You are on page 1of 10

BIBLIOTECA UNIVERSITARIA

MÓDULO 2. Coñecendo a biblioteca universitaria (BUSC). Recursos TIC da USC á túa medida
2.1. Coñecendo a BUSC
2.1.1 Que é a BUSC?
2.1.2 Servizos da BUSC
2.1.3 A web da BUSC
2.1.3.1 Servizos da BUSC en liña
2.1.3.2 A BUSC nas redes sociais
2.1.3.3. A Biblioteca de Económicas nas redes sociais

2.2. Recursos TIC da USC á túa medida


2.2.1 A túa Tarxeta Universitaria de Identificación (TUI)
2.2.2 Identidade e correo web
2.2.3 Campus virtual
2.2.4 A rede WiFi e o acceso remoto
2.2.5 Campus na nube

MÓDULO 2. Coñecendo a biblioteca universitaria (BUSC). Recursos TIC da USC á túa medida

2.2. Recursos TIC da USC á túa medida


A Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (ATIC) da USC pon a
disposición de toda a comunidade universitaria unha serie de recursos tecnolóxicos de apoio
que cómpre coñecer para poderlles sacar todo o rendemento posible. Seguro que xa coñeces
moitos deles pero imos repasar os máis destacados.

2.2.1 A Tarxeta Universitaria de Identificación (TUI) 1

A TUI é a Tarxeta Universitaria de Identidade que acredita aos


seus titulares como membros da USC. Seguro que ti xa tes a túa!

1
Realizada en colaboración co Banco Santander, a cuxos puntos de expedición hai que acudir para obtela ou repoñela en caso
de perda ou deterioración.

1
MÓDULO 2. Coñecendo a BUSC. Recursos TIC á túa medida

Como saberás, a TUI identifica ao posuidor co seu nome, a fotografía, o colectivo da


comunidade universitaria ao que pertence (estudante, profesor, persoal de administración e
servizos) e un código de barras que facilita a lectura dos datos en moitos dos servizos da USC
como, por exemplo, na Biblioteca.

Pero, seguro que coñeces todos os seus usos?

▪ Acreditación universitaria: identificación como membro de Universidade de Santiago de


Compostela.

▪ Carné de biblioteca para o préstamo de libros e uso dos servizos en liña da BUSC a través
do “Rexistro de usuario”: renovacións, reservas, gardar favoritos... Lembra que debe ser
activada -no mostrador de calquera biblioteca- ao inicio de cada curso académico.

▪ Uso de instalacións deportivas: o sistema de control de acceso ás instalacións deportivas


realizase mediante a presentación da TUI.

▪ Descontos en transporte urbano de Santiago. Podes consultalo aquí

▪ Descontos en comercios de Santiago e Lugo. Podes consultalo na Guía comercial

▪ Campus na nube (reprografía e impresión dixital). Verémolo no punto 2.2.5.

Como se obtén a TUI?

Para obter a TUI, tanto por vez primeira como en caso de perda ou deterioración, o
procedemento é ben sinxelo xa que, dende xullo de 2014, a USC está inmersa nun proxecto
piloto de emisión instantánea da TUI. Isto significa que para obtela, non tes máis que achegarte
ata o punto de emisión co teu documento de identidade2. Non é preciso achegar fotografía, xa
que o persoal que atende ao público tomarache unha nese mesmo momento e, rematado o
proceso, poderás levar a tarxeta impresa.

Os puntos de expedición están situados nos seguintes lugares:


▪ Pavillón Estudantil, no Campus Vida (ver no mapa)

▪ Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (ver no mapa)

▪ Facultade de Veterinaria no Campus de Lugo (ver no mapa)

2
Requirirase a presentación do documento de identidade que figure na matrícula.

2
MÓDULO 2.2. Recursos TIC da USC á túa medida

2.2.2 Identidade e correo web

Probablemente uses a miúdo as túas credenciais institucionais xeradas de oficio no


momento da matrícula. Estas credenciais permítenche identificarte en todos os sistemas que
así o requiren, como o correo electrónico web, o Campus Virtual, a rede Eduroam, os servizos
en liña da BUSC...

