You are on page 1of 15

TEMA 5

AVALIACIÓN DOS PROCESOS DE


APRENDIZAXE DO ALUMNADO DE
EDUCACIÓN PRIMARIA. CARACTERÍSTICAS,
ESTRATEXIAS,TÉCNICAS E INSTRUMENTOS
DE AVALIACIÓN. PROMOCIÓN E PLANS
ESPECÍFICOS DE REFORZO.

SANTIAGO QUIROGA GARCÍA


primariaoposicions@gmail.com
OPOSICIÓNS: EDUCACIÓN PRIMARIA Telf.: 636 525 497/ 616 636 686
SANTIAGO QUIROGA GARCÍA primariaoposicions@gmail.com

ÍNDICE
1. INTRODUCIÓN

2. A AVALIACIÓN DOS PROCESOS DE APRENDIZAXE DO ALUMNADO DE E.P.


2.1. Concepto de avaliación

2.1.1. Segundo Tenbrink (1981)

2.1.2. Segundo Cesar Coll (1987)

2.1.3. Segundo Casanova (1992)

2.2. A avaliación na E.P.

2.2.1. Marco legal que ampara ao proceso avaliador (Orde do 23 de


novembro de 2007).
2.2.1.1. Carácter (Art. 2)
2.2.1.2. Resultados (Art. 3)
2.2.1.3. Desenvolvemento do proceso avaliador (Art. 4)
2.2.1.4. Avaliación do alumnado NEAE (Art. 5)
2.2.1.5. Información da avaliación (Art. 8)
2.2.1.6. Documentos oficiais (Art. 9)
2.2.1.7. Avaliación dos procesos de ensinanza (Art. 17)
2.2.1.8. Avaliación de diagnóstico (Art. 18)

3. CARACTERÍSITICAS, ESTRATEXIAS, TÉCNICAS E INSTRUMENTOS DE


AVALIACIÓN
3.1. Características
3.1.1. Continua, global, formativa, integradora e sistemática
3.1.2. Criterios de avaliación
3.2. Estratexias de avaliación (Libro Branco da Reforma do S.E., 1989)
3.3. Técnicas e instrumentos de avaliación
3.3.1. Características esenciais
3.3.2. Tipos de avaliación (Finalidade, extensión, axentes avaliadores e

momentos de aplicación)

2
OPOSICIÓNS: EDUCACIÓN PRIMARIA Telf.: 636 525 497/ 616 636 686
SANTIAGO QUIROGA GARCÍA primariaoposicions@gmail.com
3.3.3. Técnicas

3.3.3.1. Técnicas de recollida de información

3.3.3.1.1. Observación sistemática. Segundo Mª Ángeles

Casanova

Directa/apreciación (instrumentos de rexistro anecdótico)

Indirecta/apreciación (listas, escalas, fichas de seguimento)

Indirecta/verificación (mostreo de tempos, cronometraxes,

diario, etc.)

3.3.3.1.2. Probas ou técnicas de experimentación

3.3.3.2. Técnicas de análise de datos segundo Tenbrink (1984)

3.3.3.2.1. Análise de tarefas

3.3.3.2.1. Triangulación

3.4. Funcións da avaliación

4. PROMOCIÓN E PLANES ESPECÍFICOS DE REFORZO

4.1. Promoción (Art. 6 e 7 da Orde de 23 de novembro de 2007)

4.2. Plans específicos de reforzo

5. APLICACIÓN DIDÁCTICA

6. CONCLUSIÓN

7. REFERENCIAS DOCUMENTAIS

7.1. Bibliografía

7.2. Normativa legal

7.3. Webgrafía

3
OPOSICIÓNS: EDUCACIÓN PRIMARIA Telf.: 636 525 497/ 616 636 686
SANTIAGO QUIROGA GARCÍA primariaoposicions@gmail.com
1. INTRODUCIÓN
En primeiro lugar hai que destacar a importancia conceptual e operativa da avaliación nos
procesos de ensinanza- aprendizaxe así como o papel que debe exercer o mestre/a nos
mesmos. Polo tanto, é preciso coñecela en profundidade para poder levar a cabo unha
praxe avaliadora eficaz.

