You are on page 1of 13

17/11/22, 13:00 PARTE 1: PLANEAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

PARTE 1: PLANEAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

Sitio: Campus Virtual Impreso por: Lúa Álvarez Escudero


Competencias en Información. Nivel Avanzado. Humanidades Data: Xoves, 17 de Novembro de 2022, 13:00
Curso:
(Santiago) 1ª Ed [BUSC.2223.39] [2022/2023]
Libro: PARTE 1: PLANEAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953031 1/13
17/11/22, 13:00 PARTE 1: PLANEAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

Táboa de contidos

1. O TFG no contexto académico


1.1. O TFG como traballo de investigación científica. Tipoloxía

2. FASES DE ELABORACIÓN
2.1. Definir o tema do traballo
2.2. Conceptuar o tema
2.3. Buscar e atopar información
2.4. Avaliar e organizar a información atopada
2.5. Tratar a información
2.6. Organizar e redactar o traballo

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953031 2/13
17/11/22, 13:00 PARTE 1: PLANEAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

1. O TFG no contexto académico

Tal como vimos en varias ocasións ao longo do curso, os plans de estudos dos
diferentes graos do sistema universitario español establecen que o Traballo de
fin de Grao (TFG) é un requisito imprescindible para acadar o título de
graduado. Equivale a unha materia de entre 6 e 30 créditos e consiste na
elaboración e defensa dun traballo (R.D.1393/2007)

O proxecto, traballo, memoria ou estudo orixinal, que son as formas que deben
adoptar os TFG/TFM deben desenvolver “os coñecementos, capacidades,
competencias e habilidades adquiridos durante os estudos realizados” e que se
resumen en:

Capacitar para a procura, xestión, organización e interpretación de datos


relevantes, normalmente da súa área de estudo.
Emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas destacados de índole
social, científica, tecnolóxica ou ética.
Desenvolvemento un pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.

Nos Regulamentos TFG para os Graos de Historia, Historia da Arte, Filoloxía, Xeografia e Ordenación do Territorio e Filosofía podes consultar
información sobre cuestións como matrícula, titorización, propostas, requisitos para a presentación do TFG, criterios de avaliación...

Cómpre non esquecer que tanto o Titor como os Tribunais de avaliación dos TFG, deben axustarse aos criterios de avaliación publicados na
guía docente da materia e a memoria do título correspondente (podes consultar estes documentos na web da Facultade de Xeografía e
Historia, na web da Facultade de Filoloxía e na web da Facultade de Filosofía)). A ponderación destes criterios pode variar dunha titulación a outra,
mais en todas elas atoparás indicadores relacionados coas competencias transversais e entre elas, por suposto as informacionais, xa que son competencias
chave na túa formación académica.

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953031 3/13
17/11/22, 13:00 PARTE 1: PLANEAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

1.1. O TFG como traballo de investigación científica. Tipoloxía

O TFG, o mesmo que unha tese, un artigo científico, un manual …, ten a consideración de “traballo académico” resultado da investigación
(normalmente persoal) sobre un tema.

A tipoloxía de traballos académicos é moi variada, mais pódense establecer dous grandes grupos diferenciados polas metodoloxías
empregadas:

ESTUDOS TEÓRICOS ESTUDOS EMPÍRICOS

Este tipo de estudos teóricos, como os históricos,


documentais, descritivos, correlacionais, literarios..., sobre Os estudios empíricos implican o desenvolvemento
un tema concreto, requiren unha ampla revisión dunha parte experimental, unha investigación
bibliográfica e documental para elaborar un marco teórico orixinal que comezará por determinar o problema ou
cos coñecementos máis sólidos e fiables, capaces de obxecto da investigación, os antecedentes
sustentar o estudo. Esixen unha labor de rastrexo históricos, marco teórico, os procedementos
bibliográfico que permita expoñer as distintas teorías, empregados: instrumen-tos, técnica, mostra …
estudos e datos sobre o tema en cuestión e en función recollida de datos, análise dos mesmos, exposición
dos obxectivos marcados. de resultados e conclusións.

Forma parte da investigación empírica a seguinte tipoloxía:

Estudos metodolóxicos. Investigación baseada na experimentación dunha nova metodoloxía, procedemento,


técnica que sexa distinta ás utilizadas. Será necesario encadrala no contexto correspondente, describir a
metodoloxía de uso vixente, definir hipóteses, recoller os resultados da aplicación da nova metodoloxía e
establecer a comparativa de ambos métodos. Este tipo de traballo supón aportar materiais complementarios en
anexos que melloren a lexibilidade do traballo.

