You are on page 1of 5

FILOSOFÍA DE LA CIENCIA I

Cuestionario acerca del texto de Kuhn “Epílogo: 1969”

Contesta las siguientes cuestiones. Son cuestiones orientativas del tipo de preguntas que
se pueden formular en la prueba sobre los planteamientos kuhnianos.

1) ¿Qué entiende Kuhn por ‘matriz disciplinar’? Proporciona una indicación


intuitiva de lo que es ‘matriz disciplinar’, señala los componentes más
característicos y caracterízalos.

Matriz disciplinar é aquelo que comparten os membros dunha comunidade e que


fai que a comunicación e relación entre eles sexa fluída e plena. Chámase
disciplinar porque alude á posesión común dos que practican dunha disciplina
concreta. Chámase matriz porque se compón de elementos ordenados de varios
tipos cada un dos cales precisa dunha especificación ulterior. A matriz inclúe
todo o que os membros do grupo consideraban parte do paradigma. Funciona
como un todo. Entre os seus elementos temos:

a. Xeneralizacións simbólicas: compoñentes formais ou facilmente


formalizables da matriz. Son aceptados por todos sen disentimento.
Poden ser expresións en lóxica ou enunciados. Poden funcionar como
leis ou como definicións. Moitas revolucións empezan co
cuestionamento de definicións deste tipo.

b. Paradigmas metafísicos. Crenzas compartidas acerca da natureza.


Modelos de tipo heurístico ou ontolóxico. Suministran as analoxías e
metáforas habituais, axudan a determinar que se pode tomar como
solución e avalían os problemas.

c. Os valores. Non só determinan unha comunidade científica senón que


son parte constituínte de calquera outro tipo de comunidade. Póñense de
manifesto sobre todo nas crises cando hai que escoller entre formas de
afrontar ou actuar. Entre os valores temos:

i. Valores referidos as predicións. Exemplos.

1. As predicións deben ser precisas.

2. Preferencia das cuantitativas sobre as cualitativas.


3. Consistencia das solucións.

ii. Valores aplicables ás teorías.

1. Deben permitir formular e solucionar problemas.

2. Deben ser simples, consistentes e plausibles.


(compatibles con outras teorías escritas).

iii. A ciencia debe ser útil socialmente.

Problemas dos valores.

i. A súa interpretación e aplicación pode dar lugar a resultados


diferentes segundo o individuo que o faga.

ii. Tamén se dan casos de incompatibilidades entre dous ou mais


valores (por exemplo: a precisión pode ir contra a exactitude).

Estas consideracións en torno ós valores pode dar a entender que se


defende a subxectividade e a irracionalidade. Non é así por dúas
características dos valores.

i. Os valores compartidos poden ser determinantes na conduta dun


grupo aínda cando os membros do grupo non os apliquen da
mesma forma.

ii. Os puntos onde ten importancia a aplicación dos valores soen ser
os de risco. Os valores aplícanse ante unha anomalía e
dependendo como se apliquen poden dar lugar a revolucións ou
non. Os valores compartidos son a maneira na que a comunidade
distribúe os riscos e asegura o éxito a largo prazo.

d. Os exemplares. Os exemplos compartidos. O conxunto de problemas cos


que se enfrontan os estudantes ó comezo da súa educación científica.
Tamén as solucións técnicas de problemas. Todos eles son reflectidos
nos libros de texto, en artigos, etc. e proporcionan a estrutura fina da
ciencia.

2) ¿Cómo presenta Kuhn la inconmensurabilidad en “Epílogo:1969” y qué


plantea acerca de la elección entre teorías inconmensurables?
Cando se fala de inconmensurabilidade se trata de entender que non hai
comparatividade posible entre dúas teorías pois ambas supoñen formas
diferentes de ver o mundo. Así o proceso de asumir unha nova teoría é por
conversión; se trata de persuadir non de esgrimir razóns. Cando se produce unha
discusión sobre unha proba matemática ou lóxica se analiza a inferencia e se
comproba que as regras foron ben aplicadas e que polo tanto a conclusión é
indiscutible. Só cando se discute acerca das regras ou do significado dos termos
pode haber discusións do tipo das que se dan nas revolucións científicas. É nese
caso cando o método para decidir entre varias teorías non é tanto a lóxica como
persuasión.

