You are on page 1of 2

curso 2021-2022 METAFÍSICA II / 3º curso exame 11 de xullo 2022

Parte non-presencial: prazo límite de entrega → 10 de xullo de 2022, ás 23:59 horas.

PARTE I

 Significado e claves do desenvolvemento da pregunta « q u e é m e t a f í s i c a ? » . A


constitutiva ambigüidade do término.

PARTE II

 Kant e o problema da metafísica: o carácter conflitivo do pensamento kantiano.

Expresamente abordado dende unha óptica anti-doutrinaria, todo o curso de METAFÍSICA II estivo de
dedicado á confrontación con esta cuestión: que é metafísica?; non a proporcionar unha «resposta» -nin
académica, nin de calquera outro tipo-, senón a asumir a pregunta, como unha cuestión na que se decide o
sentido mesmo do filosofar; porque o vocablo «meta-física» só adquire un verdadeiro sentido na medida en
que nos conduce, a través da mencionada pregunta, ao problematismo da filo-sofía. En certo sentido
poderiamos dicir que o curso tratou sobre o «meta-» da metafísica e o «phílein» da filosofía.

Partimos da lectura de 2 textos de MARTIN HEIDEGGER, ambos os dous esenciais na reformulación do


problema da metafísica no século XX.

O comezo de Sein und Zeit é decisivo, porque desvela a situación na que nos atopamos e dende a que a
cuestión mesma da filosofía se impón como «a necesidade de re-iterar a pregunta polo ser».

Deste xeito está xa implicitamente dada, dende o comezo, a «historicidade do ser», que deixa a cuestión fóra
do marco da «metafísica» tradicional. A demostrada «necesidade de re-iterar a pregunta polo ser» esixe
asumir un «esquecemento», co cal a cuestión fica fóra do dominio da lóxica dominio do enunciado: no
enunciado aparecen os entes, se fixa a esencia dos entes, pero o ser non é un ente.

Demostrada a necesidade da pregunta polo ser e desvelada a inviavilidade -o sensentido- dunha resposta
«lóxica» a pregunta -como xenuína pregunta! ha de ser pensada precisamente como pregunta, dende a
estructura do preguntar; dun orixinario preguntar que non stá subordinado ao enunciado. Máis ben o
enunciado só poderá asentar o seu dominio a partir dun certi bloqueo, dun certo esquecemento do prguntar,
dun radical afastamento da situación -apertura- que constitúe o verdadeiro preguntar.

Repregados na estructura pregunta, na pregunta -no preguntar- polo ser, o único ente que se aparece é un
ente que non é “este” nin “aquel”, senón un ente cuxo único trazo é “que-pregunta-polo-ser” -e que, xa que
logo, ten unha certa (pre)comprensión do ser- o ente que somos en cada caso nós mesmos, un «ente» que
cando preguntamos pola súa esencia «qué é? was ist?», só podemos dicir que simplemente é o ente
«que é – daß ist», propiamente: «nada». Pero: se a única posibilidade de re-iterar a pregunta polo ser pasa
pola elucidación do ser dun ente que propiemante é «nada»: que é «nada»?

«Nada» convértese percisamente no obxecto do preguntar no texto «Was ist die Metaphysik?», e o
desenvolvemento desa pregunta lévanos á formulación do sentido da metafísica, a partir das posibilidades de
ser do ente que somos en cada caso nós mesmos.

No curso, a partir de aquí e a partir da noción tradicional de «metafísica», abordamos esa dimensión que á
que nos referíamos como «ambigüidade», dualidade, ambivalencia do termo metafísica. Unha ambigüidade
irresoluble e propiamente insuperable. Estamos na cerna da cuestión da «diferencia».
curso 2021-2022 METAFÍSICA II / 3º curso exame 11 de xullo 2022

Parte non-presencial: prazo límite de entrega → 10 de xullo de 2022, ás 23:59 horas.

Fronte ás interpretación escolares de KANT, resoltas no insustancial tópico da “imposibilidade da metafísica


como ciencia”, MARTIN HEIDEGGER publica en 1929 unha obra decisiva co título Kant und das Problem
der Metaphysik.

Como sabedes, por problemas de tempo e os graves problemas hermenéuticos que comportaba, renunciamos
a abordar directamente esta obra, optando por levar a cabo, da man de FELIPE MARTÍNEZ MARZOA, unha
recapitulación do criticismo elaborada dende os presupostos que marcar HEIDEGGER na mencionada obra.

O intenso e minucioso traballo desenvolto na clase, sobre a base dunha certa familiaridad co pensamento de
Kant e a estructura do «edificio crítico», estaba dirixido a comprender eso que MARTÍNEZ MARZOA chama
«carácter conflitivo do pensamento kantiano».

Cunha particulariedade; no texto de MARZOA ese «carácter conflitivo do pensamento kantiano»


aparece nun contexto expositivo dominado pola necesidade de entender o tránsito do «punto de vista crítico»
ao «punto de vista absoluto»; do «idealismo trascendental» ao «idealismo absoluto».

Ese sería un camiño perfecto para desenvolver a cuestión da metafísica: comprender ese momento esencial
da historia da filosofía caracetrizado pola «consumación» da metafísica. Porén, na estructura do curso
optamos por unha lectura dese «carácter conflitivo», ligada á ambigüidade do témino e á articulación
de «phílein» e «metá-». Unha lectura que nos permite agora, dende KANT e mesmo «antes de HEGEL»,
mirar a Grecia, para asumir que ese carácter metafísico do proxecto filosófico da modernidad só se pode
esclarecer dende Grecia. Por eso, entre outras cousas, «despois de Kant» , cobrará corpo a «historia da
filosofía» como disciplina filosófica.

No entanto, no curso só quixemos amosar como ese carácter conflictivo do pensamento kantiano abre
implícitamente, necesariamente, aínda que non aínda de xeito temático, un camiño a Grecia, porque só
dende Grecia se pode entender como o «phílein» da filosofía devén no «metá-» da «metafísica». Aí se
entende porqué o esclarecemento moderno do «metá-» da «metafísica» deixa aparecer, aínda que sexa
conflitivamente, o «phílein» da filosofía.

A partir destas consideración, desenvolve -por separado, en arquivos distintos- das mencionadas cuestións:

PARTE I

 Significado e claves do desenvolvemento da pregunta « q u e é m e t a f í s i c a ? » . A


constitutiva ambigüidade do término.

PARTE II

 Kant e o problema da metafísica: o carácter conflitivo do pensamento kantiano.

You might also like