Estudos de caso. Considérase un traballo de investigación cualitativa acerca dunha faceta ou aspecto que
afecte a unha persoa, unha organización, un programa, un acontecemento, …

O caso hai que contextualizalo, describilo, indicar os medios para resolver o problema.

É dicir, o estudo de caso pretende explorar, describir, explicar, avaliar e/ou transformar.

Traballo de Investigación avaliativa. Un tipo de investigación aplicable a moitos campos onde se pretenda
medir algún aspecto. E importante coñecer os antecedentes, contextualizar, definir o instrumento de medida e
os obxectivos, analizar os resultados e extraer as conclusións.

Traballo práctico. Planear unha actividade práctica, un experimento, unha unidade didáctica.

O planeamento dun traballo práctico comprende: determinar o problema, formular unha hipótese, planear un
experimento, apuntar datos e sacar conclusións.

kasujdvca

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953031 4/13
17/11/22, 13:00 PARTE 1: PLANEAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

2. FASES DE ELABORACIÓN

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953031 5/13
17/11/22, 13:00 PARTE 1: PLANEAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

2.1. Definir o tema do traballo

Ter o tema definido significa concretar o alcance do tema e elixir o tipo de traballo que vas facer, tarefa que, como dixemos, terás que tratar co
teu titor ou titora e/ou director/a.

Traballa sobre un tema do teu interese.


Ten en conta as túas limitacións de tempo, coñecementos previos, dominio de linguas, etc.
Organiza o tempo.
Faite coas ferramentas apropiadas para xestionar toda a información que vaias recompilando. Tamén coas relacionadas co proceso de
redacción.
Busca modelos a seguir. Consulta para iso o repositorio Minerva, arquivo dixital da USC onde se gardan e difunden os traballos con
cualificación de sobresaínte ou que teñen un particular interese. Búscaos no apartado Docencia e Innovación e escolle a túa área temática.

O tema elixido non debe ser nin demasiado xeral nin demasiado específico. Se é excesivamente amplo podes ter tanta información que che
desborde ao non poder manexala, sendo conveniente acoutalo. E se é moi específico pode ser que non atopes suficiente información para
elaboralo.

Se o tema foi suxerido polo teu profesor ou profesora , aconsellámosche que concretes con el o alcance do mesmo. Se pola contra elixíchelo ti,
é importante que escollas un que che resulte atractivo xa que a realización supón un esforzo e tempo. Elixir un tema de interese, fará que a
investigación e o proceso de escritura sexan máis satisfactorios. En calquera caso, comparte co profesorado as túas ideas e dúbidas para
asegurarche que avanzas polo camiño adecuado.

Unha vez decidido o tema, formula unha frase ou unha pregunta que o resuma. Pensa nas cuestións ás que queres dar resposta co teu traballo
e empeza a expor cales son os conceptos máis significativos, é dicir, os termos clave.

Non esquezas:

- Definir nunha ou varias frases curtas o tema do teu traballo académico

- Identificar os conceptos máis importantes destas frases

- Buscar sinónimos e termos relacionados, tamén noutros idiomas, que despois utilizarás
na procura de información, desta maneira recuperarás documentos pertinentes…

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953031 6/13
17/11/22, 13:00 PARTE 1: PLANEAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

2.2. Conceptuar o tema

Debes ter en conta que unha vez que elixises o tema, tes que buscar documentación mediante a consulta de fontes de
información para obter os documentos que imos utilizar na realización do traballo. Estes documentos serviranche para
coñecer o estado da cuestión e poder contextualizar o teu tema (que se escribiu sobre o tema, en que contexto, desde
que perspectiva...).

Atopa unha ou varias fontes de información xeral para documentalos: servirá para comprender o contexto do seu tema e
coñece o estado actual do que se sabe. As fontes máis normais para atopar información xeral son enciclopedias, dicionarios e manuais, tanto
en papel como en electrónico. Todos estes traballos adoitan ofrecer bibliografías - listas de libros e artigos - que permítelle atopar máis
información.

Definir nunha ou varias frases curtas o tema do teu traballo académico, esta tarefa implica identificar os conceptos máis significativos e que
mellor definan o tema (palabras chave ou descritores) e tamén os termos semellantes (sinónimos). Debes eliminar termos secundarios.