A identificación persoal realizase con dous datos: o nome de usuario e a chave de paso.

Na Usc existen dous dominios:


O nome de usuario ten un formato do tipo
▪ Para os estudantes @rai.usc.es
nome.apelidos@dominio
▪ Para o persoal da universidade @usc.es

A chave de paso (password) é un conxunto de carácteres alfanuméricos persoal e


intransferible. Cómpre que teñas presente que, posto que cada conta de usuario está
asociada a unha persoa é obriga de cada usuario a custodia da súa chave de paso. Non facelo
pode ter como consecuencia o uso fraudulento dos privilexios asignados a esa persoa.
Posto que os nomes de usuario son en maior ou menor medida públicos3, a chave de paso
é a única garantía para evitar a suplantación de identidade ou phishing, polo que é
fundamental aprender a protexernos deste tipo de delitos xestionando a nosa identidade dixital
correctamente (afondaremos nesta cuestión no módulo 6). O uso dun usuario e chave de paso
doutra persoa pode ser constitutivo dun delito.

Uso das credenciais


O uso das credenciais nas aplicacións propias da USC realízase a través do Sistema de
Identificación Centralizado que permite unificar e simplificar os controis de acceso. Este servizo
é un punto de acceso único ás zonas privadas das aplicacións.

3
Os do persoal, por exemplo, pódense localizar a través do Directorio da USC

3
MÓDULO 2. Coñecendo a BUSC. Recursos TIC á túa medida

O nome de usuario
debe introducirse
completo, incluíndo
o dominio

Chave de paso
ou password

No caso de que esquezas a túa chave de paso podes solicitala por un dos seguintes medios:
▪ Nas conserxerías dos centros da USC
▪ Envío por mensaxe curta SMS, dende https://sec-virtual.usc.es/Secretaria/Login.asp
▪ Dirixíndose ao CAU

Polo que atinxe ao correo institucional cómpre que o consultes a miúdo xa que é o medio
polo que a USC contactará contigo para enviarche notificacións, avisos, anuncios de interese...

4
MÓDULO 2.2. Recursos TIC da USC á túa medida

O servizo de correo electrónico é responsabilidade da Unidade de Sistemas da Área TIC.


Está baseado na plataforma Office365 (da empresa Microsoft) e as principais prestacións que
ofrece son:
✓ Caixa de correo de 50 GB
✓ Acceso vía web
✓ Acceso POP3 ou IMAP con cifrado SSL/TLS
✓ Autorrespondedor
✓ Filtro antivirus e antispam

Xunto coa xestión de correo, o uso da plataforma Office365 ofrece a posibilidade de utilizar
Microsoft Office Web Apps, que son versións web das aplicacións de escritorio de Microsoft
Office como Word, Excel e PowerPoint, permitindo crear e editar documentos en calquera
equipo cun explorador web. Tamén ofrece acceso ao OneDrive como espazo de
almacenamento na nube, que poderá ser empregado para salvagardar os arquivos de traballo e
ter acceso a eles desde calquera dispositivo (falaremos destas e outras ferramentas na nube no
módulo 4).
O correo institucional pódese consultar desde a casa ou mesmo desde un dispositivo móbil
ou tableta. Para configurar os dispositivos débense seguir as instruccións da Área TIC.
Tamén podes vincular distintas contas de correo para recibir todas as mensaxes no teu
enderezo institucional (ver instrucións da ATIC), ou ben para recibir o correo da USC na túa
conta persoal (ver titorial no anexo 2.2.2 Conecta as túas contas de correo).