En segundo termo, debemos delimitar terminoloxicamente a relación existente entre


avaliación e cualificación:
Avaliación: é a valoración dun obxecto despois de recoller información, emitindo un
xuízo.
Cualificación: é a cuantificación do rendemento obtido.
Ademais, é preciso destacar a importancia que se lle concede a avaliación na LOE:
O art. 20 establece que “a avaliación das aprendizaxes do alumnado de E.P. será
continua, global e terá en conta o seu progreso no conxunto das áreas”.

A Orde ECI 1845/2007, do 19 de xuño, establece os elementos básicos da avaliación do


ensino básico regulado pola LOE, así como os requisitos precisos para garantir a
mobilidade do alumando.

O Decreto 130/2007 de 28 de xuño polo que se establece o currículo de E.P. na C.A. de


Galiza, dispón no seu art. 11 que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
ditará todas as normas en materia de avaliación e promoción do alumnado.

A orde do 23 de novembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación


prmaria na Comunicade Autónoma de Galiza indica que será continua, global, formativa e
integradora

Por outra banda, a LOE atribúe ao Instituto de Avaliación a avaliación xeral do sistema

educativo que debe presentar un informe anual ao Parlamento, que sintetizará os

resultados das avaliacións de diagnóstico, que en E.P. se realizarán ao finalizar o

segundo ciclo.

A inclusión destes contidos no temario oficial radica na necesidade de ter un marco

coherente da labor docente. A elaboración deste tema é de produción propia, a través da

triangulación de diferentes fontes bibliográficas, pois partimos do modelo de profesor/a

investigador/a proposto pola L.O.E.

4
OPOSICIÓNS: EDUCACIÓN PRIMARIA Telf.: 636 525 497/ 616 636 686
SANTIAGO QUIROGA GARCÍA primariaoposicions@gmail.com
2. A AVALIACIÓN DOS PROCESOS DE APRENDIZAXE DO ALUMNADO DE E.P-

2.1. Concepto de avaliación

2.1.1. Segundo Tenbrink (1981)


A avaliación é “o proceso de obtención de información e do seu uso para
formular xuízos que á súa vez se utilizarán para tomar decisións”

2.1.2. Segundo Cesar Coll (1987)


A avaliación é “o conxunto de actuacións mediante as cales é posible axustar
a axuda pedagóxica ás características e necesidades do alumnado e
determinar se se cumpriron ou non, e ata que punto, as intencións educativas
que están na base de dita axuda pedagóxica”.

2.1.3. Segundo Casanova (1992)


A avaliación é “un proceso sistemático de recollida de datos, incorporado ao
sistema xeral de actuación educativa, que permite obter información válida e
fiable para fomentar xuízos de valor acerca dunha situación”.

2.2. A avaliación na E.P.


2.2.1. Marco legal que ampara ao proceso avaliador (Orde do 23 de
novembro de 2007).

2.2.1.1. Carácter (Art. 2)


A avaliación en E.P. será continua, global, formativa e integradora.

Para a avaliación terase en conta o currículo (Decreto 130/2007) e a


concreción que del se faga no seu P.E., os criterios de avaliación das áreas
serán o referente para valorar tanto o grao de consecución das C.C.B.B.
como a consecución dos obxectivos.

A avaliación continua terá carácter formativo e permite incorporar medidas


de ampliación, enriquecemento e reforzo en función das necesidades que
se adoptarán tan pronto como se identifiquen en calquera momento do
ciclo, e garantirán a adquisición das aprendizaxes imprescindibles para
continuar o proceso educativo.