Non esquezas establecer límites:

- cronolóxicos

- xeográficos

- lingüísticos

Repasa o módulo 3 sobre o proceso de busca, especialmente o apartado "Recoñecer e identificar a necesidade de información"

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953031 7/13
17/11/22, 13:00 PARTE 1: PLANEAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

2.3. Buscar e atopar información

Coñecer o marco teórico previo é esencial en calquera traballo de investigación. É preciso buscar os documentos máis relevantes para asentar
a hipótese de traballo de forma correcta, isto implica buscar nas fontes de información: catálogos, bases de datos, libros, artigos de revistas,
recursos electrónicos que traten sobre o tema ....

Ferramentas de busqueda:

Para coñecementos xerais ou unha primeira achega a información:

Catálogos:

Catálogo Iacobus: O Catálogo da Biblioteca proporciona información sobre os libros e revistas que se atopan nas
Bibliotecas do Campus de Santiago e Lugo e tamén proporciona ligazóns a recursos electrónicos. É a ferramenta
máis importante para localizar os libros e revistas proporcionados polos profesores nas súas bibliografías.

Rebiun: Catálogo Colectivo que actualmente agrupa os catálogos de 95 bibliotecas (76 bibliotecas universitarias,
públicas e privadas, o CSIC e unha vintena máis de bibliotecas de institucións asociadas á rede). Básico para a
busqueda de documentos doutras bibliotecas e para a súa solicitude por Préstamo Interbibliotecario.

Worldcat: é a rede máis grande do mundo de contidos e servizos da biblioteca. Busca en moitas bibliotecas á vez
un elemento e logo ó situa nunha biblioteca próxima. Básico tamén para buscar información para a súa solicitude
por Préstamo Interbibliotecario.

Buscadores Web:

Google Académico: permite buscar bibliografía especializada dun xeito sinxelo. Dende un único sitio podes realizar
buscas nun gran número de disciplinas e fontes como, por exemplo, estudos revisados por especialistas, teses,
libros, resumos e artigos. En reBUSCa podes atopar unha guía de uso.

Base: é un dos motores de procura máis voluminosos do mundo, especialmente para recursos web académicos.
BASE proporciona máis de 150 millóns de documentos de máis de 7.000 fontes . Pode acceder aos textos
completos de aproximadamente o 60% dos documentos indexados de forma gratuíta (Open Access)

Outros: Wikipedia, WordlWide Science ou Science Research

Dicionarios, enciclopedias ou atlas (Axudaranche a adquirir os conceptos básicos, precisar definicións e enmarcar
contidos xerais)

Encyclopaedia Britannica Online: Só dende a rede USC

Oxford English Dictionary: Só dende a rede USC. Considerado o máis erudito e completo dicionario da lingua
inglesa, así como o principal punto de referencia para o seu estudo etimolóxico.

Para información especializada:

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953031 8/13
17/11/22, 13:00 PARTE 1: PLANEAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

Multidisciplinares:

Dialnet: é un dos maiores portais bibliográficos do mundo, cuxo principal cometido é dar maior
visibilidade á literatura científica hispana. É un proxecto colaborativo cunha clara aposta polo libre
acceso, na que participan a práctica totalidade das bibliotecas universitarias e de investigación
españolas, incluída a BUSC.

Indices CSIC : é un recurso bibliográfico multidisciplinar que recompila e difunde principalmente artigos
de investigación publicados en revistas científicas españolas. Dentro das Ciencias Sociais inclúense
revistas de Antropoloxía e Etnoloxía, Ciencias Xurídicas, Ciencias Políticas, Ciencias da Educación,
Economía, Xeografía, Información e Documentación Científica, Psicoloxía, Socioloxía e Urbanismo En
canto ás Ciencias Humanas as disciplinas representadas son Arqueoloxía e Prehistoria, Belas Artes,
Filosofía, Historia, Lingüística e Literatura.

SCOPUS: Base de datos de Elsevier, accesible vía web que proporciona unha visión xeral da produción
mundial de investigación nos campos da Ciencia, a Tecnoloxía, a Medicina, as Ciencias Sociais, as
Artes e as Humanidades.
Ofrece entre outras, referencias bibliográficas e citas de artigos de revistas científicas, patentes, páxinas
web científicas…

JSTOR artes e ciencias: Journal Storage Project (JSTOR), é un proxecto de dixitalización de


publicacions periódicas con fins académicos. Este recurso ten como obxectivo facilitar o acceso á
información retrospectiva polo que no inclúe os últimos números das revistas. Na maior parte dos casos
podemos acceder aos textos completos dende os primeiros números ata os publicados entre 2 e 5 anos
atrás..