2.2.3 Campus virtual


Como sabes, o Campus Virtual é a ferramenta que dá soporte aos procesos de ensinanza-
aprendizaxe desenvolvidos na Universidade de Santiago de Compostela. A plataforma
institucional, -baseada en Moodle4-, proporciona unha contorna educativa virtual coas
ferramentas necesarias para lograr unha boa integración na docencia e favorecer o proceso de
aprendizaxe.
Fagamos un breve repaso da estrutura do Campus5:

4
Moodle é unha plataforma web de aprendizaxe deseñada para proporcionar a educadores, administradores e
estudantes un sistema integrado único, robusto e seguro para crear contornas de aprendizaxe personalizadas.
5
Información obtida da Guía de introducción ao Campus Virtual para o alumnado

5
MÓDULO 2. Coñecendo a BUSC. Recursos TIC á túa medida

https://cv.usc.es

1. Selector de idioma
2. Acceso ao teu perfil de usuario
3. Saír da plataforma: moi importante se accedes desde un ordenador compartido ou
público, como os da Biblioteca. Se non te desconectas, outro usuario podería navegar pola
túa área persoal do Campus.
4. Menú de Navegación:
(a) Área persoal: acceso á páxina persoal que contén o listado de aulas dispoñibles.
Tamén amosa as últimas novidades en cada unha delas.
(b) O meu perfil
i. Ver perfil: acceso ao perfil de usuario.
ii. Mensaxes: acceso á mensaxería interna da plataforma, que permite
intercambiar mensaxes curtas entre calquera usuario, xa sexa un docente ou un
compañeiro.
iii. Os meus ficheiros privados: acceso a un espacio para almacenar ficheiros
persoais de tamaño reducido.
(c) Os meus cursos: acceso rápido ao listado de aulas dispoñibles.
5. Avisos importantes: Taboleiro coas últimas novidades e avisos relacionados co
funcionamento do Campus Virtual.

En caso de ter calquera problema técnico ou de acceso á plataforma6 debes contactar co


Centro de Atención a Usuarios (CAU) a través do formulario web.

Aquí tés unha Guía de introducción ao Campus Virtual para o alumnado

6
Ten en conta que o Campus virtual está deseñado para traballar co navegador Mozilla Firefox polo que outros
navegadores poden dar problemas de uso.

6
MÓDULO 2.2. Recursos TIC da USC á túa medida

2.2.4 A rede wifi e o acceso remoto

A Universidade de Santiago de Compostela conta cunha extensa rede sen fíos que dá
cobertura á totalidade dos edificios dos Campus de Santiago de Compostela e Lugo. Esta rede
está constituída por máis de 800 puntos de acceso en máis de 100 edificios, configurando unha
das redes sen fíos máis extensas de Galicia.

A rede wifi da USC proporciona os seguintes servizos7:

▪ EDUROAM: rede sen fíos para usuarios (PDI, PAS e Alumnos) tanto dentro da
USC como os que vaian a realizar desprazamentos a outros centros adheridos
á iniciativa eduroam. (Recomendada pola ATIC). É a que deberás empregar
nos teus dispositivos: ordenador portátil, tableta ou teléfono móbil.
▪ WIFIUSC-WEB: rede para dispositivos sen soporte seguro e uso limitado. Para
todos os usuarios. (Uso ocasional, rede limitada). É a que deberás empregar
para os ordenadores portátiles de préstamo da Biblioteca, xa que son de uso
ocasional e compartido, polo que cómpre que peches sempre a túa sesión
antes de devolvelo á Biblioteca, asegurándote de que os teus datos non
quedan gravados!!
▪ CONGRESOS: rede sen fíos para asistentes a congresos ou conferencias (baixo
solicitude responsable do Congreso)

O primeiro paso é configurar a rede Eduroam8, para o que recomendamos empregar a


aplicación autoinstalable http://cat.eduroam.org/ seguindo unhas sinxelas instrucións:

1. Selecciona a opción "Descargue o seu instalador de eduroam"


2. Selecciona a túa Universidade
3. Elixe o teu sistema operativo entre os dispoñibles: MS Windows 8, 8.1, 7, Vista, XP SP3,
Apple MAC OS X Maverich, Mountain Lion, Lion, Apple iOS e algunhas distribucións de
Linux.