5
OPOSICIÓNS: EDUCACIÓN PRIMARIA Telf.: 636 525 497/ 616 636 686
SANTIAGO QUIROGA GARCÍA primariaoposicions@gmail.com
2.2.1.2. Resultados (Art. 3)
Os resultados consignaranse nos documentos que determina a Orde e
expresaranse nos termos: IN, SU, BE, NT, SB.

2.2.1.3. Desenvolvemento do proceso avaliador. (Art. 4)


As sesións de avaliación serán coordinadas polo titor do grupo e nelas
participará o profesorado que imparte docencia no grupo e poderá
contar co asesoramento do Departamento de Orientación. Nelas
valorarase as aprendizaxes acadadas por cada alumno/a, o grao de
desenvolvemento das CC.BB. e, no seu caso, as medias a adoptar.

Ao comezo de cada ciclo e durante o 1º mes do curso escolar, o titor


realizará unha avaliación inicial para adecuar as ensinanzas ao
alumnado e obter información sobre o grao de desenvolvemento das
CC.BB.

En cada curso realizaranse polo menos tres sesións de avaliación,


presididas polo titor, que recollerá en acta as cualificacións nas
distintas áreas, o grao de desenvolvemento das CC.BB. e outras
decisións acordadas.

2.2.1.4. Avaliación do alumnado NEAE. (Art. 5)


A avaliación do alumnado con NEAE rexerase, con carácter xeral, polo
disposto nesta orde.

Pero, na avaliación do alumnado que presente N.E.E. e precise de


adaptacións curriculares significativas, os criterios de avaliación
establecidos nelas serán o referente fundamental para a súa
avaliación e promoción.

2.2.1.5. Información da avaliación. (Art. 8)


Os resultados obtidos da avaliación serán transmitidos polo titor/a aos
pais ou titores do discente.

2.2.1.6. Documentos oficiais. (Art. 9)


Actas de avaliación: Comprenderán a relación nominal do alumnado de
cada grupo e os resultados da súa avaliación. Incluirán as decisións

6
OPOSICIÓNS: EDUCACIÓN PRIMARIA Telf.: 636 525 497/ 616 636 686
SANTIAGO QUIROGA GARCÍA primariaoposicions@gmail.com
sobre a permanencia no ciclo ou a promoción ao seguinte, así como
as medidas de reforzo ou adaptación curricular significativa.

Expediente académico: documento de avaliación individual do


alumnado que incluirá os datos identificativos do centro, da alumna/o,
e a información relativa á súa escolarización. Nel constarán os
resultados da avaliación das áreas de cada un dos tres ciclos da
educación primaria e as medidas de atención á diversidade
adoptadas.

Historial académico de educación primaria: recollerá datos de


identificación do alumnado, centros onde se realizaron os estudos,
áreas cursadas e resultados de cada ciclo. Terá valor acreditativo dos
estudos realizados. Será recollido no impreso oficial, asinado pola
persoa titora e levará o visto e prace do director ou directora do
centro. Ao finalizar a etapa, este historial será entregado aos pais,nais
ou titores legais e outra copia irá ao centro de educación secundaria a
petición deste.

Informe persoal por traslado: documento oficial que ten como


finalidade garantir a continuidade do proceso de aprendizaxe ao
alumnado que se traslade de centro sen haber terminado o ciclo.

Ao finalizar cada un dos ciclos da educación primaria, a persoa titora


elaborará un informe individualizado de cada alumna e alumno
que recollerá os aspectos máis relevantes sobre o proceso de
aprendizaxe, as decisións sobre as medidas para a atención á
diversidade, as medidas de reforzo ou adaptacións curriculares
adoptadas e todos aqueles aspectos que permitan facer un mellor
seguimento do seu proceso de aprendizaxe e madureza persoal.
Poranse a disposición da persoa titora do ciclo seguinte.