Isto non quere dicir que a discusión non sexa racional. De feito esgrímense moi
boas razóns en cada bando que en definitiva teñen efecto sobre a decisión
última. Pero se trata de razóns que teñen que ver cos valores: fecundidade,
simplicidade, precisión etc. por iso cada individuo pode aplicar os valores como
queira. Son o conxunto de valores os que levan a unha comunidade a considerar
decisivo un conxunto de argumentos en favor dunha teoría.

Nas revolucións cambian as relacións de semellanza, e se producen así


transferencias dun grupo a outro. Isto é o que provoca que dous individuos aínda
usando o mesmo vocabulario non se entendan. Non se trata de problemas
lingüísticos que poden resolverse cunha definición. Porque as palabras
apréndense por exemplos en aplicación prácticas polo que non existe unha
linguaxe neutral para expoñer a teoría e as consecuencias da teoría. A maneira
de comunicarse debe ser recorrendo á constitución neurolóxica, o mundo e
linguaxe cotiá que comparten. Se trata de elementos que non están pensados
para a comunicación científica polo que só se usan en estes períodos, para lograr
a conversión. Se trata de recoñecerse como pertencentes a comunidades
diferentes e facerse tradutores tomando como tema do discurso as diferenzas
entre os discursos. Este proceso ten estas etapas:

a. Toman conciencia dos termos que aínda que usados por ambas partes son
fonte de problemas.

b. Acudir á linguaxe cotiá para tratar de predicir a resposta do outro. Así


consegue traducir a teoría á linguaxe do outro.
A persuasión pode levar á conversión pero non necesariamente. Persuasión
consiste en convencer a alguén de que o punto de vista propio é superior e
debería substituír ó seu. Pode lograrse sen tradución a través dos éxitos e dos
resultados, ou polas comparacións mais extensas grazas á tradución. A medida
que esta avanza os membros da comunidade empezan a manexar os concepto e a
entender as posicións.

Traducir unha teoría non é apropiarse dela (para o que debería poder entendela
sen necesidade de tradución).

A persuasión se compara coa gestal perceptiva. Non se decide que suceda. Un


atópase de pronto que nun determinado momento se experimenta un cambio. As
boas razóns subministran motivos para a conversión e favorecen o clima para
que se produza e a tradución subministra apoio loxístico. Ningunha das dúas
cousas é a causa da persuasión, proceso que está no centro da revolución.

3) Razones que plantea Kuhn para rechazar el relativismo epistémico.

Kuhn foi acusado de relativismo debido a esta formulación da


inconmensurabilidade entre teorías. Dado que as diferentes teorías están en
comunidades diferentes, podemos pensar que ambas son certas. Kuhn esgrime
varias razóns para demostrar que non é así.

a. Os membros da comunidade científica son persoas que resolven


problemas independentemente dos valores e das diferentes aplicacións
que destes fagan. Esta capacidade para formular e resolver problemas vai
a ser o criterio dominante para os membros da comunidade científica. A
capacidade para formular e resolver problemas é un valor e pode variar
segundo se aplique dunha ou doutra forma. Pero as comunidades que dan
preeminencia a este valor teñen unha calidades especiais.

b. Kuhn defende a existencia de progreso na ciencia. Así existen unha serie


de criterios que permiten distinguir ante dúas teorías cal é mais vella (e
polo tanto preferible) e cal mais antiga:

i. Exactitude nas predicións.

ii. Proporción entre temas esotéricos e cotiás.

iii. Número de problemas distintos resoltos.


iv. A simplicidade.

v. O alcance.

vi. A compatibilidade con outras especialidades.

Visto así o desenrolo científico é como o da bioloxía dende a perspectiva da


evolución. Se trata dunha concepción de progreso que non ten que ver con unha
maior aproximación á verdade, cunha mellor representación da natureza; a
cuestión ontolóxica de se as entidades se corresponden co que hai realmente na
natureza. Este non é un criterio para preferir unha teoría sobre outra. Podemos
ver que unha teoría mellora outra no sentido de resolución de quebracabezas.
Pero non é posible avaliar a súa mellora en termos de representar o que
realmente hai. Non se pode demostrar unha dirección coherente no desenrolo
ontolóxico.

You might also like