Web of Science: referencias de artigos publicados en máis de 9.300 publicacións internacionais,


detallando os documentos que son citados en cada artigo. Divídese en tres eidos:

Science Citation Index Expanded: dende 1900, ofrece acceso a aproximadamente 6.125 revistas.
Social Sciences Citation Index: dende 1956, ofrece acceso a unhas 1.810 revistas no campo das
Ciencias Sociais.
Arts and Humanities Citation Index: dende 1975, ofrece acceso a unhas 1.130 revistas no campo
das letras e das artes

reBUSCa: Bases de datos accesibles na USC:

Recursos onde podes buscar por lista A-Z, por área, por materia ou por tipo

Pórtico: Revistas e libros electrónicos:

Buscar na colección de revistas e libros electrónicos da biblioteca a través da lista A-Z ou de


formularios de busca (título, materia, editor ou issn). Débese ter en conta que a busca non se fai no
contido das obras, senón nos títulos das mesmas.
Acceder ao texto completo de artigos, libros, actas de congresos, estándares, etc.
Enlazar dende bases de datos referenciais ou desde os portais dos editores nos que aparece o botón
SFX, ao texto completo dos artigos ou dos libros.

Recursos en Acceso Aberto

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953031 9/13
17/11/22, 13:00 PARTE 1: PLANEAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

Repositorios:

Minerva: Minerva é o repositorio institucional da Universidade de Santiago de Compostela. Creado


para albergar, difundir en acceso aberto e preservar os documentos derivados da actividade institucional, científica e
docente dos membros da comunidade universitaria, inclúe tamén a dixitalización do patrimonio documental da USC.

Minerva alberga toda clase de materiais dixitais: artigos científicos (versións preprint ou postprint), achegas a
congresos, materiais docentes, revistas e monografías editadas pola USC, teses de doutoramento, traballos
académicos, documentos institucionais, científicos e fondos históricos impresos ou manuscritos.

Podes atopar TFG, TFM e teses de doutoramento, (podén servir de ejemplo).

Outros repositorios: RUC (Universidade da Coruña), Investigo (Universidade de Vigo), E-prints Complutense
(Universidad Complutense de Madrid)...

RECOLECTA: Recolector de Ciencia Abierta. Repositorio de repositorios, é o agregador nacional de repositorios de


acceso aberto. Nesta plataforma agrúpanse a todas as infraestruturas dixitais españolas nas que se publican e/ou
depositan resultados de investigación en acceso aberto.

Tesis:

Catálogo Iacobus: Tesis lidas na USC

TDR/TDX: é un repositorio cooperativo que contén, en formato dixital, teses doutorais lidas nas universidades de
Catalunya e outras comunidades autónomas. A consulta das teses é de acceso libre e permite realizar procuras no
texto completo, por autor/a, director/a, título, palabras chave, universidade e departamento onde se leu, ano de
defensa, etc

DART- Europe : é unha asociación de bibliotecas de investigación e de consorcios bibliotecarios que traballan
conxuntamente para a mellora do acceso global ás teses doutorais europeas

NDLTD: é unha organización internacional dedicada a promover a adopción, creación, uso, difusión e conservación
de teses e disertacións electrónicas (ETDs).

Outros:

Redes Sociais Académicas

Academia.edu
Research Gate
Mendeley

Sitios Web Institucionais (nacionais e internacionais). Museos, Arquivos, Bibliotecas, Asociacións, Institutos,
Sociedades...

Instituto de Filosofía (CSIC)


FISP: Fédération Internationale de Sociétés de Philosophie / International Federation of Philosophical Societies
The British Museum (Google Arts & Culture)
AGE: Asociación española de geografía
Instituto Geográfico Nacional

Bibliotecas Dixitais

Europeana. Metabuscador de coleccións dixitales europeas


Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Hispana. Directorio de recursos dixitales hispanos. Ministerio de Cultura
Hathi Trust Digital Library. Metabuscador de fondos en bibliotecas virtuais de USA
Internet Archive. Ebook and Texts Archive

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953031 10/13
17/11/22, 13:00 PARTE 1: PLANEAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

2.4. Avaliar e organizar a información atopada

Xa atopaches información científica, pero tamén é seguro que atopaches "demasiada información", por exemplo 30 artigos moi interesantes, 8
monografías e unhas 10 páxinas da internet especializadas no tema do teu TFG... e todos os documentos que seleccionaches son pertinentes,
responden o teu tema e non estás seguro cal é o mellor criterio para seleccionar os mellores que debes facer agora? Pois algo tan lóxico como
avaliar a información atopada.

