,
mais coa Constitución Galega e a través da Lei de Normalización Lingüística (publicada en
1983) volveu comezar.

Na actualidade o futuro do galego é desesperanzador.

You might also like