A partir de aquí as instrucións cambian


segundo empregues un sistema operativo ou
outro, polo que recomendamos seguir as
páxinas de axuda para a conexión eduroam
da Area TIC.

7
A Biblioteca de Económicas elaborou un tríptico cunha breve descrición da rede da USC. Podes descargalo aquí.
8
Para obter a conexión segura Eduroam, podes conectarte temporalmente á wifiusc-web (aberta) nos campus da
USC.

7
MÓDULO 2. Coñecendo a BUSC. Recursos TIC á túa medida

O acceso remoto

Acceder aos recursos electrónicos que ofrece a BUSC tamén é posible dende fóra do
domino usc.es. Isto significa que poderás conectarte desde calquera lugar, aínda que non esteas
dentro do alcance da rede wifi da Universidade. Hai dous métodos de acceso remoto:

➢ a través do servizo de proxy autenticado: só para PDI (Persoal Docente e Investigador) e


PAS (Persoal de Administración e Servizos).
➢ a través do SIR (Servicio de Identificación RedIris): para toda a comunidade universitaria.
A “Federación de Identidade” ofrecida por este servizo é unha técnica que permite
establecer unha comunicación entre a institución á que pertence o usuario e o provedor
dun determinado recurso electrónico sen necesidade de utilizar un Proxy. Mais lembra
que, no caso dos recursos ofrecidos pola BUSC, non todos inclúen esta posibilidade e
que cómpre consultar sempre o vídeo de axuda que a BUSC ofrece para o acceso a cada
recurso9.

Basicamente, o funcionamento do SIR10 é o seguinte:


a. O usuario accede á páxina web dun provedor de recursos na que debe picar nun
enlace que adoita a chamarse “login institucional”, aínda que as veces aparece
baixo outros nomes.
b. A continuación preséntaselle unha listaxe de institucións federadas na que debe
seleccionar a que lle corresponde: no noso caso, o Servidor da Rede Iris e, na
seguinte páxina, a nosa Universidade.
c. O navegador reenvíao á páxina da súa institución, na que deberá identificarse coas
súas credenciais.

9
As bases de datos accesibles mediante SIR están identificadas en reBUSCa polo símbolo diante do nome,
mais para acceder a elas deberas picar na icona de información . Aparecerá de novo a icona do SIR, debaixo da
descrición da base de datos, e desde alí poderás identificarte de xeito remoto. Consulta o vídeo de axuda para o
acceso a cada recurso e o titorial do SIR, no anexo 2.2.1
10
Máis información en http://www.rediris.es/sir/

8
MÓDULO 2.2. Recursos TIC da USC á túa medida

Algúns dos recursos electrónicos da BUSC accesibles


polo SIR son:

ScienceDirect
WoS : Web of Science
Scopus
Business Source Premier...

Busca a icona do acceso SIR baixo a descrición


de cada base de datos (consulta o titorial do SIR
no anexo 2.2.1)

9
MÓDULO 2. Coñecendo a BUSC. Recursos TIC á túa medida

2.2.5 Campus na nube11

Esta é a denominación do servizo de reprografía e de edición e impresión dixital da USC no


Campus de Santiago. Ofrece, basicamente, a posibilidade de impresión en autoservizo
(fotocopiar, imprimir, escanear, USB) a través dos 25 equipos que ten distribuídos en 7 puntos
de servizo no campus de Santiago.

Casa Gradín
Fac. Psicoloxía
Fac. Económicas
7 Centros de Servizos Dixitais Fac. Medicina
Plaza Mazarelos
Fac. Filoloxía
Fac. Dereito

11
Podes ver a presentación do servizo neste documento (pdf)

10

You might also like