Ao finalizar a educación primaria, a persoa titora de cada grupo de


sexto nivel elaborará un informe individualizado do seu alumnado
que recolla o progreso de cada discente, tendo en conta os informes
de anteriores ciclos, o grao de aprendizaxe referido aos obxectivos e
competencias básicas, a súa madureza e outros aspectos relevantes.

7
OPOSICIÓNS: EDUCACIÓN PRIMARIA Telf.: 636 525 497/ 616 636 686
SANTIAGO QUIROGA GARCÍA primariaoposicions@gmail.com
2.2.1.7. Avaliación dos procesos de ensinanza. (Art. 17)
Os docentes avaliaranse en relación coa adecuación ao alumnado, co
logro dos obxectivos da etapa e das áreas, e co desenvolvemento das
CC.BB.

2.2.1.8. Avaliación de diagnóstico. (Art. 18)


Realizarase ao finalizar o segundo ciclo de E.P. Valorarase o grao de
adquisición das CC.BB. por parte do alumnado, que non terá un
efecto académico, pero si formativo e orientador para os centros e
informativo para as familias.

3. CARACTERÍSITICAS, ESTRATEXIAS, TÉCNICAS E INSTRUMENTOS DE


AVALIACIÓN

3.1. Características
Segundo a Orde de 23 de novembro de 2007 son:
A avaliación será continua, global, formativa e integradora tendo en conta o
progreso do alumnado no conxunto das áreas.
A avaliación continua terá carácter formativo e permitirá incorporar medidas de
ampliación e reforzo en función das necesidades.
A avaliación global refírese á necesidade de contemplar o conxunto de
capacidades establecidas na etapa e os criterios de avaliación das áreas.
O referente fundamental para valorar o grao de adquisición das CC.BB. serán
os criterios de avaliación, polo tanto, será unha avaliación criterial.
A avaliación deberá ser ademais flexible (en canto ás ténicas e instrumentos) e
sistemática (de maneira organizada).

3.2. Estratexias de avaliación (Libro Branco da Reforma do S.E., 1989)


Ser consecuente cos obxectivos e finalidades dos distintos niveis e ciclos.
Estenderse ao sistema e aos alumnos/as, e non só a estes últimos.
Realizarase de forma continuada e no só circunstancial.
Acoller a pluralidade de valores que achegan os distintos axentes da
comunidade educativa.
Cumprir funcións de regulación activa do sistema e dos procesos educativos.
Proporcionar unha información continuada, obxectiva e suficiente.
Ser realizada en cada un dos seus planos: discentes, docentes, centros e
Administracións Educativas.
8
OPOSICIÓNS: EDUCACIÓN PRIMARIA Telf.: 636 525 497/ 616 636 686
SANTIAGO QUIROGA GARCÍA primariaoposicions@gmail.com
3.3 Técnicas e instrumentos de avaliación
3.3.1. Características esenciais
Utilización de técnicas variadas.
Selección das que permitan un seguimento natural dos procesos de
ensinanza- aprendizaxe.
Divulgación adecuada de obxectivos e prioridades que perseguimos.
Busca de maior obxectividade e contraste de datos: autoavaliación,
coavaliación e héteroavaliación.

