You are on page 1of 1

Unidade A reprodución

Técnicas ováricas de observación do feto


Durante a xestación é importante facer estudos e observacións do feto para asegurarse de que o seu
crecementoéo correcto e de que non existen problemas que poidan poñer en perigo a viabilida de do
novo individuo que está en desenvolvemento. Estas observacións permiten non só coñecer os posibles
problemas,senón tamén poñer remedio a estas alteracións.Ademais disto, permiten tomar medidas de
prevención ante posibles problemas no parto (mala posición do feto, voltas no pescozo do cordón
umbilical, etc.) que evitan que ocorran danos ao bebé durante este proceso.
Xaliches no teu libro de texto que a fin de controlar o estado de saúde do feto se utilizan as análises de
sangue da naie que incluso, en ocasións especiais,poden facerse análise ao propio feto. Non obstante,o
método de observación máis eficaz emáis utilizado no embarazo sonas ecografías.
A ecografía é unha técnica de exploración dos órganos internos do corpo que consiste en rexistrar o
eco de ondas electromagnéticas ou acústicas enviadas cara ao lugar que se examina. Dependendo do
material co que se encontre, ese sonou onda rebota como nun eco. Este eco é recollido por un
ordenador que xera unha imaxe fotográfica. Considérase que a ecografía é inocua para asaúde.Na
actualidade hai varios tipos de ecografías.
 Ecografía 2D: na que se ven superficies planas.
 Ecografía doppler (pulsada ou de cor): que se utiliza para estudar a circulación do sangue.
 Ecografía 3D: que permite ver o obxecto de estudo en volume.
 Ecografía 4D: que permite obter imaxes en volume con maior precisión que as 3D.

1. Observa asimaxes de ecografías que aparecen a continuación e, coa información que


aparece nestas fichas, trata de decidir a que tipo de ecografía corresponde cada unha.

_________ecografia
4D______ _____________ecografía 3D____ ecografía 2D _______ecografia
doppler_____________ _______________

2. Mirando as ecografías de cada un dos tipos, contesta razoadamente as preguntas que se fan
a continuación.

a) Cres que todas as ecografías poden usarse para omesmo?


No porque a ecografía doppler sirve para ver como circula o sangue e as outras para ver a
forma e o corpo do bebe.
b) Algúns dos tipos de ecografías teñen algún uso concreto?
Si, a doppler para ver a circulación do sangue, a 2D para ver si está ben colocado o feto, a
4D, 3D para ver as faccions e a forma do feto.
c) Calcres que éa ecografía máis útil para detectar problemas de saúde no feto?
A ecografía doppler
Unidade A reprodución 1 Bioloxía eXeoloxía 3.ºESO

You might also like