You are on page 1of 1

Nerea Sedes Hermida 4ºESO B.

UNIDADE 9
1. Le os seguintes textos e contesta as preguntas.
— Anota as diferenzas entre os textos e xustifica cada reacción: a da coroa, a do sindicato
anarquista e a do goberno republicano. Que intereses se defenden en cada caso?
A reacción da coroa, do rei Alfonso XIII, foi suspender o poder real e separarse de España xa
que o pobo non o quería. O seu interese era evitar a guerra civil e coñecer a auténtica expresión da
conciencia colectiva deixando a España gobernarse por si mesma.
A reacción do sindicato anarquista foi declarar unha folga xeral mentres espera a ver que sucede.
O seu interese era que a República se consolidara contando coa organización obreira.
A reacción do goberno republicano foi escribir un primeiro decreto no que se recolle como o
goberno provisional da República tomou o poder sen resistencia, xa que foi o pobo o que o elevou
ata esa posición. O seu interese era asumir este goberno co apoio da vontade popular.

2. Le os seguintes artigos da Constitución de 1931. Explica como define o Estado español e


que dereitos recolle.
Define o Estado español como unha República democrática que se organiza en réxime de
liberdade e de xustiza. Os dereitos que recolle son: o dereito a emitir libremente as súas ideas e
opinións, o dereito a asociarse ou sindicarse libremente e a elixir os representantes do Congreso dos
Deputados por sufraxio universal, igual, directo e secreto.

You might also like