You are on page 1of 10

19/11/22, 11:24 PARTE 2: A WEB SOCIAL

PARTE 2: A WEB SOCIAL

Sitio: Campus Virtual Impreso por: Lúa Álvarez Escudero


Competencias en Información. Nivel Avanzado. Humanidades Data: Sábado, 19 de Novembro de 2022, 11:22
Curso:
(Santiago) 1ª Ed [BUSC.2223.39] [2022/2023]
Libro: PARTE 2: A WEB SOCIAL

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953043 1/10
19/11/22, 11:24 PARTE 2: A WEB SOCIAL

Táboa de contidos

1. A WEB SOCIAL
1.1 Blogs
1.2 Microblogs
1.3 Wikis
1.4 Redes sociais
1.5 Sindicación de contidos
1.6 Rede sociais académicas
1.7 Computación na nube ou cloud computing

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953043 2/10
19/11/22, 11:24 PARTE 2: A WEB SOCIAL

1. A WEB SOCIAL

É a suma da web tradicional máis a chamada Web 2.0 ou Web social, baseándose cada vez máis no papel activo que ocupan os usuarios.
Estes xa non son simples consumidores de información e servizos senón que se converten en parte activa do desenvolvemento da web, ao
producir e compartir todo tipo de contidos.

Segundo definición dos antropólogos británicos Alfred Radcliffe- Brown e John Barnes, unha rede social é unha estrutura social formada por
persoas ou entidades conectadas e unidas entre si por algún tipo de relación ou interese común.

Unha definición máis extensa de redes sociais definiríaas como estruturas sociais compostas por un grupo de persoas que comparten un
interese común, relación ou actividade a través de Internet, onde teñen lugar os encontros sociais e móstranse as preferencias de consumo de
información mediante a comunicación en tempo real (aínda que tamén pode darse a comunicación diferida no tempo, por exemplo no caso dos
foros).

A Web 2.0 orixinou a democratización dos medios, facendo que calquera teña posibilidades de publicar, e reducindo considerablemente os
custos de difusión da información. Ao aumentar a produción aumenta a segmentación desta información, de xeito que os usuarios poden
acceder a contidos que tradicionalmente non se publicaban nos medios convencionais.

Os usuarios participa na Web 2.0:

- Creando contidos e rexistrando coñecementos.

- Compartindo obxetos dixitais (vídeos, fotografías, documentos, ligazóns, etc)

- Realizando comentarios e etiquetando os contidos (tagging).

- Realizando valoracións mediante puntuacións (rating).

- Activando funionalidades concretas nalgúns sitios web.

Na actualidade existen multitude de ferramentas e servizos web, mais neste apartado só veremos algunhas das máis interesantes desde o
punto de vista académico.

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953043 3/10
19/11/22, 11:24 PARTE 2: A WEB SOCIAL

1.1 Blogs

Podemos definir un blog como un sitio web, composto principalmente por artigos breves, actualizados con certa frecuencia, que se mostran en
orde cronolóxica inversa e que poden ser comentados polos lectores.

Características dun blog

Facilidade de edición

Actualización frecuente

Orde cronolóxica inversa

Participación a través de
comentarios

Prima o contido

Espazo creativo

Software específico
Fonseca e o blog da Biblioteca Universitaria da Usc.
Gratuíto

Hoxe en día e dificil distinguir unha páxina web dun blog. Funcionamento a través de plantillas personalizables, fáciles de usar, con deseños
flexibles. Existen blogs persoais, profesionais, corporativos, temáticos...

Os principais servizos de creación e aloxamento de blogs máis populares son:

Blogger: (Google) podes crear un blog en cuestión de minutos e comezar a publicar novos artigos, todo de forma gratuíta. Cómpre ter conta
de Google para poder usalo.
WordPress: é un sistema de xestión de contidos enfocado á creación de blogs. Con máis opcións para crear contido e personalizar o teu sitio.
Con todo, todas esas posibilidades tamén implican que che pode levar máis tempo aprender a usar WordPress que blogger.

