You are on page 1of 8

25/10/22, 11:10 QUE NECESITO APRENDER E PARA QUE DE CARA AO TRABALLO DE FIN DE GRAO (TFG)

QUE NECESITO APRENDER E PARA QUE DE CARA AO TRABALLO DE FIN DE GRAO


(TFG)

Sitio: Campus Virtual Impreso por: Lúa Álvarez Escudero


Competencias en Información. Nivel Avanzado. Humanidades Data: Martes, 25 de Outubro de 2022, 11:10
Curso:
(Santiago) 1ª Ed [BUSC.2223.39] [2022/2023]
QUE NECESITO APRENDER E PARA QUE DE CARA AO TRABALLO DE
Libro:
FIN DE GRAO (TFG)

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953003 1/8
25/10/22, 11:10 QUE NECESITO APRENDER E PARA QUE DE CARA AO TRABALLO DE FIN DE GRAO (TFG)

Táboa de contidos

1. AS COMPETENCIAS EN INFORMACIÓN (CI)


1.1 Que son as CI?
1.2 As CI no curriculum universitario
1.3 As CI e o plaxio

2. Planifica e xestiona o teu tempo

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953003 2/8
25/10/22, 11:10 QUE NECESITO APRENDER E PARA QUE DE CARA AO TRABALLO DE FIN DE GRAO (TFG)

1. AS COMPETENCIAS EN INFORMACIÓN (CI)

Na nova sociedade da información na que estamos inmersos, unha parte significativa da actividade
cultural humana e de xeración de riqueza procede da produción, manipulación e uso da información.
Neste contexto, as universidades desempeñan un papel fundamental como produtoras,
transmisoras e difusoras de coñecemento, e polo tanto, responsables da formación de cidadáns
competentes no uso rigoroso de información de calidade.

Esta formación ven determinada na Universidade polo Espazo Europeo de Educación, Superior
(EEES), que é o marco normativo que establece a estrutura da ensinanza, a metodoloxía de traballo
e aprendizaxe e por suposto, o sistema ou sistemas de avaliación na Universidade.

O EEES vaille requirir ao estudante unha aprendizaxe por competencias chave, esenciais para
alcanzar o pleno desenvolvemento persoal e profesional, adaptado á sociedade do coñecemento na
que vivimos.

O concepto de competencia supón unha combinación de habilidades prácticas, coñecementos,


motivacións, valores éticos, actitudes, emocións, e outros compoñentes sociais e de comportamento, que se mobilizan todos a un para lograr
unha acción eficaz.

Tradicionalmente distínguense as competencias específicas, propias da titulación que se estuda, formada polos coñecementos teóricos e
prácticos vinculados ao sector profesional; e as competencias transversais, non vinculadas a un sector específico senón que atinxen a todos
eles. É dicir, son competencias que toda a cidadanía debe adquirir, sexa cal sexa o seu perfil profesional ou a súa titulación. Entre estas
competencias pódense citar as informáticas, os idiomas, ou as competencias informacionais ou competencias en información.

O Real Decreto 822/2021, de 28 de septiembre, por el que se establece la organización de las enseñanzas universitarias y del procedimiento de
aseguramiento de su calidad, establece que estas ensinanzas concluirán coa elaboración e defensa dun traballo de fin de Grao (en adiante
TFG) que deberá realizarse na fase final do plan de estudos e estar orientado á avaliación de competencias (-específicas e transversais-)
asociadas ao título. Pola súa banda, o Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos fin de Grao e fin de Máster na USC do
2016 establece, no seu artigo 2.1, que “os traballos estarán orientados á aplicación das competencias asociadas á titulación como: capacitar
para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes, normalmente da súa área de estudo, emitir xuízos que inclúan unha
reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e que facilite o desenvolvemento dun pensamento e xuízo
crítico, lóxico e creativo”.

A biblioteca universitaria ten como misión apoiar este cometido, polo que debe dotar aos estudiantes das competencias e habilidades
necesarias para acceder, avaliar e utilizar correctamente a información. Estas son as que no marco do Espazo Europeo de Educación
Superior (EEES) se denominan competencias informacionais (CI).

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953003 3/8
25/10/22, 11:10 QUE NECESITO APRENDER E PARA QUE DE CARA AO TRABALLO DE FIN DE GRAO (TFG)

1.1 Que son as CI?

A competencia dixital é unha das oito competencias clave para a aprendizaxe permanente na Unión Europea, que se define como "aquela que
implica o uso crítico e seguro das tecnoloxías da sociedade da información para o traballo, o lecer e a comunicación". Baseándose nas
habilidades básicas TIC ... "( Parlamento Europeo e Consello, 2006 )

O novo modelo de competencias está basado no Proxecto DIGCOMP define a competencia dixital como:

“…o conxunto de coñecementos, habilidades, actitudes, estratexias e sensibilización que se requiren


cando se utilizan as TIC e os medios dixitais co obxectivo de realizar tarefas, resolver problemas,
comunicarse, xestionar información, colaborar, crear e compartir contidos, e construír coñecemento d
maneira efectiva, eficiente, adecuada, crítica, creativa, autónoma, flexible, ética e reflexiva para o tra
o lecer, a participación, a aprendizaxe, a socialización, o consumo e o empoderamento”.