Non toda a información que vas atopar ten a mesma calidade, debes aprender a avaliala dunha forma crítica. É importante saber se o autor é
un especialista na materia, se o documento foi publicado por unha institución académica, educativa, etc. Se se citan as fontes utilizadas, se se
trata dunha Web oficial ou avalada por unha institución, etc.

A avaliación científica vai máis aló da simple veracidade, actualidade ou autenticidade, etc. A importancia da avaliación é fundamental no
ámbito académico e investigador e dela depende dende o acceso e o progreso na carreira docente e investigadora, ata a posibilidade de recibir
financiación para proxectos de investigación. Falamos dunha:

Avaliación cualitativa. Para que un traballo se publique, ten que pasar pola “revisión por pares”, un consello de expertos, que de forma
anónima ou non, len o traballo, propoñen correccións e aproban ou non a súa publicación.
Avaliación cuantitativa, que se fai a posteriori da publicación e que mide cuantitativamente o impacto e/ou o uso dunha publicación. A
avaliación refírese ao control de calidade das publicacións a través da suposta calidade da editorial ou da revista na que están publicado.
Pero tamén á posición que ocupa un autor/a como elemento creador e dinamizador do proceso investigador.

ORGANIZA A INFORMACIÓN

Unha vez decidido que información nos interesa, procede a recompilala e organizala. Faino de xeito sistemático, gardando todo o que vaias
atopando. Para iso axúdate de ferramentas de:

Almacenamento na nube, OneDrive (ao que temos acceso a través do servizo de Microsoft 365, identificándonos co correo institucional),
Google Drive y Dropbox. Teñen como función principal gardar documentos en liña para acceder a eles en calquera momento desde calquera
dispositivo con conexión á Internet.
Xestores de notas, como EndNote. Permiten gardar e organizar toda información persoal e acceder a ela en calquera momento e desde
calquera lugar. Pódese tomar notas mentres navegas pola Internet, realizar capturas de webs con comentarios propios, almacenar artigos,
tomar fotografías, etc.
Marcadores sociais, como Diigo. Permiten conservar, organizar e compartir páxinas web favoritas e acceder a elas dende calquera
dispositivo. Na actualidade, moitos dos xestores de referencias bibliográficas que vimos, tales como CiteUlike, Mendeley ou Zotero, funcionan
tamén como marcadores sociais.
Xestores bibliográficos: son aplicacións que permiten capturar, arquivar e organizar referencias e documentos a texto completo, compartir
información, editar bibliografías e textos con citas e referencias en múltiples estilos (APA, ISO, Harvard, Vancouver…). A USC ofrece acceso
a Refworks e a EndNote Web. Ademáis existen outros que teñen unha versión de usuario de balde (como Mendeley) ou mesmo software
libre ( ex. CiteULike ou Zotero).

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953031 11/13
17/11/22, 13:00 PARTE 1: PLANEAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

2.5. Tratar a información

Unha vez que analizaches a información recollida ou a información xerada e fixeches a reflexión necesaria, debes comezar a redacción. Podes
iniciala elaborando un esquema e organizando a información en grandes grupos que che facilitarán a redacción que despois terás que
realizar. Cando teñas unha visión de conxunto podes planear a redacción dun borrador do traballo, perfilando o número de páxinas e os
capítulos ou apartados que vai a ter. Mais ten en conta que isto pode variar a medida que vaias redactando o traballo.

Le comprensivamente os documentos
seleccionados, tomando notas ou Pensa que un traballo de investigación non soamente ten que reflectir o
coñecemento de outros, senón que é importante que ti demostres tamén
marcando parágrafos dos textos
coñecemento e comprensión do tema.
Relaciona e compara opinións

Reflexiona e saca conclusións propias

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953031 12/13
17/11/22, 13:00 PARTE 1: PLANEAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

2.6. Organizar e redactar o traballo

Redactar o traballo é a fase máis complexa porque terás que organizar toda a información tratada para transformar a túa investigación en novo
coñecemento.

Isto plasmarase na elaboración dun documento propio e orixinal: o teu traballo de investigación! Neste momento deberás ter en conta tres
aspectos:

a estrutura do traballo: Partes preliminares: formada pola portada e o índice, corpo do traballo e
bibliografía.
o estilo de redacción: debe estar escrito correctamente, que os parágrafos sexan inteligibles e
prestar atención á ortografía, a redacción e a puntuación.
o uso ético e legal da información que utilices: como e cando citar, e como elaborar as referencias
bibliográficas

Estudariemos estes aspectos nos apartados seguintes deste módulo.

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953031 13/13

You might also like