Exemplos de blog

Fonseca

Histagra

EmLex

Historia Moderna

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953043 4/10
19/11/22, 11:24 PARTE 2: A WEB SOCIAL

1.2 Microblogs

O termo microblogging fai referencia á combinación entre escribir un blog ( blogging) e a mensaxería instantánea. O microblogging permite
aos usuarios publicar actualizacións ou mensaxes concisos para compartilos posteriormente como informacións breves cunha audiencia
específica. A rede social Twitter converteuse nunha popular plataforma para esta forma de blogs. Aínda que non sempre é fácil simplificar
contidos ou limitar temas complexos a 280 caracteres (Twitter), os beneficios son evidentes: este novo tipo de intercambio, breve e preciso,
facilita a comunicación sincronizada cunha gran cantidade de persoas. Instagram: a aplicación visual de microblogging, dende a súa creación
en outubro de 2010, Instagram converteuse nunha das aplicacións máis populares, trátase dunha aplicación móbil que permite aos usuarios
cargar contido visual e compartir fotos e vídeos con todo o mundo

Este tipo de servizo é moi útil para usos como a transmisión de eventos, información meteorolóxica ou do tráfico, debates ou novas curtas.

Entre os principais servizos están:

Twitter https://twitter.com/
Tumblr https://www.tumblr.com/

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953043 5/10
19/11/22, 11:24 PARTE 2: A WEB SOCIAL

1.3 Wikis

Ofrecen un espazo de colaboración en liña, favorecendo o intercambio de ideas e o traballo conxunto de forma continua, flexible e
relativamente fácil, posibilitando o recoñecemento e avaliación individual do traballo de cada participante.

"Wiki" é un termo hawaiano que significa “rápido, informal”. Nesta aplicación web os usuarios rexistrados nunha comunidade poden crear novas
páxinas ou editar as existentes.

Características

posibilidade de que multitude de usuarios poidan editar os seus


contidos

pódese identificar a cada usuario que realiza un cambio

facilidad con que las páginas pueden ser creadas y actualizadas.

sen necesidade de preocuparse polo deseño

problema: A información publicada pode provir de fontes erróneas ou


non válidas

vandalismo: editar, borrar contenido importante, agregar contenido


inapropiado u ofensivo

As wikis son importantes fontes de información na web, sempre que se manteñan actualizadas e se realicen con estándares de calidade. A máis
popular é a Wikipedia, pero existen outros proxectos centrados en áreas locais concretas - como por exemplo a Galipedia, ou non tema
concreto como es Gamepedia

Nesta ligazón poderás ver como utilizar Google Sites para crear unha wiki:

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953043 6/10
19/11/22, 11:24 PARTE 2: A WEB SOCIAL

1.4 Redes sociais

As redes sociais son un espazo virtual para compartir información, coñecemento, intereses ou afeccións aproveitando as
posibilidades de Internet. Serven, entre outras cousas, para atopar persoas do teu interese ou grupos nos que integrarte, para
comunicarte e poñer en común coñecementos e experiencias, para facilitar a cooperación con outros individuos e para que as
organizacións e institucións informen sobre as súas actividades a grupos de persoas interesadas nas mesmas.

As bibliotecas universitarias manteñen perfís en redes sociais co obxectivo de dar visibilidade á biblioteca e aos seus servizos,
promover un maior uso e facilitar a súa difusión. Para tirar proveito das redes sociais da USC e da Biblioteca debes:

★ Coñecer as diferentes redes sociais que oferta a biblioteca.

★ Saber que cada unha delas oferta información diferente

Por exemplo: Para estar ao día das noticias da túa Biblioteca, segue o Instagram das bibliotecas de Xeografía e Historia e
Filosofía e de Filoloxía Para coñecer todas as novas adquisicións segue o noso Pinterest (Filoloxía Filosofía e Xeografía e Historia )
e para coñecer máis sobre o uso dos nosos recursos segue o YouTube da Biblioteca Universitaria.