3.3.2. Tipos de avaliación (Segundo: a finalidade, extensión, axentes


avaliadores e momentos de aplicación e suxeitos)
Segundo a súa finalidade: formativa, sumativa...
Segundo a extensión: global, parcial.
Segundo os axentes avaliadores: interna, externa.
Segundo os momentos de aplicación: inicial, procesual e final.
Segundo os suxeitos: autoavaliación, héteroavaliación, coavaliación, etc.
3.3.3. Técnicas
3.3.3.1. Técnicas de recollida de información
3.3.3.1.1. Observación sistemática. Segundo Mª Ángeles Casanova:
DIRECTA/APRECIACIÓN
Concepto: o avaliador anota as condutas que resultan
significativas, sen utilizar unha guía de condutas previa.
Valórese a calidade da conduta observada (apreciación).
Instrumentos: o rexistro anecdótico.
INDIRECTA/APRECIACIÓN
Concepto: o avaliador utiliza unha guía de condutas previas.
Valórase a calidade da conduta observada (apreciación)
segundo a guía mencionada.
Instrumentos: listaxes de control, escalas (ordinales, numéricas,
gráficas, etc.) e fichas de seguimento.
INDIRECTA/VERIFICACIÓN
Concepto: o avaliador utiliza unha guía de condutas previas.
Valórase a presencia ou ausencia da conduta (verificación).
Instrumentos: mostreo de tempos, cronometraxe de
comportamentos, rexistro de acontecementos, vídeo, diario do
profesor, etc.

9
OPOSICIÓNS: EDUCACIÓN PRIMARIA Telf.: 636 525 497/ 616 636 686
SANTIAGO QUIROGA GARCÍA primariaoposicions@gmail.com
3.3.3.1.2. Probas ou técnicas de experimentación
Test: instrumento destinado a medir obxectivamente algo.
Técnicas sociométricas: ferramenta que permite analizar as
interaccións sociais do grupo.
Entrevista co alumnado e cos seus pais/titores.
Cuestionarios: serie estruturada de preguntas. Poden ser: pechadas
(si/non), semiabertas (1,2,3,4...) e abertas (sen encorsetar a
resposta).
Probas obxectivas: poden ser de: evocación, discriminación e
recoñecemento. Destaca
Mapas conceptuais: é unha estratexia de aprendizaxe propia da
teoría construtivista, que produce aprendizaxes significativas ao
relacionar os conceptos de xeito ordenado.
Probas formais: será un contido máis a traballar, non un exame.
Poden ser orais ou escritas.

3.3.3.2. Técnicas de análise de datos segundo Tenbrink (1984)

3.3.3.2.1. Análise de tarefas


Existen tres clases de tarefas:
Adquisición: adquirir información.
Revisión: almacenar a información na memoria.
Transferencia: usar a información para adquirir unha nova.

3.3.3.2.1. Triangulación
É preciso obter información de diferentes fontes. Na avaliación os
tipos de triangulación son:
Triangulación dos observadores ou das fontes.
Triangulación dos momentos (temporal).
Triangulación dos espazos.
Triangulación metodolóxica.

3.4. Funcións da avaliación


Diagnóstica: A fin de coñecer as posibilidades de cada discente.
Pronóstica: Predicir rendementos e posibilidades futuras.

10
OPOSICIÓNS: EDUCACIÓN PRIMARIA Telf.: 636 525 497/ 616 636 686
SANTIAGO QUIROGA GARCÍA primariaoposicions@gmail.com
Orientadora: Para axudar a superarse, á vez que se potencian as
propias posibilidades (García Hoz e Pérez Juste, 1984)
De control: Necesidade de coñecer en que medida se logran ou non
os obxectivos previstos.
4. PROMOCIÓN E PLANES ESPECÍFICOS DE REFORZO
4.1. Promoción (Art. 6 e 7 da Orde de 23 de novembro de 2007)

Na citada orde, pola que se regula a avaliación na E.P. na nosa comunidade, no

seu art. 6, respecto a promoción de ciclo explicita:

Ao termo de cada ciclo, e previa avaliación, o equipo de mestres que imparte

docencia en cada grupo, na sesión final de avaliación decidirá se

promociona ou non, primando o criterio do titor aínda que a decisión se

toma de forma colexiada.

O alumnado promocionará ao ciclo seguinte se ten un grao de desenvolvemento e

madurez acorde coa súa idade e tamén coas CC.BB.

O alumnado que non cumpra co anterior, permanecerá un ano máis no mesmo

ciclo.

O alumnado que presente NEE poderá permanecer un ano máis na etapa si elo

favorece a súa integración.

