You are on page 1of 2

curso 2021-2022 HISTORIA FILOSOFÍA MODERNA / 3º curso exame 21 de xuño 2022

Parte non-presencial: data límite de entrega → 20 de xuño de 2022, ás 23:59 horas.

ALUMNOS/AS con ASISTENCIA REGULAR

Consonte o establecido na GD os/as alumnas/os con asistencia regular (re-)elaborarán as mesmas


cuestións formuladas para o exame ordinario de xaneiro de 2022; no ben entendido de que:

 os cambios agora afectan á avaliación.


 non mudan os criteros, pero sí as condición de elaboración.

Non se trata dunha mera repetición. Quen agora se presente:

 dispuxo de 5 meses fronte aos 3 días da primeira oportunide.


 dispuxo das posibilidades expresamente abertas por nós para facilitar a preparación dos exames
desta segunda oportunidade.

As condicións ofrecidas para a reelaboración non deixan marxe de erro nin permiten pensar en ningunha
circunstancia que atenúe a grave responsabilidade de non acadar a suficiencia.

Os profesores da materia estamos convencidos de que as/os alumnas/os que se presenten ao examen son tan
conscientes coma nós de que esto é un serio acto académico e non un concurso de televisión, polo cal
estamos igualmente convencidos de que a nosa tarefa se limitará a distinguir entre aprobados, notables e
sobresalientes.

Antes moito antes! de enviar as preguntas deberedes revisar as NORMAS DE EXAME e os nosos
comentarios ao exame de xaneiro.

Non é admisible ningún exame improvisado, resultado dunha composición apresurada. Os textos que se
presenten son resultado dun estudo minucioso, dunha morosa, coidada e prolongada elaboración. Calquera
frase, calquera palabra, calquera noción ten que ser sido pensada. O mesmo que a articulación interna, a
estructuración do discurso. Debemos suponer que o que leremos nace dun borrador redactado antes de
fializar febreiro, un borrador a partir do cal se desenvolve un tranquilo pero continuado traballo de
meditación, lectura e relectura de textos, di´ñalogo e contraste de opinión con compañeiras/os, diálogo e
consulta cos profesores.

Estamos certos de que non teremos que ler xa enormes e baleiros xuízos expresados coa grandilocuencia
de cómicos vellos, co ton apoloxético dos iluminados e coa patética suficiencia dos filósofos de salón, que
non precisan ler nada porque xa o saben todo.

Estamos certos de que eses elaborados exames, estarán escritos nunha prosa sinxela, clara, limpa; a que
corresponde á comprensión dos problemas, que non se pode reflectir na ostentación de intimidatorios
tecnicimos sen xeito,nin ten nada que ver cun «ensaio», nin cunha «investigación»; porque se trá só,
nada máis e nada menos! que pensar, meditar, comprende uns cantos problemas, unas cantas nocións
básicas, nos límites en que foron tratadas e sobre a base firme dos textos que traballamos.

Ollo! As cualificacións dun curso divídense en dous grupos: «suficiencia» de 5 a 10 , «non
suficiencia»de 0 a 4,99. Esta é a cualificación fundamental; a partir de aí as cualificacións numéricas non
teñen ningún sentido absoluto, serven para ordenar, xerarquizar ambos os dous grupos. Un 4 ou un 4,5 non
deben ser interpretados como case aprobados, senón como os relativamente mellores dentro do grupo da
non-suficiencia.
curso 2021-2022 HISTORIA FILOSOFÍA MODERNA / 3º curso exame 21 de xuño 2022

Parte non-presencial: data límite de entrega → 20 de xuño de 2022, ás 23:59 horas.


Nome:
Apelidos:

ALUMNOS/AS con ASISTENCIA IRREGULAR

PARTE I: DESCARTES: método e mathesis.

De igual modo, os movementos dos nervios relacionados cos oídos, fana oír [á alma] os sons, os
correspondentes aos nervios da lingua fana gustar os sabores e, xeralmente, os dos nervios de todo o
corpo fana sentir certo cosquilleo, cando tales movementos son moderados, e fana sentir dor cando
tales movementos son violentos. En todos estes casos non é necesario que deba existir semellanza
algunha entre as ideas que ela concibe e os movementos que son causa das mesmas.
Dióptrica, A-T, VI, p. 131
A física aristotélica era unha física cualitativa, a revolución científica vai propoñer unha lectura matemática
do real en clave cuantitativa.
 Sitúa o texto no contexto do xiro epistemolóxico operado pola física-matemática.
 Explica a crítica de Descartes á concepción aristotélica da ciencia e o vínculo entre o proceso
de superación da dúbida e a fundamentación metafísica da física matemática.

PARTE II.1: Coñecemento e entendemento en Spinoza. A importancia das «nocións


comúns»

Tomando como base os textos da Etica e seguindo a liña de lectura do curso, expón as liñas fundamentais do
problema do entendemento, cunha atención especial ao sentido e ao papel decisivo que teñen as chamadas
«nocións comúns», cuestión que, como sabedes, foi amplamente tratada nas clases. Sempre no ben
entendido de que non se trata de trasladar unha determinada definición de «nocións comúns», senón de
desenvolver de maneira clara as liñas fundamentais do problema indicado coñecemento e entendemento;
unicamente ao fío dese desenvolvemento pode aparecer a noción de «nocións comúns», coa esencial
diferencia que a cualifica e distingue.

PARTE II.2: Res cogitans e res extensa en Leibniz.


Laibniz é un pensador racionalista, pero o racionalismo de Laibniz non é tributario do de Descartes; Leibniz,
como temos dito, nunca foi cartesiano. O a súa filosofía comporta unha reformulación e radicalización do
racionalismo que vai alén de Descartes, pero que non parte de Descartes.
Fronte ao dualismo cartesiano, atopamos en Lebniz unha multiplicidade de sustancias. Como se articulan na
metafísica de Leibniz extensio e cogitatio?

You might also like