Imaxe tomada de: https://thesocialmediafamily.com/redes-sociales-mas-utilizadas/#Redes_sociales_mas_utilizadas_en_el_mundo

As redes sociais máis usadas son Facebook, YouTube, Instagram, LinkedIn, TikTok e Twitter. Os membros do colectivo académico
poden beneficiarse de formar parte destas redes, sempre que busquen activamente a promoción dos seus traballos e a mellora das
súas posibilidades de colaboración e visibilidade. Algunhas das redes máis destacadas no eido académico son: ResearchGate ou
Academia.edu.

O crecemento destes espazos ofrece a posibilidade de establecer non só relacións sociais, senón tamén contactos laborais ou
profesionais. As redes funcionan como un escaparate a grande escala na que os candidatos se promocionan, expresan e mostran
valores engadidos ás empresas que, cada vez máis, buscan profesionais cun perfil determinado. Ademais, aínda que non se estea
na procura activa de emprego, formar parte dunha rede profesional é importante para estar ao tanto das posibles oportunidades de
mellora. No eido laboral a rede máis activa e prestixiosa neste momento é LinkedIn.

Pero non todo son vantaxes nas redes sociais. A crítica máis frecuente céntrase en como recompilan información persoal e en como
poden utilizala, xa que adoitan pedir unha gran cantidade de datos que quedan en mans estrañas e, en moitos casos, esixen que se
acepten unhas condicións que deixan ao usuario totalmente exposto e indefenso.

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953043 7/10
19/11/22, 11:24 PARTE 2: A WEB SOCIAL

1.5 Sindicación de contidos

A sindicación web ou RSS ( Really Simple Syndication ou Sindicación Realmente Simple) é unha forma de redifusión (distribución) de
información mediante a cal parte do contido dunha web pódese consultar sen necesidade de entrar á web, utilizando un programa lector
adecuado. Permite recibir información actualizada desde diversas web seleccionadas previamente.

Para ler un RSS é necesario subscribirse mediante un lector ou agregador de RSS, unha aplicación (de escritorio ou baseada en web) que
mostra os contidos novos publicados.

Serve para:
AGREGADORES DE NOTICIA
distribuír contidos e facilitar o acceso á información web, permitindo ademais a súa alerta e actualización, sen
LECTORES DE FONTES O
necesidade de navegar pola web constantemente.
FEEDS
facilitar o acceso á información Web que se actualiza con regularidade, logrando que o usuario recupere ao
momento as novidades producidas na información do seu interese.

permite manternos informados facilmente ao recuperar o contido máis recente dos sitios que realmente nos
interesan, evítando ter que visitar constantemente as páxinas que seguimos que non se nos escape ningún
contido.

permite aforrarnos tempo ao non ter que visitar cada sitio individualmente.

necesitamos un software, un lector RSS que pode ser un Agregador de noticias, Lector de fontes ou de feeds,
que nos permita capturar as fontes RSS de varios sitios e mostralas para lelas despois.

RSS da Biblioteca

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953043 8/10
19/11/22, 11:24 PARTE 2: A WEB SOCIAL

1.6 Rede sociais académicas

A difusión da produción científica está a cambiar ultimamente, xa non se fai só a través de bases de datos bibliográficas ou portais de editoriais,
agora é fundamental facer unha promoción a través das redes sociais, tanto nas xeneralistas (Facebook e Twitter) como as de tipo científico
(Academia. edu, ResearchGate ou Mendeley). Axudan a coñecer e contactar con outros investigadores, crear redes de colaboración, compartir
as súas publicacións e conseguir maior visibilidade para o seu traballo. Ofrecen ademais indicadores que permiten medir o impacto tanto do
autor como das súas publicacións.

REDES SOCIAIS ACADÉMICAS


ResearchGate

Rede social académica na que podemos crear un perfil e engadir as nosas


publicacións para compartir con outros investigadores.

Pódense compartir os textos completo pero só se son publicacións open access,


está prohibido subir material suxeito a copyright.