No art. 7 de dita Orde e respecto á promoción do alumnado de E.P. á E.S.O.,

establece:

Promocionará á ESO se acadou o desenvolvemento das CC.BB., obxectivos de

E.P. e posúe un adecuado grao de madureza.

Promocionará cando as aprendizaxes non acadadas non sexan obstáculo para

seguir satisfactoriamente a etapa.

A escolarización do alumnado de altas capacidades intelectuais poderá

flexibilizarse.

11
OPOSICIÓNS: EDUCACIÓN PRIMARIA Telf.: 636 525 497/ 616 636 686
SANTIAGO QUIROGA GARCÍA primariaoposicions@gmail.com
4.2. Plans específicos de reforzo

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén desenvolvendo desde o curso

2005-06 en colaboración co Ministerio de Educación o Plan PROA (Programa de Reforzo,

Orientación e Apoio). O programa pretendía:

● Potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar do alumnado mellorando as

expectativas sobre as súas propias capacidades.

● Axudarlle na formación do seu autoconcepto e na súa integración social;

● Facilitar a continuidade na progresión da acción educativa;

● Incrementar a relación e a comunicación coas familias, favorecendo así a súa

implicación no desenvolvemento dos seus fillos e das súas fillas, etc.

Seguindo a Resolución do 10 de maio de 2012, da Dirección Xeral de

Educación,Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, con

carácter experimental, os contratos-programa e se establecen as bases para a

convocatoria e selección de programas dirixidos á mellora do éxito escolar nos

centros docentes de educación primaria e secundaria dependentes desta

consellería. podemos saber como se organiza agora o PROA. Segindo a Sección 2ª.

Programas para a mellora do éxito escolar, os centros poderán elaborar un programa

para a mellora do éxito escolar do alumnado, sobre unha ou varias das actuacións (

una desas actuacións é o PROA) . Seguindo o artigo 4º os obxectivos do programa serán:

a) Identificar e dar resposta ás dificultades e aos problemas do alumnado en relación coa

aprendizaxe.

b) Lograr un clima de aula e de centro que favoreza o proceso de ensinanza e

aprendizaxe.

c) Favorecer a atención educativa dos colectivos máis vulnerables para mellorar a súa

formación e previr os riscos de exclusión social.

12
OPOSICIÓNS: EDUCACIÓN PRIMARIA Telf.: 636 525 497/ 616 636 686
SANTIAGO QUIROGA GARCÍA primariaoposicions@gmail.com
d) Mellorar a competencia en comunicación lingüística e, en concreto, da lectura como

medio para a aprendizaxe.

e) Mellorar o nivel de adquisición de competencias de todo o alumnado nas etapas de

ensino obrigatorio.

f) Reducir a taxa de abandono escolar.

g) Apoiar a evolución e a integración do alumnado con maior capacidade e motivación

para aprender, afondando nos coñecementos dalgún campo de actividade.

h) Implicar as familias do alumnado na súa educación e nos procesos de ensinanza e

aprendizaxe.

i) Lograr a colaboración da Administración local, dos empregadores e doutras institucións

naqueles ámbitos que favorecen a escolarización e a formación da poboación.

j) Mellorar a calidade da educación e os niveis de éxito escolar.

Seguindo o Artigo 5. Actuacións do programa e destinatarios, afírmase que o

programa que elaboren os centros poderá recoller unha ou varias das actuacións que se

relacionan a seguir, considerando as necesidades e os intereses dos seus destinatarios.

As actuacións que se ofertan son as seguintes:

1. Reforzo, orientación e apoio (PROA).

● Modalidade de acompañamento escolar: 2º e 3º ciclo de educación primaria e

de educación secundaria obrigatoria que presentan dificultades e problemas de

aprendizaxe, así como aqueles con desvantaxe educativa polo contorno

sociocultural en que se desenvolven.

● Modalidade de apoio: alumnado de educación secundaria obrigatoria.