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953003 4/8
25/10/22, 11:10 QUE NECESITO APRENDER E PARA QUE DE CARA AO TRABALLO DE FIN DE GRAO (TFG)

1.2 As CI no curriculum universitario

A obtención de calquera título universitario oficial no


marco europeo pasa pola adquisición das
competencias informacionais que, en todo caso,
van ser avaliadas.

O “Regulamento de matrícula, elaboración e


defensa dos traballos fin de Grao e fin de Máster na
USC” ditamina, no seu artigo 2.1, que:

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953003 5/8
25/10/22, 11:10 QUE NECESITO APRENDER E PARA QUE DE CARA AO TRABALLO DE FIN DE GRAO (TFG)

Cómpre non esquecer que tanto o Titor como os Tribunais de avaliación dos TFG, deben axustarse aos criterios de avaliación publicados na
guía docente da materia e a memoria do título correspondente (podes consultar estes documentos na web da Facultade de Xeografía e
Historia, na web da Facultade de Filoloxía e na web da Facultade de Filosofía). A ponderación destes criterios pode variar dunha titulación a
outra, mais en todas elas atoparás indicadores relacionados coas competencias transversais e entre elas, por suposto as informacionais, xa que
son competencias chave na túa formación académica.

Dende a Biblioteca recomendamos a lectura detida desta normativa xa que é fundamental para superar o TFG con éxito.

Podes consultar nas mesmas webs as liñas temáticas con criterios detallados para a elaboración do TFG.

Nos Regulamentos TFG para os Graos de Historia, Historia da Arte, Filoloxía, Xeografia e Ordenación do Territorio e Filosofía podes consultar
información sobre cuestións como matrícula, titorización, propostas, requisitos para a presentación do TFG, criterios de avaliación...

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953003 6/8
25/10/22, 11:10 QUE NECESITO APRENDER E PARA QUE DE CARA AO TRABALLO DE FIN DE GRAO (TFG)

1.3 As CI e o plaxio

Segundo o dicionario da RAE, plaxiar é “copiar en lo sustancial obras ajenas, dándolas como propias”. É dicir, cometemos plaxio cando usamos
o traballo, as ideas ou as palabras doutra persoa como se fosen propias. É aplicable a calquera obra (traballo de clase, artigo, exame, tese... )
ou tipo de soporte (gráfico, software, fotografía, internet...). Por isto, debemos citar as fontes das que tomamos a información para os nosos
traballos.

A competencia 3. Creación de contidos dixitais: 3.3. Dereitos de autor e licenzas está relacionada co uso ético e legal da información implica
a capacidade de citar correctamente as fontes que o/a alumno/a tivo en conta para a realización do seu TFG, de tal xeito que calquera persoa
que teña acceso ao traballo poida acudir a esas fontes e contrastar a información.

A adquisición desta competencia cobra unha especial relevancia por dous motivos fundamentais. O primeiro ten un carácter ético xa que é un
deber moral respectar o traballo previo doutros autores/as e, no caso de valoralos ata o punto de empregar as súas conclusións como parte do
noso propio traballo, debemos recoñecer sempre a súa autoría a través da cita, o que á súa vez, dará prestixio á nosa investigación.

O segundo motivo é de carácter legal, xa que omitir o proceso de cita, ou citar de xeito errado, facendo imposible o acceso á fonte, supón
cometer o delito chamado plaxio, do que falaremos polo miúdo no módulo 5.

A importancia de evitar o plaxio queda reflectida na redacción do novo “Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos fin de
Grao e fin de Máster na USC” (aprobado en marzo de 2016), que no seu artigo 12 establece o seguinte:

12.1. Os TFG e TFM deben ser traballos orixinais de elaboración propia e deben citarse debidamente as fontes que se tiveron en conta para a
súa realización.

12.2. O incumprimento do indicado no apartado anterior suporá a cualificación de “suspenso” na convocatoria, e o deber do/a titor/a e do
tribunal que o detecte de poñelo en coñecemento da Reitoría a efectos de iniciar as accións disciplinarias que procedan, de conformidade co
artigo 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.

12.3. Con carácter previo á autorización da defensa, poderá realizarse unha análise automatizada de control da vulneración de dereitos de
propiedade intelectual. A partir desa análise, se a comisión con competencias en TFG ou TFM considera que se vulneraron os citados
dereitos, poderá denegar a defensa do traballo e aplicarase o indicado no parágrafo anterior.

Ludovisi Galatian Suicide by FZP on Sketchfab ( uso ético e legal da información implica a capacidade de citar correctamente as
fontes: Conaway C. (2019) Ludovisi Galatian Suicide [imaxén 3D]. Recuperado de: https://sketchfab.com/ )

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953003 7/8
25/10/22, 11:10 QUE NECESITO APRENDER E PARA QUE DE CARA AO TRABALLO DE FIN DE GRAO (TFG)

2. Planifica e xestiona o teu tempo

O tempo ... ese ben tan escaso ...

Organízao, planifícao, xestiónao!!!

Na seguinte presentación atoparás algunhas pistas sobre como facelo!

Preme

wdfc

Lembra que na páxina principal do curso tes a "Guía de traballo para o estudante", que te pode axudar a xestionar o tempo para superar con
exito este curso

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953003 8/8

You might also like