Achegan datos de citas recibidas e outras métricas, establecendo un sistema de


medición de actividade baseado en visitas, descargas, etc calculando con todos os
datos un valor global chamado RG Score.

Crear e xestionar un perfil de autor.

Consultar a base de datos de revistas científicas.

Participar en foros e grupos de discusión. Interactuar con outros investigadores do


mesmo campo e facer seguimento da súa actividade científica.

Buscar e ofrecer emprego.

Mendeley

Mendeley é un xestor bibliográfico, que permite elaborar e xestionar unha base de


datos persoal de bibliografía científica e crear e formatar as citas correspondentes
nun traballo académico, cun formato normalizado estándar como APA, MLA,
Vancouver, etc.

Ademais funciona como Rede Social Académica e como ferramenta de colaboración


para grupos de investigación que permite compartir información e documentos.

Permite crear un perfil académico con todas as túas publicacións e métricas de


impacto, extraidas de Scopus, pois a editorial Elsevier é a creadora.

Academía.edu

Rede social gratuíta para conectar científicos, ofrecerlles unha plataforma para
compartir os seus traballos de investigación e facilitarlles o seguimento dos artigos
que son relevantes para os seus campos de estudo.

Aposta polo acceso aberto da ciencia e pretende revolucionar o proceso editorial


tradicional da revisión por pares, polo que permite publicar o texto completo dos
libros, artigos, borradores e diversos materiais para acelerar a visibilidade as
investigacións realizadas.

Crear e manter un perfil científico que mostra as áreas de interese, publicacións,


datos de contacto, perfís doutras redes sociais, seguidores.

Subir e compartir documentos en diferentes formatos.

Obter datos estatísticos que permiten medir o impacto da investigación

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953043 9/10
19/11/22, 11:24 PARTE 2: A WEB SOCIAL

1.7 Computación na nube ou cloud computing

Calquera persoa conectada a Internet está probablemente utilizando algún tipo de “cloud computing” de maneira regular. Se están a usar Gmail
de Google, organizar fotos en Flickr ou procuras na internet con Bing están a traballar con información na nube.

Esta tecnoloxía permite realizar calquera tarefa a través de internet, sen necesidade dun software
informático específico, xa que se ofrece coma un servizo, a través do cal os usuarios poden acceder,
mediante un navegador web, á xestión e almacenamento dos seus datos (repasa o módulo 4)

As aplicacións/proveedores de cloud computing máis empregados hoxe en día son:

Dropbox: desenvolvido por Dropbox.


Google Drive: desenvolvido por Google.
iCloud: desenvolvido por Apple.
OneDrive: desenvolvido por Microsoft.
Syncplicity: desenvolvido por EMC Company.

A computación na nube presenta vantaxes e desvantaxes:

VANTAXES DESVANTAXES

Posibilita o uso compartido dunha A dispoñibilidade da aplicación está


aplicación por parte de distintos usuarios, suxeita á dispoñibilidade de acceso a
polo que facilita os traballos cooperativos. internet.

Non é preciso ser experto en diferentes A modificación das interfaces adoita ser
ferramentas para usar estas aplicacións. continua, polo que obriga a unha continua
adaptación do usuario.

Non teñen problemas de actualización de Escalabilidade a longo prazo: a medida


programas ou soporte técnico, xa que as que o número de usuarios crece e
persoas son usuarias da aplicación, non comparte a infraestrutura na nube, o
propietarias. servidor pode sufrir unha sobrecarga.

O custo está en función do uso que se Seguridade: o emprego de protocolos de


faga, pero as aplicacións básicas adoitan seguridade HTTPS para a transmisión de
ser gratuítas. información poden baixar o nivel de
velocidade na navegación.

Permite o almacenamento en liña de


diferentes tipos de arquivos, desde os
máis lixeiros, como por exemplo os de
texto, ata os máis pesados, como
fotografías ou vídeos.

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953043 10/10

You might also like