2. Mellora da lectura, escritura e cálculo. Todo o alumnado de educación primaria.

13
OPOSICIÓNS: EDUCACIÓN PRIMARIA Telf.: 636 525 497/ 616 636 686
SANTIAGO QUIROGA GARCÍA primariaoposicions@gmail.com
3. Mellora da convivencia. Alumnado dos centros educativos, e particularmente dos que

impartan a etapa de educación secundaria obrigatoria, e que teñan alumnado que

presente alteracións do comportamento e/ou graves problemas de conduta.

4. Redución do abandono escolar. Alumnado de educación secundaria

5. Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.Alumnado do 2º e 3º

ciclo de educación primaria e de educación secundaria que presentan unha destacada

capacidade e motivación para aprender.

5. APLICACIÓN DIDÁCTICA

6. CONCLUSIÓN

Como vimos ao longo do tema, a avaliación debe formar parte do desenvolvemento

natural da nosa labor na aula, estendéndose a todo o proceso de ensinanza-

aprendizaxe e a todos os sectores implicados e elementos curriculares. Desta idea

despréndese a necesidade de que o propio sistema avaliador debe quedar afectado

polo seguimento, análise e a reflexión crítica; este é o labor denominado

metaavaliación, en definitiva supón avaliara a avaliación. Nesta metaavaliación poden

e deben participar profesores, pais, nais e alumnado.

7. REFERENCIAS DOCUMENTAIS

7.1. Bibliográficas

Casanova, M.A. (1992). La evaluación, garantía de calidad para el centro


educativo. Zaragoza: Edelvives.

Escamilla, A. e Llanos, E. (1995): La evaluación del aprendizaje y de la enseñanza


en el aula. Zaragoza: Edelvives.

García Hoz e Pérez Juste, (1984): Formación de profesores para la educación


personalizada. Madrid: Rialp.

Tenbrink, Terry D. (1984): Avaliación. Madrid: Narcea.

Coll, Cesar (1987): Psicología y curriculum: una aproximación psicopedagógica a


la elaboración del curriculum escolar. Barcelona: Laia.
14
OPOSICIÓNS: EDUCACIÓN PRIMARIA Telf.: 636 525 497/ 616 636 686
SANTIAGO QUIROGA GARCÍA primariaoposicions@gmail.com

7.2. Normativa legal

Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

Real Decreto 1513/2006, de 7 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas


mínimas de Educación Primaria.

Decreto 130/2007, de 28 de xuño, polo que se establece o currículo de educación


primaria na C. A. de Galiza.

Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico


das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria.

Decreto 320/1996, de 26 de xullo, de ordenación da educación para o alumnado


con necesidades educativas especiais.

Decreto 120/1998, de 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e


profesional na C.A. de Galiza.

Orde do 23 de novembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación


primaria na Comunicade Autónoma de Galiza.

Orde de 27 de decembro de 2002, pola que se establecen as condicións e criterios


para a escolarización do alumnado con N.E.E. na C.A. de Galiza.

Resolución do 10 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Educación,Formación


Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, con carácter
experimental, os contratos-programa e se establecen as bases para a convocatoria
e selección de programas dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes
de educación primaria e secundaria dependentes desta consellería.

7.3. Webgrafía

Base de datos sobre educación: <www.mec.es/redinet>. En liña. [8/08/09].


Portal educativo da Xunta de Galiza: <www.edu.xunta.es>. En liña. [8/08/09].
Centro de Investigación e Documentación Educativa: <www.mec.es/cide>. En liña.
[8/08/09].
Instituto de Tecnoloxías Educativas: <www.ite.educacion.es>. En liña. [8/08/09].
Educalia: Portal Educativo. <www.educalia.org>. En liña. [8/08/09].
Educanet: Portal Educativo. <www.educanet.net>. En liña. [8/08/09].
Educared: Portal Educativo. <www.educared.net>. En liña. [8/08/09].
15

You might also like